A Ruta Gastronómica «Petiscos con Arte» finalizou servíndose máis de 2000 petiscos entre os 12 establecementos participantes, un evento que conxugou a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
A variedade gastronómica ofertada foi un «pulo» extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría, contando con petiscos moi variados ao igual que as exposicións, con fotografías, pinturas, esculturas e ilustracións.
A segunda edición da Ruta Petiscos con Arte contou con veciños da Guarda e dos arredores que gozaron dos petiscos e das exposicións que cada local ofreceu durante as dúas fins de semana que durou a ruta. Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta a pesar do mal tempo da última fin de semana.
O martes día 4 de decembro realizouse por parte do Alcalde, Antonio Lomba e da Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, a entrega dos 5 lotes de dúas botellas de viño Albariño da Adega Gran Novás, da D.O. do Rosal aos premiados no sorteo.
1. Karen Stewart (depositado no Perro Verde)
2. Luis (depositado na Cafetería Marbella)
3. Patricia Lira (depositado no Terra Verde)
4. Dennis A. (depositado no Restaurante Xantar)
5. Patricia Rodríguez (depositado no Cangrexal)
Comentarios