A Guarda da a benvida ao mes de agosto con música, visitas guiadas e moito máis

O Concello da Guarda despide esta fin de semana o mes de xullo cunha chea de propostas para todas as idades e gustos, recollidas na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as actividades culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo do verán.

Estas actividades están xestionadas a través de diferentes departamentos municipais e xa se iniciaron a pasada semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que teñen lugar en espazos abertos e ao aire libre e cun aforo limitado.

Continúan deste xeito as visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es

Este venres destacan as propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)

Tamén na xornada deste venres a Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos, unha acción enmarcada no “Música nos Xardíns” que arranca na xornada deste venres no Centro Cultural co concerto do grupo Milhomes ás 21:00h, concerto apadriñado polo Interlude Fest.

Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed…

A programación continúa na noite do venres coa Visita de astronomía “Noite de estrelas” no Puntal, actividade que xa conta co aforo completo.

O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello da Guarda. Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020

O domingo 2 de agosto continúan os “Domingos de natureza e auga”, ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Comentarios

Leave a Reply