No boletín Nº 200 da Xunta publicase as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos de aloxamento e axencias de viaxes no programa Bono turístico #DescubreGaliciaenOutono.

O prazo de adhesión estará aberto ata o 1 de decembro e os interesados en adherirse deberse a través da web bonoturismo.gal

Requisitos:
• Establecementos de aloxamento situados en Galicia: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
• Axencias de viaxe que teñan un centro de traballo na comunidade galega prestando servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa en Galicia.
• As empresas deben estar inscritas no REAT e precisan a sinatura ou código identificador do establecemento.

O bono turístico da Xunta de Galicia conta este ano con novidades respecto á edición anterior. Desta quenda empregarase un sistema de descarga e uso diferente. Nesta edición, non se habilitarán tarxetas moedeiro prepago, senón que se porán en circulación 10.000 bonos desconto, en formato de código QR, por valor de 100 € cada un. A través deste, poderase gozar de descontos do 40% en cada compra ata esgotar o saldo do bono.

Beneficiarios do bono
As persoas interesadas en solicitar o bono turístico poderano facer a partir do vindeiro venres, 27 de outubro, ás 09:00 horas, a través da web bonoturismo.gal. A data límite para empregar o bono nos establecementos adheridos será o 25 de decembro.