26/11 BIS Entrada en vigor da exhibición do certificado COVID na hostalería.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) resolveu avalar a medida adiantada esta semana sobre a presentación do certificado COVID e entrará en vigor ás 00.00h do sábado 27 de novembro.

No DOG 228BIS publicado esta mañá detallase a medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición do Certificado COVID para o acceso ao interior dos establecementos:

  • Restaurantes e salóns de banquetes durante todo o seu horario.
  • Bares, cafeterías e furanchos a partir das 21:00h.
  • Os establecementos de xogo que ofrecen servizos de hostalería tamén aplicarán esta medida e nos horarios que proceda de acordo coa natureza dos indicados servizos como de restaurante ou de cafetaría ou bar.

O Certificado COVID ten que ser emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado e debe acreditar o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

  1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
  2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
  3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non será válido outro tipo de test.

As persoas titulares dos establecementos ou o seu persoal:

  • Teñen a obrigación de realizar o control do cumprimento da medida de seguridade sanitaria, polo que non se permitirá o acceso das persoas que non exhiban a documentación requirida, que será necesaria para o acceso e a prestación dos correspondentes servizos ao cliente.
  • Están obrigados a manter o segredo e a confidencialidade sobre os datos persoais a que accedan.
  • Co obxecto de procurar a máxima garantía da privacidade e da intimidade das persoas, a exhibición da información a que se refire a medida preventiva só poderá ser solicitada polas persoas titulares dos establecementos ou polo seu persoal no momento do acceso ao interior e para os efectos da súa mera comprobación ou verificación.
  • De acordo co principio expresado de velar pola máxima garantía da privacidade e da intimidade, a comprobación da validez dos certificados presentados, tanto en formato papel como en formato dixital, só poderá ser efectuada polos establecementos a través da lectura do código QR que figura en cada un dos certificados, empregando a aplicación Passcovid da Comunidade Autónoma de Galicia, prevista na Orde da Consellería de Sanidade, do 18 de agosto de 2020, pola que se regula o sistema de información Passcovid.gal como medida complementaria na xestión da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, dispoñible nas plataformas Android e Ios.
  • A comprobación efectuarase unicamente coa finalidade expresada de control de acceso.
  • Non se conservarán en ningún caso datos de carácter persoal nin se crearán ficheiros con eles

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Comentarios

Leave a Reply