Debido ás malas previsións meteorolóxicas o Concello da Guarda e o Municipio de Caminha acordaron aprazar a andaina organizada deste sábado para o sábado 17 de marzo.

Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.

A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental. Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougas onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeziña. A ruta rematará na estrada PO552 onde se atopa o Camping O Muíño.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 11 de marzo coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

 

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 11 de marzo coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

O mércores 28 de febreiro tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo a Gala de Turismo Rías Baixas organizada pola Deputación de Pontevedra. A este acto asistiu a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e outros responsables do sector turístico público e privado de toda a provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comezou a súa intervención recoñecendo a profesionalidade e calidade do sector turístico. Pontevedra é a provincia con maior número de distintivos SICTED. Un total de 263 entidades públicas e privadas conta co SICTED, 60 máis que o ano pasado.

A Oficina de Turismo Municipal e as praias de Area Grande e O Muíño contan dende 2010 co distintivo SICTED aos que se lles suman novos establecementos hostaleiros da Guarda. Polo que durante a gala recibiron este distintivo de calidade o Hotel Convento de San Benito, Restaurante Casa de la Abuela, Restaurante Celtic, Restaurante Marusía, Restaurante Xantar e Cafetería Casa Aquilino. Deste xeito, A Guarda pode presumir de calidade recoñecida nos diferentes establecementos e servizos turísticos.

Na gala tamén se presentou a campaña de promoción “Somos historias” conmemorando deste xeito o Ano Internacional do Patrimonio no que se apostará pola promoción dos nosos tesouros fortificados, arqueolóxicos, paisaxísticos, inmateriais, literarios, culturais, espirituais e naturais.

La Concejalía de Turismo ofrece un curso gratuito para la formación de camareros/as de bares y restaurantes, que se desarrollará entre el 24 de marzo y el 26 de mayo. El objetivo principal es formar a nuevas camareras/os en la preparación y presentación de bebidas y alimentos propios de un bar o restaurante, aplicando las normas básicas de manipulación de alimentos y atención al cliente. Al finalizar, el alumnado también recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos.

La programación está diseñada para que las personas participantes adquieran las nociones básicas en la adecuación del local, reposición del material, serivicio de alimentos y bebidas en mesa y barra, y atención al cliente en el servicio de restaurante y bar.

El curso tendrá una duración total de 82 horas. De ellas, 47 se destinarán a la formación teórica, impartiendo durante 8 sábados por la mañana y, en la última semana de mayo, el alumnado realizará 35 horas de prácticas en bares y restaurantes de A Guarda y su entorno.

Las inscripciones podrán realizarse en la Oficina de Turismo del Ayuntamiento de A Guarda (Praza do Reló, 1), llamando al teléfono 986 61 45 46 o bien a través del correo electrónico turismo@aguarda.es. Las plazas son limitadas y serán otorgadas por riguroso orden de inscripción.

 

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 4 de marzo coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

A Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda dan a coñecer o calendario de andainas organizadas conxuntamente polas institucións locais para este ano. A nova programación inclúe 8 rutas a realizar entre marzo e novembro, co obxectivo de dar a coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

A primeira andaina, programada para o 10 de marzo, seguirá a coñecida como ‘Ruta máxica de Oia’ cun percorrido de 18 km. O 14 de abril celebrarase a segunda saída, na que os participantes poderán realizar a ruta polos pasadizos do río Vez, en Sistelo, con 20 km de percorrido.

A terceira camiñada será tamén en Portugal, o 1 de maio. Nesta ocasión, realizarase a ruta do Val de Ancora, en Camiña, cun percorrido de 15 km. O 9 de xuño, retornaremos a Galicia para realizar a ruta das Fragas do Eume (16 km) e, xa en o 28 de agosto, volverase realizar a visita á Romaría de Sao Joâo D’Arga, en Caminha (22 km).

A ruta de Cova Moura (Monçao) será a sexta andaina deste novo calendario, con 20 km de percorrido a realizar o 15 de setembro; e, para cerrar o ano, realizararase unha andada de 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira (20 de outubro) e unha ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón o 10 de novembro.

O prazo de inscrición para as andaianas programadas entre marzo e xuño comezará o vindeiro luns 26 de febrero e rematará o xoves 1 de marzo. Terán prioridade aquelas persoas que se inscriban en todas as actividades deste primeiro semestre do ano. As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, chamando ao teléfono 986 614 546, ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Esta mañá celebrouse na Casa dos Alonso a presentación da 60ª Acampada Nacional da Federación Española de Clubs Campistas (FECC), que terá lugar na Guarda entre os días 24 de marzo e o 1 abril, coincidindo coa Semana Santa.

Ao acto asistiron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz; o presidente da FECC, José Vicente Clemente Moreno, e o coordinador da acampada, Inocencio ‘Tito’ Janeiro Loureiro, amais do xerente do Camping Santa Tecla, José Coello e os vogais da FECC e representantes da federación nas súas provincias, Miguel Merino Ayllón (Málaga) e Andrés Sanchez Moreno (Sevilla).

Nesta nova edición, a Acampada Nacional da FECC terá lugar no Camping Santa Tecla e o Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo será o encargado da súa organización. Segundo explicou o coordinador, o encontro campista congregará arredor de 700 persoas que, durante 9 días, convivirán no municipio e realizarán diversas actividades. Así, poderán coñecer a vila a través de visitas guiadas polo Monte Santa Trega e o casco urbano, e realizar rutas de sendeirismo pola desembocadura do río Miño.

Durante a súa visita, os campistas realizarán un desfile polo centro da vila amosando os seus traxes rexionais. O percorrido realizarase o día 29 de marzo dende a Alameda e, unha vez rematada a mostra, realizarase un acto de presentación no auditorio de San Bieito, inaugurando oficialmente a Acampada Nacional na Guarda.

Este será, con todo, o terceiro encontro campista que o Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo organiza na vila, tras as acampadas de 1988 e 2011.

A FECC
A Federación Española de Clubs Campistas é, segundo definiu o seu presidente, «a mellor e máis grande organización campista» do país. Congrega a máis de 4.000 familias campistas e promove anualmente encontros nacionais en diferentes puntos da xeografía española, co obxectivo de favorecer o compañeirismo e a convivencia entre os participantes e fomentar o coñecemento das diferentes rexións que visitan.

Aproveitando esta nova Acampada Nacional, a Asemblea Xeral da FECC celebrarase no Centro Cultural o venres 30 de marzo, coa presenza de representantes de un dos clubs adheridos.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 25 de febreiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

O vídeo promocional de Marca España para 2018, elaborado por Televisión Española (TVE), destaca o asentamento castrexo guardés como un dos elementos sobresaíntes do legado cultural e patrimonial do país.

A montaxe, titulada «España, tan singular como plural», pon en valor o potencial español a través do amplo legado patrimonial e histórico do país, con imaxes de distintos monumentos, paisaxes e tradicións representativos da súa cultura e patrimonio.

Un plano aéreo da citania do Monte Santa Trega amósase no minuto 00:36 do vídeo, como un dos mellores exemplos da cultura milenaria da que somos herdeiros. O vídeo estrenouse en versión curta tras as campanadas de fin de ano nas canles públicas La 1 e Canal Internacional e, posteriormente, foi difundido na súa totalidade nas redes sociais de Marca España, a través do hashtag #SomosEspaña.

Marca España

Marca España é unha política de Estado que ten como obxectivo mellorar a imaxe do país no estranxeiro e entre a cidadanía española. A máxima representación da Marca España corresponde ao Alto Comisionado a través da Oficina do Alto Comisionado para a Marca España, dependente xerárquicamente do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Esta sección encárgase de planificar, coordinar e impulsar as actuacións de organismo públicos e privados orientadas á promoción da imaxe de España dentro e fora do país.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 18 de febreiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Dende o sábado 10 e ata o vindeiro martes 13 de febreiro, ofertarase o popular «Menú de Entroido» en sete restaurantes da Guarda. A iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo, contará cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar por un prezo único de 18 euros.

O menú por persoa constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, e un segundo composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, amais dunha sobremesa típica destas datas: filloas ou orellas de Entroido. O prezo inclúe o viño e o café.

Os restaurantes adheridos á inicitiva son Arruaz (986 614 571 ), La Pizzicata (986 611 534), Camping Santa Tecla (986 685 461), Novo Funil (986 098 480), O Cangrexa (986 611 107), Xantar (986 611 184) e Xeito (986 610 474).

Recoméndase reservar mesa previamente no restaurante a fin de asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.

 

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 11 de febreiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

O Entroido comezará na Guarda esta semana e prolongarase durante 5 días cunha ampla programación de actividades e o tradicional desfile-concurso aberto á participación de todos os veciños e veciñas da vila.

O inicio das festas será o vindeiro venres 9 de febreiro co «Entroido dos coles». Nel, o alumnado dos centros de educación infantil e primaria da Guarda amosarán os disfraces elaborados manualmente para a ocasión, cun desfile que partirá da Alameda ás 12 h e percorrerá a rúa Galicia ata a coñecida como «esquina do Galo».

O 10 de febreiro será o «sábado de güateque» co concerto de Rockin’ Gina & the Sentinels na Alameda a partir das 23:30 h. Deseguido, a música retro tomará o paseo, coa actuación de DJ Guille ata ben entrada a madrugada. A música e o baile continuarán o 11 de febreiro co denominado «domingo das familias», no que contaremos coa actuación da orquestra Abanico na Alameda a partir das 18 h.

As cativas e cativos serán os protagonistas do «luns dos nenos», a festa infantil na que poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe, xogos xigantes, un baile de disfraces con concurso e un carriño larpeiro de filloas, todo amenizado por unha discoteca móbil na Alameda dende as 18 h.

Martes de Entroido

A gran festa dos disfraces chegará o Martes de Entroido, coa celebración do desfile-concurso no que poderán participar todos os veciños, veciñas e asociacións da vila. As bases contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (carrozas, comparsas, grupos, individual-parellas tanto adulto coma infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.

Nesta liña, as 10 primeiras comparsas e carrozas que se inscriban recibirán unha axuda de 200€ como compensación polo traballo e esforzo realizado. As comparsas e carrozas concursarán por un primeiro e segundo premio (dotados de 250€ e 150€, respectivamente) e nas demais categorías repartiranse ata 18 recoñecementos entre os 6 mellor valorados en cada grupo, cun orzamento total de 1.070€. As persoas interesadas en participar poderán ampliar a información nas bases dispoñibles neste enlace  e realizar as inscricións entre o 30 de xaneiro e o 8 de febreiro.

O desfile partirá ás 17:30 h da coñecida como «esquina Famosa» na rúa San Bernardo, para despois percorrer as rúas Porto Rico e Galicia ata chegar á Alameda, onde se darán a coñecer os gañadores en cada categoría do concurso.

Saborear o Entroido

Como complemento ás festas, entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro ofertarase o popular «Menú de Entroido», cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar en 7 restaurantes guardeses a un prezo único de 18€.

Os restaurantes adheridos á iniciativa son: Arruaz, Camping Santa Tecla, La Pizzicata. Novo Funil, O Cangrexal, Xantar e Xeito. Recoméndase, con todo, reservar mesa previamente nos restaurantes para asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 4 de febreiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 28 de xaneiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

O Concello da Guarda participou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2018, que se celebra entre os días 17 e 21 de xaneiro en Madrid, impulsando a promoción da vila como destino turístico de calidade.

A delegación da Guarda -formada pola concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, o concelleiro de Patrimonio, Xavier Crespo, e a técnica de Turismo, Rosalía Verde- mantivo durante as xornadas do mércores e xoves, días 17 e 18 de xaneiro, diversas reunións e encontros con consultores turísticos especializados, empresas de turismo tecnolóxico e turismo activo, e importantes axencias turísticas, tanto consolidadas como de creación recente. Estas últimas, especializadas en segmentos do mercado turístico, resultaron de gran interese para A Guarda.

Na tarde do mércores, os representantes da Guarda acudiron ao acto de entrega dos premios EDEN (Destinos Europeos de Excelencia) 2017 que tivo lugar no expositor de Turespaña. No evento, convocado pola Secretaría de Estado de Turismo e presentado polo subdirector xeral de Cooperación e Competitividade Turística, Antonio Nieto Magro, e a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián González, fíxose entrega do galardón ao proxecto vasco «Tierra Ignaciana». Tras a entrega do premio, os técnicos dos destinos EDEN mantiveron a habitual reunión de traballo na que se concretaron as próximas actuacións para a promoción dos Destinos Europeos de Excelencia, entre os que se atopa a vila guardesa.

Con todo, onte foi o día máis importante para a delegación da Guarda nesta trixésimo oitava edición da feira. Ás 12 h, os representantes municipais acudiron á presentación da campaña «Rías Baixas,somos historias» realizada pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de prestixiar a provincia como destino turístico cultural e de lecer e propiciar un turismo desestacionalizado.

Este ano, o Concello da Guarda e a Comisión das Festas do Monte traballarán conxuntamente para lograr o recoñecemento destas como Festas de Interese Turístico Nacional. Con este obxectivo, a delegación guardesa mantivo durante a súa estadía en Madrid reunións con axencias de comunicación e asociacións de xornalistas especializados en turismo.

A delegación guardesa, aproveitando a súa estadía en Madrid, visitou a mostra pictórica «Laberinto de colores» do artista guardés Antonio Martínez («Cachi»), formada por lenzos que amosan a natureza, o mar e a terra, e nos que A Guarda é protagonista. As obras permanecerán expostas na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo 31 de xaneiro.

FITUR 2018

A Guarda, que participa na feira dende o ano 2011, estivo presente durante as xornadas do 17 e o18 de xaneiro no expositor de Turismo de Galicia, ofrecendo información turística de interese ao público en xeral. A información sobre a vila permanecerá exposta ata o remate da feira, para que profesionais e visitantes podan dispoñer dela e coñecer a oferta turística da Guarda.

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) defínese como un punto de encontro global entre os profesionais do sector, coa participación anual de miles de empresas, entidades públicas e profesionais de todo o mundo.

O Concello da Guarda estará presente, un ano máis, na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebrará a súa trixésimo oitava edición entre os días 17 e 21 de xaneiro.

A Guarda promocionarase no expositor de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12.00 h, estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra no que se promocionará o Destino Rías baixas no Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

Durante estas xornadas, a delegación da Guarda -formada polo alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo- manterá diversas reunións con maioristas e asociacións de Turismo, co obxectivo de potenciar a promoción da vila guardesa como destino turístico.

Dentro da programación de actividades e encontros da representación guardesa nesta nova edición de FITUR, destaca tamén a participación no acto de entrega do Premio dos Destinos EDEN (European Destinations of Excellence) 2017, que terá lugar no expositor de Turespaña. Tras o acto, a técnica de Turismo do Concello da Guarda, Rosalía Verde, asistirá á reunión técnica dos Destinos EDEN que anualmente se celebra coincidindo coa celebración da feira.

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos e, como ven sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

En canto a súa procedencia, a meirande parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Portuguesa, alemá e polaca son as nacionalidades máis habituais entre os peregrinos que visitan A Guarda, aínda que tamén contamos con visitantes procedentes de países tan afastados como Corea, Vietman, China, Canadá ou Estados Unidos. De entre eles, moitos continúan o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, namentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite.

Agárdase que esta tendencia ascendente da popularidade do Camiño Portugués da Costa se manteña durante o presente o ano. Conta disto da a visita dos 155 peregrinos procedentes do norte portugués que o pasado sábado, 13 de xaneiro, realizaron a etapa dende Caminha ata Mougás (Oia) e foron recibidos polo alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio e Deporte, Xavier Crespo, ao seu paso pola vila guardesa.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 21 de xaneiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 14 de xaneiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

A continuación, achégase a información xeral do transbordador e que inclúe as novas tarifas que entraron en vigor o pasado 2 de xaneiro:

Infórmase das novas tarifas que entraron en vigor dende o 2 de xaneiro de 2018 e que foron aprobadas a finais do pasado ano pola Cámara Municipal de Caminha.

PREZO

PREZO

PASAXEIRO

1,50 €

MOTOCICLETA (ata 49 cc.)

2 €

PASAXEIRO (Menor de 14 anos)

1 €

MOTOCICLETA (máis de 49 cc.)

3 €

VEHÍCULO (ata 5 prazas)

3,50 €

BICICLETA

2 €

VEHÍCULO (máis de 5 prazas)

4,50 €

AUTO ROULOTE

7 €

FURGONETA (hasta 3.500 kg PM)

5 €

VEHÍCULO CON REMOLQUE

5,50 €

CAMIONETA (máis de 3.500 kg PM)

7 €

VEHÍCULO CON CARAVANA

9 €

TAXI

3 €

AUTOBÚS: Só pagan os pasaxeiros

As tarifas de vehículos sempre inclúen ao condutor

Novamente esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 7 de xaneiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

A programación cultural de cara a fin de semana comezará mañá con música e cinema familiar, dando paso uns últimos días do ano cheos de plans para todos os públicos, con teatro, xogos acuáticos e a visita da Apalpadora.

Mañá, 28 de decembro, continuará «Música na rúa» coa actuación de A Boalleira a partir das 11:00 horas. O grupo de gaitas percorrerá a vila amenizando a mañá aos guardeses e guardesas e introducíndonos no ambiente festivo propias destas datas. Paralelamente, todas aquelas persoas que se acheguen á Praza de Abastos poderán gozar dun chocolate quente de balde.

Xa pola tarde, os máis pequenos da casa e as súas familias terán unha cita co mellor cinema de animación no Centro Cultural. A programación do ciclo «Cinema de Nadal» comeza mañá ás 17:30 coa proxección de «Vaiana», unha divertida película de animación que narra a historia dunha rapaza que desexa navegar polo océano e coñecer mundo. A entrada será gratuiíta e libre ata completar as prazas dispoñibles.

O venres, 29 de decembro, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro «Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira» , dirixida ao público adulto. O público poderá asistir, a partir das 21:00 horas, ao novo espectáculo cómico do dúo Mofa e Befa, no que a filosofía será a gran protagonista. A entrada será de balde e o tícket poderá recollerse no Centro Cultural ou o departamento de Cultura do Concello da Guarda.

Xa o sábado, pequenos e maiores poderán achegarse á Piscina Municipal para despedir o ano na auga. O «Chapuzón Navideño» comezará ás 11:00 horas e contará cun gran inchable acuático no interior da piscina. Esta actividade é de balde e non precisa de inscrición previa.

A música polas rúas guardesas continuará tamén o sábado coa Charanga Cantos Somos a partir das 11:00 da mañá percorrendo distintos puntos da vila. Xa pola tarde, a Apalpadora achegarase á Guarda para falar coas nenas e nenos e entregarlles landras para plantar nos nosos montes. A cita será ás 19:00 horas na Casa dos Alonso.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 31 de decembro e quelas que sofren algunha variación aparecen marcadas.

Durante esta semana, co gaio da festividade de Nadal, o servizo será gratuíto, segundo anunciou o Município de Caminha en comunicado oficial. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Esta mesma tarde comeza a programación cultural guardesa de cara a fin de semana co primeiro dos Festivais de Nadal. A noite boa virá precedida por toda unha serie de actividades, principalmente musicais e de lectura, das que poderán gozar as veciñas, veciños e visitantes na nosa vila.

O Centro Cultural acollerá esta tarde o Festival do Conservatorio Municipal a partir das 19:30 h. Os asistentes poderán gozar dun concerto no que participarán as alumnas e alumnos de preparatorio, educación auditiva e vocal, guitarra acústica e eléctrica, vento-madeira, violín, viola, piano e vento-metal, así como o grupo de gaitas e o Rockservatorio’s Band.

O venres, a programación cultural continuará coa presentación do libro «Salcidos en branco e negro» ás 20:30 horas no Centro Cultural. Deseguido, proxectarase a película «O Pisco», ambientada na parroquia tomiñesa de Goián na época do estraperlo e gravada polo Grupo San Roquiño de Goián.

O sábado será a quenda dos máis pequenos coa sesión de «Contos contados» especial de Nadal, na que as cativas e cativos poderán coñecer historias tradicionais destas datas da mans da ‘avoa’ Carmen Baz e o ‘avó’ Manual Cadilla, máis coñecido como «Maruxo», a partir das 11:30 h. Deseguido, poderán participar no obradoiro de decoración de Nadal, co que contribuirán á decoración da árbore que permanecerá na Biblioteca durante as festas

As mañás de «Música na rúa» comezarán tamén o sábado, a partir das 11:00 horas, coa actuación do grupo O Trebón dos Xidos, que percorrerán as rúas coa súa música introducindo aos guardeses e guardesas no ambiente festivo propias destas datas.

Xa ás 20:30 horas, os Festivais de Nadal continuarán co concerto de pandereteiras no Centro Cultural. Participan os grupos Arghaceiras do Muño e Caramuxiñas da Asociación Folklórica Vento Mareiro, as Palqueiras da Asociación Cultural Xamaraina, e os grupos Carainas, Coiro Vello e Tambaluca, así como o grupo de pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa.

O deporte, coa celebración da tradicional carreira de San Silvestre, cerrará a fin de semana na Guarda. A proba, organizada pola Sociedade Atlética  do Trega, comezará á partir das 10:30 horas no Porto guardés e admitirá inscricións ata mañá no correo electrónico trega@trega.es. A participación está aberta a corredores e corredoras de todas a idades, e a distancia do percorrido (de 100 a 1.500 metros) dependerá da categoría á que se pertenza.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 24 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 17 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Os cinco gañadores do sorteo da Ruta Petiscos con Arte recolleron esta mañá os lotes de viño albariño Gran Novás da man do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o xerente da Adega Gran Novás, Arturo Conde.

Os rosaleiros Carmen María Martínez e Ricardo Martínez, o tudense Víctor Manuel González Souto (Tui), e os guardeses Eva Martínez Trigo (A Guarda) e Daniel Baz Vicente (A Guarda) resultaron ser os premiados entre as máis de 1.400 persoas participantes no sorteo da ruta, para cuxa participación debían entregar o boleto cuberto cos seus datos tras a cata dun dos petisco.

Preto dun 60% das persoas participantes no sorteo son veciños e veciñas da Guarda, namentres a porcentaxe restante complétase principalmente con persoas procedentes da comarca (Tui, O Rosal e Oia) e localidades como Vigo, Salvaterra e Marín, ademais doutros visitantes procedentes de Ourense ou Madrid.

O rexedor local aproveitou o acto de entrega dos lotes para agradecer o apoio prestado nesta primeira edición da ruta tanto polos establecementos como polos artistas, así como polas persoas participantes en calidade de ruteiros e ruteiras. Arturo Conde, xerente da Adega Gran Novás, presente no acto, tamén recibiu o agradecemento por parte dos organizadores, pola súa colaboración nesta iniciativa coa cesión dos 5 lotes de viño.

Dada a boa acollida da iniciativa, ámbolos dous representantes incidiron na vontade de repetir anualmente o evento gastronómica, contribuíndo á promoción da tradición culinaria e os artistas da Guarda e a súa contorna.

 

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 10 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.