• Neste ano 2022 recuperase a ampla oferta de visitas guiadas gratuítas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro.
• Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.
Unha temporada máis o Padroado Municipal de Santa Trega ofrece visitas guiadas ao Monte Santa Trega para que os visitantes e veciños podan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.
Neste ano 2022 recuperase a ampla oferta de visitas guiadas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro. Os meses de xuño e setembro adoitar ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares. Polo que as visitas guiadas abertas ao público nestes meses serán os fins de semana con dous horarios (12:00 e 18:00h)
Ademais esta oferta das visitas incrementase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con visitas de martes a domingo e 4 visitas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Así intentase que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe.
Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro de Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.
Para ofrecer unha visión máis amplla da zona escavada vaise realizar un ha ruta circular comezando na Casa Forestal. Este percorrido permitirá visitar as zonas escavadas máis emblemáticas e así coñecer como vivían os castrexos fae máis de 2.000 anos e tentarase descifrar o seu urbanismo e a trasnformación do espazo durante a ocupación.
As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.
A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.
Comentarios