“SenSea”, a cultura mariñeira ao alcance de todos os públicos

O pasado domingo día 28 de xullo no Porto da Guarda, dentro da programación da Festa do Peixe Espada, realizouse o evento piloto de presentación de novos produtos e itinerarios do “PROXECTO ECODESTIN_3IN” de turismo mariñeiro inclusivo (SenSea).

Estiveron presentes nesta actividade Dna. Susana Rodríguez, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o alcalde da Guarda Antonio Lomba, o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla, e o vicepresidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+), José Manuel Fernández e Pablo Mariño, xerente de Bluscus Turismo Mariñeiro. Este proxecto, chamado SenSea, está promovido pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e AGAN+ (Asociación Gallega de Actividades Náuticas y la Agencia Global de Acreditación Náutica) como socio do programa europeo EcoDestin_3IN.

SenSea nace a partir de “Sentir o Mar”, que foi o resultado do traballo realizado por un equipo de profesionais, liderado por Rocío Gómez, dentro do ámbito educativo, social e turístico para demostrar que, máis alá da vista, existen un milleiro de formas de experimentar, vivir e transmitir o mar; para documentar e propiciar que persoas con diferentes discapacidades se acheguen, gozen e sintan o mar tendo a oportunidade de formar parte del a través de experiencias turísticas relacionadas coa cultura mariñeira.

Participaron na xornada 50 personas, dentro das cales estaban membros da Asociación Alba, IGAXES e a Fundación ONCE. Foron convocadas tamén asociación portuguesas. Dividiuse aos participantes en 3 grupos mixtos para realizar as actividades mariñeiras:
– Obradoiro coas redeiras a cargo da Asociación Atalaia Redeiras Baixo Miño
– Obradoiro de cordas no museo do mar co último cordeleiro, Enrique Maya: “o último cordeleiro.
– Navegación tradicional a remo e a velas coas gamelas guardesas a cargo da asociación Piueiro.
– Visita á lonxa e explicación da subasta por parte de Silvia, percebeira e patrona maior da Cofradía de

Pescadores Santa Tecla de A Guarda
– Obradoiro de Conservas de peixe espada de Orpagu a cargo de Chema Seijo.

Houbo un petisco final para favorecer a convivencia entre os asistentes.
Apoiaron a xornada: Asociación de Redeiras Baixo Miño, Asociación Piueiro, Club Alagua, Lonxa de  Guarda e o Concello de A Guarda.

A xornada foi coordinada e deseñada polo equipo de Bluscus – Turismo Mariñeiro e Rocío Gómez.

Comentarios

Leave a Reply