Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento Noites no Castelo, que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3×3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7.
Programación por días
VENRES 19:
Este venres día 19 en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle un obradoiro gratuíto especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante e que terá como motivo «WATER», un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
SÁBADO 20:
Este sábado día 20 de xullo a partires das 22:00h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.
Nesta quinta edición contarase coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).
O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.
O próximo sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º edición do Torneo 3×3 de Baloncesto “Vila Da Guarda”, organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 10:00h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño contando coa participación dun total de 12 equipos do sur de Pontevedra, xogando a fase final pola tarde.
Tamén este sábado o Estadio Municipal da Sangriña acolle o X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda, que arrancará ás 15:30h da tarde e que continuará na xornada do domingo.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
DOMINGO 21:
Este domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.
O Estadio Municipal da Sangriña acolle nesta xornada as finais do X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda en horario de mañá.
A partires das 17:00h da tarde deste domingo a carpa do Porto da Guarda acolle a celebración da Festa do Avó, evento no que participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda, nun acto que estará presentado por D. Jesús García Villadóniga e no que se fará tamén unha homenaxe.
Comentarios