25/02 Turismo de Galicia facilita os modelos de carteis de aforo e código QR para cada establecemento

O protocolo para apertura da hostalería o venres 26 de febreiro detalla que é obligatorio a colocación no acceso do local dun cartel co aforo máximo permitido vixente.

Ademais tamén indicouse neste protocolo a implantación dun  sistema de rexistro de entradas dos clientes que permita o rastrexo de posibles contactos no caso dun positivo. Este rexistro non será obligatorio pero si recomendable.

Turismo de Galicia facilita unha ferramenta que calcula o aforo permitido segundo a porcentaxe en vigor e crea un cartel propio co aforo inteior e no exterior (se houbese). Ademais este cartel inclúe o código QR específico do establecemento para que os clientes podan darse de alta na plataforma COVID PASS.

Esta ferramenta é online e hai que acceder a web de turismo de Galicia_turespazo (acceso exclusivo para establecementos turísticos). Aqueles establecementos sen usarios poden darse de alta coa sinatura ou código de inscrición do establecemento. Tal é como informan na web ese código esta no libro de visitas da inspección turística ou na comunicación da inscrición no REAT.

Unha vez recoñecido o establecemento turístico, o procedemento consta duns sinxelos pasos:

1º Premer no menu “Mis establecementos”

2º Premer sobre o establecemento

Premer sobre o establecemento

3º Premer sobre o botón sinalado

4º Encher os campos, darlle a gardar e descargar os carteis. Permite modificar os carteis segundo modifiquen os aforos permitidos

Comentarios

Leave a Reply