22/02 Ampliada a contía a subvencionar na axuda de terrazas e adquisición de elementos de envasado e empaquetado

A contía da axuda pode chegar ao 100 % dos conceptos subvencionables segundo publica o boletín da Xunta de Galicia.

Esta modificación ven dada pola inclusión da axuda no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Importante:

  • Contía da axuda: 100% dos conceptos subvencionables
  • Prazo de solicitudes: remata o luns 1 de marzo (ao ser 28 de febreiro domingo)

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar as seguintes actividades:

  1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración, sitas en espazos públicos ou privados.
  2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.
  • Destinatarios: hostelería
  • Investimento mínimo: 1.500 euros, o IVE non está incluído.
  • Prazo para executar e xustificar o investimento: do 1 de outubro de 2020 ata o 30 de outubro de 2021
  • O IGAPE tramita as axudas (prema para acceder)

 

A definición de terraza é a instalación ao aire libre formada por mesas, cadeiras e outros elementos, sitas nos espazos colindantes, ou non, a un establecemento de hostalería e restauración, en solo público ou privado, no que se desenvolve de forma complementaria a actividade propia do establecemento. En todo caso, deberá ser un espazo non cuberto ou no caso de estar cuberto estar rodeado por un máximo de dous laterais.

 

Conceptos ou actuacións subvencionables:

a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como: toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparatos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.

c) A adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento. Todos os elementos do “packaging” deberán ser 100% biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostable, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 «Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou embalaxe»

Non se consideran subvencionables:
– As actuacións en terrazas situadas no interior de centros comerciais e nos interiores dos establecementos, así como outras actuacións levadas a cabo no interior do establecemento.
– A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e tpv.
– Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
– A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
– Os elementos téxtiles, tales como, mantas, coxíns, manteis etc…
– A publicidade, agás a rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos o móbiles da terraza.

 

Resolución do 26 de novembro de 2020 (DOG Nº244 do 03/12/2020) – Bases e convocatoria 2020

Comentarios

Leave a Reply