A Guarda sácalle brillo á restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina

A Guarda le saca brillo a la restauración arqueológica del barrio de Mergelina
  • Desta volta dáse continuidade á posta en valor deste xacemento coa súa limpeza e mantemento.
  • En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “estas son as actuacións necesarias para o mantemento do castro despois das escavacións, á espera de que se realice a musealización de todo o Castro de Santa Trega”.

A empresa Terra Arqueos realiza nestes días os traballos de mantemento e limpeza no Barrio de Mergelina do Monte de Santa Trega, tarefas realizadas baixo a dirección de un Luis Francisco López González.

 

Desta volta dáse continuidade á posta en valor deste xacemento coa súa limpeza e mantemento, promovendo deste xeito o compromiso do goberno local co noso rico patrimonio arqueolóxico, realizadas co apoio do Concello da Guarda e o Padroado do Monte Santa Trega.

En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “estas son as actuacións necesarias para o mantemento do castro despois das escavacións, á espera de que se realice a musealización de todo o Castro de Santa Trega”.

Estas son as primeiras tarefas de limpeza e mantemento realizadas nunha das últimas actuacións arqueolóxicas, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, no Castro de Santa Trega, onde a través dun protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia, promovéronse tarefas de restauración e consolidación no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, unhas actuacións nunha superficie total de 2.642 metros cadrados no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, para a que se contou cun orzamento de 367.719 euros.

 

A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación que dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016.

 

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.

Comentarios

Leave a Reply