A inauguración da XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta cun pregoeiro galego de proxección nacional: Luis Zahera, o recoñecido actor que foi premiado co Goya ao Mellor actor de reparto nos anos 2019 pola película “El reino” e 2023 por “As Bestas”. Este ano 2024 foi distinguido coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Dende hai unhas décadas Luis Zahera é un dos rostros habituais da pantalla grazas o seu talento e capacidade camaleónica para os diferentes papeis. Ten participado en numerosas películas e curtametraxes, destacando películas de gran recoñecemento como “Celda 211” ou “Todo es silencio” ou polos seus papeis en series de televisión. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas Vivas ou “Anibal” en Matalobos da TVG. Tamén participado con éxito en series a nivel nacional como “Sin tetas no hay paraíso”, “Sin Permiso” ou “Entrevías”, por destacar algunhas. Recentemente estreou a súa nova película “Pájaros” onde é protagonista xunto con Javier Gutierrez.
Luis Zahera ademais da súa faceta interpretativa tamén destaca polo seu bo humor tendo realizado monólogos con gran éxito. A Festa da Langosta de 2019 contou na programación coa súa presenza co monólogo CHUNGO deixando ao público fascinado, motivo polo que foi proposto como pregoeiro para esta edición.
A localización do acto de inauguración será na Praza do Reló, o venres 5 de xullo ás 20:30h. Ademais do pregón, farase entrega da distinción “Langosta de Honra” á unha entidade local en recoñecemento o seu desempeño e labor na promoción e recuperación da cultura na nosa vila. Nesta edición que contará cun especial protagonismo a música. O acto estará acompañado polos Bregadiers, conxunto de músicos que ofrecerán un acompañamento especial con ritmos swing, jazz e rock rock&roll. Unha vez finalizado o acto os asistentes desprazaranse ata Porto da Guarda para proceder á apertura oficial da carpa co pasarrúas dos Bregadiers.
Comentarios