Na tarde do venres publicouse no DOG 19 BIS a Orde da Consellería de Sanidade as novas medidas xerais de prevención pola COVID que estarán vixentes ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022.

Ademais de informar de medidas noutros ámbitos, nesta Orde informase novamente que o Plans foron actualizados e incorporan as últimas modificacións do día anterior.

En resumo, manteñense as mesmas medidas só que agora están no mesmo documento. Deste xeito, evitar as interpretacións nas continuas modificacións:

Cada ano A Guarda como destino turístico destacado conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR.
O xoves 20 de xaneiro no stand de Turismo de Galicia tivo lugar a presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués” do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño e A Guarda ofreceu a súa experiencia no Camiño Portugués da Costa.

 

 

 

 

 

Nesta presentación estiveron presentes profesionais de diferentes ámbitos do turismo onde ofreceron a súa experiencia no camiño e no trato diario cos peregrinos. O Concello da Guarda estivo representado pola técnico de Turismo, Rosalía Verde, que trasladou aos asistentes a atención prestada na Oficina de Turismo e a relevancia da Guarda como primeiro municipio galego do Camiño Portugués da Costa.
Ademais nesta presentación presentouse o vídeo promocional da campaña para este 2022 onde cinco mulleres vinculadas ao turismo contan a importancia social e económica do camiño para os concellos do Camiño Portugués e da Costa. As cinco mulleres protagonistas do vídeo son Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda.
Ademais asistiuse á presentación da campaña “Love Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e no seu vídeo promocional amosan a historia de 7 persoas que se achegaron ata a provincia e decidiron quedarse a vivir. Unha destas protagonistas é Daniela Savic, naceu en Eslovenia e chegou A Guarda como xogadora de balonmán e agora continúa como adestradora. A través do seu relato e as panorámicas da vila converteuse nunha excelente embaixadora do noso concello.


Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no stand de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello.

 

  • 17Goberno Central aprobou o financiamento do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) presentado polo concello da Guarda.
  • Este plan será financiado con fondos NextGenerationEU en materia de sostibilidade turística en liña co plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.

 

En Galicia foron aprobados 16 proxectos de sostibilidade turística entre os cales se atopan o “PSTD A Guarda” cun orzamento de 1.000.000 € e o proxecto “Despensa de Galicia”, financiado con 1.500.000 €, presentado polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, unha agrupación de 14 concellos entre os que tamén se atopa a Guarda.

O principal obxectivo que se tivo en conta para elaborar o “PSTD A Guarda”  foi o de consolidar o turismo mediante unha serie de accións que reforcen a sostibilidade do destino apoiándose nos seus recursos fundamentais: a gastronomía, o patrimonio cultural e o patrimonio natural, que o converten nun destino único onde o mar, río e patrimonio material e inmaterial xeran unha paisaxe singular e crean sinerxías coas actividades do sector privado, ao que se lle atribuirá unha maior gobernanza.

Foron moitos os axentes locais que participaron na elaboración e apoio do “PSTD A Guarda”. O concello agradece a todos os particulares, empresas e entidades que, ben a través de reunións sectoriais, cartas de apoio ou enquisas se implicaron neste proxecto turístico. Estas achegas foron fundamentais para conseguir o financiamento.

O plan inclúe, entre outras actuacións: a protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño, actuacións relacionadas coa mellora da xestión do uso do Monte Trega, implantando medidas que regulen o acceso a este espazo de alta presión de visitantes coa creación dun estacionamento disuasorio na zona da Porta do Trega. Un novo proxecto artístico para o dique norte coa incorporación de iluminación artística. A mellora do tramo de senda da estrada de Camposancos, entre o cruce co paseo de Portugal e a entrada do barrio do Couto. O impulso á náutica deportiva e tradicional coa instalación de pantaláns flotantes no porto da Guarda e na Pasaxe. A posta en valor da Guarda como destino gastronómico, a creación de contidos dixitais e a dixitalización da comercialización dos servizos turísticos municipais.

Este ambicioso Proxecto Sostible de Turismo en Destino desenvolverase en tres anualidades entre o 2023-25 e dará resposta a necesidades e demandas que tan unha vila turística como A Guarda na que é necesario potenciar a gobernanza e modernización do sector.

• Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacada e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.
Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.
Na selección das fotografías procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas.
As fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mativeronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.
Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está intregado por Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.
A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorará a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.
Na tardiña do luns 10 de xaneiro formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o Alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz
Neste acto tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén ao calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación imaxe fotográfica da nosa vila.
O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso do noso paisaxe. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

O Concello da Guarda acordou o peche do Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos e a actual situación da pandemia.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén inflúen as celebracións de nadal.

Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída. Neste sentido, indicar que os establecementos hoteleiros da Guarda seguen a ofrecer aloxamento nestas datas con todas as medidas de prevención da COVID-19.

Ademais desta redución habitual polo inverno, nas últimas semanas este descenso de peregrinos viuse intensificado polas novas restricións para viaxar dos peregrinos estranxeiros. Durante o inverno a procedencia supera o 95% de países estranxeiros: Alemania, Reino Unido, Corea do Sur, EEUU, Canada,… Gran parte destes países incrementaron as súas medidas e restricións ante o incremento internacional dos contaxios pola COVID-19.

Os teléfonos de atención do albergue e da Oficina de Turismo seguirán operativos para atender as dúbidas xeradas ante os posibles cambios nas restricións tanto en Galicia como en Portugal.

As medidas acordadas en Portugal teñen gran influencia debido a que gran parte dos nosos peregrinos comezan a súa peregrinación en terras lusas. O goberno portugués xa anunciou restricións moi estritas do 2 ao 9 de xaneiro de 2022 como o peche da hostalería e o teletraballo.

En definitiva, o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do próximo luns 20 de decembro ata o domingo 16 de xaneiro de 2022. A previsión é que o albergue volva a abrir o luns 17 de xaneiro pero podería modificarse si as restricións internacionais ante a COVID-19 fosen maiores.

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de QUE FACER na nosa vila.

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio a través das rutas de sendeirismo, gozan da natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

Para completar estes recursos e para que os visitantes e veciños coñezan con máis detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas gratuítas coincidindo coa Ponte da Constitución:

Castro Santa Trega:
Visita guiada de 60 minutos á zona escavada comezando polo Barrio Mergelina (escavación realizada en 2018) e rematando nas vivendas reconstruídas. Permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.
Haberá unha visita ás 12:00 os días sábado 4, domingo 5, martes 7 e mércores 8 co punto de encontro na Casa Forestal.
O aforo é limitado e precisan inscrición previa no MASAT (Museo Arqueolóxico) no tel. 690 01 70 38 ou en masat@aguarda.es. O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

Percorrido histórico polas prazas urbanas:
Co encanto da noitiña visitaranse as principais prazas e rúas urbanas amosando a súa historia, detallando os diferentes usos e nomes empregados no pasado e destacando os monumentos máis importantes destes espazos urbanos.
Neste caso as visitas comezarán ás 18:30h na Praza do Reló xunto a Oficina de Turismo e serán os días sábado 4, domingo 5, luns 6 e martes 7.
Tamén terán unha duración aproximada de 60 minutos e precisan inscrición previa na Oficina de Turismo (tel. 986 61 45 46 ou en aguarda.oficina.turismo@gmail.com / turismo@aguarda.es)

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura especial:
• MASAT (Museo Arqueolóxico). Amplía o seu horario dende o venres 3/12 ao mércores 8/12: 10:00 a 19:00. O luns mantense pechado.
• MUSEO DO MAR. Aberto de sábado 4/12 ao mércores 8/12 (excepto martes 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00
• CASTELO DE SANTA CRUZ: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00.

Estas datas da Ponte da Constitución tamén serán unha oportunidade para coñecer a figura de Eliseo Alonso Rodríguez, recentemente recoñecido como Fillo Adoptivo da Guarda, visitando as dúas exposicións na súa honra na Casa dos Alonso (Praza do Reló):
• Exposición bibliográfica titulada “Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda”. O visitante descubrirá a vida literaria de Eliseo e doutras persoas de relevancia.
• Mostra filatélica coas coleccións de varios expositores. Ademais dunha tarxeta postal ilustrada personalizada e franqueada con un selo personalizado (gamela a vela da Guarda) e un sobre ilustrado co cuño postal conmemorativo.
Horario ata o 9 de decembro: De luns a venres: 11:00 a 13:00h. Fins de semana e festivos (luns 6/12 e mércores 8/12): 11:00 a 13:30/16:00 a 19:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo abre de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 ata o 17 decembro. Tamén consultar por mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46 (operativo o domingo 5/12).

A oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h.
Esta Oficina está integrada na Rede de oficinas da Deputación de Pontevedra – Rede Info Rías Baixas e durante este ano conta con dous informadores turísticos contratados ao abeiro da subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas na Rede Info Rías Baixas.
Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

O Concello da Guarda participou por terceira vez nas xornadas profesionais do Fairway, o IV Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o luns e martes pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais como Viajes Camino de Santiago, Camino Ways, The Real Thing, Galicia Incoming, Marly Camino, Fresco Tours,….

Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello sobre as novas necesidades teñen os peregrinos trala pandemia. Ademais de coñecer cales son as novas tendencias e peticións dos peregrinos ante a nova situación.

Os contactos mantidos coas axencias e tour operadores confirmaron que estas empresas xa coñecen A Guarda como destino co seu referente o Monte Santa Trega e que gran parte xa inclúen dentro dos seus servizos e produtos o noso concello.

Nestas reunións ampliouse a información da vila referente a cultura mariñeira, a gastronomía e o seu patrimonio. E reforzando que A Guarda é o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.

Ademais destes encontros profesionais, a programación da Fairway permitiu valorar a situación trala pandemia e os retos aos que se presentan os Camiños de Santiago, institucións, sectores económicos (aloxamentos, axencias,…) e os propios peregrinos.

O Camiño Portugués da Costa estivo presente no stand de Turismo Rías Baixas co seu stand. Ademais a organización do Fairway convidou o venres 5 de novembro as axencias a un fam trip no que visitaron o Monte Santa Trega como lugar destacado no Camiño Portugués da Costa e, así trasladaron nas reunións mantidas, que o monte ten unha beleza espectacular.

O novo Plan de Lecer Nocturno foi publicado no DOG Nº 190BIS e que entrou en vigor o 2 de outubro.

Ao igual que no novo Plan de Hostalería (DOG Nº177-BIS) establecense dous niveis de compromiso: nivel básico (1 cunchiña) e nivel avanzado (2 cunchiñas). Contarase cun terceiro nivel (nivel de seguridade).

Os responsables dos establecementos de lecer como discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas deben:

  • Declarar as capacidades máximas e de controlar que sexan respetadas, establecendo procedementos que permitan o control do aforo en cada momento.

  • Instalar na entrada do local e visible o cartel do aforo e do permitido en vigor. Pódese descargar os modelos de cartel dos niveis na plataforma online de Turespazo.

  • Os titulares dos establecementos deberán acertar a declaración responsable na web Turespazo cando obteñan o cartel comprometéndose á veracidade dos datos que se acheguen para a xeración do cartel, e ao compromiso de cumprimento das medidas requeridas no nivel escollido.

  • Para determinar a capacidade interior terase en conta a superficie destinada aos clientes en metros cadrados. Excluíndo do cómputo os metros dos aseos, barra e seu interior, almacéns, gardarroupas, cociñas e calquera espazo no que o cliente non ten acceso.

  • A terraza pode estar cuberta e terá como máximo 2 laterais. Para o aforo computase a superficie establecida pola licenza.

  • Ter elaborado un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán e que sexa coñecido por todo o persoal. Este plan debe estar á disposición da autoridade sanitaria.

  • Dispor en formato físico a documentación que acredite as superficies empregadas para o cálculo dos aforos e mostrarán si a autoridade o solicita.

  • Na entrada e saída deben establecer mecanismos para evitar aglomeracións.

  • A distribución dos clientes será homoxénea nas diferentes estancias.

  • O consumo en terraza será sentado nas mesas dispoñibles.

  • Non se permite consumo en barra pero sí pedir e recoller a consumición, respetando as distancias e evitando as aglomeracións.

  • Permítese o consumo a pé excepto nas zonas de baile.

  • Ocupación máxima dos aseos: 4 m2 por persoa. No caso de máis dunha cabina ou urinaro estará limitado ao 50%. Deberán establecerse sistemas para controlar a afluencia dos clientes a esa zona.

  • No caso de espectáculos musicais ou de animación establecerase un espazo mínimo 3 metros de seguridade no frontal.

  • Reforzar a limpeza e desinfección dos espazos comúns e dos aseos. Dispor de papeleiras.
  • Os elementos de servizo como vaixela ou cristalería deben almacenarse en recintos pechados e alonxados da zona de paso de empregados e clientes.

  • Os locais que ofrezan servizo de restauración deben cumprir as medidas do novo Plan de Hostalería.

  • Rexistro de clientes: Control dos asistentes de xeito manual ou dixital.

    • Nome, apelidos, número de teléfono e hora de entrada.
    • O responsable gardará esta información durante a lo menos dun mes despois do evento para trasladar ás autoridades. sanitarias e cumprindo as normas de protección de datos de carácter persoal.

 

NIVEL 1C (UNHA CUNCHIÑA)

  • Nivel básico de obrigado cumprimento para todos os establecementos.
  • Aforo en interior ao 50 % (cun máximo de 2.000 persoas) e 75 % en terrazas.
  • Horario de peche ao público: 3:00h da madrugada (salvo que teñen autorizado outro inferior).

Ademais dos puntos comúns, os responsables dos establecementos comprométense a:

    • Asegurar unha distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupacións de mesas e das zonas de tránsito.
    • Os aseos deberá sinalizan a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de tres veces ao día.
    • Dispor de hidroxel na entrada, aseos e outros puntos.
    • Adoptar medidas sobre a calidade do aire interior:
      1. Avaliación non continua: dispor de dispositivos medidores de CO2, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Realizar e rexistrar as medicións polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia. Non se deberán superar no interior as 1.000 ppm de concentración de CO2.
      2. Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tarefas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire limpo e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.
      3. No caso de ter sistema de ventilación/climatización, deberá acreditar a certificación do seu mantemento periódico e da última revisión por parte de profesional autorizado.
      4. Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan, recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.

Referente ao traballador:

  • Máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas.
  • Asegurar 2 horas de formación aos traballadores segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. Dispoñible a formación online e gratuíta na web de turismo de Galicia.

Referente aos locais:

  • Dispor de hidroxel na entrada, aseos e outros puntos.
  • Dispor de itinerarios de circulación diferenciados.
  • Control da máscara obrigatoria para clientes.
  • Si se dispón de pagamento electrónico priorizar sobre o pago en efectivo.
  • No caso de carta física deberá permitir a súa desinfección.

 

NIVEL 2C (DÚAS CUNCHIÑAS)

  • Aqueles establecementos que apliquen as medidas adicionais.
  • Aforo en interior ao 75 % (cun máximo de 2.000 persoas) e 100 % en terrazas.
  • Horario de peche ao público: 4:00h da madrugada (salvo que teñen autorizado outro inferior).
  • Ademais das medidas comúns, os responsables dos establecementos comprométense a:
    • Os aseos deberá sinalizan a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de tres veces ao día.
    • Adoptar medidas sobre a calidade do aire interior:
      1. Avaliación continua: dispor de dispositivos medidores de CO2, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Recoméndase o uso de actuadores automáticos, no caso de sistemas de ventilación forzada, para a regulación da achega de aire no caso de superar as 800 ppm.
      2. Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tarefas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire limpo e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.
      3. No caso de ter sistema de ventilación/climatización, deberá acreditar a certificación do seu mantemento periódico e da última revisión por parte de profesional autorizado.
      4. Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan, recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.

Referente ao traballador:

  • Máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas. Disponer de máscaras FFP2 e ofrecelas aos traballadores (cambio cada 8 horas).
  • Asegurar 4 horas de formación aos traballadores segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. Dispoñible a formación online e gratuita na web de turismo de Galicia.
  • Deberá ofrecerse aos traballadores a realización de probas diagnósticas periódicas cada 15 días. A frecuencia será cada 7 días no caso de que o nivel de restrición aplicable ao concello sexa alto ou máximo. A realización destas probas será voluntaria para o persoal traballador, polo que se realizará soamente cando a persoa traballadora preste o seu consentimento de acordo co establecido no artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais. A realización das probas poderá ser efectuada polos servizos de prevención da empresa, con aplicación do establecido polo artigo citado, ou ben polos mecanismos que habilite para o efecto a Consellería de Sanidade.

Referente aos locais:

  • Dispor de hidroxel na entrada dos aseos e en cada mesa ou agrupación de mesas.
  • Dispor de itinerarios de circulación diferenciados.
  • Control da máscara obrifatoria para clientes. Dotar de máscaras cirúrxica novas aos clientes en caso necesario.
  • Dispoñer de pagamento electrónico priorizar sobre o pago en efectivo.
  • Carta dixital, QR e taboleiro.
  • Control de acceso con dispositivos QR para evitar aglomeracións.
  • Fomentar o uso de ferramentas como PassCovid e RadarCovid con carteis.
  • Certificado COVID: solicitarase para o acceso a presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
  1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se  concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

  2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas no caso das PCR e de 48 horas no caso dos tests rápidos de antíxenos. Estos tests rápidos de antíxenos deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.

  3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, período comprendido entre ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Estos certificados tan só se mostrarán á entrada no momento do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

NIVEL DE SEGURIDADE:

  • Nivel aplicado no caso de que as autoridades así o decidan debido a situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
  • Só en terraza ao 50% con servizo sentado en mesa.
  • Horario de peche ao público será ás 1.00 h.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local mediante os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na plataforma de Turespazo.

• Contou coa participación de empresarios, profesores e alumnos do IES A Sangriña da Guarda.

Na tarde do mércores día 29 de setembro de 2021 o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” enmarcada no proxecto Atlantic Culture Scape.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, deron a benvida a esta sesión formativa, facendo fincapé na necesidade de promocionar e crear itinerarios turísticos ligados ao patrimonio cultural inmaterial existente no municipio.
Ao longo desta xornada os participantes traballaron conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, procurar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarnos aos novos tempos. Esta formación será complementada por un seguimento personalizado para aquelas empresas e asociación que o soliciten.
Este curso forma parte dun plan formativo promovido desde o proxecto Atlantic CultureScape, xestionado pola Universidade de Vigo. Levaranse a cabo diversas xornadas formativas dirixidas ao Sector Turístico e do Patrimonio Cultural co fin de fortalecer o tecido empresarial e asociativo. Realizaranse diversos cursos ao longo dos próximo meses sobre estratexias de comercialización turística.

O PROXECTO ATLANTIC CULTURE SCAPE
Nos últimos anos, o elemento “inmaterial” do Patrimonio Cultural ten recibido pouca atención no Espazo Atlántico. O proxecto Atlantic CultureScape proponse abordar esta cuestión a través da identificación e valorización do desfrute de auténticas experiencias relacionadas co Patrimonio Cultural Inmaterial. Reunindo sete entidades transnacionais asociadas, o proxecto decorrerá até Setembro de 2022 e é cofinanciado polo Programa INTERREG Espazo Atlántico, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Inicialmente foi realizado un estudo do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) en todo o Espazo Atlántico, a fin de fornecer principios orientadores para o crecemento económico sustentábel. O proxecto céntrase na protección e evolución do PCI, así como no seu desenvolvemento. A creación de produtos innovadores e dunha Ruta no Espazo Atlántico, apoiada por un programa de comercialización transnacional, fomentará un maior recoñecemento e visibilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial. A identificación de auténticas experiencias culturais, enraizadas en cada unha das rexións implicadas, terá unha influencia significativa no número de visitantes e turistas. Así mesmo, preténdese estimular a actividade económica, creando novos negocios e aumentando o número de postos de traballo no sector servizos.
ENTIDADES SOCIAS DO PROXECTO
Está formado por 7 entidades e 12 organismos asociados ao longo do Espazo Atlántico. Cada socio/a lidera un paquete de traballo (PT) e, en conxunto, conforman o proxecto Atlantic CultureScape:
1. Newry, Mourne e Conselho Distrital de Down (Irlanda do Norte).
2. Brecon Beacons National Park Authority (Gales)
3. Gobierno Reginonal de Cantabria
4. Universidade de Vigo
5. Cork Institute of Technology (Irlanda)
6. Agencia Andaluza de Industrias Culturales
7. Município de Rio Maior (Portugal)

• Estas visitas especiais, de carácter gratuíto e con inscrición previa, terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h.

O luns día 27 de setembro celebrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.
Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega volvese a ofertar este servizo pero nesta ocasión as visitas guiadas estarán centradas nas áreas escavadas dende o norte ao sur.
Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,…
Estas visitas especiais terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. As prazas están limitadas polo que precisan de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.
A duración aproximada é 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

Este martes 21 de setembro será a última oportunidade deste verán para coñecer o Volanteiro O Piueiro, embarcación tradicional á vela que foi recuperada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.

Esta asociación organiza para a tarde do martes 3 saídas de navegación pola costa da Guarda. A primeira saída está prevista para as 16:00 hora e a duración aproximada é duns 70 minutos.

Nesta ocasión a inscrición realizarase polos membros da Asociación Piueiro no mesmo día e a partir das 15:30h no punto de saída do volanteiro que é o peirao pesqueiro (nas escaleiras do muelle interior).

A idade mínima para participar é de 10 anos.

As visitas guiadas comezaron o 17 de xuño e remataron o pasado 12 de setembro, polo que ao longo dos tres meses de verán os visitantes achegados ao Monte Santa Trega puideron coñecer en detalle o noso patrimonio.

Estas visitas realizáronse seguindo as restricións do aforo con 20 persoas máximo en cada cita. Este número reducido facilitou o desprazamento polo Castro de Santa Trega e, incluso, que as explicacións e atención fose persoal.

Este servizo segue a ser moi demandando debido ao interese da zona arqueolóxica xa que moitos dos visitantes descoñecen a súa importancia na Cultura Castrexa. Ante a demanda e o número reducido dos grupos este verán aumentouse un día máis, sendo a oferta de visitas guiadas aos visitantes de xoves a domingo. Nesta mesma liña, ofertáronse visitas guiadas curtas de 45 minutos con 6 citas ao día, 3 de mañá e 3 de tarde, sendo a máis solicitada as visitas da maña.

Un total de 2.030 persoas desfrutaron da visita guiada no Monte Santa Trega sendo o agosto o mes no que se completaron case todas as citas, xa que o tempo tan inestable afectou a ofertas das visitas guiadas realizadas ao aire libre.

• Terá lugar o mércores 29 de setembro en horario de 17:00h a 20:00h e é preciso inscrición previa en atlantic.culture.scape@gmail.com

Enmarcado no proxecto Atlantic Culture Scape, a Casa dos Alonso da Guarda, acolle o mércores 29 de setembro unha sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”.

Esta sesión formativa está dirixida a persoas, empresas e asociacións ligadas ao Sector Turístico e ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na mesma traballarase conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, procurar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarse aos novos tempos.

Esta formación será complementada por un seguimento personalizado para afondar nos coñecementos de creación de plans de negocio específicos para cada empresa implicada nesta formación.

É preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico atlantic.culture.scape@gmail.com

• Malia as restricións sanitarias, A Guarda adaptouse aos protocolos sanitarios para ofertar numerosas actividades culturais, turísticas e deportivas ao longo do verán.

O Concello da Guarda ven de pechar a programación do verán 2021, caracterizada por unha programación realizada de acorde ás medidas sanitarias vixentes e con exhaustivos protocolos e medidas covid-19, que favoreceron a realización de actividades culturais con todas as garantías sanitarias.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer á poboación guardesa e visitantes o cumprimento destas medidas, así coma a alta participación nos diferentes eventos programados neste verán que ven de rematar, con actividades para toda a familia e todo os gustos, teatro, música, exposicións…

Destacaron neste verán eventos coma A Guarda Diversa, Mar de Blues, Música nos xardíns, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, Teatro no Trega, Ioga ao aire libre, viaxes na embarcación do Piueiro, o II Encontro do Libro Luso Galaico, a Mostra Creativa do Baixo Miño e concertos de importante calado con artistas coma Guadi Galego, Na Revolta, Klason, entre outros.

As xornadas de observación de estrelas e eventos deportivos coma o Torneo de Petanca, Campionato de Futvolei, caiac e de surf, tamén contaron cunha ampla participación.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou ao longo do verán varias actividades infantís e de animación a lectura, que congregaron un bo número de asistentes.

Os pasarrúas ao aire libre deron o relevo ás verbenas nas festas que debido á pandemia non se puideron celebrar, coma a Festa da Langosta, Festas do Carme, Festas de San Cayetano, Festas da Guía, Festas do Santísimo, Festas de San Antonio, e as Festas do Monte, animando a vila con música e espectaculos coma a Batukada Bate no Cobre, O Séquito do Capitán Nemo, entre outras actividades complementarias.

As exposicións tamén marcaron este verán na Guarda coa Exfimiño 2021 organizada dende A Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa e a exposición “Facedoras do Baixo Miño”, que encheu de vida e cor os baixos da Casa dos Alonso con fotografías para por en valor o traballo da muller en diferentes ámbitos da vida cotiá e empresarial coma a hostalería, viveirismo, redeiras, entre outras.

A danza e o baile tamén tiveron cabida co espectáculo de O Fiadeiro e os Festivais de Baile Moderno e Folclórico de Xamaraina, que encheron de público o Auditorio de San Benito, con aforo limitado e protocolos covid-19.

Dende o Concello se quere agradecer unha vez máis o traballo dos diferentes departamentos e persoal municipal que colaboraron de xeito mutuo para a organización e desenrolo das actividades programadas: departamento de cultura, turismo, OMIX, Policía Local, GES, departamento de servizos, así coma entidades, asociacións e comisións de festas da nosa vila, onde unha vez máis quedou de manifesto que a unión e o traballo conxunto da lugar a actividades de lecer e ocio para o desfrute de veciños e visitantes.

• Máis de 200 persoas campistas e caravanistas de 14 países do mundo atópanse na Guarda para participar nesta acampada internacional.

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuxo celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que se celebra dende o venres 3 e que remata o vindeiro domingo día 12 de setembro no Camping de Santa Tecla da Guarda.
A pesar das dificultades consecuencia da situación sanitaria, nesta edición participan unhas 200 persoas procedentes de España e de 14 paises como Portugal, Francia, Suecia, Polonia, Eslovaquia, entre outros europeos, destacando aos participantes chegados dende Corea.
Durante estes días de convivencia, os participantes desfrutar de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do Miño.
O pasado domingo día 5 de setembro celebrouse o acto de inauguración oficial do 90 Encontro Rally Internacional coa presenza das autoridades e os representantes das Federacións de cada país asistentes.
Este acto de inauguración iniciouse ás 10:00h da mañá co desfile de todas as delegacións dos países participantes, que contou coa participación do grupo folclórico local Xamaraina, con música tradicional e traxes rexionais, desfile no que destacou a comitiva de Corea do Sur, a máis animada e numerosa.

Tralo desfile, os participantes participaron nunha ceremonia oficial de inauguración onde contouse coa asistencia da tenente de alcalde, Montserrat Magallanes; do Concelleiro de Turismo, Rafael Álvarez; Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra; Ana Mejías, Deputada Provincial, entre outras autoridades convidadas.
Miguel Merino, Vicepresidente de la FECC, Federación Española de Clubes Campistas, organizadora de dicho encuentro foi o encargado de dirixir este acto oficial de inauguración, presentando ás diferentes delegacións.
José Vicente Clemente, presidente de la FECC, agradeceu traballo da comisión organizadora deste encontro, que foi organizado en pouco tempo, aproveitando a ocasión para agradecer tamén aos asistentes o apoio recibido nestes momentos de pandemia, recordando ás delegacións internacionais que non puideron asistir polas restricións da COVID-19.
Montserrat Magallanes, tenente de alcalde da Guarda, agradeceu á FECC a organización deste encontro na Guarda e desexou a todos os presentes que a súa estadía na nosa vila sexa unha gran experiencia, gracias a todos os recursos naturais e patrimoniais do municipio.
Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, recoñeceuse como caravanista e campista, asegurando que durante moitos veráns desfrutou do camping na comarca do Baixo Miño. Recoñeceu que o caravanismo facilita coñecer os lugares e intercambiar con outras persoas xa que se xeran convivencias con outras familias.
Rematou as intervencións Joao Alves, Presidente da FICC, quen agradeceu o esforzo da comisión organizadora da FECC, recordando a traxectoria destes encontros internacionais, estando seguro que este 90 Rally será un éxito porque a programación de actividades permite o intercambio cultural entre os participantes e coñecer en detalle A Guarda e Galicia.

Debido a alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar a praza nas saídas de finais de agosto.

Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.

O venres 10 de setembro abrirá o prazo de inscrición ás 10:00h para cubrir aquelas prazas aínda dispoñibles trala oferta aos inscritos en reserva nas saídas de agosto.

A inscrición realizarase presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou no teléfono 986 61 45 46.

A idade mínima para participar é de 10 anos. O número reducido de prazas dispoñibles é reducido polo que unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares.

As datas e horarios dispoñibles son:
-Martes 14 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Xoves 16 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Venres 17 de setembro: 16:00 – 17:30

• As inscricións comezan o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.
• Terá lugar o venres 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal cun total de 17 prazas dispoñibles.

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organizou este verán a actividade “Venres de xullo baixo as Estrelas”, para a observación de estrelas. Unha das citas programadas tivo que ser anulada debido á climatoloxía e realizarase finalmente este venres día 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal.

As prazas para a esta actividade contan con 17 vacantes e as inscricións ábrense o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

• Cada ano a Federación Internacional de Caravaning Autocaravaning (FICC) organiza un encontro coas federacións de cada pais alternando o lugar de celebración.

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuso celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que terá lugar do venres 3 ao 12 de setembro no Camping de Santa Tecla.
A Federación Española de Clubs Campistas (FECC) xa organizou con éxito no Camping de Santa Tecla a 60 Acampada Nacional dos Clubes Campistas e Caravanista en 2018.
A pesar das dificultades consecuencia da situación sanitaria participa unhas 200 persoas procedentes de España e de 14 paises como Portugal, Francia, Suecia, Polonia, Eslovaquia, entre outros europeos, destacando aos participantes chegados dende Corea.
Durante estes días de convivencia, os participantes poderán desfrutar de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do Miño.
Entre as actividades programadas, terá lugar o domingo 5 de setembro a inauguración oficial do 90 Encontro Rally Internacional coa presenza das autoridades e os representantes das Federacións de cada país asistentes.

Tralo éxito das representacións “A Viaxe de Exeria ao Castro” e tendo en conta que dúas datas deberon ser suspendidas no mes de xullo por mor dos protocolos COVID-19, as funcións teatrais que se repetiron cada mércores do verán prorrogarán a súa programación por dúas semanas mais, adaptando, iso si, os horarios ás xornadas mais curtas que estamos a ter xa no mes de setembro. Deste xeito as novas representacións quedan para o mércores 1 e 8 de setembro, en dous pases diferenciados, o primeiro ás 18:00h. e o segundo ás 19:30h. Ao igual que nas sesións de verán o aforo é limitado e con reserva previa no mail: centrocultural@aguarda.es (indicando o nome e apelidos dos asistentes e un número de teléfono), o punto de encontro é a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Esta actividade conta coa subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Todas as prazas están xa ESGOTADAS!

Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro O Piueiro en 2019, esta embarcación típica de gran envergadura navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

Durante este verán a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación promocionando o Camiño Portugués da Costa a través do programa O Teu Xacobeo e que tiveron moi boa acollida.

O Concello da Guarda colabora coa Asociación Piueiro e vai ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Ofertaranse un total de 8 saídas a finais de agosto e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda.

O luns 23 de agosto abrirá o prazo de inscrición que pode ser presencial, a través do teléfono 986 61 45 46 ou mail en aguarda.oficina.turismo@gmail.com. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.

As datas e horarios dispoñibles son:

-Mércores 25 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00

-Venres 27 de agosto: 10:00 – 11:30

-Martes 31 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00

• Todas as actividades contan con protocolo COVID-19 asegurando o aforo reducido, a distancia de seguridade e sendo precisa a inscrición previa

A vindeira semana comeza o mes de agosto e con el unha variada e completa programación cultural acompañada de todas as limitacións e precaucións para garantir que a cultura sexa un espazo seguro.
Os eventos programados foron escollidos pensando en satisfacer as inquedanzas dos diferentes tipos de público da nosa localidade e dos visitantes que se acheguen ata a nosa vila. Concertos para a xente nova e non tan nova, folclore, espectáculos infantís, exposición de fotografía, mostra literaria e o peche da xira de Guadi Galego son os ingredientes principais que compoñen esta axenda de agosto.
O mes arranca cunha nova edición de Música nos Xardíns, un programa de concertos nos Xardíns do Centro Cultural apoiando a música local e da nosa comarca. Este primeiro concerto contará coas actuacións de Bruce Grinn e o grupo miñorano The Mirror, banda na que se mesturan influencias do rock, funk e o soul. O programa de Música nos Xardíns continuarán cara a final do mes de agosto e setembro con outras dúas citas de concertos, apadriñadas polos festivais locais que non puideron celebrarse neste ano: Rock Guardés e Galifornia Beat. Os interesados en asistir a estes concertos poderán reservar as súas entradas no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Continua ese mesmo fin de semana co festival de baile e música folclórica de Fiadeiro, o sábado 7 de agosto, e que foi suspendido o pasado 17 de xullo. A xente que xa estaba anotada mantén garantida a súa praza e aqueles que queiran sumarse a iniciativa deberán escribir un correo a centrocultural@aguarda.es indicando o número de asistentes convivintes (máximo 4), o nome e apelidos de todos eles e un número de teléfono.

E tras estas citas musicais chega o momento da diversión en familia con dúas propostas que chegan dentro da programación do Xacobeo 2021 “Cultura no Camiño” e que son o concerto de Música para nenos “Estamos no verán” un concerto con temas divertidos e refrescantes baseados no disco-libro homónimo de Gala interpretados pola Banda do Verán que lidera o músico e compositor Xoán Curiel. Este concerto será o martes 10 de agosto ás 20:30h. no Auditorio de San Benito e nesa mesma semana, o xoves 12 de agosto ás 20:30h. en San Benito os mais cativos e as súas familiar teñen garantido un novo momento de diversión sen límites coa Gran Gala de Circo de Pistacatro, un espectáculo cheo de humor, acrobacias e a maxia do circo cunha das mellores compañías de novo circo da nosa localidade. Os interesados en asistir a calquera dos dous eventos poderán reservar as súas entradas dende unha semana antes no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Xa na segunda metade do mes chega a fotografía e a literatura, a primeira coa exposición de fotografía “Facedoras do Baixo Miño” de Mar Caldas, artista visual que recopilou o traballo en feminino da nosa comarca. A exposición estará na sede do concello entre o 19 de agosto e o 1 de setembro, sendo a inauguración o mércores 18 de agosto ás 19h.
Nesa mesma semana a Feira do Libro luso Galaico da Ribeira do Miño, repetirá a boa acollida acadada o ano anterior nun evento no que as presentacións de libros, relatorios históricos, contacontos e un concerto do grupo “Xardín Desordenado” acompañarán a exhibición e venda de libros editados en ambas marxes da fronteira.
E por último, o mes se pechará co gran concerto de Guadi Galego no Porto da Guarda o 28 de agosto ás 21:30h. Un concerto enmarcado dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. O Concerto será un dos últimos concertos da xira de presentación do disco “Costuras”, no cal poderemos deleitarnos co saber acumulado neste intenso verán asegurando un espectáculo único para os seus seguidores e aqueles que queiran achegarse a coñecela. Aqueles que queiran asistir poderán reservar a súa entrada a partir do 16 de agosto no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Todas estas actividades culturais serán acompañadas pola programación regular no Monte Santa Trega coas teatralizacións a cargo dos Quinquilláns e as visitas ao patrimonio cultural do Monte.

 

Nesta semana que remata o mes de xullo retomaranse as actividades infantís que deberon ser canceladas no inicio do mes de xullo por mor da choiva: o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó “Titanic”,o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30h., que dende a maxia e o humor nos transporta aos preliminares da viaxe do Titanic contando o que a historia oficial non recolleu e é que o barco fixo escala en Galicia. O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es, para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo. Mentres o sábado pola mañá terá lugar o pasarrúas “O séquito do Capitán Nemo”, entre a Praza de Avelino Vicente e o Porto da Guarda ás 12:30h. que encherá de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino as rúas da vila.
Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro “Venres de xullo baixo as estrelas” no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en aguarda.oficina.turismo@gmail.com, xa que contan cun aforo moi limitado.
Mentres que o sábado á noitiña volverá a música á Praza do Reló (21:00h.) da man do grupo de clarinetes KLASON, unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en centroultural@aguarda.es
Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes elementos do Monte dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no mail masat@aguarda.es e lembramos que a sesión de Teatro no Trega “A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro catro de agosto.

Dende o pasado 17 de xuño A Guarda acolle as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que teñen lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.
As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.
O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.
Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.
Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro.
Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

📌 Informamos que debido ao protocolo Covid-19 as sesións de Teatro no Trega do mércores 21 e do mércores 28 quedan aprazadas.

📅 As persoas que xa estaban inscritas quedan xa axendadas para o mércores 4 de agosto.

 

• As visitas teñen lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Hai dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda continúa coa experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns, as primeiras sesións foron un éxito e este mércores día 21 terá lugar a terceira sesión.

Nesta edición realizase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes), o punto de encontro é a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega(https://goo.gl/maps/XKP3GacQem7t9n5J9).

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

O Concello da Guarda renunciou ao distintivo Bandeira Azul na praia de Area Grande ante a imposibilidade de cumprir co compromiso de dous socorristas durante toda a semana.

Polo que tentarase atender con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demais servizos si están garantidos como a análise de auga cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e o aseo.

Cada verán contratábanse 6 socorristas para as praias do Muíño e de Area Grande. A pesar dos esforzos realizados tan só se puideron contratar a 4 socorristas. Nos últimos anos a problemática de contratar a socorristas formados e titulados en espazos naturais está sendo bastante común en Galicia.

En definitiva, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de socorrismo de luns a domingo de 12:00 a 20:00h ao ser unha praia con maior afluencia de bañistas polo que o número de incidencias adoita ser superior.

• Ademais a praia de O Muíño contará co distintivo de Ecopraia
• Tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une a Praia do Muíño e a Praia de Area Grande

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

As praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais concedeuse o “Sendeiro Azul”, camiño que une estas dúas praias.

O xoves 15 de xullo izouse a Bandeira Azul na Praia do Muíño tendo que renunciar ao distintivo en Area Grande ao non poder cumplir co compromiso do servizo de socorrismo. Ante a dificultade de completar a plantilla dos socorristas necesaria para dar servizo de salvamento nas dúas praias, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de luns a domingo de 12.00 a 20.00h e tentarase atender tamén con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana.

A praia do Muíño dispón dos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo dende o venres día 9 de xullo. Ademais esta praia fluvial está acondicionada para persoas con discapacidade con pasalela accesible e cadeira anfibia que facilita o baño aos usuarios que o soliciten.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos a pesar da dificultade na contratación dos socorristas.

Ademais volveuse a izar na Praia do Muíño o distintivo de Ecopraia concedido por ATREGRUS, Asociacion técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, e respectar así o delicado ecosistema dunar.

O pasado venres 9 de xullo os alcaldes e alcaldesas de A Guarda, O Rosal, Oia e Baiona, xunto coa concelleira de turismo de Nigrán, tiveron unha reunión co Director de Administración e Relación coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, para trasladarlle, de primeira man, algúns problemas relacionados co Camiño Portugués da Costa que, a xuízo dos edís, poden prexudicar ao propio Camiño da Costa e sobre todo á experiencia dos peregrinos.
Un dos problemas que se puxo encima da mesa foi a dificultade que os peregrinos poden atopar ao tentar cruzar o esteiro do Miño. Dado que precisamente o pasado venres comezou a funcionar o ferri entre Camiña e A Guarda este problema está practicamente resolto. Ademais os peregrinos tamén poden pasar o río facendo uso das embarcacións coñecidas como taxi-mar, aínda que estas presentan o inconveniente das elevadas tarifas. Os asistentes a reunión acordaron indagar sobre a posibilidade de ter nun futuro próximo outra liña de transporte de pasaxeiros no esteiro.
A outra cuestión que se abordou e que os presentes consideraron máis preocupante para o Camiño Portugués da Costa é a información que se está dando en Portugal sobre este itinerario Xacobeo. Están aparecendo distintas publicacións e sinalizacións sobre o terreo que utilizan a simboloxía do Camiño de Santiago e o nome do Camiño Portugués da Costa que en nada se parecen ao itinerario oficial. Algunhas destas sinalizacións incluso restán realizadas por institucións, como é caso da Cámara de Vilanova de Cerveira.
Os responsables municipais pedíronlle ao representante do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, que tomara cartas no asunto e que se dirixa a Comisión Certificadora Portuguesa, organismo encargado de oficializar os itinerarios dos Camiños de Santiago en Portugal, para denunciar e corrixir o uso que se está a facer do nome Camiño Portugués da Costa para itinerarios que nada teñen que ver co oficial.
A reunión rematou facendo unha valoración positiva por parte dos asistentes tanto da progresiva volta de peregrinos ao Camiño, como da evolución que, dende a súa oficialización no ano 2016, ten experimentado o Camiño Portugués da Costa, sendo un dos itinerarios Xacobeos que máis ten evolucionado en porcentaxe de peregrinos.

• As visitas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda repite experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.
Nesta edición realizarase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes).
A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Mapa de ubicación:

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal(Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.