ATENCIÓN! A Guarda é un dos dezasete municipios que compiten este ano na campaña “Juntos Brillamos Más” de Ferrero Rocher, un por cada comunidade autónoma.

Nesta campaña diferentes concellos compiten pola oportunidade de ser iluminados coa icónica decoración e prendido de luces de Nadal da marca, en tons dourados. Esta mañá, no evento inaugural, o presentador de televisión Jesús Vázquez anunciaba aos participantes, sendo A Guarda, a representación de Galicia.

Agora ábrese o primeiro período de votacións ata o próximo día 23 de novembro na seguinte páxina web:https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/

Axuda a que A Guarda pase de rolda: vota e comparte!

A pasada fin de semana celebrouse a primeira edición de “Miranda Jacobea, punto de encuentro en el camino”, en Miranda de Ebro, onde A Guarda participou como concello invitado.

A afluencia ao evento foi un éxito durante os tres días, acudindo veciñanza da vila e da comarca e asociacións e entidades do Camiño de Santiago. Moitos achegáronse ao stand da Guarda atraídos polas imaxes das paisaxes guardesas.

Algunhas persoas confesaron que visitaran o castro de Santa Trega, mais que volverían para coñecer máis a fondo a nosa vila. Tamén chamou a atención a algunhas asociacións do Camiño que xa comezaron a organización da súa próxima peregrinación desde A Guarda.

O sábado produciuse a presentación oficial do Encontro, onde o tenente alcalde, Óscar Alonso, agradeceu a organización deste evento que permite dar a coñecer A Guarda como primeiro municipio galego no Camiño Portugués pola Costa e tamén como destino turístico.

Desde hoxe ata o domingo, Miranda de Ebro (Burgos) acolle a primeira edición de “Miranda Jacobea, punto de encuentro en el Camino”. Para este evento, A Guarda foi o concello escollido para representar o Camiño Portugués pola Costa.

Organizado pola Asociación Amigos del Camino de Santiago de Miranda, o evento contará cun amplo programa de actividades con exposicións, obradoiros, ruta guiada, actuacións folclóricas, mercado…Nel, A Guarda contará cun stand turístico para promocionar a vila como primeiro municipio galego da ruta do Camiño Portugués pola Costa.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, cree que “con estes eventos, danse a coñecer as diferentes rutas e experiencias que ofrece o Camiño de Santiago”. “En breve, superaremos as cifras do Camiño Portugués; no 2025 xa superamos as cifras do ano pasado con máis de 86.000 peregrinos”, comparte o alcalde.

Algúns medios locais e comarcais de Miranda de Ebro xa se fixeron eco da participación da Guarda en “Mirada Jacobea, punto de encuentro en el camino”.

Durante catro días, os xardíns de Murillo na cidade de Sevilla acolleron o Encontro de Casas Rexionais e Provinciais na XVI edición onde A Guarda se promocionou a nivel turístico na caseta de Galicia.

Este encontro celebrouse do 10 ao 13 de outubro cun amplo programa de actividades que incluíron actuacións de folclore e cultura rexional, así como degustacións. Numeroso público asistiu durante estes días ás actividades programadas polas 16 casetas participantes para achegar a cultura, gastronomía, idiosincrasia, música, bailes e demais idiosincrasia aos asistentes.

A Guarda foi a protagonista da caseta do Lar Gallego de Sevilla, onde o público desfrutou de vídeos das nosas paisaxes así como do material turísticos para que puidesen coñecer este destino destacado.

Despois da promoción da Guarda na caseta da Real durante a Feira de Abril de Sevilla, A Guarda volveu ser a protagonista nesta segunda campaña de promoción.

Para promocionar, pór en valor e protexer os nosos ceos nocturnos e o dereito das estrelas, o próximo domingo organízase unha actividade de iniciación á observación do ceo nocturno.

Esta experiencias está impartida por monitoras turísticas certificadas pola Fundación Starlight e organizada por Galicia Suroeste, buscando avanzar na certificación de Destino Starlight.

A actividade será este domingo ás 21:00h e precisa inscrición previa en:

https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ceos-de-galicia-suroeste

A Axencia de Turismo de Galicia publica una nova convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a mellorar a integración paisaxística e ambiental de establecementos turísticos situados en concellos costeiros (procedimento TU503F)

O obxectivo desta axuda é apoiar actuacións que contribúan a coidar a imaxe do litoral galego, corrixir impactos paisaxísticos e impulsar un turismo máis sostible.

• Prazo de solicitudes: entre o venres 12 de setembro (ás 8:00h) e o mércores 12 de novembro de 2025 (ata ás 20:00h)
• Contía da axuda: máximo dun 80% do custe total subvencionable do proxecto.
• Investimentos iniciados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026.
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal ou no tel. 981 54 01 46 / 981 54 63 60

—-Beneficiarios:

As persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, dentro do marco xeográfico do litoral de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

As persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).

—-Investimento neto admitido como máximo (IVE non incluido):

– No caso da liña 1: ata 25.000 €

– No caso da liña 2: ata 15.000 €

– No caso da liña 3: ata 250.000 €.

—-Investimentos subvencionables:

a) Liña 1: eficiencia enerxética.

Será subvencionable a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.

Serán consideradas subvencionables todas aquelas que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior, dos edificios, locais ou partes dos edificios en uso destinados a establecementos turísticos, así como a iluminación exterior ornamental e aparcadoiros de vehículos ao aire libre anexos ao edificio, regulados polo Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior, aprobado polo Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro. Entre as actuacións subvencionables están, con carácter indicativo e non limitativo, as que se relacionan a seguir:

a. Luminarias, lámpadas e equipamento: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento. Poderase incluír tecnoloxía TIC, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

b. Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación de nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza, por zona do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, ou regulación de nivel de iluminación segundo a achega de luz natural.

c. Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

d. Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar:

– Sistemas de iluminación eficientes, axustándoa ás necesidades de cada momento.

– Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, que permitan o aproveitamento óptimo da luz solar.

– Sistemas de control automático do acendido, apagado e regulación da iluminación dos edificios completos, locais ou partes de edificios destinados a establecementos turísticos.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE-3, Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, do Código técnico da edificación.

Para verificar o aforro enerxético esperado será necesario presentar o certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado inicial e final, tras considerar realizadas as actuacións previstas.

O custo elixible destas actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

b) Liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral:

– Gastos derivados da transformación dixital.

a. Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resource planning) e integración de PMS e ERP actuais.

b. Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.

c. Instalación dun channel manager.

d. Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.

e. Implementación de motores de reserva.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o destino antes de visitalo: mapas con ligazóns a localizacións, vídeos de lugares turísticos, visitas virtuais, imaxes 360°, galerías interactivas, guías interactivas turísticas para promocionar os atractivos turísticos da contorna, que lles faciliten, aos/ás turistas nacionais e do estranxeiro información relacionada con eles (historia, horarios, recursos naturais, etc.) en diferentes idiomas. Isto inclúe visitas virtuais, vídeos e fotos de ríos, praias, covas, monumentos e lugares históricos utilizando o GPS.

c) Liña 3: mellora da fachada do litoral galego.

– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

Considerarase como deficiente estado de conservación aquel en que se atopen os elementos de fachada como consecuencia de patoloxías construtivas, tales como: descascado, humidades ou manchas permanentes, quedando excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza. Considéranse incluídos os casos de fachadas de cachotería ou cantaría que precisen a realización ou renovación dos morteiros de rexuntado.

– Remate ou renovación do acabamento exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

Considéranse incluídas as unidades de obra relativas a elementos ou intervencións inherentes e imprescindibles para o soporte (non estrutural), remate ou renovación das cubertas. Queda excluída de forma expresa a renovación de elementos estruturais, así como as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza.

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizado con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.

Inclúe a recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación. Neste caso, as actuacións deberán respectar a tipoloxía e morfoloxía orixinal do muro en cada caso e deberanse empregar os mesmos materiais e técnicas con que foron construídos.

Así mesmo, poderá ser obxecto de axuda o pintado das portas, portais ou cerrallarías exteriores integradas nos cerramentos de parcelas que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

Deberán aplicarse criterios de sostibilidade en todas as reformas, de maneira que as obras que se vaian executar sexan respectuosas coa contorna e estean adaptadas ás súas condicións, aforrando recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e reutilizables.

– Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facultativa das actuacións. Será subvencionable por este concepto ata o 5 % do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000,00 euros.

 

DOG 03/09/2025 Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego.
DOG 03/09/2025 Extracto

Verán de récord das visitas guiadas no castro Santa Trega. Nos meses de xullo e agosto realizáronse visitas guiadas de martes a domingo en 4 quendas ao día, ás que acudiron máis de 7.000 persoas, case duplicando os datos de anos anteriores.

Ademais, incrementouse notablemente o interese de coñecer o valor arqueolóxico do Trega, pois cada vez hai máis xente que sube ao monte e que aposta por participar nas visitas guiadas.

Mantense o perfil do público habitual que son turistas e visitantes nacionais que pasan as súas vacacións en Galicia. Ademais tamén realizan esta visita veciños da Guarda e da comarca con interese na historia e paisaxe do Monte Santa Trega e que repiten a experiencia, formando parte da visita coa familia e amigos que visitan a nosa vila.

Coa chegada de setembro continúan as visitas regulares nas fins de semana ás 12:00h.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño.

A duración aproximada da visita é 45 minutos pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Ademais durante estes meses de verán, os visitantes puideron ver o traballo artesanal da rehabilitación da cuberta vexetal das dúas vivendas reconstruídas do Castro. Este traballo foi realizado por Juan González, un dos poucos especialistas teitadores e que tamén formou parte das explicacións do guía pola curiosidade dos visitantes ao ver o seu traballo totalmente manual.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

Tras o descanso de verán das andainas organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos da Guarda, regresan para as dúas últimas rutas.

O 13 de setembro realizarase unha saída polo concello de Lobios (Ourense), facendo un roteiro que permitirá coñecer a súa paisaxe. O día 11 de outubro pecharase este ciclo de andainas cunha ruta pola Serra do Galiñeiro, na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.

A actividade conta con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€/persoa para cada andaina. As rutas están entre os 10 e 15 kilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.

Xa están abertas as inscricións para estas dúas andainas na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

O Concello da Guarda xunto a Asociación O Piueiro, volven ofrecer este verán saídas gratuítas da navegación pola nosa costa a bordo vo volanteiro Piueiro.

Esta actividade ofrécese desde o 2020 e ten unha gran acollida entre veciños e veciñas e visitantes, xa que ofrece unha experiencia única cunha saída de navegación na costa atlántica nunha embarcación de gran envergadura.

A Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló) xestionará as reservas a partir do sábado anterior ás saídas da semana seguinte. As reservas poderanse realizar presencialmente (que terán prioridade) ou chamando ao 986 61 45 46 en horario da oficina, que está aberta de martes a sábado de 10 a 14h e de 16:30 a 18:30h.

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Recoméndase levar calzado que suxeite o nocello e roupa de abrigo. Ademais, lémbrase que as saídas poden ser canceladas por motivos meteorolóxicos: chuvia, vento ou néboa.

Os horarios previstos das saídas son 12:00h, 17:00 e 18:00h e as datas previstas segundo semana son:

  • Xoves 31 de xullo e sábado 2 de agosto

  • Martes 5 de agosto: será en horario de 16:30h, 17:30h e 18:30h

  • Sábado 16 de agosto

  • Mércores 20 e sábado 23 de agosto

  • Sábado 30 de agosto

Nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, amplíase a oferta de visitas guiadas gratuítas ao Castro Santa Trega. Hai xornadas, nas que se acada o centenar de persoas diarias que asisten a estas visitas guiadas.

Haberá visitas de martes a domingo con 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h), agás o domingo 10 de agosto, debido as Festas do Monte. Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas, pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

No mes de setembro regresarán as visitas guiadas regulares aos fins de semana ás 12:00h. Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

El puerto de A Guarda ya se está preparando para la XXXIII Fiesta de la Langosta y de la Cocina Marinera, con una carpa más grande, de 1.200 metros cuadrados, que abrirá por primer año a las 12:00h del mediodía del viernes. Justo antes, a las 11:30h, el Grupo de Gaitas de la Tercera Edad pondrán en aviso del comienzo de la fiesta con un pasacalles para llenar los rincones de A Guarda de Música.

La inauguración oficial de la fiesta con el pregón será a las 20:30h este viernes. El pregón vuelve al puerto de A Guarda y cuenta con una figura de lujo, Rafa Durán. El humorista y presentador de Baiona, será el encargado de darnos la bienvenida a este 33ª edición de la fiesta. Además, se hará entrega de la Langosta de Honor a la Agrupación Musical de A Guarda.

El exterior de la carpa del puerto se convertirá en escenario de tres conciertos más. La banda Meighalho, la Agrupación Musical de A Guarda y O Sonoro Maxín para disfrutar de la mejor gastronomía con música durante todo el fin de semana.

Además este año contamos con un espectáculo muy diferente y dirigido al público familiar, el sábado a las 20:00h. Se trata del espectáculo “Volando vengo!” de Kanbahiota, cuatro trapecistas que mezclan humor y acrobacias.

“La Fiesta de la Langosta ya va más allá de una carpa donde comer”, manifestaba el alcalde, Roberto Carrero, “este año contamos con mucha música, además gran parte de ella de origen local, y con espectáculo para disfrutar en familia de un fin de semana espectacular”.

Durante el sábado y domingo habrá salidas de navegación con el volanteiro Piueiro tanto por la mañana (11:00 y 12:00h) como por la tarde (17:00 y 18:00h). La información y las reservas estarán disponibles en el punto de información del interior de la carpa.

En esta edición, el Ayuntamiento de A Guarda apuesta por ampliar la fiesta tras los excelentes datos de asistencia el año pasado, cuando se vendieron más de 700kg de langosta (270kg solo el sábado a mediodía). De este modo, además del horario, también se amplía la capacidad de la carpa hasta los 600 comensales para que vecinos y visitantes, puedan disfrutar cómodamente de esta fiesta.

Por lo tanto, una carpa de 1.200 metros cuadrados estará abierta durante los tres días del fin de semana en el puerto de A Guarda para disfrutar de una comida excepcional. Entre los más de 20 productos y platos marineros, la langosta sigue ser la protagonista y los restaurantes ofrecen la langosta cocida y a la plancha. Desde la primera edición a sobremesa estrella que acompaña la langosta es el roscón de yema, sobremesa típica guardesa desde hay más de 70 años.

O porto da Guarda xa se está preparando para a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, cunha carpa máis grande, de 1.200 metros cadrados, que abrirá por primeiro ano ás 12:00h este mediodía este venres 4 de xullo. Xusto antes, ás 11:30h, o Grupo de Gaitas da Terceira Idade porán en aviso do comezo da festa cun pasarrúas para encher os recunchos da Guarda de Música.

A inauguración oficial da festa co pregón será ás 20:30h este venres. O pregón volve ao porto da Guarda e conta cun persoeiro de luxo, Rafa Durán. O humorista e presentador de Baiona, será o encargado de darnos a benvida a este 33ª edición da festa. Ademais, farase entrega da Langosta de Honra á Agrupación Musical da Guarda.

O exterior da carpa do porto converterase en escenario de tres concertos máis. A banda Meighalho, a Agrupación Musical da Guarda e O Sonoro Maxín para desfrutar da mellor gastronomía con música durante todo o fin de semana.

Ademais este ano contamos cun espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar, o sábado ás 20:00h. Trátase do espectáculo “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias.

A Festa da Langosta xa vai máis alá dunha carpa onde comer”, manifestaba o alcalde, Roberto Carrero, “este ano contamos con moita música, ademais gran parte dela de orixe local, e con espectáculo para desfrutar en familia dunha fin de semana espectacular”.

Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.

Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía). Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.

Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da fin de semana no porto da Guarda para desfrutar dunha comida excepcional. Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.

Hoxe presentamos a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira en Marín, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e veciñas para que nos visiten a próxima semana.

Alí puidéronse desfrutar dos produtos que se poderán degustar no porto da Guarda a próxima fin de semana do 4,5 e 6 de xullo. Os asistentes quedaron abraiados da calidade destes produtos.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deu a benvida a este “pequeno petisco para que poidamos abrir o padal e en 10 días xuntarnos dentro desa carpa, aberta a todo o público con prezos moi populares, para que poidamos degustar da nosa gastronomía”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, sinalou que a Festa da Langosta é “unha festa importante que está xa sinalada no calendario e que pretende ano a ano ir crecendo e ofrece o mellor”.

O próximo venres 4 de xullo abrirase a carpa ás 12:00h para aproveitar ao máximo a fin de semana de boa gastronomía. Xa pola tarde, ás 20:30h será o pregón no porto a cargo de Rafa Durán para continuar co resto da programación de entretemento e musical.

A XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira traspasa o eido gastronómico e terá unha proposta musical e lúdica para achegarse a todos os públicos. Haberá pasarrúas durante as tres mañás da festa co Grupo de Gaitas de Pensionistas e da 3ª Idade, o Trebón dos Xidos e A Boalleira, respectivamente.

A música non remata aí, pois o exterior da carpa do porto converterase en escenario de tres concertos máis. O venres ás 22:30h actúa Meigalho, banda do batería guardés Stewart cunha proposta de tradición galega con elementos da música jazz e rock. Xa o sábado, ás 23:00h a Agrupación musical da Guarda ofrecerá un concerto moi especial de bandas sonoras polo seu XX aniversario. E para rematar a festa, o domingo ás 20:00h o grupo O Sonoro Maxín porá ritmo de cumbia galega para bailar.

Ademais este ano contamos cun espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar. Trátase do espectáculo “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias. Todos e todas poderán desfrutar deste espectáculo no exterior da carpa o sábado ás 20:00h.

A Festa da Langosta xa vai máis alá dunha carpa onde comer”, manifestaba o alcalde, Roberto Carrero, “este ano contamos con moita música, ademais gran parte dela de orixe local, e con espectáculo para desfrutar en familia dunha fin de semana espectacular”.

Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.

Como sempre, celebrarase na primeira fin de semana de xullo, os días 4, 5 e 6 de xullo, mais trae unha novidade: a festa adiántase ao venres ás 12:00h da mañá. Aínda que a carpa abrirá pola mañá, a inauguración oficial da festa co pregón será ás 20:30h. O pregón desta 33ª edición volve ao porto da Guarda e conta cun persoeiro de luxo, Rafa Durán.

Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía). Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.

Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da fin de semana no porto da Guarda para desfrutar dunha comida excepcional. Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.

A XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda arranca este ano coa apertura da carpa o venres 4 de xullo ás 12:00h, mais non será ata esa tarde ás 20:30h cando escoitemos o pregón.

O pregón desta 33ª edición volve ao porto da Guarda e conta cun persoeiro de luxo, Rafa Durán. O presentador, cómico e actor de Baiona encargarase este ano do pregón da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Rafa Durán é coñecido polas súas múltiples facetas relacionadas co humor e a televisión, como presentador de programas e concursos da TVG como “Hit list”, “Aquí Galicia” ou “Imos de feria”.

No eido humorístico, Rafa Durán é membro do dúo cómico de improvisación teatral “Coaches de Choque” xunto Oswaldo Digón. Ademais, é moi coñecido en redes sociais como Instagram e Tiktok polos seus sketches de humor, as #Duranadas.

Invito a todos e a todas a vir ao pregón desta Festa da Langosta, xa que contamos cun pregoeiro espectacular”, pensa o alcalde, Roberto Carrero, “que desde logo, será o arranque para outra Festa da Langosta de récord”.

Despois do pregón, os asistentes poderán continuar a degustar os pratos que se ofertan dentro da carpa. Unha carpa que este ano aumenta a súa capacidade ata os 600 comensais grazas aos seus 1.200 metros cadrados. Ademais de langosta e produtos mariñeiros, a rosca de xema, a sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos, será protagonista.

A Guarda é a vila máis acolledora de Galica segundo os propios visitantes, pois acaba de resultar a gañadora desta categoría nos Traveller Review Awards 2025 que se coñeceron este luns 9 de xuño.

Estes premios celebraron a 13ª edición e baséanse en máis de 360 millóns de comentarios verificados en Booking.com de viaxeiros internacionais. A Guarda destacou nos valores de autenticidade, proximidade e calidez no trato, colocándose, por tanto, no máis alto do ranking galego en hospitalidade e calidade na experiencia turística.

Os viaxeiros tamén deixaron notar a riqueza do noso patrimonio natural e cultural, desde o recoñecido Castro de Santa Trega ata o porto, a fortaleza de Santa Cruz e a propia desembocadura do río Miño.

Estamos encantados con este recoñecemento, que ademais provén dos propios visitantes e turistas, pois recoñece o traballo e aposta que estamos facendo desde este goberno polo turismo”, declara o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, “pero tamén pón en valor a idiosincrasia dos guardesas e guardesas, esa forma de ser acolledora e amable”.

O Concello da Guarda xa leva realizado diferentes accións dentro da promoción turística para dar a coñecer a nosa vila e os seus encantos. En xaneiro, A Guarda estivo presente en na Feira de FITUR en Madrid, para logo ser a protagonista en maio na caseta do Lar Gallego na Feria de Abril de Sevilla. Ademais, realizáronse traballos para mellorar a experiencia dos turistas, como un deseño renovado dos mapas turísticos e a posibilidade de realizar visitas virtuais.

Xa temos datas para a XXXIII Festa ga Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda. Como sempre, celebrarase na primeira fin de semana de xullo, os días 4, 5 e 6 de xullo, mais trae unha novidade: a festa adiántase ao venres ás 12:00h da mañá.

Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía). Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.

Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da fin de semana no porto da Guarda para desfrutar dunha comida excepcional. Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.

A Festa da Langosta traspasa o eido gastronómico e terá unha proposta musical e lúdica para achegarse a todos os públicos. Ao longo deste mes de xuño daranse a coñecer outras novidades, como a programación completa e tamén o nome da persoa encargada do pregón este ano.

Estamos moi contentos de que a Festa da Langosta e da cociña mariñeira siga crecendo, este ano xa incluíndo tamén o mediodía do venres”, manifestaba o alcalde, Roberto Carrero, “A Guarda xa é esa fin de semana o referente de festa gastronómica en Galicia”.

O Monte Santa Trega é o recurso máis destacado da Guarda polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos e o Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha tempada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita percorre as diferentes áreas escavada, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona da Mergelina, na ladeira ao lado do río Miño.

Dende hai máis dunha década que se ofrece esta actividade e segue tendo unha excelente acollida cunha media de 20 persoas en cada visita guiada. O público habitual son turistas e visitantes nacionais que pasan as súas vacacións en Galicia. Ademais tamén realizan esta visita veciños da Guarda e da comarca con interese na historia e paisaxe do Monte Santa Trega e outros acompañan a familia e amigos que visitan a nosa vila.

A duración da visita é de 45 minutos, aínda que sempre é interesante completala coa visita ao Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que estará aberto en xuño e setembro en horario de 10:00 a 20:00h de martes a domingo, e que amplía o seu horario en xullo e agosto de 9:00 a 21:00h.

Os meses de xuño e setembro adoitan ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares polo que a visita guiada regular nestes meses será as fins de semana ás 12:00h.

Para os meses de xullo e agosto amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00), agás o domingo 10 de agosto que non haberá visitas. Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un correo electrónico a masat@aguarda.es.

O Concello da Guarda renovou este ano os mapas turísticos, ferramenta base para moitos visitantes da vila. Con esta renovación, o mapa turístico adaptouse aos novos tempos, optando por un formato máis visual e reducindo o texto explicativo.

Deste xeito, engádense imaxes dos puntos de interese da Guarda, polo que o turista pode ter esa referencia visual antes de chegar ao destino. Por outra banda, mantense a ampliación do casco urbano para facilitar a mobilidade dos visitantes polas rúas da Guarda.

Nesta nova adaptación, non só se tivo en conta as tendencias actuais, cun deseño que imita as acuarelas e máis simplificado, senón que tamén se fixo pensando no medio ambiente, polo que os mapas están feitos con materiais reciclados.

Ademais, o mapa inclúe Qrs cos que acceder directamente a diferentes rutas propostas para coñecer mellor a nosa vila adaptándose ao tempo e preferencias de cada un, e tamén pódese acceder ás visitas virtuais que ofrece a páxina de turismo do Concello.

Estes mapas estreáronse coa promoción da Guarda en FITUR a comezos de anos e, coa chegada da época de maior afluencia turística, xa se repartiron, xunto con outro material turístico, polas Oficinas de Turismo e hoteis do Baixo Miño.

O alcalde da Guarda, acudiu este luns á tradicional cena do Pescaíto e ao alumbrao da portada coa que se iniciou a Feira de Abril 2025. Na caseta do Lar Gallego puidéronse observar fotografías que amosan a beleza natural, patrimonio, gastronomía e riqueza cultural da vila.

“Foi unha noite moi bonita, onde a xente desexaba coñecer máis das paisaxes e da historia que os rodeaban”, relata o alcalde. “Ver tanta xente falando sobre A Guarda foi realmente emocionante”.

Calquera época do ano é un bo momento para descubrir a vila mariñeira da Guarda e se a visita coincide coa Semana Santa pódese tamén participar nas celebracións relixiosas.

A Guarda é unha pequena vila que ofrece variadas propostas para cada visitante como gozar da natureza do Esteiro do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida mariñeira no porto e degustar a nosa gastronomía e produtos locais.

Para coñecer detidamente A Guarda están dispoñibles uns mapas dixitais con 18 rutas distintas e máis de 80 puntos de interese, e, como novidade pódense facer unhas visitas virtuais a través da web www.turismoaguarda.es .Estas permiten realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información coas audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro, que transportará ao visitante a finais do século I aC.

A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente este venres 11 de abril, coa Procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

A programación relixiosa da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 13 de abril (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Bieito ás 11:30 horas. A continuación, celébrase a procesión ata igrexa parroquial e a Misa da Paixón do Señor.

O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (21:00 h). Os actos relixiosos pecharán coa misa solemne de Pascua e a bendición pascual, o domingo 20 ás 11:30h.

Nesta Semana Santa ofreceranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, que permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento arqueolóxico. Durante unha visita guiada de 45 minutos os visitantes coñecerán en detalle a cultura castrexa e como vivían no Trega.

As visitas gratuítas están organizadas do martes 15 ao domingo 20 de abril en dúas quendas ás 12:00h e ás 17:00h. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro. Esta visita guiada pode completarse coa visita ao Museo Arqueolóxico de Santa Trega que se atopa na cima do monte e que nestes meses de primavera abre de martes a domingo de 10:00 a 20:00h.

Coincidindo coa Semana Santa a Oficina de Turismo da Guarda, na Praza do Reló, comezará co seu horario de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén atención no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es .

Para completar a visita pódese acudir á exposición de cámaras fotográficas na Casa do Concello, no horario de mañá dos días laborais. A propia igrexa parroquial acolle esta fin de semana dous concertos. O sábado, o coro Gli Appassionati trae a obra ‘Stabat Mater’ de Steve Dobrogosz a partir das 21:00h, mentres que o domingo 13 ás 17:00h, será a Agrupación Musical da Guarda quen ofrecerá un concerto de marchas procesionais.

Na Guarda ademais teñen lugar as tradicionais Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado 12 coa celebración do seu serán ás 22:00h. Xa o xoves 17 celebrarase a tradicional lacoada nas Escolas de San Lourenzo. A festa continuará o venres 18 de marzo co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados no Estadio Municipal. O sábado 19 haberá tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:30h para adultos) e á noite, verbena, amenizada polo Trío LA NOCHE e o GRUPO AMÉRICA (23:00 h). Na xornada do 31 de marzo, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar os pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables e pintacaras para nenos. Ás 17:00 comezará a poxa de produtos tradicionais para pechar ás 19:30 coa actuación do grupo folk Os Folieros.

Máis información en www.turismo@aguarda.es .

A Concellería de Eventos Deportivos volve este ano coa organización de andainas para coñecer novos lugares.

En total, son catro andainas que se reparten na primavera e outono do 2025. Todas elas contan con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€/persoa para cada andaina.

Todas rutas están entre os 10 e 18 kilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.

A primeira andaina será o 26 de abril para realizar a primeira etapa da Vía Mariana que une Braga con Muxía, polo que se percorrerá a localidade portuguesa. Un mes máis tarde, o 24 de maio, recorreremos o interior da provincia co ruta do río Xesta e a fervenza do río Oitavén, percorrendo o concello da Lama.

Antes do remate do verán, o 13 de setembro, retómase as saídas cun roteiro por Lobios (Ourense) para desfrutar deste paisaxe de interior. Para pechar a actividade, o 11 de outubro, farase unha ruta pola Serra do Galiñeiro na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición establécese do luns 17 ao venres 28 de marzo. O martes 1 de abril informarase aos interesados da lista de admitidos.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

A Guarda inaugurará o Entroido 2025 co Desfile Escolar o próximo venres 28 ás 11:30h, cando preto de 400 alumnos e alumnas da Guarda tomen as rúas para amosar os seus mellores disfraces.

Durante a fin de semana continuará a programación na Alameda. O sábado haberá noite de djs con Axel, Matt, Joan Roca e Diego Mariño. A tarde de domingo arranca co espectáculo de clow infantil “A vida tola de Pajarito”, quen fará participar ao público e transeúntes coas súas tolemias.

Despois, a charanga Cantos Somos amenizará o resto da tarde de domingo. O luns e martes de Entroido temos as tardes completas de actividades para desfrutar na Alameda. O luns 3 teremos xogos populares na Alameda, mentres que o martes 4, haberá festa de Entroido e Baile de Disfraces con pintacaras, globoflexia e búsqueda do tesouro.

O prato forte chegará o venres 7 de marzo co Desfile de Entroido. Este sairá ás 20:30h da Rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a Rúa Galicia ata rematar na Alameda. Alí, comezará a festa con Darío GZ, Adrián Mesu, Christian Pereira e DJ Charlie.

(En caso de chuvia, proporase unha nova data para a celebración do desfile)

Ide preparando os vosos mellores disfraces, que chega o Entroido 2025!

A partir do 15 de febreiro volve a abrir o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas a exposición de pezas atopadas nas diferentes escavacións.

A longo do ano o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes a domingo. Durante o 2023, unhas 40.000 persoas visitaron o Museo.

A novidade deste ano é o lanzamento do proxecto de visitas virtuais que permitirán coñecer mellor o Monte Santa Trega e outros espazos de interese na vila da Guarda. Esta iniciativa financiouse cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.

Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden empregar esta ferramenta que permite realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información coas audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro, que transportará ao visitante a finais do século I aC.

Esta nova ferramenta dixital está dispoñible na web turismoaguarda.es ou directamente no QR de enlace do recorrido virtual Castro Santa Trega.

Trasladase a información achegada polo Clúster de Turismo de Galicia sobre a organización dunhas mesas de traballo participativas abertas ao sector turístico co obxectivo é coñecer a situación actual do turismo na Eurorregión.

Nestes encontros abordaranse os puntos fortes, preocupación, expectativas, etc. sobre a Eurorrexión como destino turístico, a través de varias dinámicas de traballo onde participarán empresas galegas e portuguesas.

As mesas organizaranse o mércores de 26 de febreiro en Vila Meâ en territorio portugués e o xoves 27 de febreiro nas instalacións da Bodega Terras Gauda (horario de España), con dúas quedas:
-Programa de mañá:
▪ Recepción de asistentes, entre as 11:15h e as 11:30h
▪ Mesa de traballo, entre as 11.30h e as 14:00h.
▪ Almorzo networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e da tarde
▪ Fin da xornada ás 15:30 h

-Programa da tarde:
▪ Recepción de asistentes, entre as 13:45h e as 14:00h
▪ Almorzo networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e da tarde
▪ Mesa de traballo, entre las 15:30h y las 18:00h
▪ Fin da xornada ás 18:00 h

Os interesados deben cumprimentar o formulario online indicando a entidade ou empresa á quen representan e seleccionando a sesión de traballo a que desexa asistir. A participación é gratuíta pero sí está limitada a 20 entidades por mesa de traballo (10 empresas galegas e 10 portuguesas en cada mesa participativa). Para facilitar as dinámicas de traballo, só se admitirá unha persoa por entidade.

Esta actividade enmarcase no proxecto CLUSTERTUR, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. O Cluster de turismo organiza en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (AECT) e co apoio Turismo Porto Norte e de Turismo de Galicia.

A Axencia de Turismo de Galicia abre o prazo para a presentación das solicitudes da Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)

A finalidade é potenciar a oferta turística galega, modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.
Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición no REAT):

  • Establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticas e albergues turísticos (punto 55.1 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)
  • Restaurantes (grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia) e debidamente inscritos e clasificados no REAT.

Prazo de solicitudes: remata o martes 11 de marzo de 2025.
• Contía da axuda: entre o 40% e o 60%, sendo o máximo 60.000€ a percibir.
• Investimento neto admitido ata 100.000 €, o IVE non está incluído.
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2025.
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2025.
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal ou no tel. 981 54 63 64 e 981 54 74 05

Os investimentos subvencionables son:
• Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
• Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
• Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
• Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
• Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
• Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
• Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establecemento, facilita acadar puntuación como nesta subvención.

DOG 11/02/2025 Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)
DOG 11/02/2025 Extracto

A finalidade desta subvención é diminuír o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autónomos.

Prazo de presentación das solicitudes: do 17/01/2025 ata o 25/06/2025 ou ata esgotar o crédito.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009), entre outras:
– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)
– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
– Sección S: outros servizos, só divisións 94 e 96.

Tramitación:
Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)
Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.
Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude recolla exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 1 de outubro de 2025.
Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono asesoramento enerxético: diagnoses e auditorías enerxéticas.
• Bono envolvente: elementos de control solar (toldos de control solar e/ou térmico).
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA Nº6 do 10/01/2025. Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme).

As datas festivas están á volta da esquina e para desfrutar delas, A Guarda ten unha programación chea de actividades para toda a familia.

A música será a gran protagonista, con concertos e pasarrúas, mais tamén haberá contacontos e espectáculos de maxia ou circo. Ademais recibiremos visitas moi especiais, como Papá Noel, as carteiras reais e os Reis Magos.

Durante as vindeiras semanas, irase dando a coñecer máis información sobre cada unha das actividades.

Ante a redución do número de peregrinos nestas datas de Nadal, o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do luns 16 de decembro ata o xoves 16 de xaneiro, abrindo novamente a partir do venres 17 de xaneiro.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro debido aos días curtos, o empeoramento do tempo e as celebración do Nadal. Nestas semanas de peche do albergue aproveitase para realizar tarefas de mantemento das instalacións.

Durante este 2024 aloxáronse 4.250 peregrinos, uns 150 peregrinos máis con respecto a 2023. O albergue ten unha capacidade para 36 persoas polo que moitos peregrinos escollen outros tipos de aloxamentos turísticos como os hoteis, especialmente nos meses de inverno.

O Camiño Portugués da Costa segue a crecer, sendo notable a presenza constantes dos peregrinos que percorren as nosas rúas e tamén como reflexan os datos rexistrados na Oficina do Peregrino en Santiago con 74.500 peregrinos a día de hoxe, superando os 52.000 rexistrados en todo o 2023.

A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou arredores para gozar das súas vacacións.

Estas visitas guiadas son un complemento perfecto visitando o Monte Santa Trega, recorrendo noso territorio a través das rutas de sendeirismo, desfrutando da natureza no Esteiro do Miño, descubrindo a vida mariñeira no porto e no Museo del Mar e degustando a nosa gastronomía e produtos locais.

Esta campaña especial das visitas guiadas centrase nos valores arqueolóxicos do Monte Santa Trega, un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.

Esta visita guiada realizaranse o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de decembro ás 12:00h e terán unha duración duns 45 minutos. A visita centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega, nun recorrido de menos dun quilómetro que inclúe o Barrio Mergelina e finaliza nas vivendas reconstruídas. As explicacións do guía permitirán coñecer como vivían os castrexos no Trega fai máis de 2.000 anos.

Esta actividade non precisa inscrición previa, os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita no aparcadoiro da Casa Forestal que se atopa uns metros despois de cruzar o castro. Aqueles que accedan en vehículo ao monte deberán abonar a taxa de acceso, sendo a visita guiada gratuíta.

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:
• MASAT (Museo Arqueolóxico). Do venres ao domingo: 10:00 a 19:00h
• Museo do Mar. De venres a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00h
• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de venres a domingo de 10:00 a 14:00h. Tamén pódese consultar no mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46.