Ampliación da convocatoria aos artistas locais para a súa participación na ruta «Petiscos con arte»

En novembro o Concello da Guarda promove unha nova ruta gastronómica na que se mesturará a gastronomía con exposicións de arte (pintura, escultura, fotografía,…) nos propios establecementos.

“Petiscos con arte” é o nome da ruta, que se celebrará os venres e sábados das dúas últimas fins de semana do mes de novembro. A súa finalidade é promocionar a gastronomía e a creación artística na nosa vila, de xeito que os participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de artistas locais ou con vinculación ao noso Concello, expostas nos locais durante a celebración da ruta.

Polo que o Concello da Guarda convida aos artistas da localidade e dos arredores a expor a súa arte nalgún dos establecementos que participarán na ruta.

As persoas que desexen participar, deberán de remitir un mail a turismo@aguarda.es ou ben presentar un escrito no Rexistro Municipal do Concello da Guarda na primeira planta da Casa dos Alonsos ata o luns 15 de outubro ás 12:00h. Os artistas serán seleccionados en función da data de solicitude por mail ou por rexistro. Para calquera dúbida poder contactar coa Oficina de Turismo Municipal por mail ou no teléfono 986 614 546.

Comentarios

Leave a Reply