• A programación da Axenda de Verán e de Miúdo Verán continúa esta semana con actividades de todo tipo e para todo tipo de públicos.
O Concello da Guarda continúa esta semana coas actividades da Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.
Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.
Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.
A programación de actividades continúa esta semana coa proxección de Cine na Rúa “Bella y el circo mágico”, que terá lugar o xoves 21 de xullo ás 22:30h na Praza do Reló.
Na xornada do sábado 23 de xullo a Praza de Avelino Vicente acolle a Feira Outlet do comercio guardés organizada por ACIGU CCA.
Tamén na xornada do sábado día 23 de xullo o Auditorio de San Benito acolle o XXVII Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis lonxevo da nosa comarca, que este ano contará coa participación de los grupos de Portugal e Eslovaquia: Vento Mareiro, Xamaraina, Doxe nun ano, G.F.S Sebastiao, Do lusco ó fusco e Drevar, baixo a organización da A.C Do Lusco ó Fusco.
O sábado 23 en horario de mañá terá lugar a II Carreira de Orientación – Concello da Guarda, un evento deportivo que consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa con ata 4 participantes por equipo e con 3 categorías de competición: Xestiñas (categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente, con menos de 3kms en total), Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio con menos de 4kms en total) e Xesteiras (categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto con máis de 5kms en total). As inscricións están abertas en: https://xestanatureza.com/eventos/orientacionaguarda/
A Axenda de Verán continúa nos meses de xullo, agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán”(todos os xoves), eventos deportivos, a Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa
Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás
12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas
Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.
PROGRAMA COMPLETO
21 DE XULLO
CINE NA RÚA “BELLA Y EL CIRCO MÁGICO”
Na Praza do Reló ás 22:30 horas.
23 DE XULLO
FERIA OUTLET
Na praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU
23 DE XULLO
ENCONTRO DOS POBOS
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco
23 DE XULLO
II CARREIRA DE ORIENTACIÓN
inscricións www.xestanatureza.com
28 DE XULLO
CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO
Na Praza do Reló ás 20:30h
29, 30, 31 DE XULLO
FESTA DO PEIXE ESPADA
Nos restaurantes da Vila
Organiza: ORPAGU
30 DE XULLO
MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO
Na praza de Avelino Vicente
30 DE XULLO
EVENTO DEPORTIVO DO CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
No Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas
Organiza: Clube de Judo Baixo Miño.
4 DE AGOSTO
ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
4 DE AGOSTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar.
No Centro Cultural ás 19:30 horas.
4, 5, 6, 7 DE AGOSTO
FESTAS DE SAN CAYETANO
No Barrio da Cruzada
Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano
8 ó 15 DE AGOSTO
FESTAS DO MONTE
Na Alameda e rúas da vila.
Organiza: A.V C.D. Alameda
11 DE AGOSTO
GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.
19, 20 DE AGOSTO
III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO
Na Praza do Reló
20 DE AGOSTO
FERIA OUTLET
Na Praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU
20 DE AGOSTO
II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA
No Campo do Codesal
24 DE AGOSTO
CONCERTO MÚSICA NO AR
No atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas.
Organiza: Deputación de Pontevedra
23,27 E 28 DE AGOSTO
FESTA DO PERCEBE
Na Alameda da Guarda
Organiza: A.C. Alameda
26 DE AGOSTO
TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO
Na Praza do Reló ás 21:30 horas.
27 DE AGOSTO
CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA GUARDA
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: Agrupación Musical da Guarda
28 DE AGOSTO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”
No Auditorio de San Benito ás 20:00 horas
Organiza: A.C. Xamaraina
28 DE AGOSTO
CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía ás 19:00 horas
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía
2, 3, 4 DE SETEMBRO
FESTAS VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía
Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía
3 DE SETEMBRO
PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS
Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.
Organiza: A. FOCO
DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA
No barrio da Gándara
Organiza: A.V V. O Percamino
10 DE SETEMBRO
MOSTRA ASOCIATIVA
Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas
Comentarios