Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 22 ao 26 de xaneiro, a súa 40ª edición.

A Guarda promocionarase como en anos anteriores no stand de Turismo de Galicia e o mércores 22 participará na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño co seu primeiro produto coa temática “Benvidos ao primeiro reino medieval de Europa”. A Guarda forma parte deste Xeodestino que se creou no 2019 e ao longo do pasado ano estívose traballando na elaboración do Plan Estratéxico con horizonte 2025. Esta presentación será ás 18.00h no espazo habilitado para os eventos no stand de Turismo de Galicia.

Na xornada do xoves 23 destaca a asistencia á dúas presentacións. En primeiro lugar á presentación da Deputación de Pontevedra co Destino Rías Baixas onde A Guarda como destino turístico sempre está presente e tamén será no stand de Turismo de Galicia.

A terceira e última presentación terá lugar no stand de TURESPAÑA coa Presentación dos Destinos Europeos de Excelencia (EDEN) e a entrega oficial aos premiados na 9ª edición coa temática Turismo de saúde e Bienestar coa asistencia da Secretaria de Estado de Turismo. A Guarda asistirá como convidada ao ser Destino EDEN dende 2010. Ademais haberá unha mesa de traballo dos Destinos EDEN para definir os obxectivos de promoción para vindeiros anos.

Durante estas xornadas a delegación da Guarda, encabezada polo Alcalde, manterá diversas reunión con maioristas e asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.

O xeodestino turístico Ría de Vigo e Baixo Miño está a piques de celebrar a súa posta de longo. Os 14 alcaldes e alcaldesas dos concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) acudirán a vindeira semana a Madrid para arroupar ao proxecto durante a presentación oficial do seu primeiro produto na Feria Internacional de Turismo, un dos tres principais encontros do sector turístico de Europa e un grande escaparate no que dar a coñecer o proxecto.

O Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolleu este luns 13 a reunión dos alcaldes e alcaldesas, así como de técnicos e concelleiros de todos os municipios que abrangue o Xeodestino, para coñecer de primeira man a versión definitiva do Plan Estratéxico e os produtos turísticos e o material que servirá en FITUR de primeiro contacto coas futuras persoas visitantes do territorio. Esta reunión contou coa presenza de Sandra González, anfitriona, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade que dirixe o xeodestino; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Juan González, rexidor de Nigrán; David Alonso, concelleiro de O Porriño; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Agustín Reguera, rexidor de Soutomaior e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.

Durante a reunión as e os representantes dos municipios debateron tamén cuestións relacionadas coa adenda de convenio de colaboración entre Eurural e os Concellos e deron os primeiros pasos para nomear a un novo representante institucional, cargo anual que durante o arranque do Xeodestino ocupaba Baiona.

Proxectos comúns

Ría de Vigo e Baixo Miño é un xeodestino de referencia tanto no eido patrimonial, con 64 Bens de Interese Cultural, como no natural, contando cun dos seis Parques Naturais da comunidade galega, situándose no ámbito de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas e con outros 11 espazos naturais baixo diferentes figuras de protección. Todo isto sen esquecer as súas 10 festas declaradas de interese turístico. Unha ampla variedade de recursos que conviven no territorio que ocupa o xeodestino que facilitan a articulación de futuros produtos turísticos.

Trátase dunha área xeográfica estratéxica con varios aeroportos situados a poucos quilómetros e cun marcado carácter transfronteirizo que facilita a captación de turistas internacionais. E é que con 500.000 pernoctas en 2018, a Ría de Vigo e Baixo Miño xa se sitúa como o segundo xeodestino de Galicia en volume de demanda hoteleira, soamente por detrás da Ría de Arousa.

A pesar das diferentes realidades municipais que se viven nos 14 concellos do xeodestino, coa definición e posta en marcha do plan estratéxico búscase abrir as portas a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados, poñendo en marcha medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos diferenciados.

O pasado xoves día 26 de decembro celebrouse a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 ante máis de medio cento de persoas que acudiron á Cervexaría «La Bodega» da Guarda.

Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chegou a segunda deste ciclo e derradeira do ano 2019 na cal o historiador local J. Miguel Villa falou sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento».

J. Miguel Villa fixo un exhaustivo repaso da vida e obra de Juan Bautista Alonso Español, un guardés nado na parroquia de San Lourenzo de Salcidos no ano 1879, que foi xurista, político, periodista e presidente do Consello do Estado, cursando estudos en Filosofía e Leis na Universidade de Salamanca.

Na década de 1830, momento no que se instala en Madrid, lle levaría a opinar sobre os máis acuciantes problemas da España isabelina como redactor de famosos periódicos, destacando de maneira notable como xurista no foro madrileño, chegando a ser deputado polas circunscripcións de Madrid no 1839, de Pontevedra entre 1841 e 1843 e de Lugo no 1843. En 1843 foi subsecretario de Gobernación sendo condecorado ese mesmo ano coa Cruz de Carlos III como premio aos seus servizos neste ministerio.

No regreso dos progresistas ao poder en 1854, Juan Bautista Alonso voltou a aparecer coma deputado pola provincia de Pontevedra ante as Cortes constituíntes, e xa retirado da vida pública, volveu a ser deputado ás Cortes, esta vez por Santiago de Compostela no 1865-1866.

Repite coma parlamentario no 1872-1873, como senador pola provincia de Murcia, e exerceu de presidente interino do Consello do Estado, acadando a presidencia do mesmo durante a I República española.

Ao remate desta barferencia houbo tamén unha quenda para intervencións do público onde todos aqueles que quixeron puideron facer as súas preguntas ao conferenciante, rematando a mesma coa entrega de agasallos, realizados pola Asociación Avelaíña, para o conferenciante e para o establecemento onde se realizou esta barferencia.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación. Tal e como o adiantou ao remate da Barferencia a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes, xa se están a preparar os novos temas para o vindeiro ano 2020, que de seguro van a espertar novamente o interese dos veciños e visitantes da Guarda.

A Guarda congrega nesta fin de semana varias actividades para todas as idades enmarcadas na Programación de Nadal 2019/20 con música, chocolatadas, Pista de Xeo e moito máis.

Dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

O horario da Pista de xeo é de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.

Chocolatada de Acigu

A Asociación de Empresarios Acigu CCA organiza a partires das 10:00h da mañá deste sábado unha chocolatada na Praza do Monterreal, en caso de choiva realizarase na Casa dos Alonso.

Cantos de Nadal

Na xornada deste sábado realizarase “Cantos de Nadal” unha iniciativa que pretende alegrar e compartir o espírito do Nadal polas Rúas da Guarda contando coa participación de 6 grupos musicais da zona que amenizarán a todos os presentes na Casa dos Alonso.

A partires das 18:30h os grupos O Trebón dos Xidos, Agrupación Cultural Guardesa (Cantaruxas e Merliños), Coiro Vello, A Boalleira, Paliqueiras, Carainas, Do Lusco ó Fusco, Tambaluca e o Grupo da Terceira Idade da Guarda interpretarán varias pezas musicais.

Exposición de Pintura MixMedia “anetadocamilo”

O vindeiro sábado día 21 de decembro ás 13:00h a Casa dos Alonso acolle a inauguración da Exposición de Pintura «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para expresar con pintura o que con palabras non pode.

Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tonos de grises.

Para esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e materiais no lenzo.

«anetadocamilo» avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non mudou dende o principio desta viaxe …Ben sexa en lugares tan diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de Londres.

Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e se pode visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00h a 15:00h de Luns a venres.

Actuación de Gaitas

O sábado ás 16:30h o Clube da Terceira Idade da Guarda acolle a actuación do Grupo de Gaitas deste clube, con entrada libre para todo o público.

Concerto de Panxoliñas

Na xornada do Domingo día 22 de decembro a Igrexa Parroquial da Guarda acolle un Concerto de Panxoliñas organizado pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda e que terá lugar a partires das 17:00h.

AXENDA DE NADAL 2019/20

DECEMBRO

– SÁBADO 21 DECEMBRO
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 10:00 h.
*En Caso de choiva na Casa dos Alonso
Cantos de Nadal nas prazas cos Grupos Folclóricos da vila.
Na Casa dos Alonso a partir das 18:30 h.

– DOMINGO 22 DECEMBRO
Concerto de Panxoliñas.
Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.

– LUNS 23 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal.
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 24 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

– XOVES 26 DE DECEMBRO
Tarde de Xogos de mesa con Brazolinda.
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por J.M. Villa.
No bar A Bodega ás 20:30 h.

– VENRES 27 DECEMBRO
Espectáculo Infantil de Clown “Cartoons”
No Centro Cultural ás 17:30 h.

– SÁBADO 28 DECEMBRO
Concerto de Indie Rock co grupo Inertes.
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– LUNS 30 DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 31 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

XANEIRO

– XOVES 2 XANEIRO
Obradoiros de Nadal
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 16:30 h.

– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.

– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

EXPOSICIÓNS

– Exposición dereitos Humanos e Diversidade afectivo sexual e de xénero.
Na casa dos Alonso do 4 ó 18 de decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

– Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño
Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.

– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

E ADEMAIS…

PISTA DE XEO
Do 5 de Decembro ó 19 de Xaneiro
Na Alameda

SORTEOS A

O pasado xoves día 5 de decembro escolares da Guarda participaron nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.

O proxecto “A Guarda, Mar de Sal” permitiu a restauración e consolidación definitiva das estruturas das Salinas Romanas da Zona do Seixal na Guarda.

Esta visita guiada, contou coa presenza de Mar Cortegoso, arqueóloga que participou nas escavacións así como os técnicos de Patrimonio e Desenvolvemento Local, que explicaron aos escolares como foi o proceso para descubrir e por en valor este importante elemento patrimonial.

A visita estivo dividida en dúas partes: unha parte divulgativa a cargo de Mar Cortegoso, e outra máis interactiva empregando a app da web https://www.mardesal.aguarda.es/proxecto-de-ciencia-cidada/ coa que os alumnos sacaron fotografías coas que identificar novas salinas rupestres. O proxecto de Ciencia Cidadá na Guarda, Mar de Sal, ten como obxectivo facilitar a participación da cidadanía na investigación científica da produción de sal na Antigüidade. É moi sinxelo: mediante unha app para móbil, calquera persoa interesada pode colaborar na recollida de datos en campo, participando na prospección de novos xacementos arqueolóxicos.

A actividade permitiu tamén unha recollida de lixo por parte dos escolares pola costa entre o Seixal e o Puntal, destacando o compromiso do proxecto co Medio Ambiente e o entorno onde se levou a cabo o mesmo.

Ao rematar a actividade, cada alumno foi agasallado cunha gorra e unha mochila de Mar de Sal.

As fotografías desta xornada se poden consultar nas redes sociais do Proxecto A Guarda, Mar de Sal: https://www.facebook.com/AGUARDAMARDESAL/

Esta actividade forma parte da segunda fase deste proxecto na cal se realiza a musealización do xacemento, se publican os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado e se convida a diferentes segmentos da poboación a participar en actividades de divulgación.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

-EVENTO APRAZADO-

O Concello da Guarda convida a participar no Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

A primeira actividade de «O Camiño Aguárdate» terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, As prazas son limitadas.

Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.

A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.

O pasado xoves día 28 de novembro celebrouse a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 no bar «Bugus Zentral» da Guarda, unha Barferencia que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» contando coa ponencia de Silvia Cernadas.

Silvia Cernadas Martínez, explicou aos presentes como foi a vida desta grande e polifacética muller do século XIX, froito das súas investigacións que a levaron a contactar e buscar información con boa parte dos seus descendentes e familiares directos e indirectos. Silvia Cernadas, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.

María Vinyals (1875-1940?) coñecida como a “Marquesa roja” polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falousese desta muller tan vencellada ó Castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.

A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na «Cervexería La Bodega» e versará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendeiro Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño.

Resaltouse o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, pondo en valor os proxectos realizados recentemente coma o entorno do Castelo de Santa Cruz, a Rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras.

Destacouse como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinado moi preto da Alameda da Guarda.

O ente promotor de Vilas en Flor está formado pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar, entregando nesta xornada galardóns para 16 municipios galegos.

O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron «in situ» todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do entorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila.

O vindeiro xoves día 28 de novembro terá lugar a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 que terá lugar ás 20:30h no bar «Bugus Zentral» da Guarda.

Esta primeira Barferencia versará sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correrá a cargo de Silvia Cernadas.

María Vinyals (1875-1940?) foi unha das grandes e polifacéticas mulleres que naceron na Galicia do século XIX. Coñecida como a “Marquesa roja” polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falarase desta muller tan vencellada ó castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.

A ponente encargada deste primeira Barferencia é Silvia Cernadas Martínez, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.

A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na «Cervexería La Bodega» e versará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.

A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan a Feira de Emprego “Ecoimaxín”, a representación teatral de Raclette e a derradeira actividade das celebracións do Día da Biblioteca.

VENRES 25:

Dende este xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a Feira de Emprego «Ecoimaxín».

Na xornada do venres 25 terán lugar dúas cápsulas formativas a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sostible». Sandra Fernández é Especialista de Desarrollo de RSE en pymes, cunha experiencia de más de 3 años en asistencia técnica a programas de la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.

A segunda cápsula formativa será a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial). sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local», ámbalas cápsulas, os dous días en horario de 10:00h a 12:00h. Sandra Touza defínese coma unha muller emprendedora incansable de espírito libre, e forte. Caracterizase pola súa transparencia, gañas de mellorar cada día ante os obstáculos con perseverancia e positividade.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro venres día 25 de outubro ás 21:00h a representación teatral de «Raclette» a cargo da Compañía Ibuprofeno Teatro.

«Raclette» é unha xeira de Ibuprofeno Teatro, na que a compañía asume producións dun formato superior con elencos máis numerosos, caracterizadas polo rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación, baseados na obra dramatúrxica de Santiago Cortegoso.

O realismo é a base da posta en escena e do traballo interpretativo. Os actores e actrices cociñan e comen comida real, diante do público, que apreciará o transcurso da cea non só pola vista e o oído, senón tamén polo olfacto. O peso da función recae no que transmiten os personaxes, na intensidade das relacións que se establecen entre eles, na trascendencia do que din e do que calan, nos xestos, nas miradas…

SÁBADO 26:

Dende este xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a Feira de Emprego «Ecoimaxín».

Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda remata esta semana as actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

Xa para rematar a programación deste ano o sábado día 26 de outubro ás 11:30h terá lugar a derradeira actividade co Obradoiro de creación de teatros de papel: O obxectivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Ensinamos a construír a maqueta dun teatro clásico e a crear escenarios e personaxes a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas. O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes. Público recomendado: Nenas e nenos entre 6 e 12 anos.

A Guarda prepárase para unha nova fin de semana na que destacan a presentación do libro «Déixate de contos» e da editorial «Elefantes de Papel», unha sesión de «Contacontos ilustrado Mulleres Galegas» e o espectáculo de maxia «Do Maxín á Realidade».

VENRES 18

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza 4 actividades para conmemorar este ano o día da Biblioteca, que se celebra cada ano o 24 de outubro.

Na primeira actividade, programada para este venres día 18 de outubro ás 18:00h, na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, celebramos este importante día con actividades de animación á lectura durante o mes de outubro co “Contacontos ilustrado Mulleres Galegas” a cargo de Polo Correo do Vento, dun xeito divertido e participativo contan a vida de mulleres galegas: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno e Ángela Ruiz. Un contacontos indicado para nenos e nenas a partir de 3 anos e enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Tamén na xornada deste venres ás 20:00h o Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro «Déixate de contos» da autoría de Berto Pirata, un libro que xa vai pola segunda edición, un libro tenro que afonda na relación entre un pai e os seus xemelgos a través de relatos onde os tres aprenderán de que vai realmente a vida.

Do mesmo xeito realizarase a presentación da Editorial «Elefantes de Papel», a cargo de María salinas e Berto Pirata, un proxecto comprometido que realizado con moita ilusión e que vén coa intención de facilitar a publicación a aquelas persoas que soñan con facelo.

SÁBADO 19

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 18:30h o espectáculo de maxia «Do Maxín á Realidade».

«Do Maxín á Realidade» é un espectáculo de maxia que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia é o fío condutor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rexen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín, onde todo, ou case todo é posible.

Espectáculo subvencionado a través do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra e enmarcado nas actividades de lecer do I Encontro de Ecoturismo & Gastronomía do Río Minho» que se celebra na Guarda e Caminha do 17 ao 19 de outubro.

DOMINGO 20

O domingo a Igrexa Parroquial da Guarda acolle ás 18:00h o I Festival de Corais de Outono, no que participan a Coral Polifónica da Guarda, A Coral a Torre de Maside e a Coral do Clube da Terceira Idade da Guarda, organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda.

Na xornada do martes día 15 de outubro A Guarda recibiu a visita de dous importantes Blogueiros ligados aos sectores da gastronomía e do turismo internacional.

Esta visita está enmarcada no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019» onde catro dos Bloggers de viaxes e gastronomía máis importantes de España percorrerán o Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas menos coñecidas, degustando en cada etapa as Denominacións de Orixe e os produtos de Indicacións Xeográficas Protexidas da gastronomía galega, realizando varios encontros con colectivos das xentes do Camiño en cada etapa.

No caso da Guarda participou o blogger Alberto Ribas @Alvientoo, con máis de 21,000 followers en instagram, finalista dos «10 Blogs más populares de Fitur», especializado en viaxes e gastronomía, xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca. Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131,000 followers en instagram, instagrammer en inglés de referencia para destinos internacionais.

Unha actividade que se realiza no meses de outubro e novembro para desestacionalizar o sector.

Na Guarda os bloggers reuníronse co colectivo de redeiras da Asociación de Redeiras Atalaia, onde puideron comprobar como é o seu traballo na nave que teñen no Porto da Guarda, intercambiando diferentes experiencias sobre o mundo do mar e da pesca, o seu valor cultural, patrimonial e social. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, lles deron a benvida na Nave de Redeiras, compartindo con eles a súa experiencia nesta etapa do Camiño Portugués da Costa, xunto cos representantes da Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda.

O Concello da Guarda oferta unha nova actividade de formación especialmente dedicada a empresas do sector da hostalaría e do aloxamento, co obxectivo de mellorar a calidade da atención aos clientes destas empresas.

O curso, totalmente de balde, terá comezo no mes de novembro e as inscricións están abertas ata o vindeiro 23 de outubro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

As clases terán lugar no antigo colexio Sinde da Rúa Puerto Rico todos os mércores en horario de 17:00h a 19:30h ata o 18 de decembro, cun total de 20 horas lectivas.

O inicio e presentación do curso será o 5 de novembro, unha boa oportunidade para mellorar a lingua inglesa, cunha temática enfocada ao sector da hostalaría e dos aloxamentos, que permitirá aos participantes mellorar o seu vocabulario e a atención aos seus clientes de fala inglesa.

O Concerto do grupo The Pretty Shirts do sábado e a Mostra Filatélica Exfimiño 2019 no Centro Cultural son as principais propostas para esta fin de semana na Guarda.

VENRES 11

Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A mostra conta, como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas(Tradicional, temática un cadro, clase aberta…. ) e tamén algunha colección de numismática.

Este venres ás 20:00h horas terá lugar a instalación dunha estafeta temporal de Correos e as 20:30 horas inauguración con recepción de autoridades e presentación do cuño oficial da mostra e posta en circulación do sobre conmemorativo, contando coa intervención do historiador local D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, que falará sobre o edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda.

SÁBADO 12

Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.

“Trátase de dinamizar e ofrecer á poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago.

Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, na xornada deste sábado día 12 de outubro A Guarda acolle un concerto musical do grupo local The Pretty Shirts Rock&Roll Band ás 20:30h na Praza do Reló de A Guarda.

Un concerto ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños da D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Contarase coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo, Adega do Vimbio, Altos de Torona e Terras Gauda.

DOMINGO 13

Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A Oficina Municipal de Turismo da Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra. Para este 2019 a Deputación concedeu ao Concello da Guarda un informador turístico durante sete meses. Grazas ao reforzo do persoal unhas das melloras foi a ampliación do horario de atención.

Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo. Neste meses atendéronse a máis de 3.000 visitantes e turistas sendo a consulta máis habitual o qué visitar na vila e nos arredores.

Dende hai uns anos xa é habitual que os peregrinos percorran as nosas rúas. A Oficina de Turismo na Praza do Reló atopase no recorrido do Camiño Portugués da Costa polo que tamén son numerosas as consultas atendidas dos peregrinos, ademais de selar a credencial. Este verán detectouse un incremento de peregrinos que comezan na nosa vila a súa peregrinación a Santiago polo Camiño Portugués da Costa.

Este horario ampliado de verán continuará no mes de outubro. Polo que a Oficina de Turismo no antigo Concello estará aberta de luns a domingo de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30h.

Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades entre as que destacan a apertura da exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, a actividade «Elas pintan moito» e o Festival «Folclore no Camiño».

SÁBADO 5

O sábado día 5 de outubro o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle ás 11:30h a actividade “Elas pintan moito”, unha sesión de contos para público familiar baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron.

Nesta actividade, enmarcada no Programa Ler conta moito 2019 de Igualdade e Violencia de Xénero e organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotiá ata o da creación artística.

O obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Ás 20:00h o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle “Folclore no Camiño”, un Festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño de Santiago Portugués da Costa, organizado pola Asociación Cultural Interfolc.

Unha experiencia que pon en valor o patrimonio inmaterial das poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago portugués da costa e no que participarán a A.F. Lembranzas Galegas (Vigo), a A.F. Vento Mareiro (A Guarda), o G.B. Xamaraina (A Guarda) e a G.E. Areosa (Viana do Castelo).

Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición estará dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica terá lugar do 5 ao 13 de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda, sendo os días 7, 8, 9 e 10 as visitas guiadas pola exposición para escolares e público en xeral.

O programa de actos da EXFIMIÑO 2019 comeza xa este sábado día 5 de outubro as 11 horas coa apertura da exposición. A mostra contará como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas(Tradicional, temática un cadro, clase aberta…. ) e tamén haberá algunha colección de numismática.

As inscricións son gratuítas e pódense tramitar a través da páxina www.encontroriominho.eu

Os días 17, 18 e 19 de outubro A Guarda e Caminha acollerán o «I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Minho» organizado polo proxecto Visit Rio Minho. Estas xornadas están especialmente orientadas a profesionais e persoal técnico do sector turístico e gastronómico do territorio relacionados cos ámbitos da animación, natureza, hostalería, industria vitivinícola, restauración, vivenda rural, sendeirismo, emprendemento do sector do turístico e gastronomía, así como persoal técnico municipal relacionado coa información e promoción turística, cultural ou de natureza.

O xoves 17 de outubro celebrarase o «I Congreso de Turismo do Rio Minho na Guarda, unha actividade, dedicada a profesionais do turismo xa sexa do ámbito empresarial como da administración pública, que contará coa participación de numerosos expertos e expertas deste ámbito. Pola tarde haberá unha sesión de formación práctica sobre a creación de paquetes turísticos.

A gastronomía en todas as súas vertentes ocupará a xornada do venres 18 en Caminha. As «I Xornadas de Gastronomía do Rio Minho» dividiranse nunha sesión de mañá, exclusiva para profesionais da gastronomía, onde haberá un debate e un showcooking, e unha sesión de tarde aberta a todo o público na que se combinarán presentación de produtos, charlas e degustacións.

Por último, o sábado 19 A Guarda e Caminha organizan diferentes actividades de lecer como peche do I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Minho.

O encontro é a primeira actividade da marca transfronterizo Río Miño / Rio Minho despois da presentación celebrada no Parador de Tui en abril deste ano, e con ela preténdese viabilizar e modernizar a oferta turística do Miño transfronteirizo e pór en valor os seus recursos.

As inscricións son gratuítas e pódense tramitar a través da páxina www.encontroriominho.eu, onde tamén se pode atopar toda a información actualizada.

Esta actividade está promovida pola Deputación de Pontevedra e o Centro de Estudos Euro Rexionais dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza VISIT RIO MINHO, que conta cun 75% de financiamento FEDER, e do cal tamén forman parte a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o AECT Río Miño, os concellos de ambas marxes do Miño, Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico do Mar.

O Concello da Guarda organiza con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda.

Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.

A cita terá lugar o vindeiro sábado día 28 de setembro e a visita guiada sairá ás 23:00h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda.

Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

O sábado 21 de setembro, Día Mundial de Limpeza, porase en marcha unha limpeza de residuos dende o Puntal na praia do Muíño ata o Codesal.

A promotor desta actividade é a delegación do Porriño de Smurfit Kappa, empresa do sector de embalaxes reciclables, renovables e 100% biodegradables. Esta empresa a nivel nacional puxo en marcha a iniciativa “Better Planet Packing” que busca reducir os residuos que xeran os embalaxes non biodegradables e abordar os desafíos do lixo que termina nos océanos e vertedoiros en todo o mundo.

Unha acción incluída nesta iniciativa é a celebración do Día Mundial de Limpeza e a delegación de Porriño escolleu as praias naturais da desembocadura do Miño para realizar esta campaña de concienciación entre veciños dos concellos da comarca do Baixo Miño e área de metropolitana de Vigo.

A partir das 10.30h do sábado os 200 participantes percorrerán en dous grupos os tres últimos quilómetros da desembocadura do Miño recollendo os residuos e posteriormente os depositarán nos colectores correspondentes para o seu tratamento e reciclaxe. Os participantes están convidados a visitar as instalacións da delegación de Smurfit Kappa O Porriño.

Esta xornada conta coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda e efectivos de Protección Civil do Rosal.

O vindeiro luns día 23 de setembro(festivo local), A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá e ás 11:00h Sermón e Solemne Procesión.

Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.

A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.

Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o noso patrimonio, sinal de identidade do noso pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega. Unha ocupación da zona delimitada pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único.

A maioría da poboación é consciente de que o xacemento castrexo do monte Santa Trega é un tesouro para A Guarda e para Galicia, e de que debemos dar unha imaxe acorde coa súa importancia e valor. Por parte do Concello e do Padroado do monte Santa Trega seguiremos traballando para concienciar a poboación no respecto polo patrimonio, lembrando que é tarefa de todos mantelo en boas condicións.

Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o inicio das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara, un Relatorio sobre Violencia de Xénero con Amelia Tiganus, o concerto de peche de Música nas Prazas 2019 con Helen & Shanna, a 2º churrascada de Buxán, una nova sesión de Contos Contados, ademáis de visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.

VENRES 13

O venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM(Centro de Información á Muller) da Guarda .

O acto, que terá lugar ás 20:00h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas.

Música nas Prazas 2019 chega este venres día 13 de setembro ao seu fin tralos concertos de Caramelo Krew o 14 de xuño na Praza de San Queitano e de Blues do País o pasado venres día 16 de agosto na Praza de Avelino Vicente(As de Copas).

Desta volta é a quenda de «Helen & Shanna», un grupo guardés nado no ano 2013 e que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia. Cunha forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

Para rematar esta edición o venres 13 de setembro ás 22:00h a Praza dos Seixiños acollerá a actuación de Helen & Shana.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 14

A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.

A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00h dende a Pobra ata a bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.

Pola noite do sábado terá lugar o XIX Serán a partires das 21:00h na Praza dos Seixiños organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.

Este sábado a Praza de Buxán acolle a 2º gran churrascada a partires das 21:00h da noite organizada pola Comisión das Festas da Pascua de Buxán

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 15

Na xornada do domingo día 15 de setembro, enmarcado nas Festas das Mercedes na Gándara, celebrarase ás 17:00h o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e ás 20:00h terá lugar a actuación teatro musical de «A chavola de Coiro Vello».

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan as Festas na honra da Virxe da Guía, visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.

VENRES 6

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Guarda acolle do 6 ao 8 de setembro as Festas na honra da Virxe da Guía que arrancarán na xornada do venres cun Serán musical no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona a partires das 22:00h na Praza da Guía. Esta primeira xornada de festexos rematará con varias actuacións de DJ´s a partires da 1:00h con «La Guía Fest» e as actuacións de Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners.

SÁBADO 7

Na xornada do sábado día 7 de setembro, e enmarcado nas Festas na honra da Virxe da Guía, ás 11:00h terá lugar un pasarrúas a cargo de A Boalleira, a partir das 17:00h tarde actividades para os máis pequenos e ás 22:30h gran verbena amenizada polos grupos Club Naval e a Banda de Nash.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 8

O domingo día 8 de setembro, e enmarcado nas Festas na honra da Virxe da Guía, ás 10:00h unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande das festas para dar paso ás 11:30h a unha Misa solemne cantada polo Coro Parroquial e posterior procesión. Ás 17:30h terán lugar as tradicionais poxas, seguida dunha actuación dun grupo de mariachis e a continuación atronadora Tirada de Fogos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A Guarda acolle do 6 ao 8 de setembro as Festas na honra da Virxe da Guía que arrancarán na xornada do venres cun Serán musical no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona a partires das 22:00h na Praza da Guía. Esta primeira xornada de festexos rematará con varias actuacións de DJ´s a partires da 1:00h con «La Guía Fest» e as actuacións de Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners.

Na xornada do sábado día 7 de setembro ás 11:00h terá lugar un pasarrúas a cargo de A Boalleira, a partir das 17:00h tarde infantil con actividades para os máis pequenos e ás 22:30h gran verbena amenizada polos grupos Club Naval e a Banda de Nash.

O domingo día 8 de setembro ás 10:00h unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande das festas para dar paso ás 11:30h a unha Misa solemne cantada polo Coro Parroquial e posterior procesión. Ás 17:30h terán lugar as tradicionais poxas, seguida dunha actuación dun grupo de mariachis e a continuación atronadora Tirada de Fogos.

Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro A Guarda oferta numerosas actividades para locais e visitantes coma numerosos eventos deportivos, festexos, exposicións e visitas guiadas.

VENRES 30

A Casa dos Alonso acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de 9:00h a 14:00h e de tarde de 19:00h a 21:00h.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 31

O sábado día 31 de agosto ás 16:00h o barrio da Gándara celebra a XII edición do Torneo da Cachiza, enmarcado nas Festas das Mercedes 2019 e organizado pola Asociación O Percamino en colaboración co concello da Guarda. As inscricións teñen un custo de 10€ por parella a través dos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.

O Auditorio de San Bieito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical que arrancará ás 20:30h contando coa participación dos grupos Coiro Vello da Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C. As regatas arrancarán ás 16:00h da tarde deste sábado para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.

A Casa dos Alonso acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este sábado en horario de 19:00h a 21:00h.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 1

O domingo día 1 de setembro a partires das 10:00h da mañá as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da Festa Castrexa, un evento no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas da vila da Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.

Este domingo celebrase na Guía a Carreira Pedestre «Virxe da Guía», que arrancará ás 19:00h. Inscricións abertas ata o mesmo día ás 18:30h no correo asociacionfestasdaguia@gmail.com

A Casa dos Alonso acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este domingo en horario de 19:00h a 21:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da Festa Castrexa, un evento no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas da vila da Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.

A Festa Castrexa arranca o domingo ás 11:00h con música, obradoiros relacionados coa cultura castrexa, apertura da Feira de Artesanía e saída dunha Andaina de dificultade baixa na que se visitará o Castelo de Santa Cruz e diferentes espazos do casco urbano da Guarda como a Igrexa Parroquial ou a Praza do Reló. Nesta andaina visitaranse tamén as exposicións de maquetas de Praxíteles González e Ramón González, amosando boa parte da arquitectura da comarca do Baixo Miño.

A partires das 13:00h realizarase un xantar no que se contará cunha oferta gastronómica na que se inclúen churrasco, polbo, carne ó caldeiro, empanadas, mexillóns, chourizos e sobremesas. Amenizarán o xantar as actuacións en directo dos grupos Do Lusco ó Fusco, Tralo Mosteiro ou A Boalleira.

Ás 15:30h terá lugar unha exhibición de talla e escultura con motoserra, así como o inicio dos xogos populares para nenos.

Xa para rematar, ás 18:00h realizarase un concerto Folk.

A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.

O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00h da mañá a 16:00h da tarde e de 20:00h da tarde a 00:00h da noite. Na xornada do domingo a partires das 12:00h do mediodía.

Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.

A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello da Guarda.

O pasado sábado día 17 de agosto realizouse a derradeira visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal do calendario 2019, que baixo a coordinación de Anabam, realizáronse de xeito gratuíto ao longo deste ano.

Un grupo de máis de 20 persoas participou o pasado sábado nesta actividade guiada por Agustín Ferreira, de Anabam, saíndo dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levou a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitiu crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

A Guarda se prepara para un nuevo fin de semana lleno de actividades para todas las edades y que arranca con la festividad del 15 de agosto, contando con exposiciones, conciertos, visitas guiadas, feria de oportunidades y mucho más.

JUEVES 15

El Centro de Interpretación de las Fortalezas en el Castillo de Santa Cruz acoge la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González en la que se exponen varias maquetas del artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” y “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos de O Rosal. Además de las maquetas de las catedrales de Santiago y Notre Dame. Completa esta exposición una selección de las más de 40 esculturas realizadas por el artista. Horario de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos y 0,5€ hasta los 14 años inclusive.

El Ayuntamiento de A Guarda, a través de la Concejalía de Turismo, ha iniciado un programa de visitas guiadas por el casco urbano que se realizan los miércoles y jueves hasta el 15 de septiembre. Las visitas son de carácter gratuito y no es necesario inscripción previa, tan sólo acudir a las 12:00h al punto de encuentro, que será en la Oficina de Turismo de la Plaza do Reló. Desde la Plaza do Reló el grupo sale a conocer el patrimonio de A Guarda, este jueves tendrá lugar la Visita singular de la época moderna: “Castillo de Santa Cruz”.

VIERNES 16

El próximo viernes día 16 de agosto la Plaza de Avelino Vicente(As de Copas) acoge la segunda cita de «Música nas Prazas 2019», cuarto año de esta actividad promovida desde la concejalía de Cultura del Ayuntamiento de A Guarda y que este año cuenta con un total de 3 conciertos en las Plazas de San Cayetano, Avelino Vicente y Os Seixiños.

Ahora es el turno del grupo «Blues do País» este viernes día 16 de Agosto a las 22:00h en la Plaza de Avelino Vicente (As de Copas).

«Blues do País» es un grupo formado por Bieitta James y Pepe King que interpretan música blues de clásicos como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Matasme despacio) o Mercedes Benz (Chimpín). Con su música demuestran que es posible hacer blues en el idioma del país.

En la jornada de este viernes continúan las visitas guiadas para conocer el patrimonio do Monte Santa Trega, a las 11:30h se realizará la visita guiada al Castro de Santa Trega, que tendrá como punto de encuentro la vivienda reconstruida del castro, y que tendrá una duración aproximada de 30 minutos.

A las 12:30h y a las 17:00 tendrán lugar dos nuevas visitas guiadas al Monte Santa Trega, con punto de encuentro en el Museo Arqueológico (MASAT), y que tendrán una duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuito y sin inscripción previa. Para los grupos de más de 10 personas es necesario hacer una reserva previa llamando al teléfono 986 610 504.

La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y de 0,5€ para los menores de 14 años.

SÁBADO 17

El Ayuntamiento de A Guarda informa que el próximo sábado día 17 de agosto se realizará una visita guiada a las excavaciones de las Salinas del Seixal, enmarcadas en el proyecto “A Guarda, Mar de Sal”.

Esta visita guiada, que cuenta con la coordinación de Anabam, se realiza de forma gratuita el sábado día 17 de agosto con salida a las 10:45h desde el Puerto de A Guarda, con un recorrido aproximado de 2 horas utilizando la senda litoral.

Desde el Ayuntamiento de A Guarda se quiere agradecer la dedicación y entusiasmo mostrado por el numeroso equipo de arqueólogos y alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo y Santiago que hicieron posible que, en un corto espacio de tiempo, A Guarda pueda conocer un poco mejor su pasado romano. Inscripciones en el teléfono 616 180 557.

También en la jornada de este sábado la Asociación de Empresarios de A Guarda Acigu CCA, organiza durante todo el día en la Plaza de Avelino Vicente una Feria de Oportunidades en la que el comercio local ofrecerá importantes descuentos y promociones para todos los asistentes. En caso de lluvia el evento se aplazará a una próxima fecha que se anunciará convenientemente.

Este sábado continúan las visitas guiadas para conocer el patrimonio do Monte Santa Trega, a las 11:30h se realizará la visita guiada al Castro de Santa Trega, que tendrá como punto de encuentro la vivienda reconstruida del castro, y que tendrá una duración aproximada de 30 minutos.

A las 12:30h y a las 17:00 tendrán lugar dos nuevas visitas guiadas al Monte Santa Trega, con punto de encuentro en el Museo Arqueológico (MASAT), y que tendrán una duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuito y sin inscripción previa. Para los grupos de más de 10 personas es necesario hacer una reserva previa llamando al teléfono 986 610 504.

La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y de 0,5€ para los menores de 14 años.

El Centro de Interpretación de las Fortalezas en el Castillo de Santa Cruz acoge la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González en la que se exponen varias maquetas del artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” y “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos de O Rosal. Además de las maquetas de las catedrales de Santiago y Notre Dame. Completa esta exposición una selección de las más de 40 esculturas realizadas por el artista. Horario de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos y 0,5€ hasta los 14 años inclusive.

DOMINGO 18

La Casa dos Alonsos acoge este domingo la Inauguración de la Exposición Arquitectura en Porispan, del artista Ramón González González. La Inauguración tendrá lugar a las 20:00h y el horario de visitas de la misma será de mañana de 9:00h a 14:00h y de tarde de 19:00h a 21:00h. Los días festivos de 19:00h a 21:00h.

El Centro de Interpretación de las Fortalezas en el Castillo de Santa Cruz acoge la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González en la que se exponen varias maquetas del artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” y “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos de O Rosal. Además de las maquetas de las catedrales de Santiago y Notre Dame. Completa esta exposición una selección de las más de 40 esculturas realizadas por el artista. Horario de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos y 0,5€ hasta los 14 años inclusive.

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 17 de agosto realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto o sábado día 17 de agosto con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levou a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitiu crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as Festas do Monte 2019, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre, Festas catalogadas de Interese Turístico de Galicia.

A programación de actividades arrancou na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

O luns día 5 de agosto celebrase o Pregón ás 20:00h na Praza do Reló, que correrá a cargo de Dna. María Nava Castro, Dir. Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Pola noite verbena coas orquestras América SL e Xacobeo na Alameda da Guarda.

Para a xornada do martes día 6 de agosto celebrase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés, un festival folclórico no Auditorio de San Bieito e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.

O mércores día 7 de agosto celebrase a Marcha Cicloturista Popular, o Torneo de Fúbtol Sénior, o XIV Rock in Fervenza e pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.

Na xornada do xoves día 8 de agosto terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadréz ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.

O venres día 9 de agosto as pistas deportivas do Codesal acollen o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.

Como ven sendo habitual, na mañá do sábado terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a milleiros de persoas entre a Alameda da Guarda e o Porto. Pola noite verbenas na Alameda coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.

O Domingo é a subida ao Monte, na cal as Bandas Mariñeiras realizan os seus xuramentos con comida popular e posterior desfeita. Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.

O luns 12 de agosto ás 24:00h terá lugar a Gran Tirada de Fogos de Luces no Porto da Guarda, coa que se pon o punto e final a unha semana de festexos.

Dende o Concello da Guarda pedimos a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.