Cada ano A Guarda como destino turístico destacado conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR.
O xoves 20 de xaneiro no stand de Turismo de Galicia tivo lugar a presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués” do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño e A Guarda ofreceu a súa experiencia no Camiño Portugués da Costa.

 

 

 

 

 

Nesta presentación estiveron presentes profesionais de diferentes ámbitos do turismo onde ofreceron a súa experiencia no camiño e no trato diario cos peregrinos. O Concello da Guarda estivo representado pola técnico de Turismo, Rosalía Verde, que trasladou aos asistentes a atención prestada na Oficina de Turismo e a relevancia da Guarda como primeiro municipio galego do Camiño Portugués da Costa.
Ademais nesta presentación presentouse o vídeo promocional da campaña para este 2022 onde cinco mulleres vinculadas ao turismo contan a importancia social e económica do camiño para os concellos do Camiño Portugués e da Costa. As cinco mulleres protagonistas do vídeo son Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda.
Ademais asistiuse á presentación da campaña “Love Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e no seu vídeo promocional amosan a historia de 7 persoas que se achegaron ata a provincia e decidiron quedarse a vivir. Unha destas protagonistas é Daniela Savic, naceu en Eslovenia e chegou A Guarda como xogadora de balonmán e agora continúa como adestradora. A través do seu relato e as panorámicas da vila converteuse nunha excelente embaixadora do noso concello.


Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no stand de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello.

 

  • 17Goberno Central aprobou o financiamento do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) presentado polo concello da Guarda.
  • Este plan será financiado con fondos NextGenerationEU en materia de sostibilidade turística en liña co plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.

 

En Galicia foron aprobados 16 proxectos de sostibilidade turística entre os cales se atopan o “PSTD A Guarda” cun orzamento de 1.000.000 € e o proxecto “Despensa de Galicia”, financiado con 1.500.000 €, presentado polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, unha agrupación de 14 concellos entre os que tamén se atopa a Guarda.

O principal obxectivo que se tivo en conta para elaborar o “PSTD A Guarda”  foi o de consolidar o turismo mediante unha serie de accións que reforcen a sostibilidade do destino apoiándose nos seus recursos fundamentais: a gastronomía, o patrimonio cultural e o patrimonio natural, que o converten nun destino único onde o mar, río e patrimonio material e inmaterial xeran unha paisaxe singular e crean sinerxías coas actividades do sector privado, ao que se lle atribuirá unha maior gobernanza.

Foron moitos os axentes locais que participaron na elaboración e apoio do “PSTD A Guarda”. O concello agradece a todos os particulares, empresas e entidades que, ben a través de reunións sectoriais, cartas de apoio ou enquisas se implicaron neste proxecto turístico. Estas achegas foron fundamentais para conseguir o financiamento.

O plan inclúe, entre outras actuacións: a protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño, actuacións relacionadas coa mellora da xestión do uso do Monte Trega, implantando medidas que regulen o acceso a este espazo de alta presión de visitantes coa creación dun estacionamento disuasorio na zona da Porta do Trega. Un novo proxecto artístico para o dique norte coa incorporación de iluminación artística. A mellora do tramo de senda da estrada de Camposancos, entre o cruce co paseo de Portugal e a entrada do barrio do Couto. O impulso á náutica deportiva e tradicional coa instalación de pantaláns flotantes no porto da Guarda e na Pasaxe. A posta en valor da Guarda como destino gastronómico, a creación de contidos dixitais e a dixitalización da comercialización dos servizos turísticos municipais.

Este ambicioso Proxecto Sostible de Turismo en Destino desenvolverase en tres anualidades entre o 2023-25 e dará resposta a necesidades e demandas que tan unha vila turística como A Guarda na que é necesario potenciar a gobernanza e modernización do sector.

• Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacada e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.
Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.
Na selección das fotografías procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas.
As fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mativeronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.
Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está intregado por Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.
A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorará a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.
Na tardiña do luns 10 de xaneiro formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o Alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz
Neste acto tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén ao calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación imaxe fotográfica da nosa vila.
O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso do noso paisaxe. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de QUE FACER na nosa vila.

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio a través das rutas de sendeirismo, gozan da natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

Para completar estes recursos e para que os visitantes e veciños coñezan con máis detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas gratuítas coincidindo coa Ponte da Constitución:

Castro Santa Trega:
Visita guiada de 60 minutos á zona escavada comezando polo Barrio Mergelina (escavación realizada en 2018) e rematando nas vivendas reconstruídas. Permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.
Haberá unha visita ás 12:00 os días sábado 4, domingo 5, martes 7 e mércores 8 co punto de encontro na Casa Forestal.
O aforo é limitado e precisan inscrición previa no MASAT (Museo Arqueolóxico) no tel. 690 01 70 38 ou en masat@aguarda.es. O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

Percorrido histórico polas prazas urbanas:
Co encanto da noitiña visitaranse as principais prazas e rúas urbanas amosando a súa historia, detallando os diferentes usos e nomes empregados no pasado e destacando os monumentos máis importantes destes espazos urbanos.
Neste caso as visitas comezarán ás 18:30h na Praza do Reló xunto a Oficina de Turismo e serán os días sábado 4, domingo 5, luns 6 e martes 7.
Tamén terán unha duración aproximada de 60 minutos e precisan inscrición previa na Oficina de Turismo (tel. 986 61 45 46 ou en aguarda.oficina.turismo@gmail.com / turismo@aguarda.es)

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura especial:
• MASAT (Museo Arqueolóxico). Amplía o seu horario dende o venres 3/12 ao mércores 8/12: 10:00 a 19:00. O luns mantense pechado.
• MUSEO DO MAR. Aberto de sábado 4/12 ao mércores 8/12 (excepto martes 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00
• CASTELO DE SANTA CRUZ: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00.

Estas datas da Ponte da Constitución tamén serán unha oportunidade para coñecer a figura de Eliseo Alonso Rodríguez, recentemente recoñecido como Fillo Adoptivo da Guarda, visitando as dúas exposicións na súa honra na Casa dos Alonso (Praza do Reló):
• Exposición bibliográfica titulada “Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda”. O visitante descubrirá a vida literaria de Eliseo e doutras persoas de relevancia.
• Mostra filatélica coas coleccións de varios expositores. Ademais dunha tarxeta postal ilustrada personalizada e franqueada con un selo personalizado (gamela a vela da Guarda) e un sobre ilustrado co cuño postal conmemorativo.
Horario ata o 9 de decembro: De luns a venres: 11:00 a 13:00h. Fins de semana e festivos (luns 6/12 e mércores 8/12): 11:00 a 13:30/16:00 a 19:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo abre de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 ata o 17 decembro. Tamén consultar por mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46 (operativo o domingo 5/12).

A oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h.
Esta Oficina está integrada na Rede de oficinas da Deputación de Pontevedra – Rede Info Rías Baixas e durante este ano conta con dous informadores turísticos contratados ao abeiro da subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas na Rede Info Rías Baixas.
Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

O Concello da Guarda participou por terceira vez nas xornadas profesionais do Fairway, o IV Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o luns e martes pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais como Viajes Camino de Santiago, Camino Ways, The Real Thing, Galicia Incoming, Marly Camino, Fresco Tours,….

Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello sobre as novas necesidades teñen os peregrinos trala pandemia. Ademais de coñecer cales son as novas tendencias e peticións dos peregrinos ante a nova situación.

Os contactos mantidos coas axencias e tour operadores confirmaron que estas empresas xa coñecen A Guarda como destino co seu referente o Monte Santa Trega e que gran parte xa inclúen dentro dos seus servizos e produtos o noso concello.

Nestas reunións ampliouse a información da vila referente a cultura mariñeira, a gastronomía e o seu patrimonio. E reforzando que A Guarda é o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.

Ademais destes encontros profesionais, a programación da Fairway permitiu valorar a situación trala pandemia e os retos aos que se presentan os Camiños de Santiago, institucións, sectores económicos (aloxamentos, axencias,…) e os propios peregrinos.

O Camiño Portugués da Costa estivo presente no stand de Turismo Rías Baixas co seu stand. Ademais a organización do Fairway convidou o venres 5 de novembro as axencias a un fam trip no que visitaron o Monte Santa Trega como lugar destacado no Camiño Portugués da Costa e, así trasladaron nas reunións mantidas, que o monte ten unha beleza espectacular.

• Contou coa participación de empresarios, profesores e alumnos do IES A Sangriña da Guarda.

Na tarde do mércores día 29 de setembro de 2021 o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” enmarcada no proxecto Atlantic Culture Scape.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, deron a benvida a esta sesión formativa, facendo fincapé na necesidade de promocionar e crear itinerarios turísticos ligados ao patrimonio cultural inmaterial existente no municipio.
Ao longo desta xornada os participantes traballaron conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, procurar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarnos aos novos tempos. Esta formación será complementada por un seguimento personalizado para aquelas empresas e asociación que o soliciten.
Este curso forma parte dun plan formativo promovido desde o proxecto Atlantic CultureScape, xestionado pola Universidade de Vigo. Levaranse a cabo diversas xornadas formativas dirixidas ao Sector Turístico e do Patrimonio Cultural co fin de fortalecer o tecido empresarial e asociativo. Realizaranse diversos cursos ao longo dos próximo meses sobre estratexias de comercialización turística.

O PROXECTO ATLANTIC CULTURE SCAPE
Nos últimos anos, o elemento “inmaterial” do Patrimonio Cultural ten recibido pouca atención no Espazo Atlántico. O proxecto Atlantic CultureScape proponse abordar esta cuestión a través da identificación e valorización do desfrute de auténticas experiencias relacionadas co Patrimonio Cultural Inmaterial. Reunindo sete entidades transnacionais asociadas, o proxecto decorrerá até Setembro de 2022 e é cofinanciado polo Programa INTERREG Espazo Atlántico, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Inicialmente foi realizado un estudo do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) en todo o Espazo Atlántico, a fin de fornecer principios orientadores para o crecemento económico sustentábel. O proxecto céntrase na protección e evolución do PCI, así como no seu desenvolvemento. A creación de produtos innovadores e dunha Ruta no Espazo Atlántico, apoiada por un programa de comercialización transnacional, fomentará un maior recoñecemento e visibilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial. A identificación de auténticas experiencias culturais, enraizadas en cada unha das rexións implicadas, terá unha influencia significativa no número de visitantes e turistas. Así mesmo, preténdese estimular a actividade económica, creando novos negocios e aumentando o número de postos de traballo no sector servizos.
ENTIDADES SOCIAS DO PROXECTO
Está formado por 7 entidades e 12 organismos asociados ao longo do Espazo Atlántico. Cada socio/a lidera un paquete de traballo (PT) e, en conxunto, conforman o proxecto Atlantic CultureScape:
1. Newry, Mourne e Conselho Distrital de Down (Irlanda do Norte).
2. Brecon Beacons National Park Authority (Gales)
3. Gobierno Reginonal de Cantabria
4. Universidade de Vigo
5. Cork Institute of Technology (Irlanda)
6. Agencia Andaluza de Industrias Culturales
7. Município de Rio Maior (Portugal)

• Estas visitas especiais, de carácter gratuíto e con inscrición previa, terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h.

O luns día 27 de setembro celebrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.
Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega volvese a ofertar este servizo pero nesta ocasión as visitas guiadas estarán centradas nas áreas escavadas dende o norte ao sur.
Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,…
Estas visitas especiais terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. As prazas están limitadas polo que precisan de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.
A duración aproximada é 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

As visitas guiadas comezaron o 17 de xuño e remataron o pasado 12 de setembro, polo que ao longo dos tres meses de verán os visitantes achegados ao Monte Santa Trega puideron coñecer en detalle o noso patrimonio.

Estas visitas realizáronse seguindo as restricións do aforo con 20 persoas máximo en cada cita. Este número reducido facilitou o desprazamento polo Castro de Santa Trega e, incluso, que as explicacións e atención fose persoal.

Este servizo segue a ser moi demandando debido ao interese da zona arqueolóxica xa que moitos dos visitantes descoñecen a súa importancia na Cultura Castrexa. Ante a demanda e o número reducido dos grupos este verán aumentouse un día máis, sendo a oferta de visitas guiadas aos visitantes de xoves a domingo. Nesta mesma liña, ofertáronse visitas guiadas curtas de 45 minutos con 6 citas ao día, 3 de mañá e 3 de tarde, sendo a máis solicitada as visitas da maña.

Un total de 2.030 persoas desfrutaron da visita guiada no Monte Santa Trega sendo o agosto o mes no que se completaron case todas as citas, xa que o tempo tan inestable afectou a ofertas das visitas guiadas realizadas ao aire libre.

• Terá lugar o mércores 29 de setembro en horario de 17:00h a 20:00h e é preciso inscrición previa en atlantic.culture.scape@gmail.com

Enmarcado no proxecto Atlantic Culture Scape, a Casa dos Alonso da Guarda, acolle o mércores 29 de setembro unha sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”.

Esta sesión formativa está dirixida a persoas, empresas e asociacións ligadas ao Sector Turístico e ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na mesma traballarase conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, procurar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarse aos novos tempos.

Esta formación será complementada por un seguimento personalizado para afondar nos coñecementos de creación de plans de negocio específicos para cada empresa implicada nesta formación.

É preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico atlantic.culture.scape@gmail.com

• Malia as restricións sanitarias, A Guarda adaptouse aos protocolos sanitarios para ofertar numerosas actividades culturais, turísticas e deportivas ao longo do verán.

O Concello da Guarda ven de pechar a programación do verán 2021, caracterizada por unha programación realizada de acorde ás medidas sanitarias vixentes e con exhaustivos protocolos e medidas covid-19, que favoreceron a realización de actividades culturais con todas as garantías sanitarias.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer á poboación guardesa e visitantes o cumprimento destas medidas, así coma a alta participación nos diferentes eventos programados neste verán que ven de rematar, con actividades para toda a familia e todo os gustos, teatro, música, exposicións…

Destacaron neste verán eventos coma A Guarda Diversa, Mar de Blues, Música nos xardíns, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, Teatro no Trega, Ioga ao aire libre, viaxes na embarcación do Piueiro, o II Encontro do Libro Luso Galaico, a Mostra Creativa do Baixo Miño e concertos de importante calado con artistas coma Guadi Galego, Na Revolta, Klason, entre outros.

As xornadas de observación de estrelas e eventos deportivos coma o Torneo de Petanca, Campionato de Futvolei, caiac e de surf, tamén contaron cunha ampla participación.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou ao longo do verán varias actividades infantís e de animación a lectura, que congregaron un bo número de asistentes.

Os pasarrúas ao aire libre deron o relevo ás verbenas nas festas que debido á pandemia non se puideron celebrar, coma a Festa da Langosta, Festas do Carme, Festas de San Cayetano, Festas da Guía, Festas do Santísimo, Festas de San Antonio, e as Festas do Monte, animando a vila con música e espectaculos coma a Batukada Bate no Cobre, O Séquito do Capitán Nemo, entre outras actividades complementarias.

As exposicións tamén marcaron este verán na Guarda coa Exfimiño 2021 organizada dende A Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa e a exposición “Facedoras do Baixo Miño”, que encheu de vida e cor os baixos da Casa dos Alonso con fotografías para por en valor o traballo da muller en diferentes ámbitos da vida cotiá e empresarial coma a hostalería, viveirismo, redeiras, entre outras.

A danza e o baile tamén tiveron cabida co espectáculo de O Fiadeiro e os Festivais de Baile Moderno e Folclórico de Xamaraina, que encheron de público o Auditorio de San Benito, con aforo limitado e protocolos covid-19.

Dende o Concello se quere agradecer unha vez máis o traballo dos diferentes departamentos e persoal municipal que colaboraron de xeito mutuo para a organización e desenrolo das actividades programadas: departamento de cultura, turismo, OMIX, Policía Local, GES, departamento de servizos, así coma entidades, asociacións e comisións de festas da nosa vila, onde unha vez máis quedou de manifesto que a unión e o traballo conxunto da lugar a actividades de lecer e ocio para o desfrute de veciños e visitantes.

• Máis de 200 persoas campistas e caravanistas de 14 países do mundo atópanse na Guarda para participar nesta acampada internacional.

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuxo celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que se celebra dende o venres 3 e que remata o vindeiro domingo día 12 de setembro no Camping de Santa Tecla da Guarda.
A pesar das dificultades consecuencia da situación sanitaria, nesta edición participan unhas 200 persoas procedentes de España e de 14 paises como Portugal, Francia, Suecia, Polonia, Eslovaquia, entre outros europeos, destacando aos participantes chegados dende Corea.
Durante estes días de convivencia, os participantes desfrutar de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do Miño.
O pasado domingo día 5 de setembro celebrouse o acto de inauguración oficial do 90 Encontro Rally Internacional coa presenza das autoridades e os representantes das Federacións de cada país asistentes.
Este acto de inauguración iniciouse ás 10:00h da mañá co desfile de todas as delegacións dos países participantes, que contou coa participación do grupo folclórico local Xamaraina, con música tradicional e traxes rexionais, desfile no que destacou a comitiva de Corea do Sur, a máis animada e numerosa.

Tralo desfile, os participantes participaron nunha ceremonia oficial de inauguración onde contouse coa asistencia da tenente de alcalde, Montserrat Magallanes; do Concelleiro de Turismo, Rafael Álvarez; Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra; Ana Mejías, Deputada Provincial, entre outras autoridades convidadas.
Miguel Merino, Vicepresidente de la FECC, Federación Española de Clubes Campistas, organizadora de dicho encuentro foi o encargado de dirixir este acto oficial de inauguración, presentando ás diferentes delegacións.
José Vicente Clemente, presidente de la FECC, agradeceu traballo da comisión organizadora deste encontro, que foi organizado en pouco tempo, aproveitando a ocasión para agradecer tamén aos asistentes o apoio recibido nestes momentos de pandemia, recordando ás delegacións internacionais que non puideron asistir polas restricións da COVID-19.
Montserrat Magallanes, tenente de alcalde da Guarda, agradeceu á FECC a organización deste encontro na Guarda e desexou a todos os presentes que a súa estadía na nosa vila sexa unha gran experiencia, gracias a todos os recursos naturais e patrimoniais do municipio.
Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, recoñeceuse como caravanista e campista, asegurando que durante moitos veráns desfrutou do camping na comarca do Baixo Miño. Recoñeceu que o caravanismo facilita coñecer os lugares e intercambiar con outras persoas xa que se xeran convivencias con outras familias.
Rematou as intervencións Joao Alves, Presidente da FICC, quen agradeceu o esforzo da comisión organizadora da FECC, recordando a traxectoria destes encontros internacionais, estando seguro que este 90 Rally será un éxito porque a programación de actividades permite o intercambio cultural entre os participantes e coñecer en detalle A Guarda e Galicia.

Debido a alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar a praza nas saídas de finais de agosto.

Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.

O venres 10 de setembro abrirá o prazo de inscrición ás 10:00h para cubrir aquelas prazas aínda dispoñibles trala oferta aos inscritos en reserva nas saídas de agosto.

A inscrición realizarase presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou no teléfono 986 61 45 46.

A idade mínima para participar é de 10 anos. O número reducido de prazas dispoñibles é reducido polo que unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares.

As datas e horarios dispoñibles son:
-Martes 14 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Xoves 16 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Venres 17 de setembro: 16:00 – 17:30

• As inscricións comezan o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.
• Terá lugar o venres 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal cun total de 17 prazas dispoñibles.

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organizou este verán a actividade “Venres de xullo baixo as Estrelas”, para a observación de estrelas. Unha das citas programadas tivo que ser anulada debido á climatoloxía e realizarase finalmente este venres día 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal.

As prazas para a esta actividade contan con 17 vacantes e as inscricións ábrense o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

• Todas as actividades contan con protocolo COVID-19 asegurando o aforo reducido, a distancia de seguridade e sendo precisa a inscrición previa

A vindeira semana comeza o mes de agosto e con el unha variada e completa programación cultural acompañada de todas as limitacións e precaucións para garantir que a cultura sexa un espazo seguro.
Os eventos programados foron escollidos pensando en satisfacer as inquedanzas dos diferentes tipos de público da nosa localidade e dos visitantes que se acheguen ata a nosa vila. Concertos para a xente nova e non tan nova, folclore, espectáculos infantís, exposición de fotografía, mostra literaria e o peche da xira de Guadi Galego son os ingredientes principais que compoñen esta axenda de agosto.
O mes arranca cunha nova edición de Música nos Xardíns, un programa de concertos nos Xardíns do Centro Cultural apoiando a música local e da nosa comarca. Este primeiro concerto contará coas actuacións de Bruce Grinn e o grupo miñorano The Mirror, banda na que se mesturan influencias do rock, funk e o soul. O programa de Música nos Xardíns continuarán cara a final do mes de agosto e setembro con outras dúas citas de concertos, apadriñadas polos festivais locais que non puideron celebrarse neste ano: Rock Guardés e Galifornia Beat. Os interesados en asistir a estes concertos poderán reservar as súas entradas no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Continua ese mesmo fin de semana co festival de baile e música folclórica de Fiadeiro, o sábado 7 de agosto, e que foi suspendido o pasado 17 de xullo. A xente que xa estaba anotada mantén garantida a súa praza e aqueles que queiran sumarse a iniciativa deberán escribir un correo a centrocultural@aguarda.es indicando o número de asistentes convivintes (máximo 4), o nome e apelidos de todos eles e un número de teléfono.

E tras estas citas musicais chega o momento da diversión en familia con dúas propostas que chegan dentro da programación do Xacobeo 2021 “Cultura no Camiño” e que son o concerto de Música para nenos “Estamos no verán” un concerto con temas divertidos e refrescantes baseados no disco-libro homónimo de Gala interpretados pola Banda do Verán que lidera o músico e compositor Xoán Curiel. Este concerto será o martes 10 de agosto ás 20:30h. no Auditorio de San Benito e nesa mesma semana, o xoves 12 de agosto ás 20:30h. en San Benito os mais cativos e as súas familiar teñen garantido un novo momento de diversión sen límites coa Gran Gala de Circo de Pistacatro, un espectáculo cheo de humor, acrobacias e a maxia do circo cunha das mellores compañías de novo circo da nosa localidade. Os interesados en asistir a calquera dos dous eventos poderán reservar as súas entradas dende unha semana antes no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Xa na segunda metade do mes chega a fotografía e a literatura, a primeira coa exposición de fotografía “Facedoras do Baixo Miño” de Mar Caldas, artista visual que recopilou o traballo en feminino da nosa comarca. A exposición estará na sede do concello entre o 19 de agosto e o 1 de setembro, sendo a inauguración o mércores 18 de agosto ás 19h.
Nesa mesma semana a Feira do Libro luso Galaico da Ribeira do Miño, repetirá a boa acollida acadada o ano anterior nun evento no que as presentacións de libros, relatorios históricos, contacontos e un concerto do grupo “Xardín Desordenado” acompañarán a exhibición e venda de libros editados en ambas marxes da fronteira.
E por último, o mes se pechará co gran concerto de Guadi Galego no Porto da Guarda o 28 de agosto ás 21:30h. Un concerto enmarcado dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. O Concerto será un dos últimos concertos da xira de presentación do disco “Costuras”, no cal poderemos deleitarnos co saber acumulado neste intenso verán asegurando un espectáculo único para os seus seguidores e aqueles que queiran achegarse a coñecela. Aqueles que queiran asistir poderán reservar a súa entrada a partir do 16 de agosto no seguinte enlace(https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda).
Todas estas actividades culturais serán acompañadas pola programación regular no Monte Santa Trega coas teatralizacións a cargo dos Quinquilláns e as visitas ao patrimonio cultural do Monte.

 

Nesta semana que remata o mes de xullo retomaranse as actividades infantís que deberon ser canceladas no inicio do mes de xullo por mor da choiva: o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó “Titanic”,o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30h., que dende a maxia e o humor nos transporta aos preliminares da viaxe do Titanic contando o que a historia oficial non recolleu e é que o barco fixo escala en Galicia. O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es, para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo. Mentres o sábado pola mañá terá lugar o pasarrúas “O séquito do Capitán Nemo”, entre a Praza de Avelino Vicente e o Porto da Guarda ás 12:30h. que encherá de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino as rúas da vila.
Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro “Venres de xullo baixo as estrelas” no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en aguarda.oficina.turismo@gmail.com, xa que contan cun aforo moi limitado.
Mentres que o sábado á noitiña volverá a música á Praza do Reló (21:00h.) da man do grupo de clarinetes KLASON, unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en centroultural@aguarda.es
Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes elementos do Monte dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no mail masat@aguarda.es e lembramos que a sesión de Teatro no Trega “A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro catro de agosto.

Dende o pasado 17 de xuño A Guarda acolle as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que teñen lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.
As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.
O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.
Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.
Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro.
Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

📌 Informamos que debido ao protocolo Covid-19 as sesións de Teatro no Trega do mércores 21 e do mércores 28 quedan aprazadas.

📅 As persoas que xa estaban inscritas quedan xa axendadas para o mércores 4 de agosto.

 

• As visitas teñen lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Hai dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda continúa coa experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns, as primeiras sesións foron un éxito e este mércores día 21 terá lugar a terceira sesión.

Nesta edición realizase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes), o punto de encontro é a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega(https://goo.gl/maps/XKP3GacQem7t9n5J9).

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

• As visitas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega.

O Concello da Guarda repite experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.
Nesta edición realizarase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes).
A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os
Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Mapa de ubicación:

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal(Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

A Guarda é unha vila turística que recibe numerosos visitantes grazas aos destacados recursos patrimoniais e paisaxísticos. Polo que en 2018 o Concello da Guarda adheriuse a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para mellorar atención dos puntos de información turística e ofrecer un servizo de calidade.

Dende o 2019 a Oficina de Turismo ampliou os seus horarios e centralizou a atención dos visitantes e tamén dos peregrinos ao estar localizada no recorrido do Camiño Portugués da Costa.

A ampliación dos horarios é posible grazas á contratación de dous informadores turísticos ao abeiro da subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas na Rede Info Rías Baixas. A segunda informadora incorpórase o día 1 de xullo polo que se amplía o horario e a oficina estará aberta de luns a domingo nestes meses de verán.

Horario de verán (meses de xullo a outubro):
• Luns a venres: 9:00 a 14:30 / 15:00 a 20:00
• Sábados, domingos e festivos: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30

A partir de novembro reducirase o horario. Para máis información:
tel. 986614546 ou turismo@aguarda.es
www.turismoaguarda.es

Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.

A pesares de que este primeiro fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido as actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.

A langosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrelas da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda este considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.

A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.

Programa do COMEZO DO VERÁN NA GUARDA:

Venres 2

23:00h – VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.

Sábado 3

11:30h – CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.
No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
12:30h – PASARRÚAS INFANTIL: “LANGOSTA E O MUNDO DO MAR”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.
20:30h – ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.
No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.

Domingo 4

12:00h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA “BATE NO COBRE”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 2 horas.
20:30h – PASARRÚAS INFANTIL: “O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO”
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.

Alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos 14 concellos do xeodestino reuníronse este mércores no Pazo de Mos para facer balance dos traballos realizados e traballar na nova programación
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, continúa un ano máis como representante institucional do Xeodestino

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para converter o territorio nun polo de atracción turística. Alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos 14 concellos que conforman o xeodestino reuníronse este mércores no Pazo de Mos para facer balance dos proxectos realizados no 2020, no que se seguiu traballando para crear novos produtos turísticos e artellar ferramentas clave para a interacción coas persoas visitantes.
Nese camiño por desenvolver produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, identidade e tradición do territorio, o ano pasado creáronse catro novas rutas centradas na pedra e no patrimonio oculto, deseñáronse dúas novas postais sonoras coa illa de San Simón e a Virxe da Rocha como protagonistas, artellouse un banco de imaxes con 350 fotografías, puxéronse en marcha a web e redes sociais do xeodestino e elaborouse un novo vídeo que, baixo o lema ‘Toda Galicia na túa man’, servirá para promocionar o territorio.
Na reunión acordouse por unanimidade a reelección da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, como representante institucional do Xeodestino tras estar no cargo un ano no que a pandemia freou de xeito importante a actividade turística. No encontro tamén participaron Antonio Lomba, rexedor da Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Juan A. González, rexedor de Nigrán; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, rexedora de Oia; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, así como Sara Cebreiro, concelleira de Política social, Igualdade, Cultura e Turismo de Mos; Eloísa Nogueira, concelleira e tenente de alcalde de Pazos de Borbén; David Alonso, concelleiro de Deportes, Benestar Social, Igualdade, Formación, Emprego, Novas Tecnoloxías e Turismo do Porriño; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela, e Cristina González, a concelleira de Soutomaior.
Novos proxectos
Durante o 2021 o xeodestino dará continuidade ás actuacións xa postas en marcha o pasado ano, con especial énfase na creación de contidos turísticos e novos formatos. Así, tendo en conta o Xacobeo 2021-2022, este ano o Camiño de Santiago terá un especial protagonismo con accións encamiñadas a aumentar a estancia posterior no territorio de peregrinos e peregrinas, visibilizando os principais atractivos da contorna das dúas variantes oficiais que pasan polos concellos do Xeodestino. Tamén apostarase pola enogastronomía como eixo central de novos produtos turísticos en base ao potencial vitivinícola e ás festas gastronómicas do territorio, conformando unha oferta singular, sustentable e desestacionalizadora que combine tradición e innovación.
Por outra banda, o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño porá en marcha tamén liñas de traballo que faciliten ás empresas o deseño de produto turístico comercializable, fomentando o traballo en rede e a creación de sinerxías. Ademais continuarase coa actualización de contidos, crearase novo material audiovisual, ampliarase o banco de imaxes e desenvolverase material para que as oficinas de turismo acheguen o territorio a todas as persoas visitantes.
Dende o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quérese agradecer a implicación do Pazo de Mos, que cedeu as súas instalacións para poder celebrar esta reunión de balance e programación de traballos para o 2021 cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade.

• Os Museos da Guarda preséntanse coma unha boa alternativa cultural e turística para esta longa fin de semana

Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)

O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.
Horario:
De martes a domingo:
Do 15/03 ao 31/03: de 10:00h a 19:00h
Do 1/04 ao 30/06: 10:00h a 20:00h
Tarifa actual de acceso ao Monte Santa Trega (inclúe o acceso ao MASAT):
1 € adultos
0.50 € menores de 14 anos

Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Tasas de acceso:
Horario:
Sábados, domingos e festivos:
De 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Tarifas:
1€ Adultos
0,50€ menores de 14 anos

O pasado día 10 de marzo, tivo lugar nas instalacións do Concello a xornada sobre Posta en Valor do PCI na Guarda, có obxectivo principal de analizar e desenvolver novas ideas, produtos ou servizos que contribuirán a valorización do rico Patrimonio Cultural Inmaterial existente no Concello de A Guarda, como un dos elementos dinamizadores da economía local.
Esta xornada que se desenvolve no marco do proxecto europeo Atlantic Culture Scape, que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha Ruta Europea do Patrimonio Cultural Inmaterial no Eixo Atlántico (sendo A Guarda o concello elixido para a rexión de Galicia), contou coa presenza ademais de Pilar Muñoz como coordinadora desta iniciativa por parte da Universidade de Vigo, cós expertos en patrimonio cultural Manuel Bugallo e Xoaquín Miguel Villa.
O encontro contou cunha ampla participación, xa que se reuniron máis dunha vintena de asistentes, que participaron en representación das asociacións, profesionais, empresas e persoas do concello interesadas ou que desenvolven a súa actividade neste ámbito temático, e que ademais de escoitar aos expertos participaron nun grupo de traballo para desenvolver novas ideas que contribuirán a posta en valor do patrimonio e dinamización turística da vila. Ao final do evento presentáronse cinco ideas, que se traducen en cinco rutas turísticas que poñen en valor tanto a cultural mariñeira, como a gastronomía e artesanía da vila, contornos menos coñecidos para os visitantes como o Monte Torroso e a parroquia de Salcidos, as casas indianas e a pegada da emigración ou o valor de vivir experiencias da man de profesionais e artesáns da zona.

Este primeiro encontro abre un proceso de valorización do patrimonio cultural inmaterial no concello, no cal se levarán a cabo accións participativas e formativas encamiñadas ao desenvolvemento de experiencias turísticas ligadas ao Patrimonio Cultural inmaterial.

Coñece máis en: https://atlanticculturescape.eu/

• No evento, aberto a toda a cidadanía, participaron empresarios, particulares e representantes de colectivos e asociacións da vila
• O evento contou coa participación de expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

O evento arrancou ás 16:30h cunha breve benvida por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou a iniciativa coma moi interesante para a posta en marcha de novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento turístico, cultural e patrimonial.

Esta xornada tivo coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

A xornada estivo dividida en dúas partes, na primeira delas realizouse unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizáronse mesas de traballo nas que os asistentes puideron traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Nesta xornada participaron tamén expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo, que foi moi ben valorado por parte dos asistentes.

Esta convocatoria informativa será o 3 de febreiro ás 11.00h en formato online. Esta destinada a aquelas empresas interesadas en mellorar na calidade turística.

No proxecto de Calidade Turística SICTED poden participar aqueles sectores ou oficios que teñen contacto cos visitantes e turistas como empresas de aloxamento, bares e restaurantes pero tamén comercio, artesáns, guías turísticos, taxis, ...

O obxectivo SICTED é que o turista reciba unha atención e servizos de calidade nos diferentes sectores que forman un destino.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e auditoría.

Esta xornada informativa precisa inscrición previa. Toda a información do proxecto e da xornada informativa e tamén o formulario de inscrición no enlace.

O Concello da Guarda conta coa Oficina de Turismo e as praias de Area Grande distinguidas dende 2010 e actualmente conta 10 establecementos turísticos xa distinguidos:

Aloxamento:

  • Albergue O Peirao

  • Camping Santa Tecla

  • Hotel Apartamento Marouco

  • Hotel Vila da Guarda

Restaurantes:

  • Casa de la Abuela

  • Celtic

  • O Cangrexal

  • Marusía

  • Xantar

Bar:

  • La Botica

• O proxecto Trega 2020+5 nace co obxectivo de recuperar e consolidar as partes das escavacións antigas para facelas visibles
• É un plan integral de recuperación do castro de 5 anualidades cun apartado de investigación para obter novas informacións sobre o mesmo.
• Promovido polo Concello da Guarda e baixo a dirección científica de Brais Currás da EST-AP do CSIC
O Concello da Guarda promove o Proxecto Trega 2020+5 co que se pretende desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro de Sta. Trega a través dunha actuación integral, de carácter conxunto e coordinado dos diferentes axentes sociais e entidades administrativas envoltas na conservación e promoción do monte.
O Proxecto Trega 2020+5 desenvólvese en torno a tres eixos fundamentais, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930 e que hoxe se atopan abandonados, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e afondar no coñecemento arqueolóxico do castro, e crear contidos destinados á divulgación e ao desenvolvemento patrimonial.

O castro de Sta. Trega conta cunha longa historia de actividade arqueolóxica, escrita cos nomes da Sociedad Pro Monte, Ignacio Calvo ou Cayetano de Mergelina, entre outros.

No marco do proxecto Trega 2020+5 proponse a reescavación de varios sectores do castro. A actuación arqueolóxica cunha metodoloxía arqueolóxica permitirá recuperar boa parte da información dos traballos antigos e afondar no seu coñecemento por medio da aplicación das novas tecnoloxías.

O proxecto Trega 2020+5 permitirá agora consolidar ao castro como un referente na aprendizaxe dos arqueólogos do futuro por medio dunha escola permanente de arqueoloxía na que cada verán 5 alumnos do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC terán oportunidade de formarse como profesionais, levando a cabo prácticas de escavación, rexistro, topografía, flotación ou mostraxe.

Baixo a dirección científica de Brais Currás da EST-AP do CSIC, e nun proxecto de 5 anualidades, os traballos de recuperación das escavacións antigas do castro permitirán acceder a novos datos que aportarán un coñecemento máis fondo do asentamento.

O proxecto Trega 2020+5 conta co Concello da Guarda coma promotor e tamén coa colaboración do Padroado do Monte Santa Trega e as Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos

• Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h).
• Continúan abertas as inscricións para as videochamadas cos Reis Magos no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h.

Este martes 29 de decembro ás 17:30h terá lugar no Centro Cultural o espectáculo musical “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples instrumentos: divertidas repicochas galegas ou o clásico “noite de paz” cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
E no mes de xaneiro, o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

MARTES 29 DE DECEMBRO
“O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón
En el Centro Cultural a las 17:30 horas(inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

• Os “Carteiros do Nadal” estarán na Guarda do 22 ao 23 de decembro para recoller as cartas dos nenos e nenas da vila.

• A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é preciso realizar inscrición previa.

Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, coa chegada das vacacións de Nadal para os mais cativos, incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”, que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro.

“Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.

O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

ACTIVIDADES PARA COMEZAR O ANO

E no mes de xaneiro, o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.

O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO
“Os carteiros do Nadal”
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

SÁBADO 26 DE DECEMBRO
Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.