A finalidade desta subvención é contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos post covid.
Destinatarios:
PEMES: microempresas, pequenas e medianas empresas do sector do hostalería, incluído o aloxamento turístico:
• Hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos
• Restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.
Tramitación:
- Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU503E)
- Información: Axencia de Turismo (Fomento) no teléfono: 900 81 53 34 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal
- Sistema de concorrencia non competitiva.
Prazo de presentación das solicitudes: remata o 8 de novembro de 2021.
Contía da axuda: 90 % ata un máximo de 50.000€.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Realizados entre o 1 de xaneiro de 2021 ao 30 de novembro de 2021 e con respecto aos conceptos seguintes:
- Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.
- Sistemas de chekin-in automáticos.
- Carteleira, rotulación, sinalética e actuacións vinculadas con esta.
- Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).
- Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).
- Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.
- Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.
- Novo equipamento de hixienizado e lavado.
- Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.
- Equipamento multiservizo.
DOG Nº 193 DO 6/10/2021 Subvención para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.
Comentarios