A Axencia Turismo de Galicia organiza o Webinar “Convocatoria de axudas da Xunta de Galicia á Hostelería e restauración“, que terá lugar hoxe, xoves día 14 de outubro ás 16:30 horas.
Neste webinar darase resposta ás dúbidas que poidan ter os beneficiarios destas dúas ordes de axuda recentemente publicadas no Diario Oficial de Galicia. Información detallada de cada axuda premendo directamente:
–Axudas para a promoción da dixitalización e o márketing dixital.
-Axudas para investimentos post covid: modernización e mellora da competitividade.
É preciso inscribirse á webinar neste enlace (prema).
Comentarios