04/03 Aberto o prazo para solicitar a exención do canón de auga e coeficiente de vertedura para hostalería e aloxamentos turísticos

A Xunta pon en marcha esta nova medida para paliar os efectos da COIVD-19 nos sectores da hostalería e aloxamento turístico que acrediten unha diminución significativa na súa actividade.

Esta medida ten efectos retroactivos ós períodos de facturación producidos dende 5 de novembro e ata que o Goberno levante o estado de emerxencia sanitaria.

Sectores beneficiados:
• Restaurantes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo
• Hoteis e aloxamentos turísticos, incluído albergues turísticos

Requisitos:
• Que os consumos trimestrais realizados no cuarto trimestre de 2020 e posteriores ata a finalización do período de emerxencia sanitaria sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no terceiro trimestre 2020

Lexitimados:
• A exención será solicitada polo titular do establecemento ou negocio

Modo de presentación das solicitudes:
Mediante a correcta presentación do modelo de solicitude premendo no enlace. Este modelo conten unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos subxectivos para solicitar a exención. Ademais da seguinte documentación:
• A última factura de auga
• En caso de que a exención sexa solicitada por persoa distinta do titular do establecemento ou negocio será necesaria a presentación dunha autorización para actuar no seu nome, asinada por representante e representado, e á que se deberá acompañar o NIF de ambos.
• Se o solicitante non ten contador de auga deberá aportar, ademais, a documentación que acredite diminución de actividade a un 25% ou menos do habitual: nº de rexistros dos aloxamentos, dos servizos realizados ou factura da luz

Periodicidade de presentación das solicitudes:

  • Se o solicitante ten contador de auga bastará a presentación dunha única solicitude de exención.
  • Se o solicitante NON ten contador de auga deberá presentar unha solicitude de exención para cada trimestre de facturación en que consideren que se produciu a diminución significativa da actividade que da lugar á exención.

Lugar de presentación da solicitude:
A solicitude, acompañada da documentación correspondente, pode presentarse en calquera destes dous lugares:
• Na sede electrónica da Xunta de Galicia
• No Concello da Guarda na sede electrónica obrigatoria para persoas xurídicas e para as entidades sen personalidade xurídica.

Presencialmente no Rexistro do concello ou na nosa Oficina de Xestión Tributaria

Para calquera dúbida ou consulta poden dirixirse á Oficina Tributaria do Concello da Guarda.
Enlace da disposición

Comentarios

Leave a Reply