23/09 A Xunta publica os contidos e o prazo para a formación do Plan de Hostalería

No DOG 184-bis publicado esta tarde a Xunta de Galicia informa sobre a formación obrigatoria para o persoal da hostalería.

Neste boletín detallase os contidos da formación básica para a hostalería nivel C1 con 2 horas e da formación avanzada para a hostalería nivel C2 con 4 horas.

Tamén define o prazo de 2 meses (ata o 22 de novembro) para que este requisito sexa de obrigado para todo o persoal.

Como xa se adiantará haberá dúas para realizar esta formación:

Cursos organiza dos pola Xunta de Galicia:

No prazo máximo de 10 días os profesionais do sector contarán cunha web de formación para acceder aos contidos de cada nivel e obter a certificación oportuna de forma gratuíta. Nesta web de formación (prema) estarán dispoñibles dúas opcións para acceder aos contidos da formación básica e da formación avanzada. Os contidos poderán visualizarse cantas veces se considere conveniente.

Tras a visualización dos contidos, o alumnado deberá rexistrarse para solicitar o acceso á proba que corresponda. A cada alumno que o solicite, enviaráselle por correo electrónico a ligazón para realizar a proba. Se a proba é superada, remitiráselle o certificado tamén por correo electrónico.

Cursos organizados por outras entidades e servizos de prevención de riscos laborais.

Poderán ser impartidos por entidades de formación, asociacións do sector e servizos de prevención de riscos laborais. As titulacións dos docentes deberán ser: licenciaturas ou diplomaturas do ámbito sanitario, licenciatura en Veterinaria, técnicos de Seguridade e Hixiene, técnicos en Prevención de Riscos Laborais.

Ademais, deben exixir asistencia completa (presencial ou virtual) e a superación dunha proba para a obtención do certificado correspondente.

As entidades de formación, as asociacións do sector e os servizos de prevención de riscos laborais que pretendan acreditar esta formación comunicarán á Dirección Xeral de Saúde, quen validará o curso ou comunicará, se é o caso, os requisitos que deban cumprirse para a indicada validación. Os cursos validados publicaranse na páxina web de hostalaría segura.

Comentarios

Leave a Reply