Na tarde do venres publicouse no DOG 19 BIS a Orde da Consellería de Sanidade as novas medidas xerais de prevención pola COVID que estarán vixentes ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022.
Ademais de informar de medidas noutros ámbitos, nesta Orde informase novamente que o Plans foron actualizados e incorporan as últimas modificacións do día anterior.
En resumo, manteñense as mesmas medidas só que agora están no mesmo documento. Deste xeito, evitar as interpretacións nas continuas modificacións:
- HOSTALARÍA: Novo Plan de Hostalaría Seguro (versión 9: 28/01/2022). Neste plan detallase os requisitos actuais de cada nivel, 1 ou 2 cunchiñas.
- LECER NOCTURNO: Novo Plan de lecer nocturno (Versión 8: 28/01/2022)
- Mantense ata o 12 de febreiro a obriga da exhibición do Certificado COVID para todos os establecementos de hostalaría (restaurantes, cafeterías e bares) e ocio nocturno. E tamén para os albergues turísticos que amplíen o seu aforo ata o 75% e non sexan un grupo burbulla.
Comentarios