O xoves 18 de abril organízase unha xornada informativa do proxecto DA TÚA MAN NO RURAL dirixida a produtores, comercio e hostalería en xeral

A Deputación de Pontevedra lanza o proxecto DA TÚA MAN co obxectivo de fortalecer e impulsar a actividade comercial da nosa provincia e prestar especial atención ao produto e comercio locais.

Este proxecto está integrado por 19 concellos e está en liña co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

O concello da Guarda adheriuse coa sinatura do convenio “Da túa man. Rural II” para a realización de actuacións como visibilizar e modernizar o pequeno comercio mediante o uso das novas tecnoloxías, xerar prácticas que promovan a economía circular e mellorar os espazos para ofrecerlle un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes.

Unha das iniciativa é a creación da Rede de Comercio Local “MOVE” intregada polos establecementos e apoiada nunha plataforma en liña para darse a coñecer, para compartir e para establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio.

Esta semana a Deputación (BOPPO Nº69 do 9/04) abriu o procedemento para adherirse a esta rede de Comercio Local e para dar a coñecer esta iniciativa vanse realizar xornadas para informar dos beneficios da rede, de cómo adherirse e, sobre todo, para a resolución de dúbidas. No anexo 1 e 2 das bases publicadas está detallados os códigos IAE admitidos nesta iniciativa.

A xornada informativa do Concello da Guarda será o vindeiro xoves 18 de abril ás 20:00h na Casa dos Alonso e está dirixida a produtores locais, comerciantes, hostaleiros e empresas de aloxamento. Non é preciso inscribirse pero poden consultar previamente en turismo@aguarda.es

Comentarios

Leave a Reply