- A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana.
- A Festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira.
A Guarda despide este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpriu estre ano a súa 31º edición e na que se serviron preto dun milleiro de racións de langosta.
Nesta edición contouse coa participación dos establecementos O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacaron tamén nesta XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda.
Milleiros de persoas achegaronse ao longo desta fin de semana ata o Porto da Guarda para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, con máis de 700kg. vendidos deste crustáceo.
Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, que amosaron produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.
A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, despídese cun bo sabor de boca, a afluencia de comensais foi constante ao longo da fin de semana e a experiencia foi moi positiva para por en valor A Guarda coma destino gastronómico de excelencia.
Comentarios