O servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha retomarase o 9 de xullo

Despois das conversas mantidas entre o Presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o servizo do Ferry-Boat entre ámbalas dúas vilas fronteirizas podería regresar ao seu funcionamento habitual a partir do vindeiro venres día 9 de xullo.

Informarase previamente dos horarios de funcionamento a través da páxina web www.turismoaguarda.es

Comentarios

Leave a Reply