A Consellería de Sanidade fixo público as medidas acordadas no Comité Clínico de hoxe e que entrarán en vigor ás 00.00h do sábado 29 de xaneiro de 2022.
As medidas para a hostalería e restaurantes:
- Permítese o uso de barra.
- Permítese a organización de cocteles de pé.
- Ampliase o horario de peche ata á 1:00h de domingo a xoves.
- Ampliase o horario de peche ata á 1:30h na fin de semana.
- Ampliase ata 15 persoas nunha mesa ou agrupación no exterior. (mantense a 8 persoas máximo no interior).
As medidas para os locais de ocio nocturno:
- Ampliase o horario de peche ata á 4:30h de domingo a xoves.
- Ampliase o horario de peche ata á 5:00h na fin de semana.
No referente a obligatoriedade de mostrar o certificado COVID manterase 15 días máis á espera de que sexa ratificado polo Tribunal Superior de Xustiza Galego.
Comentarios