30/09_bis A Xunta de Galicia lanza o Plan de Formación gratuíta para empregados de hostalería

A web de turismo de Galicia xa dispón dos cursos de formación gratuítos para os empregados da hostalería e así facilitar o cumprimento deste requisito detallado no novo Plan de Hostalería Segura.

Este requisito de formación será obrigatorio para todo o persoal a partir do 22 de novembro de 2021.

Nesta web accedese aos contidos (manual cos contidos teóricos e enlaces a vídeos) para os dous niveis de formación segundo o nivel de compromiso do establemento:
• Hostalería de nivel C1: formación básica con 2 horas.
• Hostalería nivel C2: formación avanzada con 4 horas.
Os contidos poderanse visualizar sen límite de tempo.

PROBA TEÓRICA E CERTIFICADO:
Cada empregado deberá rexistrarse para solicitar o acceso á proba teórica. Para superar o curso e obter a certificación deberá contestar correctamente o 80% da proba como mínimo. Se a proba é superada o alumno xa poderá descargar o seu certificado.

PREMA para acceder a web de formación.

Comentarios

Leave a Reply