26/11 MOD_Publicación da entrada en vigor da reducción dos grupos na hostalería.

No DOG 227-BIS publicado no día de onte informase da entrada en vigor ás 00.00h este sábado 27 de novembro da reducción do número de persoas nunha mesa ou agrupación de mesas.

No referente á medida acordada sobre obrigación de solicitar o certificado covid na hostalería segue pendente da autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Polo que aínda non está en vigor. ACTUALIZADO: No DOG228-BIS do 26/11/2021 foi publicado a obligatoriedade de exhibición do Certificado COVID avala polo Tribunal e coincide coa entrada en vigor para este sábado 27 de novembro.

En definitiva, as medidas que entrarán en vigor esta madrugada son:

  • A ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Permítese a realización de actos de recepción con aperitivo e público de pé que,  no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata oito persoas no interior e quince na terraza».
  • Nos establecementos de lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e salas de concertos), a ocupación máxima será de 8 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesa.
  • En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas.
  • Debense establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e no uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan estas actividades. O uso da máscara será obrigatorio.

Comentarios

Leave a Reply