- O selo, que forma parte da serie filatélica Natureza, mostra unha imaxe dunha das construcións do castro.
- No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial Iria Lamas.
Correos presentou hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza. No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial, Iria Lamas.
Correos puxo en circulación este selo xa que consideraba o monte Santa Trega como un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Neste número, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todos os que a visitan.
De feito, o selo inclúe un primeiro plano dun dos edificios do castro e ao fondo as vistas que se poden admirar dende o monte. Ten un valor nominal de 2,70 euros e unha tirada de 135.000 exemplares.
Ficha técnica:
• Data de emisión: 21/04/2022
• Soporte: Estucado, engomado, fosforescente
• Impresión: Offset
• Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
• Efectos en pliego: 15 selos
• Valor postal: 2’70
• Tirada: 135.000
Máis selos dedicados á provincia de Pontevedra
O selo presentado en A Guarda súmase á lista de selos que Correos dedicou a diversos motivos na provincia. Hoxe presentouse na capital pontevedresa o selo da serie filatélica de 12 meses dedicada á provincia.
Cun valor de 0,75 euros, o selo inclúe a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada das iniciais ‘PO’.
Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, destacan as que en 1965 homenaxearon o Pazo de Fefiñáns de Cambados, a ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro de pedra do Hío.
Sobre Correos:
CORREOS naceu hai máis de 300 anos e, tras unha continua adaptación ao mercado, é hoxe o operador líder do sector en España. Na actualidade, a estratexia da compañía céntrase na internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital. Con preto de 51.000 profesionais, a compañía presta servizos aos cidadáns a través da súa rede de 2.370 oficinas, distribuíndo preto de 7,5 millóns de envíos diarios. O Grupo Correos conta con 3 filiais: Correos Express dedicada á paquetería express, Nexea especializada en solucións multicanle para comunicacións masivas para empresas, e Correos Telecom encargada da xestión e comercialización de infraestruturas de telecomunicacións. Pertencente ao Grupo SEPI, forma parte dun holding empresarial que engloba un total de 15 empresas públicas.
Comentarios