O Comité de Sanidade da Xunta de Galicia reunido no día de onte modificou os niveis de restriccións dos concellos.

No caso da Guarda baixa ao nivel medio-baixo, entrando en vigor ás 00:00h do sábado 28 de agosto:

No referente a HOSTALERÍA:

-Modifícase:

  • Aforo en interior: 75%.

-Mantense:

  • No interior: ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Non se poderá prestar servizo en barra.
  • Nas terrazas ao aire libre: 100% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 10persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Horario do peche ao público: as 23:00 horas ca opción de pechar as 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.
  • Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.
  • Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.
  • Permítese a entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

-No referente ao OCIO NOCTURNO:

-Modifícase:

  • Nas terrazas ao aire libre: 100% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

-Mantense:

  • Nas terrazas ao aire libre: A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • A distribución das mesas e persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares se existen.
  • Poderá consumirse sentado ou de pé. Non se poderá realizar consumo en barra.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Horario máximo de peche as 3:00 horas.
  • Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes.

Limitación de reunión a só convivintes de 3:00 a 6:00h.

NOTA DE PRENSA COMPLETA DO COMITÉ

DOG Nº 164 bis – 26/08/2021

Todas as prazas están xa ESGOTADAS!

Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro O Piueiro en 2019, esta embarcación típica de gran envergadura navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

Durante este verán a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación promocionando o Camiño Portugués da Costa a través do programa O Teu Xacobeo e que tiveron moi boa acollida.

O Concello da Guarda colabora coa Asociación Piueiro e vai ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Ofertaranse un total de 8 saídas a finais de agosto e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda.

O luns 23 de agosto abrirá o prazo de inscrición que pode ser presencial, a través do teléfono 986 61 45 46 ou mail en aguarda.oficina.turismo@gmail.com. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.

As datas e horarios dispoñibles son:

-Mércores 25 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00

-Venres 27 de agosto: 10:00 – 11:30

-Martes 31 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00

Adiantase os cambios nos aforos da hostalería e a actualización dos niveis de restriccións do concellos resultado do Comité de Sanidade da Xunta de Galicia reunido no día de onte.

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00h do sábado 21 de agosto:

A Guarda baixa ao nivel medio:

Cambios na hostalería:

  • Aforo en interior: 50%.
  • Aforo en terraza: 100%.

Cambios no ocio nocturno:

  • Aforo en interior: 50%.
  • Aforo en terraza: 75%.

Limitación de reunión a só convivintes de 3:00 a 6:00h.

 

NOTA DE PRENSA COMPLETA DO COMITÉ

ACTUALIZACIÓN: Boletín completo DOG 160 Bis 20/08/2021

Albergue:

Os albergues poderán manter a ocupación máxima das prazas dos espazos de aloxamento de uso compartido sempre que os peregrinos realicen o Camiño en todas as súas etapas no territorio galego nun mesmo grupo «burbulla» ou de convivencia estable. Para estes efectos, fomentarase a constitución destes grupos de convivencia estable para a realización do Camiño e o aloxamento compartido na rede pública e privada de albergues de Galicia. Para a acreditación da constitución dos grupos de convivencia estable para o aloxamento compartido admitirase a declaración responsable por parte dos membros do grupo, sen que, unha vez feita, poidan admitirse novos membros.

Cando o aloxamento compartido non sexa dun grupo de convivencia estable, a ocupación máxima das prazas nos espazos de aloxamento compartido será do 50 %

O venres 13 de agosto publicouse o boletín coas novas medidas sanitarias acordadas tralo coñecemento da resolución do Tribunal de Xustiza no que deixa sen validez o requisito de acreditación de inmunidade para o acceso ao interior do local.

A Guarda mantense no nivel alto.

-Mantense a permanecia a grupos de convivintes entre as 1:00 e 6:00h. No restante horario, limitase a permanencia en grupos a 6 persoas non convivintes en interior e de 10 en exterior.

-No referente a hostalería e ocio nocturno

  • Indicacións que SI SE MODIFICAN entrando en vigor o 17 de agosto:
    • Hostalería: aforo en interior: 30%
    • Peche do ocio nocturno.
  • Indicacións que non se modifican:
    • Aforo no exterior: 50%.
    • Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
    • Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
      -Non admitir clientes despois das 00:00h.
      -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
    • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.

DOG 155 BIS do 13/08/2021: Orde da Consellería de Sanidade coas medidas en vigor.

• Todas as actividades contan con protocolo COVID-19 asegurando o aforo reducido, a distancia de seguridade e sendo precisa a inscrición previa

A vindeira semana comeza o mes de agosto e con el unha variada e completa programación cultural acompañada de todas as limitacións e precaucións para garantir que a cultura sexa un espazo seguro.
Os eventos programados foron escollidos pensando en satisfacer as inquedanzas dos diferentes tipos de público da nosa localidade e dos visitantes que se acheguen ata a nosa vila. Concertos para a xente nova e non tan nova, folclore, espectáculos infantís, exposición de fotografía, mostra literaria e o peche da xira de Guadi Galego son os ingredientes principais que compoñen esta axenda de agosto.
O mes arranca cunha nova edición de Música nos Xardíns, un programa de concertos nos Xardíns do Centro Cultural apoiando a música local e da nosa comarca. Este primeiro concerto contará coas actuacións de Bruce Grinn e o grupo miñorano The Mirror, banda na que se mesturan influencias do rock, funk e o soul. O programa de Música nos Xardíns continuarán cara a final do mes de agosto e setembro con outras dúas citas de concertos, apadriñadas polos festivais locais que non puideron celebrarse neste ano: Rock Guardés e Galifornia Beat. Os interesados en asistir a estes concertos poderán reservar as súas entradas no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Continua ese mesmo fin de semana co festival de baile e música folclórica de Fiadeiro, o sábado 7 de agosto, e que foi suspendido o pasado 17 de xullo. A xente que xa estaba anotada mantén garantida a súa praza e aqueles que queiran sumarse a iniciativa deberán escribir un correo a centrocultural@aguarda.es indicando o número de asistentes convivintes (máximo 4), o nome e apelidos de todos eles e un número de teléfono.

E tras estas citas musicais chega o momento da diversión en familia con dúas propostas que chegan dentro da programación do Xacobeo 2021 “Cultura no Camiño” e que son o concerto de Música para nenos “Estamos no verán” un concerto con temas divertidos e refrescantes baseados no disco-libro homónimo de Gala interpretados pola Banda do Verán que lidera o músico e compositor Xoán Curiel. Este concerto será o martes 10 de agosto ás 20:30h. no Auditorio de San Benito e nesa mesma semana, o xoves 12 de agosto ás 20:30h. en San Benito os mais cativos e as súas familiar teñen garantido un novo momento de diversión sen límites coa Gran Gala de Circo de Pistacatro, un espectáculo cheo de humor, acrobacias e a maxia do circo cunha das mellores compañías de novo circo da nosa localidade. Os interesados en asistir a calquera dos dous eventos poderán reservar as súas entradas dende unha semana antes no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Xa na segunda metade do mes chega a fotografía e a literatura, a primeira coa exposición de fotografía “Facedoras do Baixo Miño” de Mar Caldas, artista visual que recopilou o traballo en feminino da nosa comarca. A exposición estará na sede do concello entre o 19 de agosto e o 1 de setembro, sendo a inauguración o mércores 18 de agosto ás 19h.
Nesa mesma semana a Feira do Libro luso Galaico da Ribeira do Miño, repetirá a boa acollida acadada o ano anterior nun evento no que as presentacións de libros, relatorios históricos, contacontos e un concerto do grupo “Xardín Desordenado” acompañarán a exhibición e venda de libros editados en ambas marxes da fronteira.
E por último, o mes se pechará co gran concerto de Guadi Galego no Porto da Guarda o 28 de agosto ás 21:30h. Un concerto enmarcado dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. O Concerto será un dos últimos concertos da xira de presentación do disco “Costuras”, no cal poderemos deleitarnos co saber acumulado neste intenso verán asegurando un espectáculo único para os seus seguidores e aqueles que queiran achegarse a coñecela. Aqueles que queiran asistir poderán reservar a súa entrada a partir do 16 de agosto no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Todas estas actividades culturais serán acompañadas pola programación regular no Monte Santa Trega coas teatralizacións a cargo dos Quinquilláns e as visitas ao patrimonio cultural do Monte.

 

A finalidade desta subvención é contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.

Os establecementos hoteleiros (artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro)

  • Establecementos hoteleiros
  • Apartamentos e vivendas turísticas.
  • Campamentos de turismo.
  • Establecementos de turismo rural.
  • Albergues turísticos

As empresas de restauración (Grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro)

  • Restaurantes.
  • Cafeterías.
  • Bares

Tramitación:

  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU503B)
  • Información: Axencia de Turismo (Fomento) nos teléfonos: 981 54 74 04 e 981 54 63 64 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 26 de agosto de 2021.

Contía da axuda: 100 % do gasto subvencionable cos límites indicados segundo número de traballadores:

  • Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000€.
  • Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo de 55.000€.
  • Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo de 75.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

  • Gastos derivados da transformación dixital.
  • Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.
  • Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.
  • Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.
  • Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.

 

DOG nº 141 do 26/07/2021 Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.

Publicado o boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios para a hostalería e ocio nocturno que entran en vigor o sábado 31 de xullo.

A Guarda sube ao nivel alto.

Limitase a permanecia a grupos de convivintes entre as 1:00 e 6:00h. No restante horario, limitase a permanencia en grupos a 6 persoas non convivintes en interior e de 10 en exterior.

No referente a hostalería:

  • Requisito de acreditación de inmunidade (maiores de 12 anos) para o acceso ao interior do local.
  • Indicacións que non se modifican:
    • Aforo en interior e exterior: 50%.
    • Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
    • Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
      -Non admitir clientes despois das 00:00h.
      -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
    • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.

No referente ao ocio nocturno:

  • Unicamente servizo nas terrazas ao aire libre para o consumo e o servizo sentado na mesa.
  • Requisito de acreditación de inmunidade.
  • Aforo do 50% da capacidade máxima permitida.
  • Máximo de 10 persoas non convivintes por agrupación.
  • Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.
  • Horario máximo de peche será á 1:00 horas.

A inmunidade acreditase mediante certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado (exentos os menores de 12 anos):

  1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
  2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
  3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
    Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

Nota de prensa co adianto dos concellos galegos en nivel alto.

DOCUMENTACIÓN EN VIGOR (actualizado 29/07/2021):

Nesta semana que remata o mes de xullo retomaranse as actividades infantís que deberon ser canceladas no inicio do mes de xullo por mor da choiva: o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó “Titanic”,o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30h., que dende a maxia e o humor nos transporta aos preliminares da viaxe do Titanic contando o que a historia oficial non recolleu e é que o barco fixo escala en Galicia. O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es, para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo. Mentres o sábado pola mañá terá lugar o pasarrúas “O séquito do Capitán Nemo”, entre a Praza de Avelino Vicente e o Porto da Guarda ás 12:30h. que encherá de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino as rúas da vila.
Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro “Venres de xullo baixo as estrelas” no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en aguarda.oficina.turismo@gmail.com, xa que contan cun aforo moi limitado.
Mentres que o sábado á noitiña volverá a música á Praza do Reló (21:00h.) da man do grupo de clarinetes KLASON, unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en centroultural@aguarda.es
Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes elementos do Monte dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no mail masat@aguarda.es e lembramos que a sesión de Teatro no Trega “A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro catro de agosto.

No boletín publicado pola Consellería de Sanidade detallanse as medidas sanitarias acordadas polo Comité clínico e que entran en vigor o sábado 24 de xullo.

A Guarda sube ao nivel medio.

No referente a hostalería:

  • Modifícase o aforo máximo en terraza sendo do 50 %.
  • Indicacións que non se modifican:
    • Aforo en interior: 50%.
    • Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
    • Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
      -Non admitir clientes despois das 00:00h.
      -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
    • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.

No referente ao ocio nocturno:

  • O horario máximo de peche será ás 3:00 horas. 
  • O uso de máscara será obrigatorio en todo momento. Só se poderá exceptuar o uso da máscara exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • Dispor do rexistro de clientes nas condicións establecidas no Protocolo de lecer nocturno.
  • Exterior aforo máximo do 100% segundo autorización a partir das 23:00h. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
  • Interior aforo máximo do 50%.
    • Acceso para interior e terraza (corrección do 23 de xullo) previa presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
      • 1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se  concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
      • 2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
      • 3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
      • Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.
    • Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.
    • A distribución das mesas e das persoas será homoxénea entre as diferentes estancias.
    • Pódese consumir sentado ou de pé pero cumplindo o aforo permitido.
    • Só se pode solicitar ou recoller a consumición en barra pero non o consumo para evitar as aglomeracións.
    • Permítese o uso da pista de baile, sempre que a ocupación non supere os 2 metros cadrados da pista por cada usuario.
    • Os establecementos deberán usar dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

 

DOG 139BIS do 22 de xullo: Medidas Covid

Protocolo do ocio nocturno (a 17/07/2021)

Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios para a hostalería que entran en vigor o sábado 24 de xullo.

A Guarda sube ao nivel medio polo se modifica o aforo en exterior: 50 %

Indicacións que non se modifican:

  • Aforo en interior: 50%.
  • Apertura do ocio nocturno ata as 3:00h.
  • Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior e 10 en terraza.

 

Dende o pasado 17 de xuño A Guarda acolle as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que teñen lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.
As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.
O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.
Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.
Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro.
Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

📌 Informamos que debido ao protocolo Covid-19 as sesións de Teatro no Trega do mércores 21 e do mércores 28 quedan aprazadas.

📅 As persoas que xa estaban inscritas quedan xa axendadas para o mércores 4 de agosto.

 

• As visitas teñen lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Hai dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda continúa coa experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns, as primeiras sesións foron un éxito e este mércores día 21 terá lugar a terceira sesión.

Nesta edición realizase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes), o punto de encontro é a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega(https://goo.gl/maps/XKP3GacQem7t9n5J9).

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

O Concello da Guarda renunciou ao distintivo Bandeira Azul na praia de Area Grande ante a imposibilidade de cumprir co compromiso de dous socorristas durante toda a semana.

Polo que tentarase atender con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demais servizos si están garantidos como a análise de auga cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e o aseo.

Cada verán contratábanse 6 socorristas para as praias do Muíño e de Area Grande. A pesar dos esforzos realizados tan só se puideron contratar a 4 socorristas. Nos últimos anos a problemática de contratar a socorristas formados e titulados en espazos naturais está sendo bastante común en Galicia.

En definitiva, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de socorrismo de luns a domingo de 12:00 a 20:00h ao ser unha praia con maior afluencia de bañistas polo que o número de incidencias adoita ser superior.

Publicado o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran en vigor o sábado 17 de xullo (ás 00.00h do venres ao sábado):

• Manténse:

  • A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
  • Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
  • Aforo no interior do 50% e en terraza ao 100% segundo autorización. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
  • Prohibido o consumo en barra. Permitido solicitar e recoller consumicións na barra por parte das persoas usuarias.
  • Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
    -Non admitir clientes despois das 00.00h.
    -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
  • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.

Modifícase:

  • Agrupacións en hostalería: máximo 10 persoas non conviventes en terraza. Manténse o máximo de 6 persoas non convivintes en interior.
  • Recoméndase que os grupos non superen as seis persoas, como máximo, en espazos pechados, e as dez persoas, como máximo, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.

DOG Nº 135 BIS do 16 de xullo de 2021

• Ademais a praia de O Muíño contará co distintivo de Ecopraia
• Tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une a Praia do Muíño e a Praia de Area Grande

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

As praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais concedeuse o “Sendeiro Azul”, camiño que une estas dúas praias.

O xoves 15 de xullo izouse a Bandeira Azul na Praia do Muíño tendo que renunciar ao distintivo en Area Grande ao non poder cumplir co compromiso do servizo de socorrismo. Ante a dificultade de completar a plantilla dos socorristas necesaria para dar servizo de salvamento nas dúas praias, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de luns a domingo de 12.00 a 20.00h e tentarase atender tamén con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana.

A praia do Muíño dispón dos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo dende o venres día 9 de xullo. Ademais esta praia fluvial está acondicionada para persoas con discapacidade con pasalela accesible e cadeira anfibia que facilita o baño aos usuarios que o soliciten.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos a pesar da dificultade na contratación dos socorristas.

Ademais volveuse a izar na Praia do Muíño o distintivo de Ecopraia concedido por ATREGRUS, Asociacion técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, e respectar así o delicado ecosistema dunar.

O pasado venres 9 de xullo os alcaldes e alcaldesas de A Guarda, O Rosal, Oia e Baiona, xunto coa concelleira de turismo de Nigrán, tiveron unha reunión co Director de Administración e Relación coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, para trasladarlle, de primeira man, algúns problemas relacionados co Camiño Portugués da Costa que, a xuízo dos edís, poden prexudicar ao propio Camiño da Costa e sobre todo á experiencia dos peregrinos.
Un dos problemas que se puxo encima da mesa foi a dificultade que os peregrinos poden atopar ao tentar cruzar o esteiro do Miño. Dado que precisamente o pasado venres comezou a funcionar o ferri entre Camiña e A Guarda este problema está practicamente resolto. Ademais os peregrinos tamén poden pasar o río facendo uso das embarcacións coñecidas como taxi-mar, aínda que estas presentan o inconveniente das elevadas tarifas. Os asistentes a reunión acordaron indagar sobre a posibilidade de ter nun futuro próximo outra liña de transporte de pasaxeiros no esteiro.
A outra cuestión que se abordou e que os presentes consideraron máis preocupante para o Camiño Portugués da Costa é a información que se está dando en Portugal sobre este itinerario Xacobeo. Están aparecendo distintas publicacións e sinalizacións sobre o terreo que utilizan a simboloxía do Camiño de Santiago e o nome do Camiño Portugués da Costa que en nada se parecen ao itinerario oficial. Algunhas destas sinalizacións incluso restán realizadas por institucións, como é caso da Cámara de Vilanova de Cerveira.
Os responsables municipais pedíronlle ao representante do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, que tomara cartas no asunto e que se dirixa a Comisión Certificadora Portuguesa, organismo encargado de oficializar os itinerarios dos Camiños de Santiago en Portugal, para denunciar e corrixir o uso que se está a facer do nome Camiño Portugués da Costa para itinerarios que nada teñen que ver co oficial.
A reunión rematou facendo unha valoración positiva por parte dos asistentes tanto da progresiva volta de peregrinos ao Camiño, como da evolución que, dende a súa oficialización no ano 2016, ten experimentado o Camiño Portugués da Costa, sendo un dos itinerarios Xacobeos que máis ten evolucionado en porcentaxe de peregrinos.

• As visitas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda repite experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.
Nesta edición realizarase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes).
A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Mapa de ubicación:

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal(Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

Despois das conversas mantidas entre o Presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o servizo do Ferry-Boat entre ámbalas dúas vilas fronteirizas podería regresar ao seu funcionamento habitual a partir do vindeiro venres día 9 de xullo.

Informarase previamente dos horarios de funcionamento a través da páxina web www.turismoaguarda.es

A Guarda é unha vila turística que recibe numerosos visitantes grazas aos destacados recursos patrimoniais e paisaxísticos. Polo que en 2018 o Concello da Guarda adheriuse a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para mellorar atención dos puntos de información turística e ofrecer un servizo de calidade.

Dende o 2019 a Oficina de Turismo ampliou os seus horarios e centralizou a atención dos visitantes e tamén dos peregrinos ao estar localizada no recorrido do Camiño Portugués da Costa.

A ampliación dos horarios é posible grazas á contratación de dous informadores turísticos ao abeiro da subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas na Rede Info Rías Baixas. A segunda informadora incorpórase o día 1 de xullo polo que se amplía o horario e a oficina estará aberta de luns a domingo nestes meses de verán.

Horario de verán (meses de xullo a outubro):
• Luns a venres: 9:00 a 14:30 / 15:00 a 20:00
• Sábados, domingos e festivos: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30

A partir de novembro reducirase o horario. Para máis información:
tel. 986614546 ou turismo@aguarda.es
www.turismoaguarda.es

Publicado o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran en vigor o sábado 26 de xuño (ás 00.00h do venres ao sábado):

• Manténse:

  • A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
  • Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
  • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior  e de 15 persoas non conviventes en terraza.
  • Aforo no interior do 50%.
  • Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
    -Non admitir clientes despois das 00.00h.
    -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
  • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.

• Modifícase:

  • Amplíase o aforo en terraza ao 100% segundo autorización. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
  • Importante: “Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións por parte das persoas usuarias, pero non para realizar o consumo nela.”

DOG Nº 120 BIS do 25 de xuño de 2021

Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.

A pesares de que este primeiro fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido as actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.

A langosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrelas da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda este considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.

A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.

Programa do COMEZO DO VERÁN NA GUARDA:

Venres 2

23:00h – VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.

Sábado 3

11:30h – CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.
No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
12:30h – PASARRÚAS INFANTIL: “LANGOSTA E O MUNDO DO MAR”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.
20:30h – ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.
No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.

Domingo 4

12:00h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA “BATE NO COBRE”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 2 horas.
20:30h – PASARRÚAS INFANTIL: “O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO”
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.

Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios que entran en vigor o sábado 26 de xuño, e en especial no referente a hostalería.

  • Permítese pedir e servir na barra, pero non consumir.
  • Permítese o 100% do aforo en terraza, si se manten o 1,50 metros de distancia entre mesas.
  • Reapertura do ocio nocturno a partir do 1 de xullo (seguindo o protocolo de saúde pública).
  • Aumento ata o 75% do aforo de museos, bibliotecas, academias, ximnasios, academias e lugares de culto.
  • Proposta de empregar máscara ou distancia de seguridade no exterior a partir do 26 de xuño.

Indicacións que non se modifican:

  • Aforo en interior: 50%
  • Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior e 15 persoas en terraza.
  • Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo o requisito de dispor dun medidor de CO2.

NOTA DE PRENSA COMPLETA

O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que tivo a crise sanitaria como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.

Gastos subvencionables e que estén comprendidos entre o 14 de marzo de 2020 ao 30 de abril de 2021.

  • Adquisición de material funxible destinados aos equipos de protección individual ou a adopción de medidas hixiénico sanitarias: mascarillas, xelas, mamparas, medidores CO2,…
  • Asistencia externa para labores de desinfección dos equipos e instalacións.
  • Plan de contixencias e/ou asistencia de servizo de prevenció alleo para a avaliación dos postos de traballo fronte á COVID-19.
  • Gastos de licenzas ou aplicativos informativos para o impulso ou desenvolvemento do teletrabllo ou o comercio electrónico.
  • Gastos de arrendamento de bens inmobles.
  • Gastos de cotas de autónomos e Seguridade Social.

Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que motivan a concesión da subvención, e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas.

Documentación a presentar: ANEXO 1, ANEXO 2 e ANEXO 3, dispoñible na sede electrónica municipal xunto coas bases completas.

Prazo de presentación das solicitudes ata o 8 xullo (incluído).

O vindeiro xoves día 17 de xuño arrancan na Guarda as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que terán lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.
As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.
O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.
Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.
Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro.
Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

Na tarde de hoxe publicouse o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran vigor o sábado 12 de xuño (ás 00.00h do venres ao sábado):

• Manténse:

  • A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
  • Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
  • Prohibición do servizo en barra.
  • Aforo no interior do 50% e en terraza do 75%.

• Modifícase:

  • Agrupacións en hostalería: amplíase de 10 a 15 persoas non conviventes en terraza (Para o interior manténse o máximo de 6 persoas non conviventes).
  • Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
    -Non admitir clientes despois das 00.00h.
    -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
  • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
  • Eliminase a prohibición de reunión de non conviventes entre ás 1:00 e 6:00 horas tanto en vivendas coma espazos públicos. Aínda que se recomenda continuar coas precaucións.
  • Eliminase a limitación nos grupos de persoas. Excepto en determinadas actividades coma a hostalería.
  • Manténse o aforo do 30% para os albergues pero sí poderán ampliar a ocupación dunha habitación si o grupo é un grupo burbulla acreditado.

DOG 109 BIS Consellería de Sanidade_Orde do 10/06/2021

Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios que entran en vigor o sábado 12 de xuño, e en especial no referente a hostalería.

  • Eliminase a prohibición de reunión de non conviventes entre ás 1:00 e 6:00 horas tanto en vivendas coma espazos públicos. Aínda que se recomenda continuar coas precaucións.
  • Eliminase a limitación nos grupos de persoas. Excepto en determinadas actividades coma a hostalería.
  • Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior. Pero amplíase a 15 persoas non conviventes en terraza si o Ministerio de Sanidade publica a modificación.
  • Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo o requisito de dispor dun medidor de CO2.
  • Mantense o aforo do 30% para os albergues pero sí poderán ampliar a ocupación dunha habitación si o grupo é un grupo burbulla acreditado.

Nota de prensa completa

Trala proposta de Alcaldía e a aprobación en pleno desta medida, será a partir dende o luns 7 de xuño que se podan solicitar estas axudas que chegarán a ser de ata 700 euros por negocio.

O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que sufriron aquelas empresas ou autónomos que tiveron que cesar a súa actividade como consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021, e na que se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que foron afectadas polos efectos da ORDE de 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os gastos que poderán ser compensados a través destas axudas incluirán servizos de asesoría ou xestoría, gastos de arrendamento de bens inmobles, de electricidade, de comunicacións, pólizas de seguros ou cotas de autónomos e Seguridade Social. Poderán xustificarse todos aqueles que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.

Nas próximas semanas o Concello ten previsión de publicar as bases doutra liña de axudas, nas que os beneficiarios serán tamén os negocios locais, a través das que se podan cubrir gastos realizados en material de protección fronte á COVID-19, así como outras inversións dirixidas a adaptar ou desenvolver o negocio dentro da situación de pandemia.

 

Documentación a presentar: ANEXO 1, ANEXO 2 e ANEXO 3, dispoñible na sede electrónica municipal xunto coas bases completas.

Prazo de presentación das solicitudes do 7 ao 25 de xuño (incluído).

Publicadas as ordes da Consellería de Sanidade onde se establecen as novas medidas de prevención e que entran en vigor o sábado 29 de maio (ás 00.00h do venres ao sábado):

• Manténse:

    • A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
    • Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Prohibición do servizo en barra.

Ampliación dos máximos para grupos non conviventes en espazos públicos e privados, e no caso de hostalería tamén están ampliados:

  1. No interior de 4 persoas non conviventes amplíase ata as 6
  2. No exterior de 6 persoas non conviventes amplíase ata as 10.

• Garantir a correcta ventilación dos establecementos de hostalería e recomendación do uso dos dispositivos medidores de CO2 para aqueles que bares e cafeterías sen obligación porque non dan servizo de ceas.

 

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención

ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas

 

• Este mes lanzouse oficialmente a guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que serán repartidos de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA
• Arranca o sorteo de 19 cestas mariñeiras empregando o pasaporte REMA

Os GALP de Galicia promoven no marco do proxecto Pasaporte REMA a creación da primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea. Nela, están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano, e entre todos eles o Museo do Mar da Guarda.
O proxecto Pasaporte REMA é una iniciativa financiada polo Fondo Marítimo da Pesca (FEMP) na que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos
O día 18 de maio, día internacional dos museos, lanzouse oficialmente a guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que serán repartidos de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA dos que se ofrece información na citada guía. Ademais, as persoas que visiten estes espazos poderán ir acumulando selos Remiña e, una vez alcancen 5 estampacións de museos localizados en alomenos 2 territorios GALP poderán participar no sorteo de 19 cestas mariñeiras, compostas de produtos de proxectos financiados polos GALP. O prazo máximo para lograr estas estampacións finaliza o día 2 de novembro de 2021. Ademais, una cesta mariñeira sortearase proximamente a través das Redes Sociais do Proxecto Pasaporte REMA (Facebook: Pasaporte REMA, Instagram: @pasaporterema)
RED REMA
Os Grupos de Acción Local del Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia impulsaron conxuntamente a creación da primeira rede centrada no patrimonio material e inmaterial do mar, apoiada pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea. O seu obxectivo é que o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar sirva de nexo de unión entre os diferentes pobos do arco atlántico de Europa. Actualmente, a rede está composta por espazos das costas galega, asturiana e portuguesa, cun interese común por preservar a cultura mariñeira do arco atlántico europeo e a súa historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, persoal investigador e público en xeral.
A guía contén información dos elementos patrimoniais más relevantes que se poden atopar en cada espazo e está orientada tanto desde o punto de vista dos visitantes como o dos seus actuais xestores culturais. Ademais, poderase obter más información ou visitar a partir do 22 de xuño los museos xogando de modo virtual a través do smartphone, enfocando co móbil o código QR que se atopan na guía.
Red REMA
Web: www.redrema.eu