31/01/22 Publicación das axudas para a contratación de persoal

31/01/22 Publicación das axudas para a contratación de persoal

O venres pasado publicaronse dúas axudas para promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos. Xa está disponible toda a información e aberta a tramitación na sede electrónica.

 

Programa I. Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

Este programa ten dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo:

– Liña de incentivos á contratación por conta allea.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:

  1.  Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

– Liña de incentivos ás accións formativas no cento de traballo (opcional).
Está dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde de convocatoria, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

 

Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas. (código de procedemento TR349F).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
  2. Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

 

O prazo dos dous programas remata o 30 de setembro de 2022 (axuda en concorrencia non competitiva ata esgotamento do crédito)

Comentarios

Leave a Reply