18/10 Reunión virtual da Deputación sobre os Fondos europeos Next Generation

Hoxe 18 de outubro de 18:00 a 20:00h a Deputación de Pontevedra informa dunha xornada informativa sobre os Fondos europeos para superar os efectos económicos e sociais derivados da COVID-19.

Obxectivo: Coñecer que son os Fondos Europeos Next Generation, as convocatorias, os ámbitos estratéxicos e como as pemes e micropemes poden participar e beneficiarse deles.

Contidos:

  • Plan de recuperación, transformación e resiliencia: eixes e pancas de actuación
  • Programas Next Generation UE
    • Proxectos de colaboración público-privada con capacidade de atracción para pemes, micropemes e persoas autónomas.
    • Plans e axudas: convocatorias, acceso e plan específico para pemes, micropemes e persoas autónomas.
    • Acceso indirecto como subcontrata, colaboración ou subministración; preparación e documentación; asesoramento, liñas de axudas e páxinas webs oficiais.

Dirixido a viveiristas, empresas, profesionais, persoas emprendedoras e público interesado.

Prema para a inscrición previa.

Comentarios

Leave a Reply