Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio grazas ás rutas, gozan da nosa natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

 

Para completar a visita a estes recursos e para que veciños e visitantes coñezan en detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas de balde coincidindo co días principais da Ponte da Constitución.

 

Para esta campaña especial as visitas guiadas centrase nos dous grandes referentes da Guarda: o Monte Santa Trega e o porto pesqueiro xunto co casco antigo.

 

Visita guiada ao Castro Santa Trega

O Monte Santa Trega é un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.

Esta visita guiada comeza ás 12:00h e conta cunha duración máxima dunha hora e centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega.

O punto de encontro é a Casa Forestal que se atopa despois de cruzar o castro, alí pódese aparcar o vehículo.

A ruta, de menos dun quilómetro, percorre o Barrio Mergelina e remata nas vivendas reconstruídas o que permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.

O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

 

Recorre o casco antigo e porto pesqueiro

A Guarda é unha vila mariñeira que creceu en torno á pesca e, polo tanto, o seu porto. A novidade para esta ponte é a oferta desta visita guiada que trasladará aos visitantes ao pasado medieval da vila.

Esta visita comeza ás 17:00h na Praza do Reló, xunto a Oficina Municipal de Turismo, e grazas a explicación desta praza poderase coñecer unha parte importante da historia da Guarda. O percorrido inclúe os edificios relixiosos do casco antigo como a Igrexa Parroquial e o Convento de San Benito, os puntos máis antigos como rúa Colón ou Malteses, e amosarase a importancia na historia deste porto pesqueiro.

 

 

Estas visitas guiadas realizaranse os días mércores 6, xoves 7, venres 8 e sábado 9 de decembro e non precisan inscrición previa. Os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita.

 

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:

  • MASAT (Museo Arqueolóxico). Do martes ao domingo: 10:00 a 19:00h
  • Museo do Mar. De mércores a domingo (excepto xoves 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00h
  • Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.

 

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén pódese consultar no mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46.

  • Nesta primeira aproximación ao territorio visitaron o Mosteiro de Oia, as redeiras da Guarda, unha adega no Rosal e un viveiro en Tomiño
  • Durante a xornada mantiveron un encontro con empresas do Xeodestino para tecer unha rede de traballo e fomentar a creación de paquetes e produtos turísticos

 

Coñecer de primeira man as oportunidades turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ese era o obxectivo co que 14 touroperadores de Galicia e Portugal estiveron percorrendo o territorio nunha visita que supuxo dar os primeiros pasos para estreitar lazos e crear sinerxías co tecido empresarial dos 14 concellos do Xeodestino.

Convidadas e convidados polo Xeodestino, durante toda a xornada, representantes de Rutas Meigas, Tee Travel, Galiwonders, Circuítos Galicia, Always Spain Incoming, Simply Galicia, Pambre Tours, Arribeirados, Grupo Acuña Ons, Go Travel Portugal e Art Natura coñeceron algúns puntos de referencia para o turismo da comarca do Baixo Miño na procura de experiencias que trasladar á súa clientela.

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, recibía á delegación antes de entrar a unha interesante visita ao Mosteiro de Oia, un lugar con séculos de historia no que puideron coñecer de primeira man o proxecto de recuperación previsto e as actividades que xa se están a desenvolver, como as visitas guiadas, as actividades culturais ou o museo no que se conservan partes das inscricións e debuxos feitos nas paredes polos reclusos que pasaron polo mosteiro durante a Guerra Civil.

A seguinte parada no percorrido foi na Guarda, onde tras a recepción do concelleiro de Turismo, Fernando Reyes, as redeiras da Asociación Atalaia ensinaron o seu labor diario, un oficio tradicional no que todo se fai a man con moitas horas de traballo e paciencia. Ademais de elaborar e reparar redes, as sete mulleres que actualmente forman parte da asociación tamén fan visitas guiadas e obradoiros e elaboran pezas de artesanía tecidas con redes e nos mariñeiros.

Na procura de experiencias diferenciais, os touroperadores amosaron especial interese tamén polo traballo realizado nas adegas do Rosal. En Terras Gauda puideron achegarse ao mundo da viticultura, á historia da enoloxía na comarca e degustar algúns dos viños con DO Rías Baixas Subdelegación O Rosal. Parada imprescindible tamén nos viveiros tomiñeses para coñecer o labor cotiá realizado nun sector que exporta produtos do territorio a todo o mundo. A delegación de visitantes percorreu Viveiros Río Tollo para familiarizarse co mundo da planta ornamental e as súas posibilidades turísticas.

Con moita ilusión polas iniciativas atopadas, os touroperadores achegáronse ao Hotel Talaso Atlántico para degustar un menú feito polo chef Javier Fins con produtos do territorio, pratos todos elaborados con materia prima do mar e da horta e con viños da comarca como acompañamento.

A xornada pechouse cun encontro entre os touroperadores e máis dunha trintena de empresas do territorio para tecer unha rede de traballo e fomentar a creación de paquetes e produtos que involucren á oferta turística e ao sector terciario. Como sinalou a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “workshops como o que estamos a celebrar hoxe son unha iniciativa fundamental para que todos os sectores se comuniquen e complementen para potenciar o turismo no territorio”. Unha idea na que incidiu o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que agradeceu “que se fagan estas cousas para coñecernos e traballar xuntas e xuntos polo territorio”.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, explicou a todas e todos os participantes que o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño naceu “para promocionar todos a unha o noso territorio, que ten un potencial incrible. Só fai falla unir aos touroperadores ás nosas gañas e ilusión para facer do Xeodestino un referente turístico”. Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, recalcou a importancia de “saír da esfera do local para entender o territorio como un conxunto de oportunidades”. Durante a xornada tamén estiveron presentes o representante institucional do Xeodestino e alcalde de Nigrán, Juan A. González; a concelleira de Turismo de Soutomaior, Silvia Cernadas; a concelleira de Mos Sara Cebreiro e a edil de Turismo de Baiona, Sheila González.

Esta colaboración coas axencias de viaxe que posúen unha ampla experiencia na comercialización de produtos turísticos a nivel nacional e internacional permitirá facilitar o acceso das empresas turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño ás canles de comercialización e promoción máis relevantes.

El alcalde de A Guarda, Roberto J. Álvarez Carrero, ha presentado hoy el nuevo logo del Ayuntamiento propuesto para unificar la imagen del Consistorio local aprovechando la mejora en diferentes soportes como la App municipal.

 

En su intervención explicó que el diseño y manual de la identidad visual corporativa fue elaborado por la diseñadora local Ana Cividanes quien recibió el encargo de renovar la imagen corporativa pero siempre integrando la imagen del escudo. Se eligió el color azul porque A Guarda es agua, por lo que la diseñadora utilizó un juego sutil en la tipografía utilizada representando nuestro pueblo rodeado por las olas del mar y el río. El escudo mantiene sus elementos simplificándose, las líneas y colores que han ido cambiando en las décadas anteriores.

 

El concejal de Turismo, Fernando Reyes, informó que el ayuntamiento también renueva su imagen y lema, manteniendo la nueva marca pero con la característica de que esta versión es multicolor, representando así la variedad de elementos y recursos de A Guarda: playas, montaña, patrimonio, mar, gastronomía,…

 

El nuevo lema turístico es “A Guarda es tu destino” siguiendo con la misma idea de que los visitantes eligen disfrutar de A Guarda por diferentes motivos: la arqueología, el espacio natural, la gastronomía, la cultura marinera, el Camino Portugués de A Guarda,… llegando a atraer diferentes perfiles de visitantes. El concejal también anunció que la próxima semana se pondrá a disposición de los visitantes una nueva herramienta turística, que son mapas interactivos que recogen los elementos turísticos de la localidad. Esta nueva marca turística convivirá con el logo Camiño Portugués da Costa lanzado el año pasado porque es específico para la promoción del camino y el mismo sigue vigente.

 

En este acto también participaron Anxo Peña; El concejal de Comercio, Empresa e Innovación Tecnológica, que fue el encargado de presentar la mejora de la aplicación móvil municipal y la creación de un nuevo sistema de incidencias para que los vecinos puedan comunicar problemas en la vía pública de forma rápida y sencilla. La nueva herramienta que se encuentra en el menú principal de la aplicación es indispensable para fomentar la participación de los vecinos en los procesos de mejora del municipio de A Guarda. Para descargarlo en iOS y Android es necesario escribir en la AppStore “municipio inteligente A Guarda”.

 

En los próximos días la nueva marca se incorporará en los diferentes soportes y en la gestión municipal.

O Concello da Guarda participou por cuarta vez nas xornadas profesionais do Fairway, o V Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o xoves e venres pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo  adicado as reunións de traballo na que estiveron presentes preto de 40 axencias de viaxes e turoperadores de 16 países.

Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello. Ademais de promocionar A Guarda como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa e tamén como punto de comezo do camiño, procurouse coñecer das propias axencias a súas experiencias e as necesidades dos actuais peregrinos.

Nas máis de 30 reunións mantidas aproveitouse para destacar A Guarda como destino turístico cos seus grandes referentes: Monte Santa Trega, a cultura mariñeira, a gastronomía e, sen esquecer, o seu patrimonio natural e cultural tan relevante.

Estes contactos mantidos coas axencias e turoperadores confirmaron que estas empresas xa teñen ao noso concello dentro da súa oferta pero si agradeceron a nova información para mellorar os seus produtos.

No caso doutras empresas que asistiron ao Fairway para comezar a dar os pasos para comercializar novos produtos, valoraron moi positivamente a información da Guarda e do noso camiño. Nesta semana xa continuaron estes contactos polo que no vindeiro ano, novas axencias ofrecerán A Guarda como etapa de inicio, o que facilitará que os peregrinos podan coñecer con máis detalle o noso concello antes de comezar a peregrinación a Santiago.

Na sección aberta ao público o Camiño Portugués da Costa estivo presente no stand de Turismo Rías Baixas e no stand de Turismo de Galicia.

O acto de presentación deste importante proxecto que pon en valor os castros da provincia tivo lugar na Casa dos Alonso na tarde do pasado mércores.

Ás 16:30h deu comezo o acto o Alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, quen deu a benvida aos alcaldes e concelleiros presentes e que tamén forman parte deste proxecto que engloba a 16 concellos pontevedreses. O Alcalde agradeceu a Deputación que escollese A Guarda para ser escenario desta presentación onde o Castro de Santa Trega destaca pola súa extensión,

O Proxecto Trazas comezou no ano 2015 coa firma do convenio entre a Deputación e o Ministerio de Fomento e incluía na súa primeira fase a escavacións dos 17 castros seleccionados da provincia. A primeira intervención arqueolóxica foi no Castro de Santa Trega, reescavando o sector coñecido como barrio de Mergelina.

Nesta nova fase do proxecto presentada no Concello da Guarda apostase pola dixitalización dos castros co lanzamento dun portal web específico que contribúa á posta en valor destes xacementos e onde se localizan diversos contidos como pezas audiovisuais. Ademais completase coa creación de materias didácticos para os escolares e material para familias, científico,… Esta web e os contidos irán mudando e ampliando a medida que avance este proxecto coa musealización dos castros escavados.

Estas novidades foron presentadas por Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación e responsable das 17 escavacións realizadas dos 16 concellos. Nesta proposta dixital o Castro de Santa Trega destaca con imaxes espectaculares e contidos pero sobre todo porque identifican ao noso castro como a primeira cidade da provincia pola súa extensión, complexidade no urbanismo e na que habitaron unhas 5.000 persoas.

O acto continuou coa intervención de Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster de Turismo, que amosou a satisfacción pola aposta de produtos que desestacionalicen o turismo na provincia. Despois interviu Nava Castro, Deputada Provincial de turismo, quen agradeceu o esforzo pola dixitación dos castros porque permite que veciños e visitantes podan coñecer a riqueza arqueolóxica da provincia.

Luis López, Presidente da Deputación, pechou a rolda de intervencións amosando así o compromiso da Deputación para ampliar este programa integral e recoñecendo que esta presentación tiña que ser no Concello da Guarda pola importancia do castro de Santa Trega.

Como peche do acto fíxose a entrega simbólica aos concellos presentes dun exemplar impreso do seu castro. Todo este material xa está dispoñible en www.trazas.turismoriasbaixas.com

O Mirador das Lourenzas na Guarda foi o lugar escollido este ano para celebrar o Día Mundial do Turismo, centrado na innovación e os investimentos verdes. É por iso que o director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e concellos do Baixo Miño se desplazaron ata o lugar para anunciar a próxima sinalización da Ruta Cicloturista Costa Atlántica Eurovelo V1, que unirá Tui con Fisterra co obxectivo de seguir facilitando infraestruturas verdes e sostibles, no marco do impulso ao cicloturismo e a un turismo sostible.

Cun investimento previsto de 1,4M€, a sinalización desta ruta permitirá garantir unha mellor convivencia entre cicluturistas, peregrinos e veciñanza, xa que o seu trazado coincide en boa medida co Camiño Portugués. “Falar de cicloturismo é falar de iniciativas que fan de Galicia un destino mellor, un destino sostible e un destino diferenciado no que o fomento do turismo deportivo contribúen a facer de Galicia un destino de turismo tranquilo que medra con sentidiño”, explicou Xosé Merelles, que percorreu un tramo da futura vía en bicicletas eléctricas acompañado de alcaldes e concelleiros do territorio.

Durante o acto, o director de Turismo de Galicia aproveitou para por en valor os excelentes resultados que está a acadar Galicia o ano despois do remate do Xacobeo. “Vimos de coñecer as cifras de ocupación do mes de agosto, que nos volven a situar en cifras moi similares a agosto do ano pasado, en que acadamos unha cifra récord, o que nos indica que logramos manter o noso atractivoe seguimos a marcar récords históricos, coa chegada de 4,5M de viaxeiros e case 8,5M de noches no que vai de ano e a falta de coñecer aíndas as últimas cifras do turismo extrahoteleiro”, explicou.

Boa ocupación e recuperación do turista estranxeiro

Este mes de agosto Galicia recibiu 720 mil viaxeiros aloxados e algo máis de 1,6 millóns de noites nos establecementos hoteleiros da comunidade, o que se traduce nun dato histórico ao subir un punto a cifra récord acadada no histórico Ano Santo 2022.

Durante o verán o viaxeiro maioritario foi o nacional (80% do total de viaxeiros) pero cunha importante suba do internacional, que con 331 mil noites supera nun 13% a cifra previa á pandemia, de 2019, acadando unha ocupación media do 67% e unha estadía media que mellorou nun punto e medio a cifra do ano pasado ata as 2,27 noites

“Estamos no bo camiño pero agora tócanos seguir traballando para consolidar estes datos e medrar de xeito sostible e rendible, apostando por un desenvolvemento turísticos responsable e de calidade”, rematou Xosé Merelles

Rede EuroVelo

Coa sinalización da Ruta Costa Atlántica V1 entre Tui e Fisterra, Galicia será un dos poucos territorios nacionais cun dúas rutas cicloturistas internacionais señalizadas: a que percorre toda o litoral atlántico europeo durante máis de 2.000 quilómetros e a V3 ou Ruta dos Peregrinos, que trascorre en moitos países seguindo o trazado do Camiño de Santiago. Ambas rutas confluirán en Fisterra, pechando así un proxecto de sinalización das rutas cicloturistas en Galicia, nas que coincidirán peregrinos e ciclistas, en máis de 565 quilómetros.

A Rede Eurovelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros por toda Europa e que é empregada tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios. O seu impulso encaixa cos obxectivos de mobilidade sostible e verde da Axenda 2030, ademáis de que, ano a ano, se incrementa o número de peregrinos que fan o Camiño en bicicleta, ademáis dos que empregan este medio como transporte ou no ámbito deportivo.

  • Venres 4 e sábado 5 de agosto durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00h.

 

 

Despois da primeira visita na primavera, a furgoneta da Campaña GALICIA SABE AMAR repite no noso concello e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con produtos certificados galegos destacando así a gran variedade e calidade dos mesmos. Ademais de por en valor o traballo dos nosos profesionais do mar e da terra.

 

Esta segunda visita será os días venres 4 e sábado 5 de agosto e a furgoneta estará instalada na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) ofrecendo os petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00h.

 

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta para animar á cidadanía a consumir produtos do mar a través de petiscos mesturados coa retranca galega e os dobres sentidos. Esta iniciativa conta con 4 furgonetas que están a percorrer 260 municipios de España vencellados ao Camino de Santiago.

 

Máis info da campaña:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/galiciasabeamar/index.html

  • A Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa e un concerto de malabares son algunhas das propostas para a vindeira fin de semana na Guarda.

 

A Guarda remata o mes de xullo con novas iniciativas para todas as idades, dende ORPAGU organízase a XVIII Festa do Peixe Espada, un evento gastronómico que será inaugurado este venres día 28 de xullo ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello da Guarda. O evento terá lugar nun total de 16 establecementos de hostalaría do municipio que dende o 28 e ata o 30 de xullo ofrecerán diferentes pratos especiais elaborados con Peixe Espada como a zorza, empanada, á cazuela, en escabeche, á brasa, entre outras elaboracións. A maiores a Festa inclúe diferentes actividades de dinamización con obradoiros, exposicións, pasarrúas… toda a información pódese consultar na web https://orpagu.com

 

Seguindo coa programación da fin de semana, na xornada deste sábado terá lugar a III Mostra Creativa do Baixo Miño, unha aposta polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Xa son máis de 20 os inscritos para esta terceira edición, entre eles:  Acontravento(roupa), Anxo Ferreira (cantería), Vikensen (madeira), Merino Coqueta (Fieltro e lá), Little Vero (roupa), Vargas Lemos (xoieria), Mar.jewelrin (xoieria), Coco bisutería (xoieria), Sapone di Principesca (cosmética natural), É Fish (xoieria), Marina Alonso San Miguel (ilustracións), Sapoconcho (ilustracións), Tullavecord accesorios (en madeira, resina, etc.), Cuchituras design (accesorios para o pelo), La casa taller (pintura), Pazosketchbook (pintura), Luc&Luc (roupa), Sil Domínguez (roupa),  Breaktime (Ilustración sobre prendas) e Lana (Amigurumis).

 

O vindeiro sábado 29 de xullo ás 20:30h. terá lugar no Auditorio de San Benito unha das grandes citas culturais deste verán. Un concerto onde os malabares serán os bailaríns deste ballet aéreo, ao ritmo dos clarinetes, saxos e trompetas da Agrupación Musical da Guarda, que farán de pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxarán no ar os sentimentos e emocións que transmiten a música e o circo. O espectáculo Concerto de malabares é na actualidade un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico en Galicia, concebido pola prestixiosa compañía de circo Pistacatro, está ideado para poder ser desfrutado por público de tódalas idades, albergando un especial valor familiar e educativo debido ó contido pedagóxico que inspira todo o proxecto. Sen dúbida a emoción e a diversión están garantidas, para crianzas, adultos, amantes da música, de pasar un bo rato e sobre todo para todo o que este aberto. Este espectáculo é financiado parcialmente con cargo ao programa do AGADIC-XUNTA DE GALICIA “CULTURA NO CAMIÑO 2023” e para facerse realidade precisou do traballo conxunto da compañía Pistacatro e a Agrupación Musical da Guarda, que se remonta a principios de 2023.

 

O Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte. Para os meses de maior afluencia, xullo e agosto, amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe. Tan só hai que estar a hora no punto de encontro(antiga casa forestal). Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

 

O pasado día 18 de xullo inaugurouse na Casa dos Alonso a Exposición de Pintura “Catro médicos pintores en A Guarda”, unha exposición que recolle diferentes obras pictóricas de catro compañeiros de profesión que comparten tamén a súa paixón pola arte. Nela se poden observar diferentes maneiras de entender e plasmar as variadas percepcións dos seus actores, Leopoldo García, Pablo Galego, Jesús Vázquez e Tino Cuesta. A Exposición “Catro médicos pintores en A Guarda” estará aberta ao público ata o 31 de xullo en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres.

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto. O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo.

A Guarda se prepara para un fin de semana lleno de gastronomía, creatividad, música y malabares

Esta tempada de verán as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de Bandeira Azul outorgada pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), como recoñecemento a súa calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais, concedeuse a distinción “Sendeiro Azul” á unión das sendas que percorren a costa de A Guarda entre estas dúas praias.

 

Tras renunciar a pasada tempada ás Bandeiras Azuis que lle foran concedidas, por non dispor de socorristas aspirantes, este verán o Concello de A Guarda contará cun cadro de persoal de servizo formado por catro socorristas contratados; dous dos socorristas atenderán a praia de O Muíño de luns a domingo, cumprindo así con este requisito para poder izar dita Bandeira Azul. No caso da praia de Area Grande o servizo activarase de unicamente de venres a domingo, dispoñéndose tamén nesta praia de dous socorristas durante eses días da semana. O servizo de socorrismo prestarase no período que vai dende o pasado sábado día 8 de xullo ata o 8 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00.

 

A praia de O Muíño, ademais de estar adaptada para persoas con diversidade motriz con pasarela accesible e cadeira anfibia, conta con outros servizos esixidos por Bandeira Azul, como son: paneis informativos, análise de augas con resultados de “excelente” nos catro veráns anteriores, servizo de limpeza e de recollida de residuos así coma aseos.

A ADEAC comunicou ao Concello da Guarda a autorización para izar a bandeira a pesar dos danos nos accesos á praia provocados polas riadas do pasado inverno; a reparación desta zona é unha prioridade dende o primeiro día para o actual equipo de goberno, quedando unicamente, tras facer de urxencia as xestións correspondentes, á espera de recibir os permisos por parte da autoridade de Costas para levar a cabo as obras necesarias de reacondicionamento.

Por último, destacar que, ademais da Bandeira Azul na Praia de O Muíño, izouse tamén o distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias, respectando o delicado ecosistema dunar como espazo protexido “Red Natura 2000” na que se encontra integrada dita praia.

 

Unha vez dito todo o anterior, dende o Concello de A Guarda queren animar a todo o mundo a desfrutar das fermosas praias coas que se conta o noso municipio.

  • O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana

No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX.

 

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

 

Ademais do patrocinio das saídas, o Concello da Guarda xestionará as reservas das saídas  a través da Oficina de Turismo (Praza do Reló) que conta cun horario de apertura de luns a domingo.

 

O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo.

 

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

 

Estas saídas de navegación comezaron esta pasada fin de semana coincidindo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00h, 18:00 e 19:00h e das datas previstas segundo semana son:

 

Xullo:

  • Martes 4 e venres 7
  • Mércores 12 e sábado 15
  • Martes 18 e venres 21
  • Mércores 26 e sábado 29

 

Agosto:

  • Mércores 16 e sábado 19
  • Martes 22 e venres 25
  • Mércores 30

 

Setembro:

  • Mércores 6 e sábado 9
  • Martes 12 e sábado 15

Regresan as saídas de navegación co volanteiro Piueiro durante este verán

  • A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana.
  • A Festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira.

 

A Guarda despide este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpriu estre ano a súa 31º edición e na que se serviron preto dun milleiro de racións de langosta.

 

Nesta edición contouse coa participación dos establecementos O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacaron tamén nesta XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda.

 

Milleiros de persoas achegaronse ao longo desta fin de semana ata o Porto da Guarda para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, con máis de 700kg. vendidos deste crustáceo.

 

Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, que amosaron produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.

 

A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, despídese cun bo sabor de boca, a afluencia de comensais foi constante ao longo da fin de semana e a experiencia foi moi positiva para por en valor A Guarda coma destino gastronómico de excelencia.

  • A Guarda acolle esta fin de semana a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
  • A Festa, de interese turístico de Galicia, foi inaugurada na xornada do venres, contando con David Perdomo coma pregoeiro.

 

Na xornada do pasado venres A Guarda daba o pistoletazo de saída para a gran cita gastronómica da comarca a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpre estre ano a súa 31º edición.

 

O acto de inauguración celebrouse na Praza do Reló, onde se contou coas intervencións do Alcalde, Roberto Carrera; o Concelleiro de Turismo, Fernando Reyes; o Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e o pregoeiro desta edición, David Perdomo.

 

Este ano entregouse o galardón da Langosta de honra a entidade local San Xerome Emiliani, unha distinción que se fai a unha entidade de carácter social cunha longa traxectoria na vila.

 

Tralo remate do acto de inauguración as autoridades, convidados e asistentes trasladáronse ata a carpa instalada na explanada do Porto da Guarda, onde realizaron unha visita institucional aos diferentes stands participantes nesta edición: O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás.

 

Centos de persoas xa se achegaron para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, a un prezo de 40€ a unidade. Ademais a oferta gastronómica desta XXXI edición compleméntase con outros produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacan tamén as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda, que se pode mercar a un prezo de 20€ enteira.

 

Na xornada deste sábado arrancaba tamén a Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, amosan produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.

 

A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, conta tamén cunha programación de actividades de ocio e lecer coma os inchables acuáticos(cancelados na xornada do sábado por motivos de seguridade polas fortes rachas de vento), os Paseos no volanteiro do Piueiro, actuacións de animación con Lila Star ou os concertos do grupo folk Os d´Abaixo(sábado ás 23:00h) ou De Vacas(domingo ás 20:00h).

  • A Rosa dos Ventos do Paseo de Silgar converteuse esta mañá nun punto de degustación do crustáceo en distintas elaboracións.

 

Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación da “XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira” que se celebrará desde este venres e ata o domingo 2 de xullo na Guarda. A Rosa dos Ventos no Paseo de Silgar serviu como escaparate e punto de degustación do crustáceo en distintas elaboracións, unha pequena demostración gastronómica do que poderán atoparse os que acudan esta fin de semana á Guarda. A presentación xerou unha gran expectación de público que se congregou na zona para poder probar a ampla mostra de degustación de lagostinos, zamburiñas, lagosta, luras, nécoras, gambas, lagostinos, berberechos, empanada… e rosca de xema, acompañado dunha copa de albariño.

 

A hostalaría da Guarda foi a encargada das elaboracións dos manxares do mar e da presentación. A eles agradeceu o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, o seu labor. “Sen eles isto non sería posible”, asegurou. O encargado de explicar a importancia da cita gastronómica que terá lugar no porto foi o concelleiro, Fernando Reyes González. A festa é, ademais dun evento gastronómico, un importante evento cultural. Isto é así xa que, ademais de poder degustar os diferentes pratos, os visitantes poderán gozar dunha variada oferta de entretemento con motivo da festa. Nesa vocación de festa familiar e para todos os públicos, contarase con diferentes actuacións e actividades, tanto para os maiores como para os máis pequenos, de maneira que a diversión está garantida.

 

Nesta edición son catro os restaurantes locais os que participan, con especialidades propias e tamén coas que segue sendo a raíña da festa, a lagosta cocida ou á prancha. A sobremesa que acompaña a lagosta desde a primeira edición da festa, que non é outra que o roscón de xema da Guarda. Este roscón é unha sobremesa típica guardés, creado en 1593 por un pasteleiro guardés. No entanto, ofrécense tamén outras sobremesas caseiras e tradicionais como son as filloas, tortas…

 

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Festas e Eventos, Elena Torres, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou a importancia de “aproveitar as sinerxias” que xeran estas colaboracións entre concellos. “Galicia é unha cidade única e debemos promocionar toda a nosa riqueza paisaxística e gastronómica”, indicou. Ademais, lembrou que durante o verán “o noso municipio é líder no norte de España en pernoitas polo que estamos encantados de que se faga aquí en Sanxenxo esta presentación e que moitos dos visitantes que xa están aquí veraneando se acheguen esta fin de semana A Guarda.

Despois de anunciar a próxima celebración da XXXI edición da “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” para o fin de semana do 30 xuño ao 2 de xullo, o Concello da Guarda acaba de desvelar o programa actividades que ten preparado, con entretemento para todos, maiores e pequenos, que se irá desenrolando ao largo dos tres días nos que ten lugar esta festa.

O pistoletazo de saída terá lugar o venres día 30, ás 20:30h, na praza do Reló da Guarda co tradicional pregón, este ano a cargo do humorista David Perdomo, a entrega da distinción “Langosta de Honra” ao premiado desta edición e a benvida do alcalde, Roberto Carrero, a todos os asistentes.

Dende aí, o eixo da festa desprazarase ao porto da vila, tendo lugar as diferentes actuacións no entorno da carpa na que estarán instalados os postos dos restaurantes participantes, envolto todo elo nun ambiente mariñeiro, tradicional e, sobre todo, festivo. De maneira resumida, as actuacións máis destacables son as seguintes:

Sábado, 1 de xullo

  • Ás 20:00h, Lila Star. Un espectáculo familiar cheo de circo, música e humor.
  • Ás 23:00h, Os D ́Abaixo. Concerto deste destacado conxunto de folk galego.

Domingo, 2 de xullo

  • Ás 20:00h, De Vacas. Concerto deste innovador grupo cun homenaxe ás mulleres do pop.

Así mesmo, dentro do programa inclúense tamén pasarrúas durante os días da festa, inchables de auga para nenos no areal da Ribeira durante o sábado e o domingo de 16:30 a 19:30h, unha feira de artesanía con postos de diferentes especialidades e saídas do volanteiro “Piueiro” para todos aqueles que queiran descubrir a navegación nunha embarcación mariñeira tradicional do pobo de A Guarda.

Por último, destacar que con motivo da Festa da Langosta, o programa da TVG “Aquí Galicia” realizarase dende A Guarda, con diferentes entrevistas de xente da vila e actuacións de asociacións locais.

Con este intenso programa, aqueles que se acheguen a A Guarda a degustar os diferentes pratos e menús ofrecidos nesta festa gastronómica terán á súa disposición unha amplísima oferta cultural e de lecer que paga a pena non perderse.

A localidade de A Guarda acollerá os próximos días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo a súa tradicional “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”. Esta festa, que xa acada este ano a súa XXXI edición, é a primeira cita gastronómica de prestixio da tempada de verán en Galicia; se a iso lle sumamos a súa catalogación como Festa de Interese Turístico de Galicia, obtense unha fórmula de éxito, que, ano tras ano, congrega a centos de visitantes ao redor dos diferentes pratos e especialidades elaborados por restaurantes desta vila.

 

Aínda que a estrela desta festa é a langosta, os visitantes poderán degustar moitas outras especialidades típicas nas que o denominador común é a calidade dos produtos ofertados.

Ademais das diferentes especialidades gastronómicas, todos aqueles que nesas datas se acheguen ata A Guarda, poderán desfrutar, dentro do programa desta festa, dun completo e atractivo repertorio de actividades lúdicas e culturais, que fará as delicias dos maiores e tamén máis pequenos.

 

Por último, aqueles que aínda lles quede un pouco de tempo entre prato e prato, os concertos e as actuacións previstas, poderán descubrir os recunchos que agocha esta fermosa vila mariñeira chea de encanto, natureza e historia.

Todo preparado en A Guarda para una nueva edición de la “Fiesta de la Langosta y de la Cocina Marinera”

  • A Guarda apostou novamente por unha tradición moi arraigada na vila e convida a veciños e visitantes a gozar da elaboración das alfombras florais.
  • O bo tempo acompañou, propiciando unha fin de semana excepcional para visitar a vila da Guarda
  • Coma novidade este ano recuperouse a alfombra de sal na rúa da Ribeira, despois de varios anos sen facerse.

 

 

A Guarda acolleu a pasada fin de semana a festividade do Corpus, dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron ao longo desta fin de semana na confección das Alfombras Florais.

 

Deste xeito, traballouse a reo entre os veciños e veciñas do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade a través da Asociación Alfombras Florais da Guarda, para culminar coa realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, dende o mediodía do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalanaron para esta ocasión.

 

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

 

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

 

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor.

  • A Guarda aposta novamente por unha tradición moi arraigada na vila e convida a veciños e visitantes a gozar da elaboración das alfombras florais.
  • Este ano a Misa terá lugar ás 19:00h na Igrexa Parroquial e a Procesión ás 20:00h co percorrido habitual.
  • Coma novidade recupérase a alfombra de sal na rúa da Ribeira, despois de varios anos sen facerse.

 

 

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán dende a tarde do sábado e ao longo da madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

 

Deste xeito, traballan a reo os veciños e veciñas do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade a través da Asociación Alfombras Florais da Guarda, para culminar coa realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, dende a noite do sábado e a mañá do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

 

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

 

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

 

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor.

 

Do mesmo xeito dende a Asociación Cultural Alfombras da Guarda se fai un chamamento aos veciños e veciñas para que participen na confección das alfombras, para manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa vila.

  • A novidade desta tempada é que non é preciso facer reserva previa para asistir as visitas.

 

O Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

 

Durante o verán de 2022 foron case 3.000, as persoas que realizaron a visita guiada e as que trasladaron que o xacemento arqueolóxico entendese mellor grazas as explicacións do guía. Trala boa acollida da oferta de visitas guiadas do ano pasado, vanse repetir comezando xa no mes de xuño e rematando no mes de setembro.

 

Os meses de xuño e setembro adoitan ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares polo que as visitas guiadas regulares nestes meses serán as fins de semana con dous horarios (12:00 e 17:00h).

 

Para os meses de maior afluencia, xullo e agosto, amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe.

 

Este ano as visitas guiadas volven a estar centradas no Castro de Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

 

Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño.

 

A novidade desta tempada é que non é preciso facer reserva previa para asistir as visitas. Tan só hai que estar a hora no punto de encontro. Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

 

A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas

  • O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de maio ao venres 2 de xuño.

 

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e que coa se inaugura a programación de verán.

 

Este ano a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebra a súa XXXI edición os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo. Dende o ano 2009 leva organizándose a Feira de Artesanía na rúa Porto e que forma parte da programación desta festa que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.

 

Esta feira de artesanía celebrarase durante o sábado 1 e domingo 2 de xullo. A participación nesta feira está regulada mediante as bases de participación para esta edición e será gratuíta.

 

Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada en ditas bases, ao correo electrónico turismo@aguarda.es.

 

O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de maio ao venres 2 de xuño.

 

Ver Bases

Ver Solicitude

Durante calquera época do ano pódese descubrir a vila mariñeira da Guarda, percorrer o seu territorio a través das rutas, gozar da natureza do Esteiro do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustar a súa gastronomía e produtos locais.

 

Pero durante a Semana Santa ademais de descubrir as belezas da vila e a súa programación, pódese participar nos actos relixiosos. A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente o venres 31 de marzo, coa Procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:10 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

 

Para o sábado 1 de abril organizáronse actos culturais e de entretemento. Esta xornada comezará coa presentación do poemario “De mar a mar. Poemas 1932-1933” de Feliciano Rolán que a Asociación Piueiro impulsa coa versión en galego. Este acto terá lugar ás 12:00h nos xardíns de Feliciano Rolán (Centro de Saúde). No caso de choiva trasladarase para a Casa dos Alonso. A tarde estará adicada á 3ª Carreira de Orientación-Concello da Guarda que dará comezo ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente. Esta actividade precisa inscrición previa en https://xestanatureza.com/eventos/orientacionaguarda2023/

 

A programación relixiosa da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 2 de abril (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Bieito ás 11:30 horas. A continuación, celebrase a procesión ata igrexa parroquial e a Misa  da Paixón do Señor.

 

O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (21:00 h).

 

Nesta Semana Santa ofreceranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega. Estas visitas teñen unha excelente acollida polos visitantes do monte porque permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento. Durante unha visita guiada de 45 minutos os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega fai xa máis de 2.000 año. As visitas gratuítas están organizadas do martes 4 ao domingo 9 de abril dúas quendas ás 12:00h. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.

 

Coincidindo coa semana santa a Oficina de Turismo da Guarda comezará o horario de abril abrindo de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén atención no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es

 

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:

  • MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
  • MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
  • CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00

 

Programación cultural:

  • Do 3 ao 15 de abril: EXPOSICIÓN DE DEBUXOS E ACUARELAS DE TITO LEMOS na Casa dos Alonso. Aberto de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30h.
  • Do 5 ao 11 de abril: FESTIVAL ACTÚA VERDE. Intercambio cultural de mozas e mozos europeos con performance, obradoiros, teatro e mais actividades. En diferentes localizacións da vila. Organiza: Asociación FOCO. Máis info: https://www.focoeuropa.com/portfolio/actua-verde/

 

Festas da Pascua de Buxán:

Na Guarda ademais das celebracións relixiosas da semana santa tamén teñen lugar as tradicionais Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 1 de abril, coa celebración do «Serán de Buxán» ás 22:00 horas. A festa continuará o venres 6 de abril co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados. O sábado 7 haberá tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:00h para adultos) e a posterior verbena, amenizada polo Trío Xtra e o Grupo América  (23:00 h). Na xornada do 9 de abril, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar os pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables e pintacaras para nenos e ás 19:30 o peche será cargo do grupo folk Os Carunchos.

 

Máis información en www.turismoaguarda.es

  • Este mural representaría a primeira fase dun completo proxecto de ornamentación da praza que pretende cubrir todos os muros que se atopan deteriorados na mesma. A través desta iniciativa preténdese mellorar a estética deste entorno e, ao mesmo tempo, destacar elementos singulares do noso pobo: o mar, a cultura e o patrimonio, tanto material como inmaterial.

 

O Concello da Guarda deu inicio este ano a outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe da vila. En colaboración co artista local Antonio Martinez “Cachi” estase levando a cabo a creación dun mural na Praza de Avelino Vicente, unha das zonas da vila máis concorridas por veciñanza e visitantes a día de hoxe.

 

A pesares de que a obra aínda non está rematada, xa se pode apreciar nela a gran habilidade que ten este artista guardés para capturar a beleza e singularidade da nosa vila.

 

O Concello invita a desfrutar do proceso creativo e a apreciar como a esencia do nos pobo se vai reflexando nesta espectacular obra de arte, que esperamos se converta nun punto de referencia para a comunidade e nunha atracción turística máis.

  • A subdelegada do Goberno reuniuse hoxe co alcalde da localidade para abordar este investimento, que permitirá recuperar a praia do Muíño, potenciar o turismo náutico e dotar dun novo aparcamento disuasorio na subida ao Trega , entre outras iniciativas
  • Ademais, a subdelegada adiantou que Costas investirá 150.000 euros para rehabilitar a senda litoral e recuperar a zona dunar do Codesal, gravemente afectada polos temporais
  • Maica Larriba reitera a vontade do Goberno de “fortalecer a oferta turística da provincia”

 

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, destacou o compromiso do Goberno coa provincia e co desenvolvemento do turismo sostible esta mañá no Concello da Guarda. Alí reuniuse co seu alcalde, Antonio Lomba, para abordar as diferentes actuacións derivadas da execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, que supón unha inversión de 1 millóns de euros para promover diferentes accións encamiñadas a potenciar o turismo sostible e por en valor o patrimonio ambiental e histórico desta vila.

Este Plan, financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno, que persegue impulsar o turismo verde e gastronómico na cidade, promovendo a algunhas citas gastronómicas xa existentes na localidade e que xa son un referente nacional, como a festa da Lagosta ou do Peixe Espada.

Entre as actuacións planificadas polo Concello para promover o turismo verde e sostible destácase un estacionamento disuasorio no Trega para limitar o número de vehículos que suben ao cumio, potenciar o turismo náutico deportivo e tradicional coa instalacións de pantaláns flotantes e recuperar a praia do muíño da erosión que sufre.

Así mesmo, a aposta pola dixitalización apuntalarase coa organización de feiras virtuais, famtrips e blogtrips, e co desenvolvemento dun plan de formación para o sector turístico. A estratexia deseñada recolle tamén a creación dun observatorio turístico, así como a constitución dun ente xestor con profesionais cualificados neste ámbito.

 

Para Maica Larriba, “este Plan permitirá actualizar e apuntalar un destino sinalado e de referencia para Galicia e para o conxunto da provincia, como é A Guarda, contribuíndo a deseñar unha oferta atractiva e sustentable para o turismo da cidade e, en definitiva, de Pontevedra””.

150.000 euros para arranxar os danos causados polo temporal no Codesal

Xunto a este Plan, Maica Larriba anunciou que o Ministerio de Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, a través de Costas do Estado, tamén vai subvencionar con 150.000 euros a restauración ambiental da conxunto do Codesal, gravemente afectado polos temporais do inverno. A subdelegada, que visitou a zona xunto ao alcalde, informou de que a intervención prevé retranquear a senda litoral e recuperar a zona dunar existente neste enclave, co obxectivo de restablecer a mobilidade no lugar e contribuír a protección do areal.

Así pois, destacou a subdelegada, “o Goberno de España inxectará máis dun millón de euros na Guarda para promover o turismo sostible e o conservar seu patrimonio e que dan fe do compromiso que o Goberno mantén con Pontevedra e co conxunto de Galicia”.

Na súa intervención, Maica Larriba reiterou o compromiso do Executivo coa modernización e transformación do turismo en Galicia e, en particular, na provincia de Pontevedra. Neste sentido, Larriba destacou que “desde o Goberno temos a certeza de que o potencial turístico de Pontevedra non ten límite e estamos en disposición de aproveitalo con inversións para fomentar un turismo de calidade e sustentable”. Así mesmo, a subdelegada tamén felicitou o alcalde polo traballo que están a realizar neste sentido.

Pola súa banda, Antonio Lomba agradeceu a visita da subdelegada, e destacou “a importante inversión estatal, necesaria para relanzar o turismo na localidade, e en concreto, nun dos puntos turísticos máis importantes de Galicia, como é o Trega”.

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino do concello da Guarda inclúe 12 actuacións de gran impacto que repercutirán na modernización e na imaxe turística da Vila.

  • O concello da Guarda informa dos pormenores do PSTD as entidades e asociacións que asinaron as cartas de apoio.

 

O concello da Guarda consegue sacar adiante o “Plan de Sostibilidade Turística en Destino” (PSTD) presentado á convocatoria extraordinaria do ano 2022 que xiraba en torno a enogastronomía.

 

A candidatura presentada inclúe 12 actuacións de gran impacto no Monte Santa Trega, praia do Muíño, mobilidade, dixitalización do turismo e outras máis especificas como gastronomía, fío condutor do programa desta convocatoria.

 

Para a elaboración desta candidatura organizouse unha mesa de traballo e realizáronse enquisas, accións necesarias para definir unha candidatura completa, realista e o máis axustada aos criterios marcados polo propio programa.

 

Na mesa de traballo participaron 12 representantes do tecido empresarial e social da Guarda como empresas de aloxamento, hostalaría, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,… A candidatura contou cunha memoria de participación que incluía tamén as cartas de apoio destas entidades. A diversidade na participación foi valorada positivamente polo comité do programa.

 

O alcalde, Antonio Lomba, xunto co departamento de turismo, convocou á mesa para informar e agradecer o apoio das asociacións e entidades participantes a este proxecto. Expuxo o PSTD definitivo que obtivo a aprobación das administracións autonómica e central.

 

Nesta breve reunión informouse que o orzamento da candidatura superaba os 1,7 millóns de € pero a Xunta de Galicia trasladou que o proxecto tiña que ser reducido a 1 millón de € para ser valorado polo Comité. Esta redución supuxo que certas actuacións fosen reducidas ou alteradas do proxecto inicial.

 

A pesar da redución do orzamento, o proxecto aprobado mantén actuacións ambiciosas que suporán unha transformación para a nosa vila. Estes fondos europeos deben executarse en tres anos rematando o prazo no 2025.

 

En definitiva, esta reunión tiña o obxectivo de informar das modificacións sufridas polo proxecto orixinal e tamén de seguir facendo partícipes do proxecto as asociacións e entidades que lle deron o seu apoio.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño desembarcou este mércores en FITUR cun obxectivo claro: que as e os visitantes degustaran e saborearan cada recuncho do territorio. Fíxoo “cunha narración na que a protagonista é a gastronomía e as persoas profesionais cos que contamos para que os nosos produtos se ofrezan ás e aos turistas con calidade, exquisita preparación e cunha presentación que sorprende e deixa pegada”, como salientaba durante o acto de presentación o representante institucional do Xeodestino e alcalde de Nigrán, Juan A. González.

Todo conseguido, como sinalaba Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño,  grazas “ao esforzo colectivo dos 14 concellos que compoñen o Xeodestino, porque ese traballo xuntos e xuntas, en equipo, sen fisuras, é o que fai que sexamos máis fortes”. “É un orgullo ter sacado con este éxito o noso Xeodestino, que para nós supón un reto, para o noso territorio unha mellora e para os nosos veciños e veciñas unha nova forma de entender, gozar e divulgar todo o que temos”, recalcou.

Os verdadeiros e verdadeiras protagonistas da nova campaña presentada en FITUR, ‘Degusta Ría de Vigo e Baixo Miño’ foron os profesionais que están a facer un excelente traballo poñendo en valor os produtos locais do Xeodestino e ofrecendo ás e aos turistas a mellor versión do territorio. O chef de cociña do Hotel Talasso Atlántico e protagonista do vídeo central da campaña, Javier Fins, quen vive “fronte a unha praia marabillosa e traballo a pés do Atlántico máis salvaxe, un sitio que inspira, cun produto incomparable e con persoas produtoras e artesás de gran nivel que permiten crear menús como o que presentamos e que agardamos que veñades a desfrutar”.

José Manuel Fernández, mestre panadeiro do Forno de Mosende do Pan do Porriño agradeceu facer cada día o que lle gusta “nun lugar cunha tradición incrible e nunha das zonas de España onde a cultura do pan é das máis lonxevas. Con catro ou cinco ingredientes conseguimos crear un produto sinxelo e complexo á vez que acompaña nesta campaña a un produto e unha elaboración incribles”. Pola súa banda, Fátima Beamonte, artesá ceramista de Baiona e creadora das pezas nas que se emprata o menú do vídeo da campaña, explicou que as súas obras “están creadas inspirándome no lugar que me rodea, intentando transportar á e ao comensal aos lugares onde foron ideadas. Sempre é un reto incrible pensar en como o van beber, comer ou intuír os produtos que van conter”.

O acto de presentación en FITUR contou tamén coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que cualificou ao Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño como a despensa do sur de Galicia e destacou a posta en valor polo produto local do territorio. Un aspecto no que tamén coincidiu José Manuel Miñones, delegado do Goberno do Estado en Galicia, que sinalou que o Xeodestino é quen de espertar a necesidade de degustar este destino de visita obrigada”.

No acto participaron, entre outras autoridades, os alcaldes e alcaldesas do Xeodestino xunto aos de Nigrán e Tomiño, como Antonio Lomba, da Guarda; Carlos Gómez, de Baiona; Paco Ferreira, de Gondomar; Nidia Arévalo, de Mos; Alejandro Lorenzo, do Porriño; Ánxela Fernández Callís, do Rosal; Eloísa Nogueira, de Pazos de Borbén; Digna Rivas, de Redondela; Agustín Reguera, de Soutomaior e Enrique Cabaleiro, de Tui, ademais de concelleiros e concelleiras dos municipios do territorio e técnicos e técnicas do territorio.

O Concello da Guarda reabre o Albergue Municipal de Peregrinos despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.

 

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.

 

Unha vez rematadas estas datas o Concello da Guarda realiza a reapertura deste servizo para continuar ofertando prazas de aloxamento no Albergue Municipal a todos os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa.

 

Aproveitando o peche do albergue realizáronse tarefas de mantemento das instalacións.

 

O albergue Municipal de A Guarda mantén o mesmo horario, de 14:00h a 20:30h horas de luns a domingo, mantendo o mesmo criterio que a Rede de Albergues da Xunta de Galicia, non se admite reserva previa e a admisión realizase por orden de chegada. Só se permite a estancia dunha noite, excepto se hai motivos de saúde que impidan continuar o camiño.

 

O albergue Municipal da Guarda abriu as súas portas na Semana Santa do ano 2011, xusto un ano despois de que se dese o primeiro paso co recoñecemento do Camiño Portugués da Costa por parte da Xunta de Galicia. Grazas a este recoñecemento o Concello da Guarda poido percibir unha subvención da Xunta de Galicia para habilitar o antigo colexio MR Sinde como albergue e destinalo para a acollida de peregrinos.

 

Nestes anos foron máis de 18.000 peregrinos os que se aloxaron nestas instalacións municipais e ao longo do ano 2022 o fixeron un total de 2.744 peregrinos.

O plan foi presentado en Nigrán nun acto no que participaron o Delegado do Goberno en Galicia, a directora de Turismo de Galicia e alcaldesas e alcaldes dos 14 concellos do Xeodestino

 

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, do que forma parte o Concello da Guarda, continúa dando pasos adiante para ofrecer un turismo de calidade, sostible, profesionalizado e inclusivo. Liderado por Eu Rural e coa implicación dos 14 concellos do territorio, o Xeodestino vén de conseguir 1,5 millóns de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, ‘A Despensa de Galicia’, que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial da súa enogastronomía. Este plan conta con financiamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para impulsar a transformación do territorio baseándose nun produto turístico sostible a través de fondos europeos Next Generation.

Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo da Guarda, valorou moi positivamente o proxecto  ‘A Despensa de Galicia’, que repercutirá na mellora de todo o territorio con proxectos específicos en cada concello e accións tamén na Guarda, que se suman ao PSTD da Guarda, co cal tamén o noso municipio recibirá 1 millón de euros, nun ambicioso proxecto que será presentado oficialmente en próximas datas. “Sen dúbida unha aposta importante do goberno do estado coa Guarda e a súa contorna, que se verá plasmada en proxectos que poderán desfrutar e gozar os nosos veciños e visitantes” indicou Rafa Álvarez.

“Hoxe é para nós un día moi importante, porque todas e todos xuntos conseguimos poñer en marcha un novo proxecto que axudará a dinamizar e adaptar o noso sector turístico ás novas necesidades”, salientaba Juan A. González, representante institucional do Xeodestino e alcalde de Nigrán durante o acto de presentación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) este mércores no Centro de Negocios Porto do Molle, en Nigrán. Como destacaba González, “no Xeodestino apostamos por deixar de pensar no local e por actuar como un todo. Por iso o noso PSTD non é un reparto de accións ou orzamento entre os 14 concellos que o conformamos, senón unha planificación estratéxica que facemos a nivel turístico, incidindo naquelas intervencións clave que consideramos que poden axudar a mellorar ao noso sector e que nos fagan máis competitivos”.

Este plan será “unha oportunidade única para financiar actuacións transformadoras e de calado suficiente como para converter a Ría de Vigo e Baixo Miño nun destino sostible, innovador, competitivo e rendible co que atraer a un turismo de alto valor engadido baseado na calidade e na sostibilidade”, sinalaba a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Un paso moi importante, xa que, como recordaba a presidenta durante a presentación “o plan suporá tamén apoiar á economía local, apostar pola saúde, polo medio ambiente, polo desenvolvemento dos territorios dende a sostibilidade, polo patrimonio, pola cultura, pola profesionalización e a calidade do sector, pola promoción e dinamización conxunta e, sobe todo, apostar polas empresas que temos no territorio que fan que o noso destino turístico cada ano sexa mellor, máis respectuoso e de maior calidade”.

O PSTD contempla a posta en marcha de diferentes iniciativas centradas en catro eixos de actuación diferentes. Para unha transición verde, o plan impulsará intervencións de rexeneración de espazos de gran valor ambiental, a rehabilitación de infraestruturas turísticas para a súa adaptación ao cambio climático, a mellora da xestión de residuos nas festas gastronómicas ou a creación dunha rede de miradoiros. Nese camiño de sostibilidade e para afondar na eficiencia enerxética, ao abeiro do plan crearanse itinerarios cicloturistas na contorna de recursos gastronómicos, reforzarase a rede de sendeiros homologados e acometeranse proxectos de iluminación monumental de elementos significativos do patrimonio histórico do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Buscando a dixitalización do destino turístico, levaranse a cabo accións para enriquecer e mellorar a interpretación do patrimonio material e inmaterial vinculado á enogastronomía e adoptaranse solucións intelixentes para a mellora da sinalización turística. Ademais, o PSTD pretende canalizar esforzos cara ao sector privado buscando unha maior competitividade e consolidando o turismo como motor do desenvolvemento económico, polo que apoiará aos elos da cadea de valor máis vinculados coa enogastronomía para a súa transformación e para a incorporación da innovación nos seus procesos, co obxectivo de poñer en valor a cociña e os produtos locais. Isto completarase cunha actuación específica de turismo industrial, que fomentará a creación de rutas e experiencias arredor de elementos do patrimonio enogastronómico do territorio.

O acto de presentación do PSTD contou tamén coa participación do Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, quen recordou que a consecución dos fondos servirá para “consolidar este Xeodestino como motor de cambio e de desenvolvemento económico do territorio. Traballa cun plan ben feito que dá resposta ao obxectivo de cohesión territorial, porque a unión fai a forza, e de transformación do turismo dende a sostibilidade”.

Unha sostibilidade “tamén económica e social”, como sinalaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que se amosou convencida de que “o Xeodestino ten todas as características necesarias para posicionarse a nivel galego pero tamén nacional e mesmo, nun futuro, a nivel internacional”. Pola súa banda, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou que “o turismo non se entende sen esa colaboración público-privada, unha colaboración que se recolle neste plan do Xeodestino que sen dúbida seguirá atraendo xente a Galicia”.

No acto de presentación tamén participou a subdelegada do Goberno de Galicia, María del Carmen Larriba; o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o rexedor de Fornelos de Montes, Emiliano Lage; o alcalde de Gondomar, Paco González; a rexedora de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández Callís; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a rexedora de Redondela, Digna Rivas; o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; concelleiras e concelleiros, así como persoal técnico e empresas dos 14 concellos que conforman o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

A enogastronomía convértese neste PSTD na excusa perfecta para aglutinar accións que vertebren un xeodestino tan heteroxéneo como o da Ría de Vigo e baixo Miño, que reúne aos concellos de A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui. O plan foi froito dun proceso participativo con reunións con actores dos ámbitos público e privado do ecosistema turístico dos 14 municipios do territorio e mesmo unha enquisa aberta ao público xeral.

O pasado martes día 27 de decembro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, trasladáronse ata Santiago de Compostela para participar na presentación dos diferentes proxectos de modernización dos destinos turísticos de Galicia que se poñen en marcha dende o Goberno do Estado e que suman investimentos por valor de 85.7 millóns de euros, dos cales A Guarda recibirá 1 millón de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino.

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou o pulo extraordinario do Goberno de Pedro Sánchez á modernización dos destinos turísticos de Galicia con investimentos en 34 proxectos de sostibilidade turística que impactan na totalidade do territorio galego:  “É o Goberno de Pedro Sánchez o que impulsou na crise da COVID a figura dos Plans de Sostibilidade Turística e é este Goberno o que, coa colaboración do resto de administracións, co liderado da ministra Reyes Maroto, e coa oportunidade histórica dos fondos Next Generation, está a promovela por todo o territorio”.

 

José Miñones mantivo este martes en Santiago unha reunión con responsables das administracións implicadas nestes investimentos, na que estiveron presentes Antonio Lomba e Rafa Álvarez, para avaliar o seu impacto no territorio e no sector. O delegado detallou que, dende ano 2020, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio resolveu tres convocatorias ordinarias e dúas extraordinarias para financiar a execución destes plans de modernización de destinos turísticos.

Este ano 2022, a convocatoria extraordinaria resolveuse o pasado 14 de decembro. En Galicia, esta resolución suma 16 accións máis ao listado anterior, cunha achega do Goberno de 34,5 millóns de euros. A suma do total de aportacións do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo dá como resultado 85,7 millóns de euros de fondos estatais en 34 destinos “para crear en Galicia un novo modelo turístico baseado en criterios de sostibilidade e de calidade ao máximo nivel internacional”, sinalou o delegado.

 

Neste foro, o delegado do Goberno reiterou o papel das entidades locais de Galicia neste ámbito, xa son as encargadas de deseñar e de executar a maior parte das actuacións que financia o Goberno e que “dinamizarán cidades, vilas e aldeas de toda Galicia”.

 

A execución corresponde, nos Plans de Sostibilidade, ás entidades locais promotoras de cada iniciativa, e nas Actuacións de Cohesión Territorial, á Xunta de Galicia. O Goberno transfire o orzamento íntegro ao Goberno Autonómico e esta administración é a que, posteriormente, inviste nos seus proxectos e fai chegar as cantidades adxudicadas a concellos, mancomunidades, agrupacións ou deputacións provinciais para desenvolver os seus propios.

 

– PSTD “A Guarda”. Concello da Guarda. 1.000.000 euros. O plan inclúe actuacións relacionadas coa mellora da xestión do uso público do espazo natural do Monte de Santa Trega implantando medidas que regulen o acceso nun espazo da alta presión en número de visitantes (fomento da mobilidade sostible), así como de protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño.

O Concello da Guarda pechará o Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos.

 

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.

 

Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída.

 

Segundo foi avanzando o mes de novembro notouse o forte descenso. Mostra de isto foron os peregrinos rexistrados na Oficina de Peregrino de Santiago con 861 peregrinos chegados de todos os camiños o día 1 de novembro e con tan só 96 peregrinos no día 30.

 

Durante o mes de novembro no propio albergue municipal houbo 9 días cun só peregrino e outros 9 días sen peregrinos rexistrados de camiño a Santiago.

 

Aproveitando o peche do albergue realizaranse tarefas de mantemento das instalacións.

Polo que o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do luns 19 de decembro ata o domingo 15 de xaneiro, abrindo novamente a partir do luns 16 de xaneiro.

Dende o 2018 a Oficina de Turismo Municipal da Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra e unha das melloras foi a ampliación do horario de atención grazas ao financiamento dos seus dous informadores turísticos.

 

Este ano adiantouse o horario de verán ao mes de maio para ofrecer un mellor servizo. Isto veu motivado polas previsións que indicaban unha forte recuperación dos peregrinos internacionais ao ser Ano Santo e porque o Camiño Portugués da Costa ten un marcado perfil estranxeiro grazas ao aeroporto da cidade portuguesa de Porto e ao tranquilo e fermoso do noso camiño.

 

Nos meses de verán, de xuño a setembro, atendéronse a 6.332 visitantes e peregrinos. En canto o perfil da persoa que acude a nosa oficina e principalmente, nacional durante o verán, sendo madrileños e castela leoneses as principais comunidades emisoras de turistas, sobre todo, familias con nenos. Xa comezado setembro o perfil cambia a parellas e, sobre todo, houbo un notable incremento de peregrinos que realizan o camiño en grupo.

 

As consultas máis habituais dos visitantes son qué visitar na vila e nos arredores e a programación de eventos e festas. A Festa da Langosta en xullo deu comezo a unha intensa programación de verán que se veu reflectida na afluencia de visitantes e na satisfacción do sector do comercio e hostaleira.

 

Gran interese tiveron as, xa habituais, visitas guiadas ao Castro Santa Trega pero que teñen unha excelente aceptación. Os visitantes agradecen poder coñecer a importancia arqueolóxica do Castro de Santa Trega ademais de gozar das vistas panorámicas que o monte ofrece e que sempre quedan no recordo dos visitantes. Este verán ofertouse a visita guiada ao Castro de Santa Trega comezando na Casa Forestal, continuando polo Barrio de Mergelina e rematando na área escavada polo arqueólogo Calvo xunto as vivendas reconstruídas. A oferta de visitas simplificouse pero ampliáronse os días das visitas, realizándose 6 días de martes a domingo en xullo e agosto, e en temporada baixa xuño e setembro as fins de semana. Esta amplía oferta de visitas guiadas permitiu que más 2.786 persoas coñecesen mellor o castro grazas as explicación do guía.

 

Outra actividade que tivo moito interese entre veciños e visitantes foron as saídas de navegación do Volanteiro Piueiro e que puxo en marcha a asociación coa colaboración do concello. Nas saídas organizadas nos meses de xullo e agosto foron máis de 600 persoas que puideron coñecer unha embarcación tradicional recuperada polos mariñeiros da nosa vila e que dan a coñecer o patrimonio e a esencia mariñeira.

 

Por último, indicar que a Rede de Museos da Guarda mantivo o seu horario acostumado nos meses de xullo e agosto, con máis de 48.000 persoas rexistradas no acceso ao Monte Santa Trega e con máis de 800 persoas no Museo do Mar.

 

A partir do 1 de outubro a Oficina de Turismo muda ao seu horario de outono e estará aberta de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h.

• A partires das 13:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda.

A praza de Avelino Vicente acollerá este primeiro concerto organizado por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Esta iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano.

O concerto comezará ás 13:00h en sesión vermú e a banda viguesa San Rockers ofrecerá un recorrido polas cancións máis influentes do pop/rock español das décadas dos 80/90 ata a actualidade.

Esta actividade pretende fomentar as experiencias positivas arredor da música e dos produtos de todo noso territorio e deste xeito poñelos en valor. Nesta ocasión, a música acompañará os viños da D.O. Rías Baixas apoiándose nos establecementos da vila e, como non, da nosa gastronomía.

Anímase a toda a veciñanza a gozar deste primeiro concerto acústico na Praza de Avelino Vicente.