24/09 Aberta a convocatoria da subvención para a promoción da dixitalización e o marketing dixital

A finalidade desta subvención é contribuír á recuperación de destinos turísticos a través de axudas ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital para o ano 2021. Mediante liñas de axudas buscase mellorar actividade económica e incrementar a competitividade destas empresas coa transformacióm dixital.

Destinatarios:
Autónomos, microempresas e pemes do sector do hostalería, incluído o aloxamento turístico:
• hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos
• restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.

Tramitación:

  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU503C)
  • Información: Axencia de Turismo (Fomento) no teléfono: 900 81 53 34 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal
  • Sistema de concorrencia non competitiva.

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 25 de outubro de 2021.

Contía da axuda: 100 % ata un máximo de 15.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

  1. Instalación de novos PMS (Property Management System).
  2. Integración de PMS actuais.
  3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.
  4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.
  5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.
  6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:
    • Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking…).
    • Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group…).
    • Sistemas de marketing automation.
    • Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).
    • Publicidade en liña.
    • Campañas publicitarias con prescritores.
    • Reportaxes fotográficas e de vídeo.
    • Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control crítico).
  7. Web corporativa con motor de reservas.
  8. Adquisición de hardware informático.
  9. Gastos de persoal:
    – Sistemas de control do teletraballo.
  10. Equipamento tecnolóxico:
    – Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia.
    – Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipamentos informáticos, software, comunicacións, etc.) como específico.

DOG Nº 185 DO 24/09/2021 Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.

EXTRACTO Nº 185 DO 24/09/2021

Comentarios

Leave a Reply