Na reunión mantida no día de onte a Xunta acordou tomar novas medidas que afectarán ao sector da hostalería nos vindeiros días.
A medida acordada é solicitar o certificado covid na hostalería pero require autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Polo que hai que esperar á resolución do Tribunal e a súa posterior publicación no DOG (boletín oficial) onde se detallarán as medidas e a data de entrada en vigor.
Estas son as medidas propostas:
- Os restaurantes deberán solicitar a exhibición do Certificado COVID durante todo o seu horario. No caso dos bares e cafeterías esta obriga de exhibición será a partir das 21:00h.
- O número máximo de persoas por mesa ou agrupación de mesas reducirase a 8 no interior e 15 en terraza.
Nota de prensa completa. 22/11/2021
Comentarios