02/03 O venres 5 de marzo entra en vigor a obligatoriedade do código QR na hostalería

Coa reapertura os  establecementos hostaleiros deben dispor do código QR identificativo do seu local para o rexistro dos clientes e Turismo de Galicia habilitou a ferramenta online TURESPAZO para acadar nun mesmo cartel dito código QR e o aforo interior e exterior.

Dende a Oficina de Turismo estanse resolvendo dúbidas e facilitando os trámites para que todos os establementos dispoñan do código QR obligatorio para este venres 5 de marzo. As instruccións foron publicadas na nota anterior con data do 25 de febreiro. Hai que ter en conta que a plataforma leva dende o xoves con certos problemas na conexión quedando bloqueada durante horas inclusive.

Turismo de Galicia organiza para este mércores 3 de marzo ás 11.00h unha charla explicativa da plataforma TURESPAZO e tamén permitará realizar preguntas a través do chat. Para asistir e preciso rexistrar no enlace. Unha vez rexistrado, recibirá un correo electrónico automático confirmando a súa inscrición e indicando a ligazón de acceso ao webinar. Este webinar permitirá a conexión a partir das 10:55 horas. Se ten dificultades para conectarse ao evento poderá pedir asistencia no correo:
cau-videoconferencias@xunta.gal

Comentarios

Leave a Reply