Programación para esta fin de semana na Guarda

Nova fin de semana na que A Guarda da oficialmente por iniciada a tempada de verán con numerosas actividades para todos os públicos, destacando a segunda edición do Interlude Fest, a Pasarela e Inauguración da Exposición do Traxe Galego, a entrega de premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán, o Festival de Baile Moderno de Xamaraina, ou a celebración das Festas de San Pedro coas súas tradicionais fogueiras.

Programación por días

VENRES 28:

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 h da mañá a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019, que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda.

Neste acto os asistentes terán contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que traballadores buscan nas súas empresas ou que perfís soen requirir.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores desta entidade.

O Clube de Remo Robaleira organiza este venres unha xornada de portas abertas para conmemorar o 30º aniversario deste clube deportivo da vila, contando nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna cunha sardiñada popular. Nesta edición de San Pedro organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.

Este venres celebrase tamén as Festas de San Pedro na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.

Este venres ás 20:00h terá lugar na Casa dos Alonsos a Pasarela do Traxe Galego, organizada pola Asociación Recuperación do Traxe Galego da Guarda, antesala da Inauguración da XI Exposición do Traxe Galego que estará nos baixos do Concello ata o 3 de xullo en horario de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 29:

Ás 11:30h da mañá deste sábado o Centro Cultural acolle a Charla «Megalitismo do Sur de Galicia no seu contexto atlántico», contando coas intervencións de Antón A. Rodríguez Casal, Catedrático e profesor de prehistoria na USC e do guardés Miguel Carrero Pazos, Doutor en historia na USC.

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.

As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00h da mañá con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.

Ás 20:00h da tarde arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxo, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.

A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.

Tamén na xornada deste sábado terá lugar a entrega de premios do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán ás 21:00h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 30:

Ao longo da xornada deste domingo a Asociación Os Amigos organiza no Casino de Camposancos a XV Xuntanza de Palilleiras, un evento que congrega a centos de persoas de toda a xeografía galega e nacional.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Comentarios

Leave a Reply