23/09 bis_Modelos para elaborar o plan de continxencias e Sanidade informa da campaña de inspeccións

En primer lugar, indicar que hoxe a Consellería de Sanidade informa que no mes de outubro comezará unha nova campaña de inspección á hostalería para asesorar e verificar o cumprimento das medidas recollidas no Novo Plan de Hostalería Segura.

Está previsto levar a cabo máis de 1.000 verificacións á semana, reforzando as inspeccións realizadas nos horarios de máis afluencia aos locais de hostalería.

Comprobaran os requisitos do nivel acreditado polo establecemento como o cumprimento dos aforos permitidos, respectar as distancias de seguridade, a medición continua ou discontinua de CO2 , a acreditación de cursos de formación básica ou avanzada, o tipo de máscara que se lle ofrece ao persoal, a existencia dun rexistro de clientes ou a posibilidade de ofertar probas diagnósticas aos traballadores.

Outro requisito é dispor dun plan de continxencia no contexto da COVID-19.  Ante as dúbidas trasladadas, a Consellería de Sanidade finalmente publicou un modelo de cada plan. En base ao modelo o responsable tan só terá que cumprimentar aquela información do seu propio establecemento (no modelo é o texto en cor gris e cursiva) e o resto de información tan só terá que copialo. Tamén establece que cada empregado terá unha copia deste plan, así como asinar que recibiu dito exemplar. Pódese descargar directamente en PDF:

 

NOTA DE PRENSA COMPLETA: “Sanidade pón en marcha a nova campaña de inspeccións vencellada ao Plan de hostalería segura”

Comentarios

Leave a Reply