Os tronos e a choiva cos que se espertou esta mañá A Guarda deron paso ao mediodía a un apracible domingo repleto de actividades co que o Concello poñía punto final á trixésima edición da “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”. A gastronomía, a música en directo e as travesías a bordo dun barco tradicional como o “Piueiro” foron os principais atractivos dunha festa que se prolongou tres días e da que gozaron numerosos veciños e visitantes. Un programa máis que apetecible co que se identificaron miles de persoas, desde os amantes da boa música aos que saben apreciar a boa mesa.

O difícil obxectivo de agradar a todos por igual cumpriuse no trinta aniversario dunha celebración que comezou por unha casualidade -en 1991 houbo unha inusual abundancia deste crustáceo nas súas costas e decidiuse facer unha festa de exaltación do produto- e que, hoxe, salvo os dous anos máis duros da pandemia, non deixou de crecer en admiradores.

 

 

Ademais dos veciños, estes días na Guarda déronse cita numerosos turistas, algúns deles vellos coñecidos e outros que celebraban a súa primeira vez nun pobo que conta con todos os encantos dunha vila mariñeira, incluídos uns arredores espectaculares.

Diso poden dar fe, por exemplo, algúns dos músicos que protagonizaron o Festival Mar de Blues e que o sábado ao mediodía achegáronse ata o Monte Santa Tegra para admirar a paisaxe desde a cima. Precisamente, eles foron os protagonistas indiscutibles da noite do sábado -e parte da madrugada- cunha ‘jam session’ inesquecible que congregou no escenario da Praza do Reló a intérpretes da talla de Will Jacobs, Remi Bankyln, Julian Vaughh, Javier Vacas, Marcos Coll e Javier Turnes, entre outros instrumentistas.  Desde Chicago a Londres, pasando por Santiago de Compostela ata A Guarda, o cartel do Mar de Blues atraeu a un bo número de persoas, que acabaron namoradas do potente directo destes músicos, que improvisaron con ata cinco formacións diferentes.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes; e o concelleiro de Festas e Turismo, Rafa Álvarez, subíronse ao escenario para agradecer aos intérpretes a súa participación no evento e agasallarlles con algúns recordos da vila e do seu paso pola festa.

E se a noite foi para o blues e o mediodía para a lagosta e outros manxares mariños, a tarde tivo un claro protagonista: o “Piueiro”. A embarcación tradicional, unha das máis representativas do pobo guardés xunto coa gamela, realizou viaxes durante toda a tarde para mostrar aos visitantes a navegación do barco co que os mariñeiros guardeses ían ata Gran Sol. Unha odisea que relatan os experimentados membros da asociación, formada na súa maioría por armadores e pescadores xubilados.

Erea Castro, o broche de ouro a tres días de festa ao redor da lagosta

O roteiro das cetarias e do Museo do Mar, os pasacalles a cargo de grupos locais, o vermú mariñeiro e a feira de artesanía coparon a axenda dominical de numerosas persoas nesta xornada final da festa. A música, neste terceiro e último día de festa, correu a cargo de Erea Castro, cunha actuación na Praza de San Benito, mentres que o grupo “A Boalleira” amenizou musicalmente a despedida entre o porto e a carpa.

Máis dun milleiro de persoas, entre veciños e visitantes, déronse cita onte á noite na carpa gastronómica da XXX “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” para degustar os distintos pratos preparados por restaurantes da zona nos que a lagosta reinou en fogóns e mesas. A perfecta organización do evento evitou as colas e, desde as oito da tarde ata as doce da noite, foron desfilando familias e grupos de amigos que deron boa conta dun menú moi variado (lagostas, nécoras, mexillóns, paellas mariñeiras…) e con claro sabor a mar. Este ano, os restauradores representados na carpa marcáronse como obxectivo superar os 120 quilos de lagosta por posto vendidos en 2019 e, tal e como marchan as cousas, dita meta é totalmente factible.

E mentres no porto nutríanse os estómagos, na Praza do Reló buscábase outro tipo de emocións co concerto inaugural do Mar de Blues. Un festival que contou con nomes propios do panorama internacional como Marcos Coll, un dos mellores armonicistas das últimas décadas; Will Jacobs, guitarrista, compositor e cantante cunha dilatada carreira forxada nos escenarios de Chicago; ou Julian Vaughn, unha eminencia do Jazz e do Blues que tocou con grandes como B.B. King. Tamén estiveron no escenario Javier Vacas, gran baixista de estilo propio, e Javier Turnes, recoñecido guitarrista e fundador da banda galega Bakin’ Blues Band.

Pero non só o porto e a praza do Concello foron escenario da festa popular. Os locais da zona gozaron tamén dun recuperado trajín, do mesmo xeito que os hoteis e pensións, que rememoraron por obra e graza da “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” un dinamismo previo á pandemia.

Artesanía, vermú mariñeiro e exposición etnográfica 

A mañá do sábado foi atarefada na Guarda. Á primeira hora, xa comezaban os preparativos na carpa e na rúa do Porto coa instalación das casetas de artesanía. Pola súa banda, a tripulación do Piueiro revisaba o volanteiro para deixalo listo para as viaxes da fin de semana -a partir das catro desta tarde comezan os percorridos a bordo da embarcación tradicional- e os locais da zona, a ritmo de pasacalles, despachaban os vermús mariñeiros para os máis madrugadores.

Na Praza do Reló, os pequenos gozaban dunha ‘masterclass’ sen precedentes cos concertistas de Mar de Blues e tendo como testemuña de excepción á lagosta cangrexa. A mascota naceu este ano para co gallo do 30 aniversario da festa e, aínda que se concibiu como un divertimento para os máis pequenos, converteuse nun dos grandes atractivos do evento guardés ao ser solicitada por pequenos e maiores para o xa típico selfie.

Pola súa banda, o alcalde, Antonio Lomba, e a teniente de alcalde, Montserrat Magallanes, participaban ao mediodía na inauguración da Exposición Etnográfica Mariñeira da Asociación Piueiro, que xa se atopa aberta ao público e que permitirá entender mellor o obxectivo desta asociación, destinada á recuperación da tradición cultural mariñeira.

Mañá domingo, os visitantes poderán participar no roteiro das cetarias e do Museo do Mar, reservando previamente as súas prazas no correo festadalangosta@gmail.com  ou no punto de información situado na carpa instalada no porto da Guarda. Os pasacalles a cargo de grupos locais continuarán animando o vermú mariñeiro, que se pode probar nun gran número de establecementos hostaleiros da Guarda. A música, neste terceiro e último día de festa, poñeraa Erea Castro, cunha actuación na Praza de San Benito, mentres que o grupo “A Boalleira” amenizará musicalmente a despedida entre o porto e a carpa.

Esperábase unha gran acollida do pobo da Guarda a unha das súas celebracións máis populares, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero o vivido esta tarde na Guarda superou as mellores expectativas do Concello. Centos de persoas déronse cita no porto para participar no arranque da trixésima edición desta celebración, que transcende o puramente gastronómico para reivindicar a cultura mariñeira, unha forma de vida que ten nesta localidade pontevedresa un dos seus máximos expoñentes.

E, precisamente como tributo á xente do mar, o Concello entregou as súas renovadas Langostas de Ouro a tres organizacións exemplares que fan da Guarda un lugar diferente e con carácter propio: a Confraría de Pescadores Santa Tecla, polo seu traballo a favor da pesca artesanal e o marisqueo; a Asociación de Redeiras Atalaia, polo seu esforzo á hora de dar visibilidade e dignificar o traballo das mulleres do mar; e a Organización de Palangreiros Guardeses, pola súa achega á dinamización da economía guardesa. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de entregar estas fermosas pezas de bronce, obra de Cuqui Piñeiro, aos representantes das tres organizacións -unha lagosta por cada ano desde 2019-, á vez que destacou o seu labor e a súa contribución á tradición marítima da vila, permitindo a substitución xeracional e preservando a esencia dun pobo con sabor a mar.

No seu discurso inaugural, Lomba tamén fixo referencia ao aspecto global da celebración e á aposta do Concello por conformar un programa ameno do que puidesen gozar veciños e visitantes calquera que sexa a súa idade. Neste punto, o alcalde tivo unha mención especial para todos os que colaboraron na organización do evento e, concretamente, para o concelleiro de Cultura, Rafa Álvarez, “que se envorcou coa festa”.

Pola súa banda, a cantante e colaboradora de “Land Rober-Tunai Show”, Eva Iglesias, foi a encargada de dar lectura ao pregón co que se deu por inaugurada a trixésima edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Iglesias explicou que era o seu primeiro pregón tras a pandemia e recoñeceu a súa satisfacción de que fora na Guarda, unha localidade que coñece ben xa que actuou nalgunha ocasión.

Tras o acto inaugural, procedeuse oficialmente á apertura da carpa con todos os manxares xa a punto para a degustación, mentres o grupo “Do Lusco ó Fusco” amenizaba os primeiros compases da festa.  Unha festa que naceu en 1991 propiciada pola abundancia da lagosta nas costas da Guarda e á que desde hai anos acoden centos de comensais que non só gozan deste crustáceo, senón que teñen a oportunidade de degustar outros manxares do mar.

Así mesmo, unido ao factor gastronómico, este 2022 a festa conta con outros importantes atractivos como a música en directo -non se perdan o festival de blues, con importantes referentes deste xénero musical- ou os paseos a bordo do “Piueiro”, un volanteiro tradicional cunha tripulación formada por mariñeiros xubilados da Guarda que fará percorridos costeiros ao longo de toda a fin de semana. Non en balde, A Guarda ostenta unha posición privilexiada no Camiño Xacobeo pola costa, por iso é polo que este ano a presentación oficial da festa tivese lugar en Santiago de Compostela.

Un programa variado para todas as idades

O evento deste ano excedeu o seu centro neurálxico, situado no porto, para asomarse polas rúas do pobo, engalanadas con motivos mariñeiros grazas á iniciativa da asociación Piueiro que buscou a complicidade  dos guardeses e as guardesas, apoiados polo propio Concello, para estender esta “Garda mariñeira” durante todo o mes de xullo. A xornada inaugural conclúe esta noite cunha das actuacións enmarcadas no Festival “Mar de Blues”.

Este sábado, as actividades festivas darán comezo ás 11 da mañá e sucederanse ao longo do día con gastronomía, a inauguración da Exposición Etnográfica Mariñeira da Asociación Piueiro, viaxes no volanteiro, unha feira de artesanía na Rúa do Porto e varios pasacalles. A “Langosta Castrexa”, a mascota deseñada con motivo do trinta aniversario da festa, ocupará boa parte das actividades destinadas aos máis pequenos. Mentres, os maiores gozarán, sen dúbida, coas actuacións en directo do programa “Mar de Blues”.

O domingo, os visitantes poderán participar no roteiro das cetarias e do Museo do Mar, reservando previamente as súas prazas no correo festadalangosta@gmail.com  ou no punto de información situado na carpa instalada no porto da Guarda. Os pasacalles a cargo de grupos locais animarán o vermú mariñeiro, que se poderá probar nun gran número de establecementos hostaleiros da Guarda. A música neste terceiro día de festa poñeraa Erea Castro, cunha actuación na Praza de San Benito, mentres que o grupo “A Boalleira” amenizará musicalmente a despedida entre o porto e a carpa.

  • Unha das citas musicais máis importantes do verán terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22:30h na explanada do Porto da Guarda.
  • A entrada será libre ata completar o aforo do recinto, a apertura de portas será ás 21:30h.

O Concello da Guarda súmase ao circuíto de música ao vivo Musigal da Deputación de Pontevedra cunha das citas musicais máis agardadas deste verán na vila, o directo dunha das bandas galegas máis recoñecidas “Heredeiros da Crus”, que se presenta coma o “Fenómeno musical do século en Galicia”. Terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22:30h na explanada do Porto da Guarda

 

Heredeiros da Crus leva escribindo a historia do rock en galego desde fai exactamente 30 anos. Os mesmos que leva en activo e durante os que segue o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo musical. Con dez albumes no seu haber, os Heredeiros da Crus son o retorno constante á xenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que trascende a toda evolución e a toda moda con temas que marcaron a vida de moitas persoas converténdose en auténticos himnos coma “Quero josar”, “Vaiche boa” ou “Pero que ghallo é!”.

 

Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos a oportunidade de “josar” dos seus auténticos sons na Guarda en estado puro, nunha noite que, de seguro, quedará para o recordo.

 

Para o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, esta será unha das citas musicais máis importantes para a vila en moitos anos, un concerto que ven enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra e co financiamento da produción técnica a cargo do Plan Concellos, co que se quere resaltar a aposta pola música feita en Galicia, para continuar pondo A Guarda na escena da cultura activa.

 

Rafa Álvarez quixo lembrar tamén outra das citas importantes deste verán na Guarda, como é o Festival Mar de Blues que terá lugar xa esta mesma fin de semana(1 e 2 de xullo) na Praza do Reló e que traerá á Guarda a músicos internacionais coma Will Jacobs, Remi Bankyln ou Julian Vaughn.

 

Sen dúbida un verán cheo de propostas musicais, culturais e deportivas na Guarda, que serán presentadas nos vindeiros días co lanzamento da Axenda de Verán 2022.

Os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba, e de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, protagonizaron esta mañá no Mercado de Abastos santiagués unha “irmandade” cultural e gastronómica co gallo da presentación da trixésima edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que se celebrará do 1 ao 3 de xullo na localidade guardesa. É a primeira vez que o evento gastronómico preséntase na capital, debido, entre outras boas razóns, ao interese da Guarda por fomentar o Camiño Xacobeo portugués pola costa.
Nas súas intervencións, ambos dirixentes coincidiron na importancia desta celebración e na marabillosa contorna guardesa. Neste sentido, Antonio Lomba apostou por un “camiño á inversa” e que os visitantes que cheguen a Santiago volvan despois pola Guarda, unha suxerencia que foi moi ben recibida por Xosé Sánchez Bugallo, quen comentou, entre risas, que “xa sabemos que ao final todos os camiños conducen a Santiago”. Bugallo non dubidou en resaltar a excepcional paisaxe da localidade pontevedresa, á vez que mostrou a súa satisfacción por “poder colaborar en dar a coñecer un patrimonio como o da Guarda, que é un orgullo para toda Galicia”. Antonio Lomba, pola súa banda, destacou no seu discurso que o número de visitantes que chega á vila do Baixo Miño xa está como en 2019, antes da pandemia: “Estamos a só cinco visitantes de alcanzar as cifras dos turistas prepandémicos”.
A boa sintonía dos dous alcaldes quedou de manifesto neste evento, no que exerceu de presentador o concelleiro de Turismo da Guarda, Rafael Álvarez, ante a atenta mirada dunha nutrida representación dos hostaleiros que participarán na Festa, da concelleira de Educación, da directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, do director do Museo de Pobo Galego e do presidente da Asociación Piueiro, entre outros asistentes.
A Aula de Cociña do Mercado de Abastos vestiuse de gala para esta presentación, que incluíu un showkooking en directo e a posterior degustación dos produtos que se poderán gozar na festa guardesa: a langosta, por suposto, pero tamén percebes, lagostinos, camaróns o chocos, entre outros manxares.
Unha programación para todas as idades
O vindeiro venres 1 de xullo, ás 20:00 horas, dará comezo a XXX Festa dá Lagosta e dá Cociña Mariñeira, tras dous anos de parón pola pandemia. A lectura do pregón a cargo da televisiva Eva Iglesias, a intervención do alcalde da localidade e a entrega da Lagosta de Ouro 2022, un galardón que se quere revalorizar, marcarán o inicio dunha das celebracións gastronómicas galegas máis populares.
Esa mesma noite, procederase á apertura da carpa e o grupo “Do Lusco ó Fusco” encargarase de amenizar as rúas, previamente engalanadas con motivos mariñeiros grazas á iniciativa da Asociación Piueiro que secundaron os guardeses e as guardesas, apoiados polo propio Concello. Esa colaboración directa de todo o pobo pretende ser un dos piares dunha celebración que parte do gastronómico para chegar a todos os ámbitos.

A xornada inaugural concluirá cunha das actuacións enmarcadas no Festival “Mar de Blues”, que conta con invitados de talla internacional: “Will Jacobs & Marcos Coll Band”, unha formación liderada polo guitarrista de Chicago Will Jacobs; Javier Turnes, de Bakin Blues Band, e Remi Bankyln, unha nova promesa do blues tradicional. Un programa de luxo que xa se converteu nun dos grandes atractivos do evento gastronómico.
O sábado, día 2, as actividades festivas darán comezo ás 11 da mañá e sucederanse ao longo do día con gastronomía, a inauguración da Exposición Etnográfica Mariñeira da Asociación Piueiro, viaxes no volanteiro, unha feira de artesanía na rúa do Porto e varios pasacalles. A Lagosta castrexa, a mascota deseñada con motivo do trinta aniversario da festa, ocupará boa parte das actividades destinadas aos máis pequenos. Mentres que os máis maiores gozarán, sen dúbida, coa actuacións en directo do programa “Mar de Blues”.
O domingo, os visitantes poderán participar no roteiro das cetarias e do Museo do Mar, reservando previamente as súas prazas no correo festadalangosta@gmail.com ou no punto de información situado na carpa instalada no porto da Guarda. Os pasacalles a cargo de grupos locais animarán o vermú mariñeiro, que se poderá degustar nun gran número de establecementos hostaleiros da Guarda. A música neste terceiro día de festa poñeraa Erea Castro, cunha actuación na Praza de San Benito, mentres que o grupo “A Boalleira” encargarase de amenizar musicalmente a despedida entre o porto e a carpa.

A Guarda peregrina a Santiago para presentar unha renovada “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”

Esta fin de semana celebrouse a festividade do Corpus na vila da Guarda, unha festividade que se retoma despois da parada por mor da pandemia da COVId-19. Dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron dende a tardiña do pasado sábado para a confección das Alfombras Florais.

A choiva fixo acto de presencia na tarde do sábado, polo que se optou por retrasar a procesión para as 19:00h, algo que axudou á confección das diferentes alfombras e motivou unha ampla e numerosa participación de veciños e visitantes que ateigaron as rúas da guarda para presenciar os tapetes florais.

En total realizáronse uns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, na tarde do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalanaron para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballaron para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais gocer das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados, sendo auténticas obras de arte en flor.

• A Guarda recupera unha das festas tradicionais da vila despois da pandemia da COVID-19 e convida a veciños e visitantes a gozar da elaboración das alfombras florais.

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor.

• Venres 17 de xuño ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.
• O sábado 18 de xuño realizarase tamén unha ruta guiada en colaboración coa Asociación Xuliva e a Asociación de Redeiras Atalaia que partirá ás 11:30h dende a Cetaria Agrelo.

Creada por Xisela Franco, a peza será presentada este venres 17 de xuño ás 20.30h no Centro Cultural da Guarda. Tras a presentación da creación audiovisual na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, o pasado 23 de marzo, a autora culmina coa súa obra definitiva estreándoa na vila protagonista, A Guarda.

A través da etnografía experimental achegámonos á cultura mariñeira, aos oficios, aos saberes, ás tradicións e ás identidades de hoxe e de onte. Unha forma dar visibilidade a ese patrimonio inmaterial da vila, de crear emocións arraigadas ao territorio e á súa xente, de facer poesía e antropoloxía audiovisual… que se verá culminada co lanzamento por vez primeira de material inédito; como son as gravacións que non foron empregadas para a peza ou aquelas de arquivo cedidas por diferentes familias veciñas da vila.

Á xornada asistirán as asociacións protagonistas de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e de Embarcacións tradicionais O Piueiro, que pecharán a xornada cun faladoiro aberto á participación do público.

A xornada é de balde até completar aforo.

Outras actividades vinculadas ao proxecto Atlantic Culture Scape: roteiro guiado [18 de xuño]

Para continuar co proceso creativo e colectivo vinculado co patrimonio da vila da Guarda, desenvolvéronse dúas rutas nas que se recollen todo ese patrimonio construído e sostido polas persoas que habitaron e habitan A Guarda. Así, o 18 de xuño realizarase unha das rutas que será guiada pola comunidade local. O punto de partida será a Cetaria Agrelo ás 11.30h e o percorrido terá unha duración aproximada de dúas horas e media. Para inscricións e máis información, as persoas interesadas deberán contactar ao e-mail da Asociación Xuliva – Historia e Paisaxismo [xulivaguarda@gmail.com], institución local encargada de organizar o evento. Esta actividade tamén é de balde até completar o aforo de 45 prazas.

Ambas actividades contan coa colaboración do Concello da Guarda, das asociacións Redeiras do Baixo Miño Atalaia, de Embarcacións Tradicionais O Piueiro e Xuliva – Historia e Paisaxismo.

Sobre Atlantic Culture Scape
O proxecto Atlantic CultureScape é unha iniciativa que estuda e dá a coñecer o patrimonio inmaterial do espazo Atlántico. Co-financiado polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ao abrigo do programa INTERREG Espazo Atlántico, o programa promove a cooperación transnacional entre 36 rexións atlánticas de cinco Estados europeos. Desta forma, participan diferentes entidades e organismos de lugares como Irlanda, Gales, Cantabria, Andalucía, Portugal, […] e Galicia! É así como nace Atlantic CultureScape A Guarda, un proxecto comunitario impulsado pola Universidade de Vigo e levado a cabo grazas á colaboración das asociacións mencionadas, entre outros actores locais.
Deste xeito, despois de tres anos de actividade, o proxecto remata o vindeiro mes de setembro, deixando os seus obxectivos cumpridos e unha recua de actividades de socialización e visibilización da paisaxe da vila mariñeira, da súa historia e do seu patrimonio material e inmaterial, como eixes sostibles e xeradores de economía na vila.

• Os artesáns e as artesás interesadas en participar poden realizar a súa inscrición do 6 ao 10 de xuño

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e coa se inaugura a programación de verán 2022 na Guarda.

Este ano a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebra a súa XXX edición os días 1, 2 e 3 de xullo. Dende o ano 2009 leva organizándose a Feira de Artesanía na rúa Porto e que forma parte da programación desta festa que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.

Esta feira de artesanía celebrarase durante o sábado 2 e domingo 3 de xullo. A participación nesta feira está regulada mediante as bases de participación para esta edición e será gratuíta.

Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada en ditas bases, ao correo electrónico turismo@aguarda.es. O prazo de inscrición estará aberto do luns 6 ao venres 10 de xuño.

• No mes de maio 1.686 peregrinos realizaron o Camiño Portugués da Costa manténdose o noso camiño no 4º posto dos camiños a Santiago

O Albergue municipal da Guarda amplía a súa atención aos peregrinos

O día 1 de xuño é a data escollida na que o albergue municipal da Guarda recupera a normalidade no seu funcionamento retirando as restricións que se mantiñan por responsabilidade ante a particularidade e sensibilidade deste servizo.

O albergue recibe peregrinos de todas as procedencias polo que se mantivo a cociña pechada e o aforo limitado ao 50% a pesar de que a Consellería de Sanidade foi aliviando progresivamente as restricións a este tipo de aloxamento. A Guarda, como vila turística, dispón doutros establecementos turístico estando a oferta de aloxamento en inverno e primavera asegurada.

A piques de comezar o verán volvese ao funcionamento normal do albergue para así acoller ao peregrinos que realicen a súa etapa de descanso na nosa vila. O albergue conta con 36 prazas distribuidoras en dúas habitacións e a cociña como espazo común.

Ademais de recuperar todas as prazas dispoñibles e de abrir de novo a cociña ampliase o horario de admisión ata ás 20:30h.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago no mes de maio recolleron a Compostela máis de 34.000 peregrinos e 1.686 realizaron o Camiño Portugués da Costa manténdose o noso camiño no 4º posto dos camiños a Santiago.

• Neste ano 2022 recuperase a ampla oferta de visitas guiadas gratuítas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro.
• Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.

Unha temporada máis o Padroado Municipal de Santa Trega ofrece visitas guiadas ao Monte Santa Trega para que os visitantes e veciños podan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

Neste ano 2022 recuperase a ampla oferta de visitas guiadas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro. Os meses de xuño e setembro adoitar ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares. Polo que as visitas guiadas abertas ao público nestes meses serán os fins de semana con dous horarios (12:00 e 18:00h)

Ademais esta oferta das visitas incrementase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con visitas de martes a domingo e 4 visitas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Así intentase que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe.

Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro de Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Para ofrecer unha visión máis amplla da zona escavada vaise realizar un ha ruta circular comezando na Casa Forestal. Este percorrido permitirá  visitar as zonas escavadas máis emblemáticas e así coñecer como vivían os castrexos fae máis de 2.000 anos e tentarase descifrar o seu urbanismo e a trasnformación do espazo durante a ocupación.

As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

O Monte Santa Trega celebra este mércores 18 de maio o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas na que os visitantes poderán acceder gratuitamente ao monte e visitar o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no seu horario habitual de 10:00 a 20:00h.

O Monte Santa Trega contará con visitas guiadas novamente neste verán pero como novidade xa comezarán as fins de semana de xuño.

Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden coñecelo con máis detalle escoitando as audioguías dispoñibles en varios idiomas. Están dispoñibles en YouTube tan só hai que buscar como audioguías Monte Santa Trega e poderás escoitar as 12 pistas nas que aportan tanto información do Castro de Santa Trega como da Capela, da paisaxe,… Sen esquecer que unha das pistas corresponde ao MASAT, un espazo interesante para visitar e dispor dun maior coñecemento sobre a cultura castrexa-romanas e as pezas atopadas nas diferentes excavacións como as moedas, as labras e o Cabezón do Trega, a última pezas incorporada á exposición do MASAT.

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda cumpren cos requisitos deste distintivo internacional de bandeira azul.
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público este mércores o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.
O Concello da Guarda traballa en ofrecer un servizo de calidade e eficiente. Polo que acadar este recoñecemento implica un compromiso coa calidade medio ambiental e cos servizos para que veciños e visitantes dispoñan duns servizos acordes coa excelencia destas praias.
Os servizos esixidos por Bandeira Azul son paneis informativos, análise de augas excelente nas catro anteriores tempadas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comezará co arranque estival.
A praia “Area Grande” luciu por primeira vez este distintivo no ano 2009, e foi concedida cada verán dende esa data. Pero no verán pasado o Concello da Guarda comunicou formalmente a súa renuncia voluntaria a ADEAC para praia de Area Grande ante a imposibilidade de contar co servizo de socorristas de luns a domingo. Dos 6 socorristas necesarios para cubrir ambas praias tan só foi posible contratar a 4 debido a dificultade de dispor de persoal formado tal é como require este servizo.
No caso da praia do Muíño tamén renovou a bandeira azul dende o 2010. Ademais da bandeira azul esta praia fluvial tamén contará co distintivo “Ecoplayas”.
O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
O pasado día 5 de abril ADEAC comunicou que a concesión do distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este ano organizaron unha Cerimonia de Entrega do Galardón Sendeiro Azul que terá lugar o 26 de maio no Real Jardín Botánico de Madrid.

O Concello da Guarda está traballando na súa candidatura á convocatoria extraordinaria no marco do “programa de Planes de Sostenibilidad Turística en Destinos” ante a Secretaría de Estado de Turismo.

Esta convocatoria extraordinaria de 2022 do plan territorial a Secretaría de Estado de Turismo ten como base a enogastronomía. Polo que o Concello da Guarda conta cunha excelente oportunidade á presentar unha estratexia turística en torno ao potencial gastronómico da Guarda pero vinculado ao importante patrimonio histórico e natural.

O pasado martes 3 de maio tivo lugar na Casa dos Alonso a mesa de traballo co sector para coñecer a súa opinión e recibir a achegas e así poder presentar unha candidatura real, obxectivo básico para o desenvolvemento deste programa.

Neste encontro participaron 12 representantes do tecido empresarial e social da Guarda como empresas de aloxamento, hostalaría, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,…

Este mesa de traballo comezou coa intervención do Alcalde, Antonio Lomba, onde adiantou aos presentes que A Guarda está inmersa na elaboración da candidatura aos fondos europeos para o deseño e desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade turística en Destino para o Concello da Guarda.
O alcalde quixo destacar que a candidatura da Guarda é unha excelente oportunidade para conseguir financiamento para proxectos de gran envergadura e que suporán unha transformación para a nosa vila cun orzamento que supera os 1,7 millóns de €.

O detalle das actuacións foron presentadas pola “Estrategía y Consultoría EOSA”, empresa especializada que está redactando a candidatura que leva como fío condutor a enogastronomía aínda que terán un gran impacto no Monte Santa Trega, praia do Muíño, mobilidade, dixitalización do turismo e das accións máis especificas sobre gastronomía.

Como remate abriuse a rolda de intervencións dos convidados na que se resolveron as dúbidas. Tamén se recolleron as achegas e suxestións e actualmente estase traballando na súa incorporación e así contar cunha candidatura completa e con posibilidade para acadar estes fondos europeos.

• Será o sábado día 7 de maio ás 20:00h no Salón de actos do Centro Cultural da Guarda.
• Tamén presentarase o vídeo “Percorremos o camiño como peregrin@s” no que participan escolares e asociacións da Guarda.

O Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 7 de maio ás 20:00h unha dobre proxección vencellada ao Camiño Portugués da Costa.

O documental “Galicia peregrina. A ruta portuguesa de Santiago” proxectarase achegando ao espectador ao verdadeiro significado de facer o Camiño de Santiago, protagonizado pola presentadora Cristina Maró, que estará no acto deste sábado na Guarda.

O Concello da Guarda, continuando coas accións para difusión e promoción do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola vila ven de continuar co proxecto “Falemos do Camiño”, iniciado no ano 2020 e paralizado debido á pandemia.

Desta volta organizouse unha actividade cos centros escolares e colectivos da vila para promocionar o Camiño Portugués da Costa a través da actividade “Percorremos A Guarda como peregrinos”, onde o alumnado e usuarios percorreron parte do trazado do itinerario xacobeo pola Guarda en diferentes sesións celebradas entre marzo e abril de 2022, acompañados por un guía que foi explicando os diferentes elementos etnográficos, civís e relixiosos existentes no camiño.

Ao mesmo tempo, aproveitouse esta acción para a gravación dun vídeo que será presentado tamén este sábado día 7 de maio no Centro Cultural da Guarda.

  • O selo, que forma parte da serie filatélica Natureza, mostra unha imaxe dunha das construcións do castro.
  • No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial Iria Lamas.

Correos presentou hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza. No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial, Iria Lamas.

Correos puxo en circulación este selo xa que consideraba o monte Santa Trega como un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Neste número, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todos os que a visitan.

De feito, o selo inclúe un primeiro plano dun dos edificios do castro e ao fondo as vistas que se poden admirar dende o monte. Ten un valor nominal de 2,70 euros e unha tirada de 135.000 exemplares.
Ficha técnica:

• Data de emisión: 21/04/2022
• Soporte: Estucado, engomado, fosforescente
• Impresión: Offset
• Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
• Efectos en pliego: 15 selos
• Valor postal: 2’70
• Tirada: 135.000

Máis selos dedicados á provincia de Pontevedra

O selo presentado en A Guarda súmase á lista de selos que Correos dedicou a diversos motivos na provincia. Hoxe presentouse na capital pontevedresa o selo da serie filatélica de 12 meses dedicada á provincia.

Cun valor de 0,75 euros, o selo inclúe a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada das iniciais ‘PO’.

Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, destacan as que en 1965 homenaxearon o Pazo de Fefiñáns de Cambados, a ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro de pedra do Hío.

Sobre Correos:
CORREOS naceu hai máis de 300 anos e, tras unha continua adaptación ao mercado, é hoxe o operador líder do sector en España. Na actualidade, a estratexia da compañía céntrase na internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital. Con preto de 51.000 profesionais, a compañía presta servizos aos cidadáns a través da súa rede de 2.370 oficinas, distribuíndo preto de 7,5 millóns de envíos diarios. O Grupo Correos conta con 3 filiais: Correos Express dedicada á paquetería express, Nexea especializada en solucións multicanle para comunicacións masivas para empresas, e Correos Telecom encargada da xestión e comercialización de infraestruturas de telecomunicacións. Pertencente ao Grupo SEPI, forma parte dun holding empresarial que engloba un total de 15 empresas públicas.

Coincidindo coas datas de semana santa a Xunta de Galicia puxo en marcha un servizo de transporte náutico XACOBEO TRANSFER para atender a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha.

Na actualidade o servizo realizase con dúas pequenas embarcacións para un máximo de 6 prazas. No verán está previsto que opere unha embarcación de maior tamaño o que permitirá ampliar o número de pasaxeiros por viaxe.

O servizo de XACOBEO TRANSFER prestase desde o embarcadoiro do Pasaxe ata o embarcadoiro do Sporting Club Caminhense, a poucos metros do actual embarcadoiro do transbordador en Caminha.

Estas pequenas embarcacións funcionan todos os días de semana se as condicións meteorolóxicas así o permiten.

Dispoñen da web www.nauticdestination.com cos horarios previstos e que permite reservar. O prezo do viaxe é de 6 € por persoa e só admite o pago con tarxeta na embarcación.

Estes son os horarios españois previstos e cando a marea o permite prestan servizo de maneira ininterrompidamente:

  • Saídas desde A Guarda: comenza ás 8:00 ata as 19:00
  • Saídas desde Caminha: comenza ás 8:30 ata as 19:30

Desde Xacobeo Transfer recomendan chamar cuhna antelación de 24 horas ao teléfono de atención da embarcación (+34) 613 011 226 xa que os horarios poden alterarse e/ou ampliarse polas mareas e as condicións meteorolóxicas. O persoal da embarcación informará dos servizos previstos a realizar no día seguinte.

A Guarda e Caminha organizan a actividade Andainas Primavera 2022 como en anos anteriores pero que no ano 2020 tiveron que cancelar coa chegada da pandemia.

Este ano retomase esta actividade na que veciños galegos e portugueses gozaban do espazo natural e patrimonial de ámbolos dous países.

Nesta primavera organizase 4 andainas e que terán un custe de 10€ por andaina e persoa e como en edicións anteriores os participantes galegos sairán da explanada da Sangriña en autocar para xustarse co autocar de Caminha. Os horarios de saída e regreso están pendentes de confirmar.

As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para os interesados a partir do luns 11 de abril. A inscrición realizarase na Oficina de Turismo da Praza do Reló e priorizarase a inscrición presencial.

Este é o calendario das andainas coa descrición:

ANDAINA 1.- SÁBADO, 30 DE ABRIL: TRILHO NA SERRA D’ARGA (CAMINHA)

Tipo: ruta pequena
Percorrido: ecolóxico / paisaxe
Punto de partida: Arga de Cima
Distancia: 15 km
Duración: 5,5 h
Grao de dificultade: fácil/medio

Descrición:
A Serra d’Arga é unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, non só pola inmensidade das paisaxes salvaxes na súa cima, senón tamén pola singularidade dos seus valores naturais e culturais.
Nos puntos máis altos do monte, dominados por impoñentes macizos graníticos, existen zonas de pasto naturais de rara beleza onde se dan diferentes tipos de matogueira nunha matriz de pastos cunha notable diversidade florística. Próximo ás pintorescas vilas que se desenvolven na transición ao xisto, hai campos de cultivo, marismas e bosques naturais, atravesados por varias liñas de auga.
O xacemento “Serra de Arga” posúe un valioso patrimonio natural, que inclúe hábitats naturais e seminaturais, así como especies de fauna e flora de conservación prioritaria. Este territorio posúe unha extraordinaria riqueza florística, incluíndo especies raras ou en perigo de extinción.
Esta ruta, na zona de Arga de Cima, Arga do Baixo, Arga de São João e Dem, asentamentos rurais da Serra d’Arga, discorre por unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, no val da Ribeira de Arga e o val da Ribeira de São João, en zonas de marismas, campos de cultivo e bosques naturais, atravesadas por varias liñas de auga, polas que é posible entrar en contacto con aspectos de interese xeolóxico e xeomorfolóxico, e apreciar diversos exemplos de arquitectura vernácula, como muíños e hórreos. Desde o Cabeço do Meio Dia, na Arga de Baixo, a 550 m de altitude, pódese contemplar unha das panorámicas máis impresionantes e amplas da comarca, desde o val do río Coura, o Monte de Santa Trega na Guarda, ata o Corno Paisaxe do Bico e a Serra da Peneda.

ANDAINA 2.- SÁBADO, 14 DE MAIO: RUTA POLA RIBEIRA DO ULLA – TOURO

Tipo: ruta sinalizada – lineal
Percorrido: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Ponte Basede / San Pedro da Ribeira
Distancia: 13 km
Duración: 4 h
Grao de dificultade: fácil

Descrición:
Esta senda percorre a marxe dereita do Río Ulla para achegarnos en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos no Concello de Touro como a Fervenza do Infermiño ou Pozo do Pego.
Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos.
Nas Proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira gozaremos da tranquilidade da vaira do Pozo do Pego, un lugar natural de extraordinaria beleza.
Durante a senda, o que máis sorprenderá serán os cambios de vexetación, que abranguen bosques de tipo mediterráneo con sobreiras e xaras, bosques atlánticos como os soutos ou as carballeiras e, a pouca distancia, uns tupidos bosques de ribeira. É un traxecto de pouca dificultade pero onde é moi recomendable o uso de botas de montaña e roupa axeitada.

ANDAINA 3.- SÁBADO, 4 DE XUÑO: TRILHO NA PAISAXE PROTEXIDA DO CORNO DE BICO, PORTUGAL

Tipo: ruta pequena
Percorrido: ecolóxico / paisaxe
Punto de partida: Tumba, Beout
Distancia: 10 km
Duración: 4,5 h
Grao de dificultade: fácil/medio

Descrición:
O Corno de Bico é un espazo emblemático do concello de Paredes de Coura e de gran importancia para a comarca, considerado un pequeno santuario natural, un espazo de rara beleza que o home conformou de forma harmónica, de alto valor ecolóxico, de gran beleza. e importancia para a comarca do Alto Minho. Hoxe ten un importante papel na conservación da natureza, o que permitiu a súa inclusión como sitio clasificado na Rede Europea NATURA 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Portugal. Neste territorio é igualmente importante o patrimonio humano das comunidades rurais. Dende o punto máis alto desta ruta, miradoiro natural, pódese apreciar unha paisaxe maxestuosa que se abre ben ao Val do Río Coura, ben aos Vales dos Ríos Vez e Lima.

ANDAINA 4.- SÁBADO, 9 DE XULLO: PR-G100 – SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO – CANDÁN

Tipo: ruta sinalizada – circular
Ámbito: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Mosteiro de Aciveiro
Distancia: 15 km
Duración: 4,5 h
Grado de dificultade: fácil / media

Descrición:
O sendeiro PR-G 100 consiste nunha ruta circular de 15 km con principio e fin no Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara a Vilaverde, atravésase o río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto, da Rochela, a unha alvariza que da testemuña da presenza pasado do oso. Despois, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas abas da Serra do Candán, espazo natural Rede Natura 2000.
A ruta descende cara a Lamasgalán de Arriba, onde un camiño de carro dirixe ao camiñante ata Lamasgalán de Abaixo. Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras de Lérez en busca novamente o Mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.

Mañana sábado 9 de abril se presenta el transporte náutico XACOBEO TRANSFER que lanza la Xunta de Galicia ante la necesidad de una conexión real entre A Guarda y Caminha.

Como se comunicó hace un mes, este transporte comenzará a dar servicio coincidiendo con las fechas de semana santa con dos pequeñas embarcaciones para un máximo de 6 plazas. En verano llegará una embarcación que permitirá ampliar el número de pasajeros por viaje.

Segundo la comunicación facilitada se puede adelantar que el servicio se prestará desde el embarcadero de O Pasaxe hasta el embarcadero del Sporting Club Caminhense, a pocos metros del actual embarcadero del ferry en Caminha.

Estas pequeñas embarcaciones provisionales funcionarán todos los días de semana si el tiempo lo permite. Estos son los horarios españoles previstos para estos primeros meses:

Salidas desde A Guarda: 8:00 / 9:00 / 10:00 / 11:00 – 17:00 / 18:00 / 19:00
Salidas desde Caminha: 8:30 / 9:30 / 10:30 / 11:30 – 17:30 / 18:30 / 19:30

El precio del viaje es de 6 € por persona. La compra de los billetes se realizará en la web www.nauticdestination.com o directamente en el barco. Solo se admite el pago con tarjeta.

Por último, indicar que el servicio comenzará este fin de semana si las condiciones meteorológicas así lo permiten.

Tras dous anos A Guarda volverá a celebrar a Semana Santa con certa normalidade retomando a programación e os eventos relixiosos.

A Oficina de Turismo da Guarda situada na Praza do Reló abrirá do luns 11 ao sábado 16 de abril cun horario más amplo de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00h. Esta ampliación no horario de atención é grazas á incorporación do primeiro informador turístico financiado pola Deputación de Pontevedra. Para calquera dúbida tamén pódese contactar no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es

Nesta Semana Santa retómanse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, e ante as consultas recibidas aumentáronse os días ofertados. Polo que do martes 12 ao domingo 17 de abril poderase coñecer en detalle o xacemento castrexo máis destacado de Galicia en tres quendas cada día: 12:00 / 18:00 e 19:00. As visitas guiadas son gratuítas pero precisan inscrición previa no tel. 690017038 ou en masat@aguarda.es. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
• MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
• MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
• CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00

A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente mañá, 8 de abril, coa celebración da Procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.
Outros actos relixiosos destacados son as procesións e a tradicional bendición de ramos e palmas o 10 de abril (Domingo de Ramos) na Praza de San Bieito ás 11:00 horas.

O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 20:30 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (20:30 h).

A Semana Santa da Guarda tamén remota as Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 9 de abril, coa celebración do «Serán de Buxán» ás 22:00 horas. A festa continuará o vindeiro sábado, 16 de abril, cos tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:00h para adultos) e a posterior verbena, amenizada polo Trío La Noche e o Grupo América (23:00 h).

Na xornada do 17 de abril, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables para nenos e ás 19:30 o peche será cargo do grupo folck Zurumalla.

Na xornada do martes día 5 de abril de 2022 tivo lugar na Casa dos Alonso da Guarda a presentación das Andainas de Primavera 2022, organizadas conxuntamente entre o Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha.

Estas andainas, que gozan dunha ampla participación en ámbalas dúas ribeiras do Río Miño, contarán con 4 rutas nesta primavera 2022 e veñen a retomar as andainas que se organizaban cada ano ata que a pandemia da COVID-19 impediu a súa celebración.

No acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Miguel Alves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha, así coma concelleiros e vereadores de deportes de ámbolos dous municipios e medios de comunicación.

Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, estas andainas constitúen novamente unha aposta polo deporte e pola organización de actividades de xeito conxunto coa vila veciña de Caminha, coa que tanto mantemos relación, un paso máis na unificación dos territorios transfronteirizos da raia Galicia/Portugal.

En palabras de Miguel Alves, Presidente da Câmara de Caminha, é unha boa oportunidade de compartir experiencias de xeito conxunto, despois da parada obrigatoria debido á pandemia da COVID-19, unha vez máis os pobos veciños da Guarda e Caminha traballan de xeito unificado na realización de actividades para o goce da cidadanía galega e portuguesa.
As Andainas de Primavera 2022 contan con 4 rutas en total entre o 30 de abril e o 9 de xullo, nas que visitaranse o Trillo da Serra d´Arga(Caminha), a PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla(Touro), o Trilho da paisagem protexida Corno do Bico(Paredes de Coura) e o Sendeiro Natural Aciveiro(Forcarei).

Trilho na Serra d’Arga en Caminha – 30 de abril
As andainas arrancan o 30 de abril co Trilho na Serra d’Arga en Caminha, unha ruta ecolóxica e paisaxística duns 15km de distancia e cun grado de dificultade doado/medio que partirá de Arga de Cima(Caminha) e que terá unha duración aproximada de 5,5h.

A Serra d’Arga é unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, non só pola inmensidade das paisaxes salvaxes na súa cima, senón tamén pola singularidade dos seus valores naturais e culturais. Nos puntos máis altos do monte, dominados por impoñentes macizos graníticos, atópanse zonas de pasto naturais de rara beleza onde se dan diferentes tipos de matogueira nunha matriz de pastos cunha notable diversidade florística. Próximo ás pintorescas vilas que se desenvolven na transición ao xisto, hai campos de cultivo, marismas e bosques naturais, atravesados por varias liñas de auga.

O xacemento “Serra de Arga” posúe un valioso patrimonio natural, que inclúe hábitats naturais e seminaturais, así como especies de fauna e flora de conservación prioritaria. Este territorio posúe unha extraordinaria riqueza florística, incluíndo especies raras ou en perigo de extinción.

Esta ruta, na zona de Arga de Cima, Arga do Baixo, Arga de São João e Dem, asentamentos rurais da Serra d’Arga, discorre por unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, no val da Ribeira de Arga e o val da Ribeira de São João, en zonas de marismas, campos de cultivo e bosques naturais, atravesadas por varias liñas de auga, polas que é posible entrar en contacto con aspectos de interese xeolóxico e xeomorfolóxico, e apreciar diversos exemplos de arquitectura vernácula, como muíños e hórreos.

Desde o Cabeço do Meio Dia, na Arga de Baixo, a 550 m de altitude, pódese contemplar unha das panorámicas máis impresionantes e amplas da comarca, desde o val do río Coura, o Monte de Santa Tecla e A Guarda, ata o Corno Paisaxe do Bico e a Serra da Peneda.

PR-G 93 Ruta pola Ribeira do Ulla en Touro – 14 de maio
O sábado día 14 de maio terá lugar a segunda andaina programada coa PR-G 93 Ruta pola Ribeira do Ulla en Touro, unha ruta lineal con contido natural e etnográfico que partirá da Ponte Basede e terá punto de final en San Pedro da Ribeira, cunha distancia total de 13km e unhas 4h de duración, cun grao de dificultade doado.
Esta senda percorre a marxe dereita do Río Ulla para achegarnos en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos no Concello de Touro como a Fervenza do Infermiño ou Pozo do Pego.

Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos.

Nas Proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira gozaremos da tranquilidade da vaira do Pozo do Pego, un lugar natural de extraordinaria beleza.

Durante a senda, o que máis sorprenderá serán os cambios de vexetación, que abranguen bosques de tipo mediterráneo con sobreiras e xaras, bosques atlánticos como os soutos ou as carballeiras e, a pouca distancia, uns tupidos bosques de ribeira.

É un traxecto de pouca dificultade pero onde é moi recomendable o uso de botas de montaña e roupa axeitada.

Trilho na Paisagem Protegida Corno do Bico en Paredes de Coura – 4 de xuño

O 4 de xuño terá lugar a terceira andaina co Trilho na Paisagem Protegida Corno do Bico en Paredes de Coura, unha ruta ecolóxico/paisaxística que partirá dende Túmio, cunha distancia de 12km, cunha duración aproximada de 4.5h e cun grao de dificultade doado/media.

O Corno de Bico é un espazo emblemático do concello de Paredes de Coura e de gran importancia para a comarca, considerado un pequeno santuario natural, un espazo de rara beleza que o home conformou de forma harmónica, de alto valor ecolóxico, de gran beleza. e importancia para a comarca do Alto Minho. Hoxe ten un importante papel na conservación da natureza, o que permitiu a súa inclusión como sitio clasificado na Rede Europea NATURA 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Portugal. Neste territorio é igualmente importante o patrimonio humano das comunidades rurais.

Dende o punto máis alto desta ruta, miradoiro natural, pódese apreciar unha paisaxe maxestuosa que se abre ben ao Val do Río Coura, ben aos Vales dos Ríos Vez e Lima.

PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro en Candán(Forcarei) – 9 de xullo

Xa para rematar estas andainas o sábado día 9 de xullo terá lugar a ruta PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro, que cun percorrido circular de carácter natural e etnográfico, partirá dende o Mosteiro de Aciveiro para percorrer un total de 15km, nunha duración estimada de 4,5h e cun grao de dificultade doado/medio.

O sendeiro PR-G 100 consiste nunha ruta circular de 15 km con principio e fin no Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara a Vilaverde, atravésase o río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto, da Rochela, a unha alvariza que da testemuña da presenza pasado do oso. Despois, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas abas da Serra do Candán, espazo natural Rede Natura 2000.

A ruta descende cara a Lamasgalán de Arriba, onde un camiño de carro dirixe ao camiñante ata Lamasgalán de Abaixo. Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras de Lérez en busca novamente o Mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.

Información e inscricións
As persoas interesadas en participar nestas andainas poden ampliar información na Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986614546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es, as inscricións estarán abertas dende o vindeiro luns día 11 de abril.
En Caminha, as inscricións se poden realizar chamando aos teléfonos 258721708 ou 914476461 ou no enderezo electrónico ambiente@cm-caminha.pt

O Concello da Guarda segue apostando por darlle pulo e o valor que merece a un tramo do Camiño que garda un gran potencial, e deseña unha imaxe propia na que aparece representado o noso mar, o Monte Santa Trega e por suposto a cuncha do Camiño na súa vertente máis antiga. Porque ademais de beleza o Camiño Portugués da Costa ten moita historia.

O Camiño Portugués da Costa iníciase na cidade de Porto (Portugal), recorre a costa norte portuguesa, cruza en Caminha o río Miño cara a Galicia pola Guarda e termina en Redondela, onde entronca co Camiño Portugués.
Xa no ano 2000 encárgase un estudo sobre a fundamentación histórica deste Camiño, para acabar sendo recoñecido no 2009 polo Parlamento de Galicia. No 2011 abre as súas portas o albergue municipal e, xa por fin no 2016 acada a súa oficialidade coa publicación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
Desde o 2016, ano no que a Oficina do Peregrino en Santiago comeza a contabilizar o número de persoas que realizan este camiño, e ata o ano no que se desencadeou a pandemia, o crecemento de paso de peregrinos/as por este Camiño foi exponencial.
En 2016 pasaron polo noso Camiño 2.600 peregrinos/as, en 2017 foron 7.329, en 2018 un total de 13.841 e en 2019 xa contamos con 22.291. Con estes datos queremos destacar a importancia deste recurso co que contamos na vila, que xa demostrou ser un auténtico revulsivo económico que permite a un pobo costeiro como o noso axudar a desestacionalizar a súa recepción de visitantes e por ende mellorar a súa economía.
Recordemos que os peregrinos e peregrinas compran no comercio local, consumen na hostalaría, gastan no sector servizos e pernoctan nos albergues e establecementos hoteleiros privados.
Por todas estas razóns consideramos que todas as administracións debemos poñer todos os recursos posibles para seguir coidando e promovendo este Camiño, tan importante non só para A Guarda, senón para todas as pequenas vilas polas que pasa e para as que o Camiño é vida, é economía, é difusión, etc.
Pero por desgraza non todas as administracións estamos a unha, concretamente Portos de Galicia continúa facendo oídos xordos ás nosas peticións e confirmou fai uns días que a plataforma de atraque do transbordador que comunica Caminha coa Guarda non estará arranxada para o paso de vehículos nin sequera para o verán. Polo que é bastante probable que o transbordador siga sen funcionar durante máis tempo, porque presupoñemos que nesta modalidade e sen o transporte de vehículos a motor, non lles resultará rendible poñelo en funcionamento.
Unido a isto fai unhas semanas puidemos ler as declaracións da Xunta de Galicia felicitando a Portugal por recoñecer unha variante do Camiño Portugués da Costa que xa non cruza pola Guarda, senón que prosigue por Portugal pola beira do río (nin sequera por costa) ata cruzar en Tui.
Polo que teremos que agradecerlle á Xunta de Galicia que este verán teñamos a centos de peregrinos/as confundidos/as da ruta pola que deben proseguir o Camiño Portugués da Costa, de que algúns opten por seguir por Portugal e non pasar por A Guarda, e se finalmente deciden visitarnos non terán máis opcións que utilizar as lanchas portuguesas, que nin lles ofrecen horarios nin tarifas estables.
Pola nosa parte desde A Guarda seguiremos como ata agora dando valor ao noso Camiño, e temos previstas, ademais da creación desta propia imaxe que hoxe presentamos, as seguintes actuacións:
– Organización de actividades cos centros educativos e asociacións para que coñezan e sexan quen de poñer en valor o noso Camiño.
– Redacción dun proxecto técnico que ten como obxectivo embelecer determinados puntos que presentan carencias a nivel estético e que actuará tanto a nivel forestal como de obra.
– Presentación no mes de maio dun documental onde aparece o tramo da Guarda.
– Colocación nun espazo singular do Camiño dunha escultura na que están traballando desde a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, ademais instalaranse novas zonas de descanso en puntos estratéxicos, así como outras dúas figuras en madeira dunha peregrina e un Apóstolo Santiago que serán cedidas pola Comunidade de Montes da Guarda.
– A nivel de difusión seguimos invertendo en publicidade en medios de comunicación tanto a nivel autonómico como estatal.

E unido a todas estas accións inmediatas ven de solicitarse á Xunta de Galicia unha subvención para mellorar o último tramo do Camiño que discorre pola Guarda, concretamente a actuación se levará a cabo nunha zona de pista forestal na que se tratará de mellorar a escorrentía de augas coa colocación de adoquín coa finalidade de beneficiar sobre todo ás persoas que realicen o camiño en bicicleta, e que se completará coa colocación de paneis para embelecer as illas ecolóxicas de Praia de Fedorento e Area Grande.

 

• Con motivo do aprazamento ábrese un prazo de dous días para recibir inscricións de novas carrozas, comparsas e grupos que puideran concorrer na nova data

Ante a chegada da choiva o desfile previsto para tarde de hoxe, martes 1 de marzo foi aprazado para a tarde do domingo 6 de marzo, respectando o mesmo horario e percorrido: saída ás 17:30h. da Esquina Famosa (Rúa Porto Rico), Rúa Galicia e Rosalía de Castro (Alameda)

Tal e como estaba previsto nas bases do desfile para tal caso, este aprazamento orixinou un novo prazo de inscrición para que grupos, comparsas ou carrozas que non puideran concorrer o martes pero si tiveran dispoñibilidade para o domingo 6 de marzo presenten a súa solicitude xunto coa documentación correspondente. Así mesmo os participantes que estando anotados non puideran acudir na nova data deberán comunicalo neste mesmo prazo, de tal xeito que o venres 4 de marzo publicarase unha nova relación de participantes na que se teñan en conta as baixas resultantes e as novas solicitudes e se faga saber cantos participantes terían opción a compensación económica, xa que esta segue o criterio de orde na anotación.

Este novo prazo de anotación estará aberto durante os días 2 e 3 de marzo, as solicitudes están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal/info.0) e os participantes deben coñecer as bases e condicións de participación. Non se admitirán aquelas solicitudes que veñan incompletas ou sen a documentación necesaria.

A vista das previsións meteorolóxicas desfavorables con choivas para a tarde do martes de Entroido, o desfile de Entroido previsto para esta xornada aprázase para o vindeiro domingo día 6 de marzo. Mantense o horario e o percorrido, saíndo as 17.30h. da Esquina Famosa (rúa Porto Rico).
Mañá martes día 1 de marzo farase público un novo prazo de inscrición de dous días para que poidan anotarse novas carrozas, comparsas e grupos e aquelas que xa estaban anotadas e non poidan participar así o notifiquen.

• Neste 2022 retómase o Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos para o Martes e se propón unha programación dende o sábado pensada para as crianzas e as familias que non queiran perderse a festa característica destas datas

Tras a obrigada interrupción do ano 2021 pola pandemia da COVID-19, A Guarda retoma este ano a programación de Entroido, que comezará o sábado 26 de febreiro e rematará o martes 1 de marzo coa celebración do Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos.
Na Alameda da Guarda sucederanse cada día actividades de corte sinxelo, que buscan fuxir de aglomeracións sen deixar de achegarnos a música e o humor como ingredientes principais do Entroido.
Se ben os principais destinatarios das actividades son as nenas e nenos, reservouse tamén un espazo para o tradicional baile de entroido cunha proposta moi especial, o espectáculo ENTROIDANZAS que da man da compañía Pesdelán fará un percorrido polas músicas e danzas de Entroido de todo o mundo coa única pretensión de poñer á todalas ao público guardés a bailar e gozar do Entroido, sen importar a súa idade.

SÁBADO E LUNS, PÚBLICO INFANTIL

O sábado ás 17:30h. o polifacético Brais das Hortas presentará o seu último traballo musical “CONSERTASSO NA HORTA”, un feixe de personaxes e cancións de músicas diversas (reggae, ska, punk, hip-hop…) para reivindicar con alegría e amor a vida e alegría da nosa horta: A Santa Compaña cantando un trap, unha avalancha de kiwis, unha pulga punk da praia de Liméns, un soulman cantando cunha escobilla do váter ou un astronauta que vai á lúa cun queixo de Arzúa…

O Luns será Peter Punk o encargado de amenizar a tarde. Un vello coñecido das crianzas guardesas que chega nesta ocasión co seu espectáculo a Chungatrona. Un aparello pensado por un pallaso que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a tolemia do público: nenas, nenos e maiores.

Mais como a esencia do Entroido se define además do humor, pola música, tralo espectáculo, a Charanga Vaya Panda continuará amenizando a festa polo entorno da Alameda

DOMINGO, DANZAS DO ENTROIDO

O domingo chegará ata a Alameda a compañía de música e baile Pesdelán, que leva mais dunha década buscando ser mais que un grupo de música, eles conseguen a través da música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Desta volta o reto ven da man de ENTROIDANZAS, un percorrido musical polos diferentes Entroidos do planeta, co que pretenden poñernos a bailar como os folións de Ourense, os paraugas do Frevo de Pernambuco ou os corcovados do centro de Italia.

MARTES DE ENTROIDO, DESFILE E BAILE FIN DE FESTA

Para pechar a programación chegará o desfile de MARTES DE ENTROIDO ás 17:30h., que repetindo o formato que tan bo resultado dera no 2020 contempla unha compensación económica fixa para os dezaseis primeiros participantes, que poderán facelo nas categorías de Carrozas, Comparsas ou Grupos. As bases xa publicadas na páxina web do concello da Guarda regulan a participación e categorías.
O desfile mantén o habitual percorrido por Rúa Porto Rico, Rúa Galicia e Alameda e contará coa animación do grupo AXÉ BAHÍA que ao final do mesmo ambientarán na Alameda para pechar o gran baile de despedida ata o vindeiro Entroido.

NOTA: cumprindo os protocolos COVID-19 este ano non se contará con carpa para a programación, polo que en caso de choiva as actividades infantís trasladaranse ao Centro Cultural, respectando data e hora, mentres que o espectáculo de Pesdelán ou o Desfile de Entroido serían aprazados a unha nova data.

PROGRAMACIÓN
DO 26 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO

SÁBADO 26 FEBREIRO
17:30h. Alameda da Guarda
“CONSERTASSO NA HORTA”, divertido concerto para toda a familia da man de Brais das Hortas.(*)
DOMINGO 27 FEBREIRO
17:30h. Alameda da Guarda
“ENTROIDANZAS”, con Pesdelán. Achégate a bailar danzas tradicionais de tódolos entroidos (**)
LUNS 28 FEBREIRO
17:30h. Alameda da Guarda
“A CHUNGATRONA” con Peter Punk. Risas aseguradas para cativas, cativos e non tanto (*)
18:30h. Charanga Vaya Panda (**).
MARTES 1 MARZO
17:30 Tradicional desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos. Amenizado por Batucada Axé Bahía, con remate Final na Alameda(**)

NOTA:
*En caso de choiva trasladase ao Centro Cultural
**En caso de choiva cambiarían de data

 

A petición do departamento de Turismo do Concello o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, está levando a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da Vila.
Dende o comezo do obradoiro, e combinado coa acción formativa, o equipo de traballo está facendo un estudio integral dos recursos para a elaboración dun inventario que se plasmará nun documento onde se recolle o patrimonio histórico-artístico, os espazos naturais, personaxes ilustres, rutas de sendeirismo, eventos, patrimonio inmaterial, etc.
Cabe salientar o proxecto que complementa o traballo feito ata a actualidade desde Turismo para a posta en valor das casas indianas, un importante reclamo turístico da nosa vila e que se pretende seguir revalorizando este singular patrimonio, para iso estase recopilando información, contando coa axuda e asesoramento de Miguel Villa, historiados local e gran coñecedor deste patrimonio.
Noutro orden de cousas, o alumnado traballador realizou unha enquisa a pé de rúa para coñecer de primeira man como ve a nosa poboación o turismo, os seus recursos, que grao de coñecemento teñen deles, que melloras consideran que hai que facer, etc.
Todas estas actividades son realizadas no centro de traballo, e combínanse con saídas de campo, que permiten estudiar a fondo eses recursos, e darnos unha visión máis realista do municipio. Tendo en conta as novas tendencias no ámbito da promoción turística, abríronse dúas contas en RRSS que reforzan a labor promocional dos recursos, e do traballo realizado polo obradoiro de emprego na especialidade de turismo, (@promocionturisticaaguarda en IG, e Obradoiro Emprego Manuel B. Portela en FB.)

Os rexedores e rexedoras expoñen a problemática do Camiño da Costa na Mesa do Camiño da Provincia de Pontevedra.
Os responsables municipais tamén solicitan unha reunión co vicepresidente da Xunta e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, para tratar o paso de peregrinos polo esteiro do Miño e a duplicidade de nomes nos itinerarios.
Dende mediados de 2021 os alcaldes e alcaldesas de: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, veñen reclamando intervención da Xunta de Galicia para resolver algúns problemas do Camiño Portugués da Costa entre os que destacan: os relacionados co paso dos peregriños polo esteiro do Miño, e os provocados pola duplicidade do nome de Camiño da Costa que se está producindo en Portugal cun itinerario distinto do recoñecido polo Xacobeo.
Así, no verán de 2021, solicitaban ao director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa apoio para resolver os problemas cos que se atopaban os peregrinos no Camiño da Costa.
Dende aquela xuntanza a situación non mellorou en absoluto. En canto ao transporte de pasaxeiros e peregrinos entre Caminha e A Guarda a situación empeorou. Dende o verán do 2021 unha avaría no embarcadoiro do ferri do esteiro do Miño impide o acceso de vehículos ao transbordador. Este contratempo motivou o funcionamento irregular do barco dende entón ata o mes de outubro e que se atope parado na actualidade á espera da reparación do peirao. Esta reparación foi solicitada a portos de Galicia de forma reiterada e aínda non temos reposta de cando se acometerá. Pola nosa parte consideramos urxente que se aborde unha solución a curto prazo para o transito de peregrinos entre a Caminha e A Guarda que dea continuidade ao Camiño Portugués da Costa.
En canto á duplicidade do nome de Camiño da Costa provocada por Portugal a cousa mudou, pero para peor, xa que, con data 2 de febreiro de 2022, o goberno Portugués certifica como itinerario oficial do Camiño de Santiago o chamado, Camiño Portugués de Santiago-Camiño da Costa, que vai dende Porto a Valença do Miño pasando por Caminha e Vilanova de Cerveira. Ao noso parecer isto prexudica ao Camiño da Costa oficial, recoñecido pola Xunta como itinerario Xacobeo na lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016. Non debería haber dous itinerarios distintos co mesmo nome. Nada pode confundir máis aos peregrinos. Entendemos que houbo tempo suficiente para evitar que se producira esta situación que agora ten difícil arranxo. Aínda así, queremos manifestar que non estamos en absoluto de acordo coa denominación que o goberno Portugués lle deu ao novo itinerario do Camiño de Santiago.
Queremos facernos eco tamén da preocupación e demandas que nos trasladan dende o sector privado relacionado co Camiño da Costa. Dende o recoñecemento oficial deste camiño en 2016, moitas persoas estiveron traballando para ofrecer servizos que o camiño e os peregrinos necesitaban en base ao crecemento que viña experimentando este itinerario a Santiago e as expectativas de negocio que se crearon co recoñecemento oficial. É lexítimo que agora soliciten que as administracións manteñan as condicións que xeraron aquelas oportunidades e expectativas. Dende os gobernos locais brindamos o noso apoio ao sector privado e comprometémonos a servir de portavoces das súas demandas.

O pasado xoves 10 de febreiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, mantiveron unha reunión coas empresas de aloxamento turístico.
Nesta primeira reunión foron convocados os máis de 10 establecementos turísticos presentes na vila como hoteis, apartamentos, pensión, turismo rural, cámping e albergue.
A finalidade da reunión foi trasladar directamente ao sector as xestións feitas polo alcalde, Antonio Lomba, e a concellería de turismo en relación a publicación por parte de Portugal dun itinerario non oficial do Camiño da Costa.
Na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 2016, foi recoñecido o Camiño Portugués da Costa sendo A Guarda, o primeiro concello galego. É dicir, esta denominación corresponde ao camiño que comeza en Oporto percorre o litoral portugués ata chegar a Caminha onde cruza o río Miño na súa propia desembocadura ata A Guarda e continúa percorrendo as vilas costeiras do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela.
Ademais desta situación tratouse outro punto de vital importancia para os peregrinos, o turismo e a veciñanza en xeral, como é falta de comunicación real entre Caminha e A Guarda. Actualmente o transbordador non funciona e parece que se vai atrasar o seu comezo. O Alcalde trasladou aos asistentes os diferentes condicionantes como a avaría do embarcadoiro no Pasaxe que dende o mes de agosto non permite o acceso ao transbordador con vehículo. Tamén informou os pasos dados ante Portos de Galicia para o rápido arranxo deste embarcadoiro e deste xeito a Cámara Municipal de Caminha poda activar o funcionamento con vehículos e non só con pasaxeiros a pé ou en bici como estivo traballando no segundo semestre de 2021.
Ante a importancia para o presente e futuro da Guarda, tanto como inicio galego do Camiño Portugués da Costa como pola vital comunicación entre as dúas vilas fronteirizas de Caminha e A Guarda, o Alcalde tamén adiantou que se deu o paso de rexistrar unha primeira proposta non Lei ante o Parlamento galego.
Esta reunión permitiu achegar posturas entre as empresas de aloxamentos turístico e o Concello da Guarda sendo conscientes de que o traballo debe ser conxunto.
Nas semanas anteriores tamén se mantiveron reunións cos restaurantes para coñecer a súa realidade tras estes anos de pandemia e poder por en marcha iniciativas para reactivar o sector.

• En la misiva, Antonio Lomba expresó su preocupación y queja por las informaciones en relación al reconocimiento por parte de las autoridades portuguesas de que el “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.

El Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, viene de remitir en el día de hoy, viernes 4 de febrero, una carta al Conselleiro responsable del Xacobeo vistas las informaciones que aparecen hoy en los medios de comunicación en relación a un presunto reconocimiento por parte de las autoridades portuguesas de que el “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.
Tal y como manifiesta el edil, “Descoñezo a veracidade destas comunicacións pero, como alcalde da Guarda, quero expresar a miña preocupación e queixa por estas informacións.”
En la página oficial de los caminos de Santiago se indica que el “Camiño Portugués da Costa entra en Galicia por la villa marinera de A Guarda tras cruzar el río Miño en su desembocadura”. Esto significa que el Camino llega a A Guarda desde Caminha.
En palabras de Antonio Lomba “Este problema que se está xerando en Portugal co itinerario do Camiño da Costa xa llo fixemos saber, os alcaldes e alcaldesas de: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, a Ildefonso de la Campa, Director de Administración e Relación coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nunha reunión mantida o 9 de xullo de 2021. Nesa reunión solicitamos ao representante do Xacobeo que mediara diante da Comisión Certificadora Portuguesa para resolver este asunto e evitar que se promoveran itinerarios xacobeos non oficiais.”
En este sentido el Alcalde de A Guarda reclama por parte del Conselleiro una intervención como máximo responsable del Xacobeo para aclarar esta situación que no favorece al Camino Portugués de la Costa, un itinerario oficial reconocido en la Ley de Patrimonio Cultural de Galicia.

• Na misiva, Antonio Lomba expresou a súa preocupación e queixa polas informacións en relación ao recoñecemento por parte das autoridades portuguesas de que o “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de remitir no día de hoxe, venres 4 de febreiro, unha carta ao Conselleiro responsable do Xacobeo vistas as informacións que aparecen hoxe nos medios de comunicación en relación a un presunto recoñecemento por parte das autoridades portuguesas de que o “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.
Tal e como manifesta o edil, “Descoñezo a veracidade destas comunicacións pero, como alcalde da Guarda, quero expresar a miña preocupación e queixa por estas informacións.”
Na páxina oficial dos camiños de Santiago indicase que o “Camiño Portugués da Costa entra en Galicia pola vila mariñeira da Guarda tras cruzar o río Miño na súa desembocadura”. Isto significa que o Camiño chega á Guarda dende Caminha.
En palabras de Antonio Lomba “Este problema que se está xerando en Portugal co itinerario do Camiño da Costa xa llo fixemos saber, os alcaldes e alcaldesas de: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, a Ildefonso de la Campa, Director de Administración e Relación coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nunha reunión mantida o 9 de xullo de 2021. Nesa reunión solicitamos ao representante do Xacobeo que mediara diante da Comisión Certificadora Portuguesa para resolver este asunto e evitar que se promoveran itinerarios xacobeos non oficiais.”
Neste senso o Alcalde da Guarda reclama por parte do Conselleiro unha intervención como máximo responsable do Xacobeo para aclarar esta situación que non favorece ao Camiño Portugués da Costa, un itinerario oficial recoñecido na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.