O Concello da Guarda da a benvida ao mes de agosto cunha fin de semana chea de actividades para todas as idades coma antesala da semana grande das Festas do Monte. Esta fin de semana celébrase o V Galifornia Beat no Porto da Guarda, as Festas de San Caetano no barrio da Cruzada e os primeiros eventos asociados ás Festas do Monte coma as Carreiras Populares ou o Torneo de Hockey Liña.
VENRES 2
O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, oferta gastronómica e moito máis.
O V Galifornia Beat arranca o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00h terá lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos a partires das 22:00h coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
Na xornada deste venres se pode visitar a Exposición «HISTORIA COMERCIAL E INDUSTRIAL GUARDESA» no vestíbulo da Casa dos Alonsos en horario de 8:00h a 15:00h. Unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas había tempos atrás; así como as ferramentas que se empregaban e que arestora están fora de uso ou substituídas por novas tecnoloxías.
Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste venres o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Ás 21:00h a Praza de San Caetano acollerá a tradicional Sardiñada e a partires das 23:30h verbena a cargo da orquestra Capitol.
SÁBADO 3
Xa na xornada do sábado, enmarcado na celebración da V edición do Galifornia Beat no Porto da Guarda, entre as 10:00h e as 11:00h abriranse as inscricións para o aberto e Open SUB-14 e Basket. Ás 11:00h da mañá terán lugar as primeiras competicións co Basket e o Open SUB-14.
Ás 12:30h realizarase a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica do skateboarding.
Ás 13:00h o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú.
A partires das 16:00h terá lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli ás 18:30h.
Ás 19:00h celebrarase o Open de Bowl e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.
Ás 16:00h o Pavillón das Solanas acolle o Torneo Festas do Monte de Hockey Liña Sénior e infantil, organizado dende o Clube A Guarda Hockey Liña, un clásico na programación deportiva das Festas do Monte que reúne a un bo número de deportistas para a práctica do hockey liña, con entrada de balde.
A Guarda acolle este sábado día 3 de agosto a partires das 19:00h as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte, un evento deportivo organizado dende Atletismo Trega en colaboración coa Comisión de festas e o Concello da Guarda.
As Carreiras Populares das Festas do Monte congregan a centos de corredores e deportistas con varias categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100m para a categoría de pulgas e ata os 7.339m para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa. Trega.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste sábado o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Pola noite gran verbena coa orquestra Costa Blanca e o grupo Caché
DOMINGO 4
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste domingo o grupo a Boalleira realizará un pasarrúas polo pobo. Ás 19:00h arrancarán as tradicionais poxas de produtos típicos e rematarán as festas coa actuación de Roberto Caco.
Comentarios