No día de onte o Comité Clínico aprobou o Plan de lecer nocturno de Galicia que terá que ser ratificado polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.
Á espera da resolución do Tribunal adiantaron as liñas xerais deste plan que establece dous niveis de compromiso seguindo un plantexamento similar ao actual plan de Hostalería. Este é o avance:
Todos os niveis deben cumprir as medidas hixiénico-sanitarias establecidas con carácter xeral:
- Uso obrigatorio da máscara.
- Gardar a distancia de seguridade.
- Garantir a limpeza e desifección periódica do local e do seu equipamento.
- Renovación do aire e o control dos niveis de CO2.
-NIVEL 1 (UNHA CUNCHIÑA)
- Aforo en interior ao 50 % e 75 % en terrazas.
- Horario de peche ao público: 3:00h da madrugada.
- Dúas horas de formación en protocolos covid para o persoal.
-NIVEL 2 (DÚAS CUNCHIÑAS)
- Aforo en interior ao 75 % e 100 % en terrazas.
- Para acceder ao local deberase presentar a certificación de vacunación COVID completa, certiifcado de proba negativa recente ou ter superado a enfermidade.
- Horario de peche ao público: 4:00h da madrugada.
- Catro horas de formación en protocolos covid para o persoal.
-NIVEL DE SEGURIDADE:
Haberá un terceiro nivel de seguridade para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
- Aforo en terraza ao 50% cos clientes sempre sentados en mesa.
- Horario de peche ao público: 1:00h da madrugada.
O cumprimeto das medidas do novo Plan de Lecer Nocturno de Galicia será supervisadas polos inspectores da Dirección Xeral de Sáude Pública.
Comentarios