A Guarda remata o mes de xullo con música, gastronomía, deporte e talento creativo

A Guarda remata o mes de xullo con música, gastronomía, deporte e talento creativo

O Concello da Guarda continúa esta semana coas actividades da Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.

A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.

Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.

O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.

Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.

Dende o día 26 de xullo a Casa dos Alonso acolle a Exposición de Chuny Alonso, na que se poden observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa realizados nos últimos anos. A exposición se pode visitar de luns a sábado en horario de 10:30h a 13:30h e de 19:00h a 21:00h.
O xoves día 28 de xullo chega a música a “Miúdo Verán” co concerto de Pakolas “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo”, ás 20:30h na Praza do Reló. Pakolas preséntanos o seu último librodisco, onde contarase e cantarase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e que ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En caso de choiva o evento terá lugar no Centro Cultural.

Do 29 ao 31 de xullo ORPAGU organiza a Festa do Peixe Espada, un evento no que a gastronomía será o prato forte da súa programación, que estará centrada nos restaurantes da nosa vila, coa participación dos establecementos Area Grande, Marusía, Trasmallo, Arruaz, Novo Funil, Bitadorna, O Cangrexal, Casa Valladeiro, O Roxo, La Pizzicata, e Os Remos, todos eles contarán cun prato especial de Peixe Espada á prancha con cachelos. Ademais a Festa do Peixe Espada contará con diversas actividades coma pasarrúas, música en directo, obradoiros, exposicións, contacontos infantís, visitas guiadas, entre outras actividades.

O Concello da Guarda e Acontravento, marca de roupa local, organizarán por segundo ano consecutivo a II Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente en horario de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:30h, un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño, con preto dunha vintena de participantes. Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen…
Este ano a Mostra creativa únese á Festa do Peixe Espada organizada dende ORPAGU(29-31 de xullo), compartindo parte da programación, como son os pasarrúas ou a actividade do Obradoiro Infantil sobre o Peixe Espada.

Tamén na xornada do sábado día 30 de xullo ás 20:30h o Campo de Fútbol da Sangriña acolle un evento deportivo no que se realizarán preto de 25 demostracións de danza, zumba, defensa persoal, acrobacias, pilates e judo, baixo a organización do Clube Deportivo Baixo Miño.

A Axenda de Verán continúa nos meses de agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán”(todos os xoves), eventos deportivos, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.

Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.

EXPOSICIÓNS

A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.

VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA

Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás
12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas
Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.

PROGRAMA COMPLETO

28 DE XULLO
CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO
Na Praza do Reló ás 20:30h

29, 30, 31 DE XULLO
FESTA DO PEIXE ESPADA
Nos restaurantes da Vila
Organiza: ORPAGU

30 DE XULLO
MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO
Na praza de Avelino Vicente

30 DE XULLO
EVENTO DEPORTIVO DO CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
No Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas
Organiza: Clube de Judo Baixo Miño.

4 DE AGOSTO
ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas

4 DE AGOSTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar.
No Centro Cultural ás 19:30 horas.

4, 5, 6, 7 DE AGOSTO
FESTAS DE SAN CAYETANO
No Barrio da Cruzada
Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano

8 ó 15 DE AGOSTO
FESTAS DO MONTE
Na Alameda e rúas da vila.
Organiza: A.V C.D. Alameda

11 DE AGOSTO
GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.

19, 20 DE AGOSTO
III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO
Na Praza do Reló

20 DE AGOSTO
FERIA OUTLET
Na Praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU

20 DE AGOSTO
II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA
No Campo do Codesal

24 DE AGOSTO
CONCERTO MÚSICA NO AR
No atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas.
Organiza: Deputación de Pontevedra

23,27 E 28 DE AGOSTO
FESTA DO PERCEBE
Na Alameda da Guarda
Organiza: A.C. Alameda

26 DE AGOSTO
TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO
Na Praza do Reló ás 21:30 horas.

27 DE AGOSTO
CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA GUARDA
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: Agrupación Musical da Guarda

28 DE AGOSTO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”
No Auditorio de San Benito ás 20:00 horas
Organiza: A.C. Xamaraina

28 DE AGOSTO
CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía ás 19:00 horas
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía

2, 3, 4 DE SETEMBRO
FESTAS VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía
Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía

3 DE SETEMBRO
PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS
Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.
Organiza: A. FOCO

DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA
No barrio da Gándara
Organiza: A.V V. O Percamino

10 DE SETEMBRO
MOSTRA ASOCIATIVA
Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas

Comentarios

Leave a Reply