O Concello da Guarda da a benvida ao mes de agosto cunha fin de semana chea de actividades para todas as idades coma antesala da semana grande das Festas do Monte. Esta fin de semana celébrase o V Galifornia Beat no Porto da Guarda, as Festas de San Caetano no barrio da Cruzada e os primeiros eventos asociados ás Festas do Monte coma as Carreiras Populares ou o Torneo de Hockey Liña.

VENRES 2

O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, oferta gastronómica e moito máis.

O V Galifornia Beat arranca o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00h terá lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos a partires das 22:00h coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

Na xornada deste venres se pode visitar a Exposición «HISTORIA COMERCIAL E INDUSTRIAL GUARDESA» no vestíbulo da Casa dos Alonsos en horario de 8:00h a 15:00h. Unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas había tempos atrás; así como as ferramentas que se empregaban e que arestora están fora de uso ou substituídas por novas tecnoloxías.

Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste venres o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Ás 21:00h a Praza de San Caetano acollerá a tradicional Sardiñada e a partires das 23:30h verbena a cargo da orquestra Capitol.

SÁBADO 3

Xa na xornada do sábado, enmarcado na celebración da V edición do Galifornia Beat no Porto da Guarda, entre as 10:00h e as 11:00h abriranse as inscricións para o aberto e Open SUB-14 e Basket. Ás 11:00h da mañá terán lugar as primeiras competicións co Basket e o Open SUB-14.

Ás 12:30h realizarase a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica do skateboarding.

Ás 13:00h o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú.

A partires das 16:00h terá lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli ás 18:30h.

Ás 19:00h celebrarase o Open de Bowl e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.

Ás 16:00h o Pavillón das Solanas acolle o Torneo Festas do Monte de Hockey Liña Sénior e infantil, organizado dende o Clube A Guarda Hockey Liña, un clásico na programación deportiva das Festas do Monte que reúne a un bo número de deportistas para a práctica do hockey liña, con entrada de balde.

A Guarda acolle este sábado día 3 de agosto a partires das 19:00h as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte, un evento deportivo organizado dende Atletismo Trega en colaboración coa Comisión de festas e o Concello da Guarda.

As Carreiras Populares das Festas do Monte congregan a centos de corredores e deportistas con varias categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100m para a categoría de pulgas e ata os 7.339m para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa. Trega.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste sábado o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Pola noite gran verbena coa orquestra Costa Blanca e o grupo Caché

DOMINGO 4

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste domingo o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Ás 19:00h arrancarán as tradicionais poxas de produtos típicos e rematarán as festas coa actuación de Roberto Caco.

O pasado domingo día 28 de xullo no Porto da Guarda, dentro da programación da Festa do Peixe Espada, realizouse o evento piloto de presentación de novos produtos e itinerarios do “PROXECTO ECODESTIN_3IN” de turismo mariñeiro inclusivo (SenSea).

Estiveron presentes nesta actividade Dna. Susana Rodríguez, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o alcalde da Guarda Antonio Lomba, o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla, e o vicepresidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+), José Manuel Fernández e Pablo Mariño, xerente de Bluscus Turismo Mariñeiro. Este proxecto, chamado SenSea, está promovido pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e AGAN+ (Asociación Gallega de Actividades Náuticas y la Agencia Global de Acreditación Náutica) como socio do programa europeo EcoDestin_3IN.

SenSea nace a partir de “Sentir o Mar”, que foi o resultado do traballo realizado por un equipo de profesionais, liderado por Rocío Gómez, dentro do ámbito educativo, social e turístico para demostrar que, máis alá da vista, existen un milleiro de formas de experimentar, vivir e transmitir o mar; para documentar e propiciar que persoas con diferentes discapacidades se acheguen, gozen e sintan o mar tendo a oportunidade de formar parte del a través de experiencias turísticas relacionadas coa cultura mariñeira.

Participaron na xornada 50 personas, dentro das cales estaban membros da Asociación Alba, IGAXES e a Fundación ONCE. Foron convocadas tamén asociación portuguesas. Dividiuse aos participantes en 3 grupos mixtos para realizar as actividades mariñeiras:
– Obradoiro coas redeiras a cargo da Asociación Atalaia Redeiras Baixo Miño
– Obradoiro de cordas no museo do mar co último cordeleiro, Enrique Maya: “o último cordeleiro.
– Navegación tradicional a remo e a velas coas gamelas guardesas a cargo da asociación Piueiro.
– Visita á lonxa e explicación da subasta por parte de Silvia, percebeira e patrona maior da Cofradía de

Pescadores Santa Tecla de A Guarda
– Obradoiro de Conservas de peixe espada de Orpagu a cargo de Chema Seijo.

Houbo un petisco final para favorecer a convivencia entre os asistentes.
Apoiaron a xornada: Asociación de Redeiras Baixo Miño, Asociación Piueiro, Club Alagua, Lonxa de  Guarda e o Concello de A Guarda.

A xornada foi coordinada e deseñada polo equipo de Bluscus – Turismo Mariñeiro e Rocío Gómez.

O orballo, esa choiva liviá tan característica de Galicia, foi un elemento máis da primeira xornada da Festa do Peixe Espada, o evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda. A súa presenza nesta décimo sexta edición non desluciu en nada a brillantez da organización desta cita de referencia no Baixo Miño.

O pregón co que se inaugurou a festa correu este ano a cargo de José Loira Rúa, o que fose secretario xeral de Pesca entre os anos 1987 e 1996. A súa intervención, marcada polo recordo do seu paso pola Secretaría, fixo referencia ao espírito loitador e ao carácter emprendedor dos guardeses, así como ao labor que vén realizando Orpagu desde a súa constitución “en favor da modernización do sector”. Loira tamén adicou uns momentos para homenaxear ás mulleres da zona e á especie protagonista da celebración, o peixe espada, que cualificou de “extremadamente saboroso”.

Tras a súa intervención, entregouse o cheque regalo de 100 euros e un trofeo realizado polos alumnos do centro San Xerome Emiliani á autora do cartel da festa deste ano, a nena Sara Lomba. Pola súa banda, un representante do Club Deportivo Sen Amarras presentou a cuarta edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutica Adaptada, organizada por esta agrupación en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica.

A da Guarda é a terceira proba do campionato autonómico, tras as de Tui e Boiro, e contou coa participación dunha ducia de equipos, formados por piloto e tripulante.
Música, historia e 1.200 quilos de peixe espada

A documental “Historia mariñeira dá Garda” e o Encontro dous Pobos, coa actuación dos grupos locais de música e danza ( Vento Mareiro e Do Lusco e Fusco), un de Polonia ( Poligrodzianie) e outro de Austria (Steirischer Schwung) formaron parte do programa festivo da primeira xornada da Festa do Peixe Espada. Pero non foron os únicos, o Grupo A Boalleira, o Mago Zanas e a agrupación de acordeóns Mascarenhas encargáronse de amenizar a tarde/noite ás numerosas persoas que se achegaron ata A Guarda.

A parte gastronómica do evento estivo presente ao longo de toda a xornada. Ata 1.200 quilos de peixe espada serviranse ao longo destes dous días, en 15 elaboracións diferentes. Desta forma, na carpa instalada no Peirao Alto poderanse seguir degustando ata mañá pola noite as racións de peixe espada con patacas, en guiso, en fideuá, en tostas, en empanada, como zorza, en albóndegas ou en salpicón. Unha infinidade de variedades para gozar dun prato exquisito, san e moi saboroso.

A pesar de que a Festa do Peixe Espada prolongouse na súa primeira xornada ata as catro da madrugada entre racións de peixe e a música da Rianxeira, esta mañá ás dez a carpa feiral xa estaba preparada para acoller a presentación oficial de Ecodestin-Sensea, unha iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo desenvolta pola empresa Bluscus e que conta co respaldo da Xunta de Galicia.

O alcalde da Guarda, o presidente de Orpagu e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar participaron no evento, que contou cunha demostración práctica do que significará esta iniciativa nas localidades costeiras de Galicia. Mariñeiros, redeiras e cordeleiros, entre outros profesionais, déronse cita no porto guardés para acompañar aos participantes na estrea deste proxecto, que contou ao longo de toda a xornada con varias saídas ao mar, demostracións de oficios tradicionais e visitas ao Museo do Mar local.

E mentres uns navegaban, outros seguían con atención a actuación da Agrupación Musical da Guarda, un concerto que xa é un clásico na programación da Festa do Peixe Espada e que logra cada ano o aplauso do público polo seu variado repertorio e o seu acerto á hora de conxugar pezas populares con temas clásicos.

O momento musical foi aproveitado polos cociñeiros e cociñeiras do evento para ultimar as centos de racións de peixe espada que se servirían horas despois aos comensais vindos, na súa maioría, desde distintos puntos da xeografía galega e da veciña Portugal. Estes profesionais recibiron os encomios dos visitantes polo “toque” persoal que lle deron ás numerosas receitas da festa. E aínda que a empanada e o guiso de peixe espada foron as preparacións máis solicitadas, tamén houbo quen preferiu as croquetas, as albóndegas ou o salpicón.

Durante a tarde, e en diferentes puntos da vila, sucedéronse as actuacións a cargo de agrupacións como Xamaraina (baile e pandeireta), Deixa Andar e Coros Cantábile e Arpegios.

Gañadores do Campionato Galego de Náutica Adaptada

O deporte tamén formou parte da axenda da celebración gastronómica. Onte desenvolveuse a terceira proba do Campionato Galego de Náutica Adaptada, cuxa entrega de premios celebrouse pola tarde en presenza da deputada Olga García e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. José Barrio Guldris, con Pilar Sarmiento; José Luis Álvarez, tamén con Pilar Sarmiento, e Óscar Gallego, con Mónica Rodríguez, foron, por esa orde, os tres primeiros clasificados na proba organizada polo Club Deportivo Sen Amarras en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica.

O domingo foi a quenda do remo cunha regatilla organizada polo Club Robaleira, que foi seguida desde o peirao e a praia por un gran número de afeccionados.

Xa pola noite tivo lugar a despedida desta edición da festa, a décimo sexta, con comida e música, como non podía ser doutra forma.

Para a memoria, dous días nos que o pobo da Guarda, liderado pola Organización de Palangreiros local, volveu darlle o protagonismo que se merece a unha especie da que dependen económicamente centos de familias, tanto da Guarda como doutros puntos de Galicia.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a Visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.

Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.
• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
• Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello.

O pregón inaugural, a cargo de José Loira Rúa, secretario xeral de Pesca entre os anos 1987 e 1996, marcará o inicio da celebración que ten como protagonista indiscutible ao peixe espada, a especie obxectivo da frota integrada en Orpagu. Tras o pregón de Loira Rúa, procederase á entrega do premio á gañadora do concurso de deseño do cartel deste ano, Sara Lomba, e presentarase a cuarta edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutica Adaptada, que se desenvolverá ao longo da xornada do sábado.

A documental “Historia mariñeira dá Garda” e o Encontro dous Pobos, coa actuación este ano de dous grupos locais de música e danza ( Vento Mareiro e Do Lusco e Fusco), un de Polonia ( Poligrodzianie) e outro de Austria ( Steirischer Schwung), formarán parte da programación do sábado, así como outras actuacións musicais e a entrega dos premios do Campionato Galego de Naútica Adaptada, organizado polo Club Deportivo Sen Amarras.

O domingo pola mañá terá lugar a presentación oficial de Ecodestin- Sensea, unha iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo, a cargo dun representante da Consellería do Mar, e a actuación da Agrupación Musical da Guarda, cun repertorio especial con motivo da festa. Xa pola tarde, os asistentes o evento gastronómico e cultural poderán gozar dunha regatilla organizada polo Club de Remo Robaleira, e de diferentes actuacións musicais a cargo das agrupacións Xamaraina, Deixa Andar e Coros Cantábile e Arpegios.

Mentres, na carpa instalada no recinto portuario poderanse degustar durante toda a fin de semana as racións de peixe espada con patacas, en guiso, en fideuá, en tostas, en empanada, como zorza, en albóndigas ou salpicón. Unha infinidade de variedades para gozar dun prato exquisito, san e moi saboroso.

Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento Noites no Castelo, que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3×3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7.

Programación por días

VENRES 19:

Este venres día 19 en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle un obradoiro gratuíto especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante e que terá como motivo «WATER», un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 20:

Este sábado día 20 de xullo a partires das 22:00h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.

Nesta quinta edición contarase coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

O próximo sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º edición do Torneo 3×3 de Baloncesto “Vila Da Guarda”, organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 10:00h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño contando coa participación dun total de 12 equipos do sur de Pontevedra, xogando a fase final pola tarde.

Tamén este sábado o Estadio Municipal da Sangriña acolle o X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda, que arrancará ás 15:30h da tarde e que continuará na xornada do domingo.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

DOMINGO 21:

Este domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.

O Estadio Municipal da Sangriña acolle nesta xornada as finais do X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda en horario de mañá.

A partires das 17:00h da tarde deste domingo a carpa do Porto da Guarda acolle a celebración da Festa do Avó, evento no que participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda, nun acto que estará presentado por D. Jesús García Villadóniga e no que se fará tamén unha homenaxe.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.

• Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.

• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de “inesquecible” por tripulantes e veciños.

Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados.

Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares ” faluchos”, pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.

Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.

Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.

Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.

Visita da deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra

A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición “Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar”, a mostra de fotografía “Vento nas velas”, de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.

A peculiar situación xeográfica da Guarda marcou o acto de inauguración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia na tarde noite de hoxe, xa que desde calquera punto do porto, os centos de veciños e visitantes puideron gozar dunha magnífica estampa: a das naves que participaron no evento fondeadas en forma de arco na bocana da dársena, onde, como tantas outros barcos ao longo da historia, atoparon un amable e seguro abrigo.

Aínda que a inauguración oficial non empezaba ata as oito da tarde, as autoridades foron convocadas pola organización dúas horas antes para unha visita guiada ao recinto expositivo e unha travesía a bordo dunha das embarcacións participantes. O alcalde da Guarda e os presidentes de Culturmar e Piueiro acompañaron na visita á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e aos deputados Carlos López Font, Ana Laura Iglesias e Iria Lamas, así como á directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, representantes todos das institucións que fixeron posible que o Encontro deste ano inclúa numerosas actividades lúdicas e culturais para todas as idades.

Da importancia da festa como elemento dinamizador e divulgador do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia falou na súa intervención o presidente de Culturmar, Manuel García Sendón. Pola súa banda, Joaquín Cadilla, presidente da Asociación Piueiro, emocionouse ao agradecer a voluntarios e veciños o enorme esforzo realizado nas últimas semanas para que a edición deste ano na Guarda sexa inesquecible para todos os participantes.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, destacou o importante patrimonio marítimo e cultural que ofrece A Guarda e toda Galicia, e agradeceu a Culturmar súa defensa e salvagarda a través do estudo e difusión á sociedade con eventos como o inaugurado hoxe. Neste sentido, lembrou que a Consellería de Cultura e Turismo realizou unha importante achega económica para a celebración do Encontro.

O deputado da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, destacou o evento como modelo de turismo sustentable: “Para a Deputación de Pontevedra, a conservación e impulso do noso patrimonio cultural e natural é unha das apostas fundamentais e, neste campo, a cultura marítima e as embarcacións máis singulares de Galicia, como as que temos hoxe aquí, son realmente importantes para conseguilo. E, non só iso. Esta iniciativa cultural tamén é, sen dúbida, un gran elemento de atracción turística á nosa provincia”.

Font subliñou o feito de que o evento “fomenta un turismo sustentable e de coidado co medio ambiente que, como saben, é un dos eixos principais que enfrontaremos nesta nova lexislatura na Deputación de Pontevedra, e polo que traballamos a diario. Esta é unha oportunidade excelente para dar a coñecer as marabillas da nosa provincia e desta vila da Guarda”, concluíu.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, tamén interviu no acto inaugural.

E por último, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou os valores da villa e dos propios guardeses: “A Guarda é unha vila deleitada no mar bravo, aberto. Unha vila que nace e vive ao carón do mar. Durante toda a nnosa historia, inclusive cando os nosos antepasados castrexos habitaban o alto de Santa Trega, vivimos unha relación íntima co mar, aproveitando os seus recursos e xerando arredor desta relación unha gran riqueza patrimonial, material e inmaterial. Unha pequena mostra dela podémola ver exposta no Museo do Mar, admirámola non fai moito tempo nas distintas Mostras das Tradicións Mariñeiras e en distintas iniciativas de recuperación do patrimonio que realizamos na vila”.

Lomba sinalou que “nestes días coa vila engalanada con retazos do noso patrimonio, co volanteiro no muelle alto e sendo o epicentro da cultura marítima Galega con este Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, os veciños e veciñas da Guarda estámos volcados e ilusionados con este evento de valorización e promoción do patrimonio marítimo”.

O alcalde tamén agradeceu o enorme labor feito por Culturmar e pola Asociación Piueiro, agardando que esta edición “sexa todo un éxito en todolos aspectos”.

Tras os discursos, a foto de familia deste ano foi igual de singular que a vila que acolle o Encontro. Autoridades e organizadores pousaron no porto cun fondo de embarcacións coas bandeiras izadas para marcar o inicio da festa.

Xa pola noite, os asistentes difrutaron co concerto do cantautor guardés Tino Baz, que estreou un disco de homenaxe a Rosalía de Castro: “Se cantan, é ti que cantas”. Baz, recoñecido mestre de gaita e pandeireta, conta cun amplo repertorio, froito das súas propias creacións e de particulares adaptacións de pezas populares, así como da musicalización de poesías de Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Bernardino Graña. O artista, que triunfou na primeira noite do Encontro, cantou varios temas co acompañamento de “Cantares do Brueiro”, un grupo formado por 35 persoas de todas as idades que xurdiu dun taller de música tradicional galega que dirixe o propio autor. Sen dúbida, un broche de ouro para a primeira xornada do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Este venres as actividades comezarán á primeira hora coa navegación inclusiva de “Ou mar para tod@ s” e continuarán coa presentación de ” As marcas dos mariñeiros da Guarda”, un concerto a cargo de Deixa Andar, e un festival músico-poético galego-portugués, entre outras moitas actividades.

A Guarda prepárase para unha fin de semana longa e de moita actividade co XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia coma protagonista e enlazando tamén xa coas Festas do Carme, que se celebran o luns e o martes(festivo local).

Programación por días

XOVES 11:

Este xoves é o arranque do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia con varias actividades propostas para esta xornada, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, o acto inaugural ás 20:00h, o izado de velas ás 20:30h e o Concerto do cantautor guardés Tino Baz ás 23:00h.

Na xornada deste xoves continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

VENRES 12:

Este venres é a segunda xornada do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a presentación de «As marcas dos mariñeiros da Guarda» ás 13:00h, o Concerto de Deixandar ás 13:00h, as visitas ás embarcacións tradicionais ás 20:30h e os concertos de Nadia Vázquez Trio e da Agrupación Musical da Guarda con María do Ceo a partires das 23:00h da noite.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 13:

Dentro da programación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, este sábado terá lugar o Bautismo de mar para novas embarcacións ás 13:00h, os Cantos de Taberna ás 19:00h e os Concertos de Andrea Pousa e Música nas Velas coas actuacións do Orfeón do Berbés e Xurxo Souto.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 14:

Para a xornada deste domingo o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia arranca cunha visita guiada ás Salinas do Seixal, programada para as 10:45h e unha visita ás Prazas antigas da Guarda ás 12:00h. Destaca tamén na programación desta xornada o Concerto do Grupo de Acordeóns Mascarenhas ás 12:00h, o acto de despedida de tripulacións e delegacións participantes nesta edición ás 15:00h, o concerto de Tradison ás 20:00h e a Cea homenaxe ao voluntariado.

Como cada 14 de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme, que terá lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.

Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover, abrirán o festival a banda local Helen & Shanna e pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina.

Entrada de balde, apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

LUNS 15:

Para a xornada deste luns A Guarda celebra as Festas do Carme, cun pasarrúas do Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda e gran verbena no Porto dende as 22:30h coa orquestra Tango e o Grupo Fama.

MARTES 16:

Este martes, festivo local, as Festas do Carme trae dentro da súa programación un pasarrúas da Agrupación Musical da Guarda e procesión ás 11:00h da mañá dende a Igrexa Parroquial ata o Porto da Guarda, onde terá lugar unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica da Guarda e posterior ofrenda floral aos náufragos. Pola tarde ás 19:00h terá lugar a Regata de gameliñas e ás 20:30h un Festival de Corais no que participan A Coral Polifónica da Cañiza, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia(Vigo) e a Coral Ecos do Folón de Fornelos(O Rosal).

De Muros e Vigo ata Cíes e de aí en convoi ata A Guarda, a comitiva por mar, inédita ata a data, foi gravada en vídeo pola organización polo o seu exemplo de cooperación entre as diferentes asociacións galegas que conforman Culturmar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e distintos departamentos da Xunta de Galicia. A travesía contou cunhas condicións climatolóxicas nas que predominou a néboa, que non conseguiu deslucir a beleza da singradura.

A viaxe marítima, de preto de seis horas de duración, congregou a bordo das embarcacións a un total de 120 persoas e contou cun escolta de excepción: o remolcador Sebastián Ocampo, da Consellería do Mar. En total foron 22 millas, navegando a velocidade reducida e cunha grata sorpresa á altura de Oia, xa que alí esperábanlles numerosos barcos da Guarda, que lles acompañaron no último tramo da viaxe.

E mentres isto acontecía no mar, na Guarda veciños e visitantes seguían con expectación o percorrido do volanteiro construído por Piueiro desde o estaleiro A Pasaxe ata o porto guardés. No traslado investíronse nove horas e foi necesario un dispositivo de máis de 20 persoas, tres guindastres, un trailer, dous elevadores e a colaboración do Concello para conseguir que esta embarcación tradicional, que se cría perdida, volvese á vida da man da asociación guardesa, en colaboración con numerosas empresas e particulares que coas súas achegas contribuíron a esta construción.

A embarcación construíuse seguindo planos antigos xa que se teñen referencias da mesma desde o século XVII, aínda que posteriormente, no século XX, co auxe dos arrastreiros deixouse de construír. Desde hoxe na Guarda contan cunha que, a pesar de que non poderá participar na exhibición porque falta culminar o proceso de ” calafatear”, é dicir, pechar as xuntas de madeira con brea, estará a presidir a celebración.

“Aínda que nos dá moita pena, por tres días non imos sacrificar décadas de vida do barco”, sinalou o presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, respecto diso.

Música en directo, talleres e saídas en barco

A exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia, xunto con algunhas doutras localidades españolas e mesmo algunha irlandesa, forma parte dun amplo programa de actividades culturais e lúdicas, organizado con motivo do Encontro por Culturmar, a Asociación Piueiro, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello dá Garda, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e @de la Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Concertos, obradoiros, exposicións, exhibicións gastronómicas e navegacións a bordo destes barcos conforman a atractiva oferta da celebración que terá lugar na Guarda desde o día 11 ata o 14 de xullo.

PROGRAMA

A Guarda é unha vila turística que recibe numerosos visitantes grazas a contar cun amplo abano o recursos patrimoniais e paisaxísticos. Polo que en 2018 o Concello da Guarda adheriuse a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para mellorar atención dos puntos de turismo e ofrecer un servizo de calidade.

Neste 2019 centralizouse a atención na Oficina Municipal de Turismo localizada na Praza do Reló. Deste xeito atendese aos visitantes e turista e tamén aos peregrinos ao estar no propio Camiño Portugués da Costa.

A ampliación dos horarios e datas foi posible grazas ao reforzo do persoal de turismo grazas. Para este 2019 a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello da Guarda un informador turístico para os meses de xuño a decembro ao abeiro da subvención de dotación de persoal nas Oficinas da Rede Info Rías Baixas.

Horarios de xullo a setembro a Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló):
Luns a venres: 9:00 a 14:30 / 15:00 a 20:00
Sábados, domingos e festivos: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30

A partir de outubro reducirase o horario. Para máis información:
tel. 986614546
turismo@aguarda.es
www.turismoaguarda.es

A Guarda acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se degustaron ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contou con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que tiña un prezo de 25€.

Contouse ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

A xornada do domingo da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira arrancaba coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa.

Cara ao mediodía continuaba a xornada cun concerto acústico do grupo Awen e os comensais comezaban a encher por terceiro día a carpa habilitada no Porto para a ocasión.

Pola tarde houbo nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos, congregando a máis dun cento de rapaces e rapazas.

Tamén pola tarde celebrouse unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».

E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrouse unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.

A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira puxo o seu punto final a unha nova edición cargada de actividades e, sobre todo, boa gastronomía que propiciou unha excelente acollida de comensais, provenientes de toda a península, que non quixeron deixar pasar esta oportunidade para degustar os 24 pratos ofertados.

Segundo datos recollidos dos restauradores participantes, en total servíronse preto de 500kg de langosta nos 3 días de duración desta edición, destacando a masiva afluencia de comensais o que provocou que se superaran novamente as previsións e se esgotasen moitos dos 24 pratos ofertados.

A Guarda despide a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña coma un evento plenamente consolidado, dando xa a benvida tamén ao XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra do 11 ao 14 de xullo. Precisamente este mediodía facían a súa chegada boa parte das embarcacións que participan neste encontro, nun convoi que partiu dende as Illas Cíes, despois de navegar dende diferentes puntos da xeografía galega.

Unha peregrina Alemá visitou A Guarda para contar a súa experiencia no Camiño de Santiago a través dun Blog.

O xoves 4 de xullo a blogueira e peregrina alemá Nicole Biarnes, fixo escala na Guarda no seu traxecto polo Camiño Portugués da Costa. Esta peregrina participa da man de Correos para a promoción do Camiño de Santiago entre os peregrinos alemáns. A empresa postal acompaña a esta blogueira alemá especializada en viaxes ao longo de toda a semana.

Na súa estadía na Guarda Nicole Biarnes foi recibida no Concello, visitando ademais lugares singulares e de atracción turística do municipio como o Monte Santa Trega, o casco histórico e o Porto da Guarda, apreciando os monumentos, a paisaxe e a gastronomía desta ruta xacobea.

Nicole Biarnes contará no seu blog especializado a súa experiencia, de xeito que os seus compañeiros alemána descubran de primeira man o Camiño Portugués da Costa, facendoos partícipes do mesmo e facendo un convite a vir e gozar desta experiencia. Viaxará libre de cargas grazas ao soporte do servizo Paq Mochila de Correos, que lle levará a súa equipaxe de aloxamento a aloxamento.

Alemaña é un país moi importante para o Camiño de Santiago, xunto a Italia e de onde proceden o maior número de peregrinos, na web www.elcaminoconcorreos.com os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago pola Costa atoparán información detallada de todas as etapas.

Blog de Nicole Biarnes: https://www.freibeuter-reisen.org/

A Guarda acolle do 5 ao 7 de xullo a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poderán degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que terá un prezo de 25€. Contarase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

Xunto con esta celebración gastronómica A Guarda tamén contará esta fin de semana con outro tipo de eventos e programación de actividades para todas as idades.

Programación por días

VENRES 5:

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Na fin de semana do 5 ao 7 de xullo A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia, un evento deportivo organizado pola Federación Galega de Balonmán e que chega á Guarda tras pasar polos concellos de Baiona, O Grove e Bueu.

O evento na Guarda, cuarta proba das seis que compoñen este campionato, terá lugar nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos, onde os máis de 1000 deportistas participantes en 80 equipos loitarán para acadar o triunfo neste campionato que continúa nos concellos de Moaña e Vigo.

O venres 5 de xullo ás 21:00h arranca na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como MONCHO BORRAJO. Actor, humorista e showman nacido en Ourense. Coa lectura do pregón convídase a todos os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas que nos visitan nos seus días de vacacións.

Tralo pregón a festa trasládase ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada ás 22:00h e os interesados xa poderán degustar da gastronomía guardesa.

O recoñecido cómico, MONCHO BORRAJO actuará ante o público da carpa ás 22.30h co seu último espectáculo “BORRAJO PERDIDO”. Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega onde interactuará co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.

Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira a partires das 23:30h celebrarase un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.

SÁBADO 6:

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Na fin de semana do 5 ao 7 de xullo A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia, un evento deportivo organizado pola Federación Galega de Balonmán e que chega á Guarda tras pasar polos concellos de Baiona, O Grove e Bueu.

O evento na Guarda, cuarta proba das seis que compoñen este campionato, terá lugar nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos, onde os máis de 1000 deportistas participantes en 80 equipos loitarán para acadar o triunfo neste campionato que continúa nos concellos de Moaña e Vigo.

Dentro da Programación da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas vivas. Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.

DOMINGO 7:

Para a xornada do domingo a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Continuará a xornada cun concerto acústico do grupo Awen. Igualmente pola tarde haberá tamén nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos e unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll». Para pechar esta edición, e como ven sendo habitual, celebrarase unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.

Na fin de semana do 5 ao 7 de xullo A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia, un evento deportivo organizado pola Federación Galega de Balonmán e que chega á Guarda tras pasar polos concellos de Baiona, O Grove e Bueu.

O evento na Guarda, cuarta proba das seis que compoñen este campionato, terá lugar nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos, onde os máis de 1000 deportistas participantes en 80 equipos loitarán para acadar o triunfo neste campionato que continúa nos concellos de Moaña e Vigo.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A especial situación xeográfica da vila, entre Galicia e Portugal, as técnicas de pesca tradicionais da localidade e o tipo de embarcacións empregadas históricamente polos guardeses son, segundo explicou o alcalde Antonio Lomba, “tres características que marcan a sigularidade deste encontro, fronte aos celebrados en anteriores edicións”. No acto de presentación do evento, celebrado esta tarde no Concello, o rexidor destacou tamén a implicación dos guardeses co Encontro de Embarcacións Tradicionais, decorando as fachadas de vivendas e escaparates de comercios con ornamentacións de temática mariñeira: “Deste xeito se estende o convite a toda a cidadanía para que esta XIV edición sexa todo un éxito” . Lomba rematou agradecendo o traballo de Culturmar e a inicitiva de Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos para que A Guarda acollera o evento deste ano.

Pola súa banda, o presidente de Culturmar, Manuel García Sendón, agradeceu o apoio do Concello desde o primeiro momento e avanzou que xa son máis de 70 as embarcacións inscritas nesta edición do encontro, “unha festa que pon en valor a riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego e a necesidade de conservalo” .

Sendón tamén destacou o gran traballo da Asociación Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos na construción do ” volanteiro”, unha embarcación tradicional que se cría perdida e que se recuperou agora con motivo do Encontro.

Os portavoces de Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos, Joaquín Cadilla e Xosé Lois Villar, respectivamente, mostráronse agradecidos cos guardeses pola forma na que se envorcaron con este evento, á vez que destacaron a importancia de que un encontro destas características, “no que participan persoas de toda España e doutros países”, teña lugar no Baixo Miño. Así mesmo, subliñaron que na cita guardesa estarán representadas toda a tipoloxía de embarcacións tradicionais que hai en Galicia”.

Unha cita imprescindible do 11 ao 14 de xullo

A exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia, xunto con algunhas doutras localidades españolas e mesmo algunha foránea, forma parte dun amplo programa de actividades culturais e lúdicas, organizado por Culturmar, Asociación Piueiro, Instituto de Estudos Miñoranos e Concello da Guarda, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Actuacións musicais, obradoiros, exposicións, gastronomía e navegacións a bordo destes barcos que forman parte do patrimonio cultural conforman a atractiva oferta da celebración que terá lugar na Guarda do 11 ao 14 de xullo. O volanteiro recuperado pola Asociación Piueiro terá un protagonismo especial na celebración. Un traballo que foi posible gracias á colaboración de organizacións, empresas e entidades financieiras de Galicia e mesmo de Andalucía.

O sábado 29 de xuño tivo lugar o acto de izamento da Bandeira Azul na praia de O Muíño coa que se marca o comezo da tempada de verán nesta recoñecida praia da Guarda ao contar co servizo de socorrismo dende o pasado sábado.

Ata a praia de O Muíño desprazáronse o Alcalde, Antonio Lomba; o tenente-alcalde, o nacionalista Anxo Baz; a Concelleira de Turismo, a nacionalista Bea Lomba; o Concelleiro de Medio Ambiente; o nacionalista Xan Lois Lomba; a Presidente da Entidade Local de Camposancos, a nacionalista Mercedes Martínez e xunto cos socorristas izaron o distintivo co que conta esta praia emblemática da franxa costeira, Bandeira Azul e o de «EcoPlaya».

Este ano no primeiro procedemento de contratación de socorristas non se cubriron as prazas necesarias para dar servizo nas dúas praias con bandeira Azul (O Muíño e Area Grande), polo que, namentres non se complete a plantilla o servizo de socorrismo prestará servizo só na praia do Muíño, por ter esta unha maior afluencia de bañistas e pola súa ubicación na desembocadura do Río Miño.

Está xa en marcha un segundo procedemento para poder contratar a totalidade dos socorristas precisos para atender a estes dous areais guardeses, unha vez rematado izaráse tamén na Area Grande a correspondente Bandeira Azul.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán. Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda foron destacadas co distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013. A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.

Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Concello da Guarda presentou este xoves no Mercado de Abastos de Allariz a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, nun acto de presentación que contou coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, da Concelleira de Turismo da Guarda, a nacionalista Bea Lomba e da Alcaldesa do Concello anfitrión de Allariz, Mª Cristina Cid Fernández.

En palabras da nacionalista Bea Lomba a Festa da Langosta ten un atractivo singular que fai que ano a ano incremente o seu número de visitantes, contando cunha ampla programación de actividades e unha oferta gastronómica que fai as delicias dos asistentes.

O tenente-alcalde destacou na súa intervención que a Festa da Langosta é xa un referente a nivel galego e nacional, cun prato estrela, a Langosta, que ten unha longa tradición na Guarda, que ven dende o tempo das cetáreas.

Pola súa banda, a alcaldesa de Allariz quixo facer un convite aos hostaleiros guardeses a participar en vindeiras edicións de «Allariz Sabe – Vive Allariz», unha proposta gastronómica desta vila ourensá, na que se convida cada ano a un municipio para expor os seus produtos.

En Allariz deuse a coñecer a programación completa desta XXIX edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira da Guarda, que arranca o venres 5 de xullo co Pregón do humorista Moncho Borrajo na Praza do Reló, para despois acudir ao Porto da Guarda, onde procederase á apertura da carpa, celebrarase unha actuación do citado humorista e remate cun serán mariñeiro.

Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo». Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul.

Para a xornada do domingo a festa arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Continuará a xornada cun concerto acústico do grupo Awen. Igualmente pola tarde haberá tamén nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos e unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll». Para pechar esta edición, e como ven sendo habitual, celebrarase unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.

En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que terá un prezo de 25€. Contarase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é unha festa que conta cada ano coa asistencia de milleiros de persoas que se achegan ata o Porto da Guarda, para coñecer e degustar a ampla variedade de produtos ofertados, así coma participar na diversa programación musical e de entretemento asociada á mesma.

Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para por en valor o bo facer dos restauradores da Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a Langosta, símbolo da Guarda dende os tempos das cetáreas, onde os pescadores comerciaban con este prezado manxar do noso mar, que levou á Guarda a coñecerse como a «Capital da Langosta».

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrarase nesta edición do 5 ao 7 de xullo no Porto da Guarda onde se instalará unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos.

Nova fin de semana na que A Guarda da oficialmente por iniciada a tempada de verán con numerosas actividades para todos os públicos, destacando a segunda edición do Interlude Fest, a Pasarela e Inauguración da Exposición do Traxe Galego, a entrega de premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán, o Festival de Baile Moderno de Xamaraina, ou a celebración das Festas de San Pedro coas súas tradicionais fogueiras.

Programación por días

VENRES 28:

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 h da mañá a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019, que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda.

Neste acto os asistentes terán contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que traballadores buscan nas súas empresas ou que perfís soen requirir.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores desta entidade.

O Clube de Remo Robaleira organiza este venres unha xornada de portas abertas para conmemorar o 30º aniversario deste clube deportivo da vila, contando nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna cunha sardiñada popular. Nesta edición de San Pedro organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.

Este venres celebrase tamén as Festas de San Pedro na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.

Este venres ás 20:00h terá lugar na Casa dos Alonsos a Pasarela do Traxe Galego, organizada pola Asociación Recuperación do Traxe Galego da Guarda, antesala da Inauguración da XI Exposición do Traxe Galego que estará nos baixos do Concello ata o 3 de xullo en horario de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 29:

Ás 11:30h da mañá deste sábado o Centro Cultural acolle a Charla «Megalitismo do Sur de Galicia no seu contexto atlántico», contando coas intervencións de Antón A. Rodríguez Casal, Catedrático e profesor de prehistoria na USC e do guardés Miguel Carrero Pazos, Doutor en historia na USC.

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.

As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00h da mañá con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.

Ás 20:00h da tarde arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxo, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.

A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.

Tamén na xornada deste sábado terá lugar a entrega de premios do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán ás 21:00h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 30:

Ao longo da xornada deste domingo a Asociación Os Amigos organiza no Casino de Camposancos a XV Xuntanza de Palilleiras, un evento que congrega a centos de persoas de toda a xeografía galega e nacional.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán e o pasado luns foron entregadas as mesmas nun acto no que estivo presente o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao que asistiron, en representación da Guarda, o tenente-alcalde, o nacionalista Anxo Baz e a Concelleira de Turismo, a nacionalista Beatriz Lomba.

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013. A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.

En total, 156 bandeiras azuis ondearán este ano: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis, para A Guarda outorgáronse este ano dúas Bandeiras azuis e un distintivo de Sendeiro Azul.

O Concello da Guarda presenta este xoves día 27 de xuño no Mercado de Abastos de Allariz a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Neste acto de presentación contarase coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, da Concelleira de Turismo da Guarda, a nacionalista Bea Lomba e da Alcaldesa do Concello anfitrión de Allaríz, Mª Cristina Cid Fernández.

En Allariz darase a coñecer a programación desta XXIX edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira da Guarda, unha festa que conta cada ano coa asistencia de milleiros de persoas que se achegan ata o Porto da Guarda, para coñecer e degustar a ampla variedade de produtos ofertados, así coma participar na diversa programación musical e de entretemento asociada á mesma.

Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para por en valor o bo facer dos restauradores da Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a Langosta, símbolo da Guarda dende os tempos das cetareas, onde os pescadores comerciaban con este prezado manxar do noso mar, que levou á Guarda a coñecerse como a «Capital da Langosta».

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrarase nesta edición do 5 ao 7 de xullo no Porto da Guarda onde se instalará unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos.

Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras florais, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades.

Programación por días

VENRES 21:

Na xornada deste venres Cruz Vermella organiza unha obra de teatro que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Neste caso a Compañía «Os Mellores do ghrupo» de Oia representa a obra «O Veleno, ¿Só ou con leite?».

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 22:

A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o verán e o remate do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado día 22 de xuño ás 11:30h da mañá.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Este sábado celebrase tamén as Festas de San Xoán na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.

DOMINGO 23:

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda, ás 12:30 a Igrexa de Santa María acolle a Misa Solemne e a partires das 13:00h sairá a procesión que percorrerá as 10 rúas que se engalan de flores para esta ocasión coas Alfombras Florais. Dende a “Asociación Cultural Alfombras da Guarda”, convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas dende a noitiña do sábado.

Para rematar esta fin de semana a Asociación Veciñal das Parroquias da Guarda organiza unha gran Fogueira de San Xoán no Antigo Estadio do Tecla, con cantina con oferta gastronómica a prezos populares, amenización a cargo de grupos de gaita e baile da zona a partires das 20:00h e ás 22:00h prendido da fogueira.

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente e de modo espontáneo, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus no pobo da Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Asemade, a Asociación amósase moi satisfeita pola gran acollida da exposición “Alfombras da Guarda” que continuará aberta ata o próximo domingo día 23. Ata o momento, achegáronse máis de 500 persoas a visitala e agárdase que a afluencia de xente continúe ata a data de remate.

Por esa razón, dende a “Asociación Cultural Alfombras da Guarda”, convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas.

O martes 18 de xuño realizouse a entrega de premios da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, un acto que contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e no que se entregaron os 26 lotes de dúas botellas do Forte de San Lorenzo: Licor Café e Crema de Orujo(Adega Pazo Val do Miño), o Smartphone Samsung A40 e os diplomas acreditativos para os hostaleiros do Restaurante Bitardorna, Tapa mellor valorada e Restaurante Xantar, Maior número de tapas servidas.

A variedade gastronómica ofertada foi un «pulo» extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría nesta importante cita, contando con tapas moi variadas e para todos os gustos.

Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta, que congregou a moitos ruteiros ao longo de todas as fins de semana deste evento gastronómico.

Entre os restaurantes mellor valorados polos ruteiros cos pasaportes desta ruta, con máis de 300 pasaportes recollidos, destacan:

• Restaurante Bitardorna, Tapa mellor valorada
• Restaurante Xantar, Maior número de tapas servidas

Premios directos aos pasaportes entregados con, 13 selos como mínimo: (26 premiados):

1 DANIEL COSTA MARTÍNEZ
2 LIDIA LORENZO MARTÍNEZ
3 MARCOS FREITAS BAZ
4 Mª VICTORIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
5 ROCIO RODRÍGUEZ ROMERO
6 DAVID ALFONSO ACEVEDO
7 SARA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
8 OFELIA CARRERO BAZ
9 ADRIÁN MAQUIEIRA PEREIRA
10 MARFU ANDIÓN RODRÍGUEZ
11 NURIA GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ
12 RAMÓN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
13 MERCEDES IGLESIAS LÓPEZ
14 JESÚS BAZ VIDEIRA
15 FINA PENIZA BAZ
16 NOÉ ÁLVAREZ FERNÁNDEZ
17 MELITA DORNA COSTA
18 MÓNICA RODRÍGUEZ ROMERO
19 LUCÍA RODRÍGUEZ COSTA
20 DAMIÁN VALVERDE RODILLA
21 DALIA VICENTE CARRERA
22 MÓNICA RODRÍGUEZ CORREA
23 FRANCISCO JOSE ÁLVAREZ LORENZO
24 Mª BEATRIZ RODRÍGUEZ PACHECO
25 Mª LUISA HERNÁNDEZ GARCÍA
26 MANOLI GONZÁLEZ GARCÍA

Todos eles premiados cun lote de dúas botellas do Forte de San Lorenzo: Licor Café e Crema de Orujo(Adega Pazo Val do Miño).

Sorteo de agasallo entre os pasaportes entregados con, 6 selos como mínimo: (300 participantes):

1 ANA ÁLVAREZ FRANCO, gañadora dun Smartphone Samsung A40

O Concello da Guarda presentou este xoves a Axenda de Verán 2019, na que se inclúe toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Na presentación a Concelleira de Cultura en funcións, Elena Baz, resaltou a importancia no tecido asociativo da vila para poder contar cunha axenda moi completa e con actividades de todo tipo, culturais, deportivas, de lecer, entre outras.

Antonio Lomba, Alcalde en funcións, quixo destacar que A Guarda ten unha intensa actividade a nivel cultural, con propostas para todas as idades, contando ademáis na tempada estival con importantes eventos como as Festas de San Antonio, San Xoán, Corpus, Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa do Peixe Espada, Festas do Carme, Festas do Monte, numerosos concertos e festivais musicais e, este ano tamén, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, un atractivo máis para os nosos veciños e veciñas, pero tamén para os milleiros de visitantes que cada ano elixen A Guarda para pasar as súas vacacións.

Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo en funcións, esta axenda é o resultado dun traballo minucioso, e tamén participativo, no que se involucraron varios departamentos municipais como o de Turismo, Cultura ou Deportes, e tamén as diferentes asociacións e colectivos que ano a ano participan activamente no día a día do municipio.

A Axenda de Verán 2019 do Concello da Guarda recolle os principais eventos para este verán, incluíndo os festexos, concertos, festivais, exposicións, eventos deportivos, entre outros.

A axenda está dispoñible para a súa descarga dende a web municipal e tamén nos diferentes espazos públicos municipais e establecementos comerciais da vila.

Descargar axenda aquí

O vindeiro venres día 7 de xuño ás 20:00h terá lugar na Casa dos Alonsos da Guarda a inauguración dunha Exposición fotográfica que quere resaltar o traballo realizado ao longo de moitos anos polas alfombristas da Guarda.

A Exposición, que leva por nome «Alfombras Florais da Guarda», estará na Casa dos Alonsos dende o venres 7 de xuño ata o domingo 23 de xuño en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

«Alfombras Florais da Guarda» é unha mostra que recolle o percorrido da tradición da creación de alfombras elaboradas con flores e outros ornamentos naturais para engalanar as rúas da vila en datas especiais. Trátase dunha costume cunha longa traxectoria na vila e cunha importante bagaxe cultural vinculada inicialmente ó ámbito relixioso e que forma parte sen dúbida do patrimonio cultural da vila guardesa.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus no pobo da Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Dende esta exposición abordarse a temática desde tres puntos de vista, por unha banda o aspecto histórico, repasando os antecedentes e datas sinaladas sen os cales non se entendería a grandeza desta festividade, por outra banda o Organizativo, amosando como se organizan e elaboran as alfombras e xa para finalizar o aspecto dos percorridos, representando as rúas onde se realizan as alfombras, os rezos e bendicións e demais celebracións asociadas a este evento.

O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo ó abeiro das bases reguladoras das subvencións a Concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos de Galicia,con cargo á subvención da Axencia Turismo de Galicia.

Característica do posto: Contrato laboral de duración determinada, 3 meses a xornada completa de luns a domingo.

Titulación esixida: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guías se turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante ( HOTI0108).

As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 31 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

Boa acollida na primeira fin de semana da Ruta Gastronómica Tapearte con máis de 1.500 tapas servidas entre os 16 bares e restaurantes participantes.

Ao longo da pasada fin de semana, coincidindo co Día das Letras Galega, a vila da Guarda acolleu numerosas actividades coma desfiles e festivais, a Festa das Letras, a celebración do Día Internacional dos Museos, Visitas guiadas ao Monta Santa Trega, entre outras propostas que motivaron que moitos veciños e visitantes aproveitasen para degustar esta oferta gastronómica.

A ruta, que estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, se pode realizar os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h, con tapas a un prezo simbólico de 2€ e con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

Ao igual que en anteriores edicións os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.

Como nas anteriores edicións os participantes da ruta optarán con premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.

Nesta edición participan o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», O Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», o Xantar coa tapa «Crunk», o Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».