A Guarda continúa a embelecer con murais pintados os diferentes espazos públicos do municipio

A pasada semana comezou o novo pintado do muro da praia de Fedorento, sendo esta unha das accións de embelecemento do proxecto “Recunchos con Arte” para este 2020.

As intervencións artísticas de “Recunchos con Arte” foron realizadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila como o pintado do dique norte. Algunhas das intervención formaron parte da programación de eventos como a Festa da Langosta ou o evento multicultural Galifornia Beat. Debido a cancelación destas festas acordouse realizar varias intervencións artísticas para apoiar os artistas locais e mellorar a imaxe dos espazos públicos para que sirvan tamén de atractivo turístico.

A artista local Tamara Baz comezou o pintado do mural o luns pasado e xa se pode contemplar algúns dos elementos do mundo mariño. No deseño destacan as figuras e os colores vivos no muro que pecha esta praia marítima sendo as dimensións uns 40m2.

Esta proposta é segunda intervención artística de Tamara Baz, pois acabar de rematar a Ruta Literaria co pintado das frases seleccionadas durante a celebración do Día do Libro. Ambas intervencións contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

Comentarios

Leave a Reply