29/12 Adianto das medidas específicas para o ocio nocturno ata o 18 de xaneiro

A Xunta de Galicia adianta as medidas acordadas para o sector do ocio nocturno que inclúe a discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concertos e similares.

A medida aprobada permite elixir entre abrir a fin de semana de Fin de Ano, do 30 de decembro ao 2 de xaneiro (ambos incluídos), ou optar a unha liña de axudas con distintos tramos en función dos metros cadrados de cada local.

Os locais do ocio nocturno pecharán ás 3:00h dende o 30 de decembro ao 18 de xaneiro. E dicir, tamén é o horario de peche para a fin de semana de Fin de Ano.

As axudas para os locais que decidan pechar na fin de semana de Fin de Ano estableceranse distintos tramos en función da superficie de cada un:

  • 2.500 € para os locais de menos de 100 metros cadrados
  • 5.500 € para os locais de 100 a 250 metros cadrados.
  • 9.000 € para os locais de 250 a 500 metros cadrados.
  • 14.000 € para os locais de 500 e 700 metros cadrados.
  • 27.000 € para os locais de 700 a 2.000 metros cadrados.
  • 45.000 € para os locais de máis de 2.000 metros cadrados.

A orde para as axudas está prevista que se publique en xaneiro co obxectivo de que se comecen a abonar as axudas ao mes seguinte.

 

NOTA DE PRENSA 28/12/2021: Xunta e ocio nocturno chegan a un acordo sobre as medidas a adoptar ante a covid durante o Nadal

Comentarios

Leave a Reply