22/02 Adianto dos novos niveis e medidas sanitarias en Galicia

O venres 26 de febreiro entrarán en vigor as novas medidas que o Presidente da Xunta adiantou na súa comparecencia.

Á espera da publicación da información no boletín e o mapa actualizado dos novos niveis, estes son os puntos principais.

-Para toda Galicia:

  • Continua o peche como Comunidade
  • Mantense o comezo das clases universitarias presenciais o luns 1 de marzo. Esta semana realizarase un cribado entre os estudantes.

-Establécense tres niveis:

  • Nivel 1: Incidencia acumulada de máis de 500 (x100.000 habitantes)
    • Mantéñense as medidas máis estrictas (en vigor o 26/01).
  • Nivel 2: Incidencia acumulada entre 250 e 500 (x100.000 habitantes). Ademais das áreas sanitarias de A Coruña, Ferrol e Pontevedra.
    • Reunións ata 4 persoas non conviventes.
    • Hostalería ata 18.00h: só terraza ata o 50% do aforo.
    • Mobilidade entre concellos do mesmo nivel.
  • Nivel 3: Incidencia acumulada menor a 250 (x100.000 habitantes)
    • Reunións ata 4 persoas non conviventes.
    • Hostalería ata 18.00h: Interior ata o 30% do aforo e terraza ata o 50%.
    • Mobilidade entre concellos do mesmo nivel.
    • Apertura de ximnasios, piscinas e demais coa limitación de 4 persoas non conviventes.

O Concello da Guarda pola súa incidencia menor a 250 casos correspóndelle o nivel 3 pero estes datos serán actualizados pola Consellería de Sanidade segundo a evolución de cada municipio.

Comentarios

Leave a Reply