22/10 Novas indicacións para a hostalería e o lecer nocturno tralo fin da emerxencia sanitaria

O xoves 21 de outubro a Xunta de Galicia declarou oficialmente a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia.

Ante esta nova realidade acordáronse unhas novas medidas sanitarias para os establecementos de hostalería e de lecer nocturno e que foron publicadas esta tarde no DOG Nº204 BIS.

Estas modificacións entran en vigor do venres ao sábado 23 de outubro.

No referente ao Plan de Lecer Nocturno mantéñense os niveis (1 e 2 cunchiñas) pero modifícase:

  • Ampliación do horario do peche ao público:
    • Para pubs e cafés espectáculos ata as 4:00h. e ás 4:30h as noites do venres ao sábado e do sábado ao domingo.
    • Para as discotecas ata as 5:00h.
  • Amplíase os aforos ao 100% no interior e no exterior.
  • Obrigatorio para os dous niveis a exhibición do Certificado COVID. É dicir, para o acceso ao interior é obrigaorio a presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
    1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
    2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas no caso das PCR e de 48 horas no caso dos tests rápidos de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
    3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é valido outro tipo de test.
      • Estes certificados tan só se mostrarán á entrada no momento do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

No referente ao Plan de Hostalería segura mantéñense os requisitos de cada nivel: 1 cunchiña ou 2 cunchiñas. Pero os dous niveis vanse modificar en:

  • Amplíase o aforo ao 100% en interior e terraza.
  • Amplíase o horario de peche ao público ata as 1:30h ás noites do venres ao sábado e do sábado ao domingo.
  • Permítese o consumo en barra:
    • Recomendase  que os clientes en barra manteñan a máscara correctamente colocada nos momentos en que non se poida garantir a distancia co traballador.
    • Estará diferenciado o uso da barra: clientes e zona destinada para persoal traballador.

 

ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Comentarios

Leave a Reply