13/07/2023 Subvención ao sector turístico para a promoción da dixitalización

A Axencia de Turismo de Galicia publicou no DOG do día 5 de xullo a resolución das bases reguladoras desta subvención que xa se pode solicitar dende a Sede electrónica da Xunta co código de procedemento TU503C

A finalidade é promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

  1. Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
  2. As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
  3. As axencias de viaxes que se enmarquen dentro do artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

• Prazo de solicitudes: remata o martes 8 de agosto de 2023.

• Investimentos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2023.

• Prazo xustificar o investimento ata 15 de novembro de 2023

• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal

O importe da subvención será do 80% sendo a inversión máxima suvencionable é de 15.000€. Polo que a axuda máxima será de 12.000 €.

Actuacións subvencionables:

1. Gastos derivados da transformación dixital:

a) Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resource planning) e integración de PMS e ERP actuais.

b) Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.

c) Instalación dun channel manager.

d) Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.

e) Implementación de motores de reserva.

f) Incorporación de sistemas e metodoloxías para reforzar a seguridade dos datos.

g) Utilización de tecnoloxías disruptivas na realización da actividade da empresa: blockchain, realidade virtual ou aumentada, big data e análises-explotación de datos, sensorización e comunicación entre máquinas, intelixencia artificial.

2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no punto anterior. En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no punto 1.1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.

3. Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados no punto 1.1.

4. Gastos derivados da creación do produto e /ou comercialización do destino Galicia.

a) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

b) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/ou xestión do uso de ferramentas para a creación do produto turístico e/ou de comercialización do destino Galicia.

Esta subvención regúlase en réxime de NON concorrencia competitiva, é decir, que se regula polo prazo de presentación ata esgotar o crédito

Comentarios

Leave a Reply