O Conselleiro de Sanidade trasladou as novas medidas e restriccións acordadas polo Comité Clínico. Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00h do 31 de decembro (do xoves ao venres) e estarán vixentes ata o 18 de xaneiro.
Medidas na hostalería e ocio nocturno:
- Certificado Covid obligatorio tamén nos bares e cafeterías (antes na hostalería só era obligatorio a partir das 21:00h).
- Os establecementos de hostalería e restauración pecharán ás 00:00h. Excepto ás noites dos venres e dos sábados que pecharán ás 1:00h.
- Prohibido o consumo en barra.
- Mantense o límite de mesa de 8 persoas non convivintes para o interior e 10 no exterior.
- Os locais de ocio nocturno pecharán ás 2.00h.
Medidas específicas para Noitevella e Día de Reis:
- Os locais de hostalería e restauración pecharán ás 1:00h na Noitevella. O día 1 de xaneiro poderán abrir a partir das 10:00h e así evitar que continúen as reunións.
- Pendente do acordo da próxima reunión sobre as limitacións no caso do ocio nocturno.
- Recomendación dun máximo de 2 unidades familiares nas reunións, e preferiblemente, que estas unidades sexan as mesmas que nas celebracións de Nadal.
Outras medidas ou recomendacións:
- Recomendase non asistir os eventos musicais masivos. Tanto no interior como no exterior o público deberá estar sentado.
- Pendente de aprobación polo Tribunal Superior de Xustiza Galego: limitar xuntanzas de persoas non convivintes en espazos públicos, entre as 2:00 e as 6:00h.
Comentarios